Inicio Blog Páxina 135

A UDC impulsará o seu grao de Medicina na Coruña: dá por roto o acordo de descentralización ao non ratificalo a USC

0

A Universidade da Coruña (UDC) emitiu un comunicado este venres no que avanza que “dará continuidade” aos traballos para contar coa súa propia facultade de Medicina, dado que o Consello de Goberno da Universidade de Santiago (USC) non asinou o acordo de descentralización do grao na súa reunión deste venres.

Na nota lamentan o ocorrido na reunión da universidade compostelá, que debía ratificar un acordo que contaba co rexeitamento frontal da facultade, as candidatas a reitoras, e o Consello de Estudantado. Ante esta situación, o propio reitor, Antonio López, decidía non someter a votación o acordo para “abrir unha vía de diálogo” coa Facultade que permitise a súa adherencia ao pacto. A pesar de que se amosaban optimistas e con “opcións reais” de que o acordo saíse adiante, o ocorrido esta mañá cámbiao todo para a universidade coruñesa.

“SEMPRE BUSCAMOS O ACORDO E O CONSENSO”

Fontes consultadas por Europa Press sinalan que non é posible un acordo sen unha das partes e lamentan “profundamente” a situación, destacando ademais que a universidade coruñesa, aínda con expectativas de contar co seu propio grao, foi o primeiro en ratificar o acordo de descentralización que supuña “pausar” estas inquedanzas. No comunicado, a UDC lamenta que se deixen “sen validez moitas horas de traballo para buscar un texto dialogado e consensuado” que ía permitir aplicar a descentralización “aproveitando todos os recursos do sistema sanitario e universitario galego”.

Actuamos en todo momento con lealdade ao Sistema Universitario de Galicia (SUG) e respecto institucional polas institucións que o constitúen. Neste marco, dialogamos e buscamos o acordo e o consenso. O noso compromiso co sistema galego de ensino superior neste procedemento foi inequívoco”, reivindican. Así as cousas, a UDC considera roto o acordo, polo que dará continuidade ao impulso da súa titulación en Medicina. “Desde o inicio consideramos –esta medida– como a mellor opción para dar resposta á demanda existente e avanzar nun novo modelo formativo”, conclúen.

A Asociación Española Contra o Cancro reparte 1,3 millóns á investigación oncolóxica na provincia da Coruña

0

Este sábado 29 de novembro, o Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, acolleu unha xornada da Asociación Española Contra o Cancro co gallo do Día Internacional do Voluntariado.

A entidade anunciou as Axudas á Investigación AECC 2025 concedidas na provincia coruñesa, que ascenden a 1,3 millóns de euros. O obxectivo desta iniciativa é apoiar o talento científico e financiar unha investigación de calidade que dea resposta ás necesidades dos pacientes de cancro e as súas familias, á vez que fomenta a estabilidade dos investigadores, impulsa a innovación e fai partícipe a toda a sociedade do desenvolvemento dos proxectos para crear cultura científica.

Durante a xornada tamén se conmemorou o Día Internacional do Voluntariado —que se celebra cada 5 de decembro—, poñendo en valor o papel esencial que desempeñan as máis de 800 persoas voluntarias que forman parte da Asociación e que a fai presente en 45 localidades na provincia a través das súas Xuntas Locais. O seu labor resulta imprescindible no apoio á investigación, o acompañamento a pacientes e familiares, na organización de iniciativas solidarias e a difusión de información crave para a prevención do cancro.

O acto incluíu, ademais, dúas mesas redondas sobre conceptos clave como humanización e innovación e recoñeceuse a colaboración de administracións públicas, medios de comunicación e universidades da provincia na loita fronte á enfermidade.

Os proxectos financiados

Tras un esixente proceso de concorrencia competitiva, adxudicáronse Axudas á Dra. María de la Fuente —DIVERSA Technologies—, Dr. Ashwin Woodhoo —CiMUS—, Javier Alberto Vermellas —IDIS—, Dr. Pablo Aguiar —CiMUS—, Ailenis Rosales —INIBIC—, Dr. Jorge Barbazán —IDIS—, Dra. Lucía Sanjurjo —IDIS—, ademais de catro axudas a estudantes de prácticas.

O Terceiro Sector no Seminario da EAPN-ES da Coruña: “A pobreza non é inevitable”

Oleiros e A Coruña, no ‘top’ das nóminas que máis cotizan en Galicia

Os concellos cunha base media de cotización máis elevada foron Oleiros, Santiago de Compostela, A Coruña e Bergondo, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). En xuño de 2025, había 829.151 afiliados á Seguridade Social con residencia en Galicia que cotizaban no réxime xeral, un 2 % máis que o mesmo mes de 2024. A base media mensual de cotización situouse nos 2.103,1 euros por persoa en xuño, un 3,9 % máis. A dos homes foi de 2.262,1 euros, 313,1 euros superior á das mulleres.

