Inicio Blog Páxina 134

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

0

Despois de meses esperando que o Concello cumprise as súas preguntas, as traballadoras da rede de Escolas Infantís Municipais retomaban o pasado 4 de febreiro as mobilizacións. Unhas concentracións que comezaban xa a finais de 2023 e que mantiveron un ano na rúa a estas máis de 100 traballadoras.

Falamos das Escoliñas de 0-3 anos, (Cativos, Luís Seoane, Roseiras, Caracola, Agra do Orzán, Arela, Montealto e Carrianta), que malia formar parte da rede municipal, funcionan cunha xestión privatizada, e cuias condicións laborais están moi lonxe de ser dunha rede pública: os seus salarios apenas chegan ao SMI pola escaseza dos convenios, e as súas xornadas de traballo son das máis altas de todos os convenios da ensinanza.

Todo nun ano no que teñen que saír os novos pregos para a licitación das escolas.

Onte desenvolveron unha nova concentración no Obelisco, esixindo unhas condicións laborais e salariais dignas e na defensa dunha mellora na atención ás crianzas. As traballadoras xa se puxeron de Entroido e realizaron “unha parodia do desafortunado encontro que tiveron a pasada semana co concelleiro de Educación, no que Juan Borrego mesmo lles negou que en abril do pasado ano dera o compromiso de trasladar unha resposta xustificada ás reivindicacións do colectivo”, rexeitando en todo momento a posibilidade de sentar a negociar a aplicación de melloras no servizo.

As palabras do edil provocaron unha profunda indignación entre as traballadoras, xa que incluso chegou a asegurar que non recibira ningunha solicitude de xuntanza “cando fixemos tres peticións por escrito e o único que obtivemos foi a calada por resposta”, explica o responsábel da CIG-Ensino da Coruña, Henrique García.

Aseguran que van solicitar unha reunión coa alcaldesa para tentar desbloquear a negociación, despois de ter xa realizado encontros o BNG e o PP, que levarán mocións ao pleno.

As traballadoras piden ademais que as escolas infantís municipais recoñeza a parella educativa (como si existe nas Galiñas Azuis), asegure a atención adecuada ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEAE), e reduza os ratios, como si se vai facer na etapa infantil 3-6.

Novas relacionadas

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais esíxenlle a Borrego mellores condicións

As traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que cumpla as súas promesas

 

Comeza a actividade presencial na Axencia de Intelixencia Artificial na Coruña

0

A Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (Aesia) celebrou este venres o seu consello reitor, coincidindo co inicio da súa actividade presencial na sede da Casa de Veeduría na Coruña, onde permanecerá mentres duren as obras da Terraza, o seu destino oficial.

Segundo informa o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, este consello reitor é, xunto coa Presidencia, o órgano de goberno da Axencia, ao que corresponde a “alta xestión da entidade, así como establecer as súas directrices xerais de actuación”.

O mesmo, apunta, constituído por seis representantes de diversos ministerios, un experto en Intelixencia Artificial e o director xeral da Aesia, reuniuse por primeira vez de maneira presencial na Coruña para facer balance dos primeiros meses de actividade e establecer os seus obxectivos para 2025.

Este encontro, engade, coincide co inicio da actividade presencial dos traballadores da Aesia na céntrica Casa de Veeduría da cidade herculina, tras a súa instalación este mes de febreiro, mentres se realiza a reforma integral da Terraza.

Así mesmo, este venres, o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, visitou esta sede xunto coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, María González Veracruz, que, ademais, é a presidenta da Aesia.

Selva, a primeira vítima do Real Decreto polo que as Veterinarias saen á rúa

0

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

 

Formado o novo Consello Local do BNG na Coruña

0

Trala composición da Asemblea Local, con Ignacio Siota ao fronte como reelecto responsábel local, esta semana o BNG realizou a sesión constitutiva, dese novo Consello Local. “Cada día vemos como medra a corrente de simpatía das coruñesas e coruñeses cara ao que representa a nosa forza política”, afirma Siota.

O órgano de dirección da formación nacionalista na cidade analizou a situación política que se vive no Concello, após a alcaldesa ter perdido a cuestión de confianza da cámara municipal no Pleno realizado o pasado martes 11 de febreiro.

“O que se viu con nitidez no debate da cuestión de confianza é que o BNG exerce o rol de forza decisiva que lle conferiron as coruñesas e os coruñeses nas pasadas eleccións e que se está a consolidar como unha clara alternativa de goberno na cidade”, afirma Siota, coruñés de 31 anos e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía.

Acompañan Siota no Consello Local Keina Espiñeira, Jorge Castro, Guadalupe Martínez, Xabier Pérez Couto, Andrea Ramos, Raimundo Martínez, Mercedes Queixas, Francisco Jorquera, Isabel Risco, Fran Rei, Avia Veira, Isidro Daviña e David Soto.