Por outra banda, tamén segundo datos que publica este venres o IGE, a 31 de outubro había 1.026.641 afiliados ao sistema da Seguridade Social con residencia en Galicia. En outubro, os estranxeiros afiliados incrementáronse un 14,7 % con respecto a outubro do ano pasado e o número aumentou nos sete grandes concellos en evolución anual. O maior incremento produciuse en Ferrol e Ourense. Así mesmo, as afiliacións incrementáronse no sector da construción (2,2 %) e diminuíron na agricultura e a pesca (-1,8 %).

O persoal de JEVASO secundará unha folga o luns para esixir á empresa cumprir o pacto de melloras

0

O comité de Jevaso e as organizacións sindicais CIG e UGT convocaron unha nova xornada de folga para este luns, día 1. O obxectivo é esixirlle á empresa o “estrito cumprimento do acordo de melloras asinado para o centro de traballo de Arteixo e que abone de inmediato os conceptos retributivos que marca o convenio colectivo de referencia, así como os conceptos salariais que regula o pacto de empresa”.

Así o explican as organizacións sindicais en senllos comunicados. Esta será a segunda mobilización tras o paro xeral desenvolvido o pasado luns, “que rexistrou un seguimento do 90% do persoal”, sinalan. Tamén denuncian o “empeño disuasorio exercido pola empresa” para que os empregados non o secundasen.

A folga, concretan, afectará “a todo o persoal, tanto contratado directo — unhas 700 persoas — como de ETT — ao redor de 200 –, e a todas as quendas laborais”, dando comezo ás 22.00 horas deste domingo, día 30, e prolongándose ata ás 22.00 horas do luns 1.

MANIFESTACIÓN

Ademais, o luns ás 14.00 horas, as traballadoras e traballadores sairán en manifestación das instalacións de Jevaso na avenida do Encoro e percorrerán unha parte do polígono de Sabón para “visibilizar a súa loita”.

Os sindicatos explican que chegan a esta segunda convocatoria de protesta debido “ao fracaso da mediación realizada na SIMA” este xoves, día 27. “Foi imposible conseguir un acordo satisfactorio para o persoal que puxese fin ao conflito e ás mobilizacións”, apuntan.

“Nadando na incerteza”, o novo disco da “cantora” Sés, xa nas plataformas

0

A cantora coruñesa Sés publica hoxe Nadando na incerteza, o seu novo traballo discográfico, un libro-disco acústico, íntimo e fundacional que inaugura unha nova etapa na súa traxectoria e consolida o seu lugar como unha das creadoras máis singulares e independentes da música galega. Xa podedes atopalo en todas as plataformas.

Con máis dunha década de carreira e nove discos publicados, Sés reafirma con este proxecto o seu compromiso absoluto coa canción, coa autenticidade e co control creativo de todo o proceso artístico.

O disco, que está creado con total liberdade artística, non ten “sobreproducións nin artificios: non hai batería, as voces respiran, os arranxos son mínimos e precisos, e cada tema foi concebido para defenderse por si mesmo.

“Non son cantante, son cantora; necesito identificarme co que canto”, afirma Sés, quen presenta este disco como un exercicio de artesanía musical e sinceridade radical. Nadando na incerteza publícase como libro-disco, no que cada canción vai acompañada dun texto da autora que amplía o seu significado e ofrece ao público unha lectura máis profunda do universo creativo de Sés.

Unha nova xira para presentar o disco

A cantante coruñesa percorrerá Galicia no inicio de 2026 cun espectáculo que afonda na súa proposta máis esencial e honesta, fiel á súa traxectoria independente.

  • Sábado 10 e domingo 11 de xaneiro – A Coruña – Teatro Colón
  • Sábado 17 de xaneiro – Vigo – Teatro Afundación
  • Sábado 24 de xaneiro – Lugo – Auditorio Fuxan os Ventos
  • Sábado 31 de xaneiro – Ourense – Auditorio Municipal
  • Sábado 7 de febreiro – Narón – Pazo da Cultura

Máis novas musiqueiras

Este venres, Ruada no Ágora

Fransy González emocionou ao Colón coa súa xenuína harmonía entre a música de raíz e a clásica

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

Avanza o curso e cada vez son máis familias as que saen á rúa para esixir melloras nos centros do ensino público.

Esta pasada tarde de xoves, tocoulle á comunidade escolar do CEIP Plurilingüe de Tarrío que, apoiada polo Concello de Culleredo, manifestouse para denunciar a grave falta de recursos humanos e materiais que sofre o centro e que, segundo as familias, a Xunta de Galicia continúa ignorando.

Un centenar de persoas participaron na marcha convocada pola ANPA Rosalía de Castro do centro. O percorrido partiu do colexio e tivo unha duración dunha hora, cos asistentes portando chalecos reflectores por motivos de seguridade viaria e mostrando pancartas en defensa dunha educación pública digna e cos recursos necesarios. Durante a protesta tamén se puideron escoitar cánticos como “Xunta, escoita, Tarrío está en loita”, cos que a comunidade educativa expresou a súa hartazgo ante a falta de avances.

O Concello comparte coa ANPA do centro a preocupación e a falta de recursos, tanto materiais como humanos, para que os alumnos do CEIP de Tarrío teñan unha atención adecuada.

FOTO 3 CULLEREDO - El Concello de Culleredo respalda a la ANPA del CEIP de Tarrío y exige a la Xunta más recursos y atención inmediata

Necesidades do centro

As familias denuncian que o CEIP de Tarrío arrastra desde hai anos unha situación insostible pola falta de medios. Reclaman un reforzo inmediato de Pedagoxía Terapéutica para atender ao alumnado con necesidades específicas, o incremento de recursos en Educación Infantil e a creación dunha cuarta unidade en 4º de Primaria que permita reducir cocientes e garantir unha atención máis personalizada. Subliñan, ademais, que estas demandas levan moito tempo trasladándose á Administración autonómica sen que a Xunta adoptase decisión algunha para resolvelas, motivo polo cal anuncian que se organizarán máis mobilizacións se continúa esta falta de resposta.

A ANPA lembra que o CEIP de Tarrío é un centro de referencia no municipio e que acaba de cumprir 50 anos de historia, un motivo máis para esixir que conte cos medios adecuados para seguir ofrecendo unha educación pública inclusiva e de calidade.

 

Máis novas sobre os recortes no ensino público

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

A Xunta négalle ao CEIP Valle Inclán o aumento de profesorado na previa das concentracións das 6 ANPAS de Oleiros

 

 

Outras novas das ANPAS

As ANPAS dos colexios de Oleiros levaron o seu manifesto ao pleno

Segue alzando a voz as comunidades escolares dos colexios de Oleiros. O último paso que veñen de dar é a lectura dun comprometido manifesto no pleno celebrado este pasado xoves 27 de novembro.

A ANPA Valle Inclán, AFA Nós CEIP Juan de Vega, ANPA CEIP Luis Seoane, ANPA Ensino CEIP Rabadeira e ANPA Bidueiro CEIP Isidro Parga Pondal reclamaron que “os recursos mínimos necesarios para garantir que os centros públicos de educación infantil e primaria de Oleiros poidan realizar o seu traballo con normalidade e cumprindo cos estándares mínimos de calidade e de inclusión que a Lei contempla”.

Esixen “un ensino público axeitadamente dotado, inclusivo e de calidade ao que temos dereito e que polo tanto debemos esixir, porque só cun ensino público inclusivo e de calidade, poderemos acadar a igualdade de oportunidades para os nosos fillos e fillas”.

Máis novas

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

Detidos un veciño e un electricista polo incendio rexistrado nun edificio na Sagrada Familia no que faleceu un home

0

A Policía Nacional detivo a dúas persoas pola súa suposta relación no incendio rexistrado na tarde deste xoves nun edificio da Coruña, na Rúa San Isidro, no que faleceu un home e outro se atopa en estado crítico por mor da inhalación de fume.

Así, segundo sinalan fontes a EP, as dúas persoas foron detidas por un suposto delito de homicidio imprudente, xa que o lume produciuse pola manipulación do cadro eléctrico do edificio.  Os detidos son un veciño do inmoble e un electricista.

O suceso, segundo a información do 112 Galicia, produciuse sobre as 17.45 horas deste xoves e ata o lugar mobilizáronse os bombeiros da ciudada herculina que, unha vez no punto, atoparon as escaleiras cheas de fume.

Procederon a sufocar as chamas e, durante os traballos de ventilación, localizaron a dúas persoas inconscientes no primeiro piso. Os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 prestoulles asistencia no lugar, pero só un dos homes puido ser evacuado, en estado crítico, ao Hospital Universitario da Coruña.