Ignacio Siota volve encabezar a Asemblea Local do BNG na Coruña

Pepe Carreiro expón o seu humor

Figura indiscutible do humor e da prensa galega é Pepe Carreiro. As súas tiras cómicas teñen pasado nos últimos 40 anos por xornais como Faro de Vigo, Diario de Galicia, La Voz de Galicia, El Mundo (edición Galiza), Xornal de Galicia e Nós Diario, e en semanarios e revistas como A Nosa Terra, Can sen Dono, Tempos Novos, A Trabe de Ouro  e Xo! , para acabar neste século servindo de fachenda galega polas rede sociais.

Este mes de febreiro poderemos gozar de 50 das súas pezas na mostra ‘Humor para mudar o mundo. Que graza!’ que se estrea este mesmo venres 14 de febreiro, ás 19:30h no local da A.C. Alexandre Bóveda, no primeiro andar do edificio do Circo de Artesáns, na rúa Santo André, 36. Non faltará o propio humorista gráfico e creador dos Bolechas.

A mostra, organizada Federación Galiza Cultura, recolle o sentir da pluma do autor vigués: unha primeira, frase en serio e pretensiosa (Humor para mudar o mundo), que logo, na segunda, cunha contestación burleira (Que graza!) rebaixa as ínfulas da primeira parte e lle dá un baño de realidade.

Pepe Carreiro exposicion

É un mestre da síntese expresiva, tanto desde o punto de vista do debuxo como do texto. Neste sentido, encádrase de cheo na tradición do humor gráfico galego inaugurada por Castelao.

 

Sanitarios volven pedir medidas “inmediatas” contra as agresións: “Queremos traballar en condicións de seguridade”

0

Profesionais sanitarios secundaron unha nova mobilización ante o Hospital Universitario da Coruña para demandar “medidas urxentes” ante as agresións ao colectivo e ao considerar que estas deben implantarse de forma “inmediata”. “Queremos traballar en condicións de seguridade”, insistiu a presidenta da Comisión de Centro, María Formoso.

Foi con motivo dunha nova protesta con varios centenares de persoas e na que corearon proclamas e puidéronse ler pancartas con frases como “máis recursos e menos discursos”, “conselleiro escoita, estamos en loita”, “coa nosa saúde non se xoga” ou “máis seguridade en centros sanitarios”, ás que se sumaron peticións de dimisión.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Lamentou que a única resposta directa por parte do Sergas dende a agresión do día 3 é “un incremento dun profesional de seguridade e un correo electrónico” enviado aos traballadores.

Sobre o apoio psicolóxico e informativo, “non cambiou nada a situación, tivemos unha reunión coa xerencia pero non nos deron nin un borrador do protocolo de seguridade, temos todo moi bonito, papel encima da mesa pero realmente non temos nada”, remarcou.

En canto ao grupo de traballo anunciado pola Consellería de Sanidade, para implementar un novo plan con medidas, aseverou que lles parece “marabilloso” que se empecen a “facer cousas”. “Pero imos tarde, iso tíñase que iniciar o 3 de febreiro, pasaron dez días e só temos un garda de seguridade a maiores”.

“Faremos as denuncias pertinentes”, engadiu sobre a demanda a este respecto da Fiscalía Superior de Galicia para que se formalicen. Con todo, engadiu que queren que “antes de que volvan suceder eses feitos” os responsables políticos “garantan a seguridade tanto de pacientes como de profesionais sanitarios”.

Máis novas

A xunta de persoal do Chuac solicita ante Sanidade o cesamento do xerente tras “anos” denunciando “falta de seguridade”

“O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s”

O colectivo sanitario sae á rúa para esixir “un traballo seguro”

As Veterinarias manifestaranse este domingo na Coruña esixindo a súa liberdade para prescribir

O sector veterinario ten dito basta. Xa este pasado martes, as clínicas de todo o estado fixeron un parón simbólico para denunciar varios asuntos que levan arrastrando darunte anos, aumentadas trala imposición de novas restricións á distribución e dispensación de medicamentos.

As mobilizacións continuarán e este mesmo domingo 23 de febreiro manifestaranse os profesionais da Coruña e Lugo ás 11:30h no Obelisco.

Selva, a primeira vítima do Real Decreto polo que as Veterinarias saen á rúa

As causas

Piden liberdade para prescribir medicamentos, coartada trala aprobación do Real Decreto 666/2023, que adapta unha Lei Europea para levar unha trazabilidade de cada medicamento. O Decreto obriga aos veterinarios a prescribir antibióticos seguindo indiscutiblemente as indicacións dos prospectos, obviando a experiencia e coartando a liberdade de criterio clínico.

Esta medida tamén provocará un retraso nos tratamentos, e un aumento de burocracia, e inclúe sancións de ata 1,2 millóns de euros para os veterinarios que non sigan as directrices.