Aínda que o incendio púidose controlar e efectuáronse as tarefas de ventilación, os veciños foron desaloxados, debido a que as vivendas non tiñan luz, e evacuáronos a un pavillón próximo.

Morre un home e outro se acha en estado crítico pola inhalación de fume nun incendio rexistrado na Sagrada Familia

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa de Lecer do Forum Metropolitano e Centro Ágora. Cursos de arte, literatura, cine, fotografía, cocina, dibujo, teatro, astronomía, memoria, creatividad, música… moi queridos na cidade, que contan con máis dun milleiro de solicitudes cada ano e cuias prazas sempre se esgotan rapidamente.
Un programa que desenvolve a empresa Serviplus Total a través dunha concesión municipal, coordinada á súa vez por unha traballadora do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (o famoso IMCE).

Como peche final a estes cursos, organízase aló polo mes de xuño unha viaxe comunal. Unha viaxe non oficial, pagada integramente polos propios usuarios (sen custe municipal algún máis que o esforzo da traballadora municipal, mesmo adoita ir, pola súa conta, un dos profesores dos cursos, ao que os usuarios lle pagan a viaxe, pero que ten que custearse o resto de gastos), que se artella dun xeito asambleario, no que a traballadora do IMCE exerce de intermediaria entre as axencias de viaxes da cidade e os usuarios.
O procedemento é o seguinte: a traballadora municipal encarga ás Axencias da cidade que preparen un proxecto de viaxe cun orzamento, que se publica nun blog para que os usuarios vaian estudando as diferentes ofertas, e que se votan, a man alzada, sen trampa nin cartón, nunha presentación común que se fai no Fórum con todos os usuarios que estean interesados en facer a viaxe. Escóllese a opción máis votada e a partir de aí cada usuario acorda coa axencia directamente a súa participación.

Levan facendo estas viaxes desden hai 18 anos, con grupos de 150-200 persoas, a diferentes lugares, por todo Europa (Toscana, Selva Negra, Grecia, Canadá, Eslovenia…). Sempre con éxito de asistencia, sen incidencias, e tendo xa viaxado con 5 axencias diferentes da cidade. Este ano decidiran, na asemblea do ano pasado, ir a Escocia, pero parece que a cousa non está clara.

O así parece segundo o que teñen recibido estas semanas os usuarios dos cursos, que tras preguntar no Fórum recibiron a nova, sen demasiadas explicacións, de que este ano non vai poder haber viaxe. “Por que cambiar un modelo asambleario que funciona moi ben e que nunca tivo problemas? Pódese darlle unha volta, profesionalizalo ou privatizalo completamente, pero por que parar?”, pregúntanse os usuarios.

Ante esta situación de incerteza, os usuarios están colleitando sinaturas (en menos dunha semana xa superan as 300) e enviando correos á rexedora e ao IMCE para preguntar “Por que non se pode levar a cabo a viaxe cultural ao estranxeiro do programa de lecer do Forum Metropolitano e Centro Ágora?”. No escrito explican que queren “unha explicación de por que non se pode seguir organizando unha
actividade que leva funcionando o últimos dezaoito anos sen ningún problema e que move a máis de 150 persoas todos os anos. Consideramos que dita actividade non lle supón ningún custo ao Concello máis que o traballo de xestión que realiza a animadora do Forum, xa que logo somos os usuarios quen decido nunha asamble pública a axencia coa que viaxamos e a quen abono directamente os nosos billetes”. Ademais do prexuízo que lle causa ás axencias de viaxe da nosa cidade que levan desenvolvendo este programa os últimos anos que de súpeto quedan sen unha gran fonte de ingresos.

Dende o Concello aseguran que “todos os traballadores municipais cumpren coas súas competencias e responsabilidades con rigorosa profesionalidade” e que “o concello non lle prohibe a ninguén irse de viaxe”.

Máis novas

A unificación da Rede de Bibliotecas Municipais. Unha farsa

14 UTEs que engloban a 78 empresas (só 8 da comarca) optan ao concurso de deseño da fachada marítima coruñesa

0

Un total de 14 UTEs, que engloban a 78 empresas do ámbito internacional e nacional, presentaron as súas propostas ao concurso público para o deseño da fachada marítima coruñesa.

É certo que ha así varias firmas con delegación na Coruña trala apertura do procedemento tralo recurso do COAG, pero en realidade só hai dous estudios de arquitectura coruñeses que forman parte desas UTEs: de Creus e Carrasco e o de Díaz e Díaz,

Segundo informa a Autoridade Portuaria houbo unha proposta que resultou non admitida xa que non cumpría cos requisitos de presentación de ofertas establecidos nos pregos do procedemento.