Ademais, denuncian que levan arrastrando o IVA do 21% en todos os servizos durante demasiados anos, poñendo un “imposto de luxo” a un servizo sanitario.

Axudas da UDC para o financiamento de grupos e unidades de investigación

0

A Universidade da Coruña (UDC) convocou axudas por case medio millón de euros de financiamento para grupos, unidades e investigadores individuais.

Faino, informa o reitorado, a través do programa ‘Agrupa’, que ten como obxectivo “o fortalecemento e a consolidación das capacidades de I+D+i”.

O salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC acolleu este xoves unha xornada informativa de presentación deste programa.

O mesmo está deseñado “para o fortalecemento e consolidación das capacidades de I+D+i dos grupos, unidades e persoal investigador da UDC, así com da convocatoria para o financiamento dos grupos, unidades e investigadores e investigadoras individuais”.

CCOO convoca unha manifestación na Coruña pedindo a modificación dos cambios na devolución do IRPF a mutualistas xubilados

0

CCOO convocou mobilizacións o día 20 de febreiro en toda España para instar o Goberno central a que modifique o procedemento que puxo en marcha para devolver aos mutualistas xubilados o IRPF que pagaron de máis hai décadas. En Galicia concentraranse ante a Delegación do Goberno, na Coruña.

Fano porque consideran que se trata dunha “discriminación e un agravio comparativo” entre as persoas afectadas, polo que urxen á aplicación de “medidas correctoras”.

Así o explicou o secretario xeral da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO en Galicia, Carlos Mella, na Coruña con motivo da presentación da mobilización.

REFORMA FISCAL

Segundo o sindicato, tras diversas sentenzas na súa contra, a Axencia Tributaria recoñeceu a principios de 2024 o dereito das persoas pensionistas a reducir unha porcentaxe da súa base impoñible do IRPF, en función das cotizacións realizadas entre 1967 e 1978 (un 25% da parte correspondente á pensión) e as anteriores a 1967 (un 100%).

Para facilitar a devolución, en marzo dese ano habilitouse un formulario electrónico para facilitar o proceso. Con todo, unha disposición incluída na reforma fiscal aprobada polas Cortes Xerais deixa sen efecto as solicitudes de devolución que non estivesen resoltas antes do día 22 de decembro de 2024, á vez que desactivaba o citado formulario.

“Con nocturnidade e aleivosía sacan un decreto lei”, dixo Mella, quen apuntou que a principios de abril habilitarase outro tipo de reclamación. “Non sabemos como van facer e non estamos de acordo co decreto”, sinalou para insistir en que “non é aceptable, é un agravio comparativo”.

“Hai quen xa cobrou a totalidade e agora outros se van quedar sen cobrar”, indicou en alusión a que coa modificación só poderase solicitar o abono ano a ano, demorando o pago catro anos.

Villoslada: “É moi preocupante a falta de diálogo do Goberno municipal para acordar os orzamentos”

Tralo rexeitamento da proposta de Orzamentos, e despois da Cuestión de Confianza por parte dos dous grupos da oposición, o grupo Sumar fai a súa valoración.

“É moi preocupante a falta de diálogo do Goberno municipal da Coruña para acordar os orzamentos municipais de 2025” insiste o secretario comarcal de Movemento Sumar Galicia na Coruña, Juan Díaz Villoslada.

Esta situación, “denota unha manifesta crise política case que dende inicio de mandato”, reflicte ademáis unha preocupante falta de capacidade por parte do Goberno municipal de Inés Rey para dialogar, negociar e manter procesos de participación cidadá nos distintos asuntos que máis preocupan na Coruña, máxime se non conta coa maioría suficiente e pretende gobernar ás costas desta realidade”, sinala.

Villoslada, lamenta que “mentres tanto, os necesarios investimentos nos barrios, as axudas ás entidades sociais, económicas, culturais ou deportivas da cidade ou os compromisos con outras administracións públicas en proxectos trascendentais, deben de agardar no caixón”.

Por iso, dende a comarca da Coruña, en Movemento Sumar Galicia consideran de máxima urxencia “que a Alcaldesa e o conxunto do seu goberno cambien de talante e sexan capaces de acordar no Pleno municipal os principais asuntos da cidade, e deixe de someter a toda a veciñanza coruñesa a formas de gobernar nada dialogantes nin participativas que, en definitiva, lastran o impulso da Coruña”.

Máis novas

A cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

Sumar Galicia reivindica que “a vivenda digna é un dereito” e loita contra a especulación

Juan Díaz Villoslada será ao candidato galego na lista de Sumar ás eleccións europeas

Juan Manuel Díaz Villoslada: “(Inés Rey e Lage Tuñas) seguen entendendo unha forma de acción política que non comparto”