Entre os profesionais que optan a elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima figuran tanto empresas locais como de carácter nacional e internacional procedentes de países como Francia, Inglaterra, Países Baixos, Xapón, Dinamarca, Portugal, Italia ou Estados Unidos.

Assegura a Autoridade Portuaria que hai un total de 36 firmas locais ou con delegación permanente na Coruña, sumando as que forman parte das UTEs e as que participarán en condición de colaboradoras destas sociedades.
Con todo, a realidade é que só hai 2 estudios de arquitectura coruñeses: DÍAZ y DÍAZ ARQUITECTOS SLP e CREUSeCARRASCO arquitectos, S.L.P., e estas 6 empresas con sede na comarca entre as que forman as UTEs: EPTISA Servicios de Ingeniería (A Coruña), TYPSA, (O Burgo, Culleredo), PROYFE S.L.., (Narón), GHENOVA Ingeniería (Ferrol), GOC, S.A (A Coruña), e PROINTEC, S.A.U. (A Coruña).

 

O fallo do concurso internacional para a redacción do plan que definirá os futuros usos dos peiraos interiores do porto da cidade herculina notificarase en “outono do ano 2026”. Será “no outono de 2027” cando se presente o Máster Plan de quen fose seleccionado, engadiu.

Relación de 14 UTEs candidatas (Relación das sociedades que forman xurídicamente cada UTE, sen incluír as empresas colaboradoras de cada proposta):

1-UTE formada por:
EDDEA ARQUITECTURA Y URBANISMO S.L.P.
CRUZ Y ORTIZ ARQUITECTOS S.L.P.
GHENOVA INGENIERIA S.L.U.
PROYFE S.L..
ARQUITECTURA AGRONOMIA S.L.P.
CONSULTORA ALOMON S.L

2-UTE formada por:
TÉCNICA Y PROYECTOS S.A. (TYPSA)
RSHP Architects SLP (Rogers Stirk Harbour + Partners)

3-UTE formada por:
JUNQUERA Arquitectos
WEST 8 urban design & landscape architecture b.v.
EPTISA Servicios de Ingeniería, S.L.
SENER MOBILITY, S.A.
NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV

4-UTE formada por:MIRALLES TAGLIABUE EMBT, S.L.P.
BAU-B Arquitectura i Urbanisme, S.L.P. (Busquets Arquitectura I Urbanisme)
GOC, S.A.
CREUSeCARRASCO arquitectos, S.L.P.
PROYECTOS, EJECUCIÓN Y CONTROL DE OBRAS, S.A.

5-UTE formada por:
IDOM CONSULTING ENGINEERING ARCHITECTURE, S.A.U.
ZAHA HADID LIMITED

6-UTE formada por:
GUSTAFSON PORTER + BOWMAN LLP
BOFILL ARQUITECTURA, S.L.
RON ARAD ARCHITECTS LIMITED
FHECOR INGENIEROS CONSULTORES, S.A.
BERENGUER INGENIEROS, S.L.
VECTIO TRAFFIC ENGINEERING, S.L.
GALAICONTROL, S.L.

7-UTE formada por:
TPF Getinsa Euroestudios, SL.
Gil BARTOLOME ADW, S.L.
Nikken Sekkei Ltd
TRN TÁRYET, S.A.

8-UTE formada por:
PROINTEC, S.A.U.
VIDAL ASOCIADOS ESTUDIO DE ARQUITECTURA, S.L.P.

9-UTE formada por:
BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP (BIG)
WSP SPAIN–APIA, SAU
DÍAZ y DÍAZ ARQUITECTOS SLP

10-UTE formada por:
OVE ARUP & PARTNERS S.A.U.
BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP
3XN COPENHAGEN A/S11-UTE formada por:
B720 Arquitectura SLP
ALDAY JOVER ARQUITECTOS SLP
GEG, Lda

12-UTE formada por:
ABALO ARQUITECTURA E INGENIERÍA, S.L.
INTECSA ENGINEERING GROUP, S.A.U.
CONURMA INGENIEROS CONSULTORES S.L.
OCEAN INFRASTRUCTURES MANAGEMENT, S.L.U.
TEMA INGENIERÍA, S.L.

13-UTE formada por:
Carlo Ratti Associati S.r.l.
LRA INFRASTRUCTURES CONSULTING, S.L.
DYP Ingenieros Consultores y Arquitectos, S.L.

14-UTE formada por:
Stoss, landscape Urbanism
Studio Gang Architectes
Urbanitree, S.L.P.

Máis novas

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”