Inicio Blog Páxina 133

Inés Rey defende que a suba do alugueiro se “contén” na Coruña tras seis meses como zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a existencia dunha “contención” do prezo do alugueiro na cidade coa declaración da mesma como mercado tensionado. “Van un seis meses, os únicos datos que temos son do Observatorio Galego da Vivenda e hai unha contención”, remarcou a preguntas dos xornalistas.

“Os prezos non subiron”, insistiu para aludir a unha baixada, aínda que “moi lixeira”. “De 735 a 732 euros”, aseverou para incidir en que “a medida ten efecto en canto á contención”. Isto contrapúxoo á situación de anos anteriores con “subidas por enriba do IPC”, insistiu Rey para lamentar, por outra banda, que por parte da Xunta non se lles facilitaron máis datos.

Taburete, Juan Magán e Beret encabezan o regreso do Recorda Fest á Coruña en 2026

0

Taburete, Juan Magán, Inazio, Beret e Mafalda Cardeal son as primeiras confirmacións da que será a cuarta edición do Recorda Fest, que se celebrará o 4 e 5 de setembro de 2026 no Peirao da Batería da Coruña. Segundo explica nun comunicado a organización, os primeiros abonos saíron á venda esta mañá a un prezo de 45 euros máis gastos de xestión. O pasado luns xa se esgotou a primeira liña de abonos fidelidade, xa que 500 persoas das que asistiron o pasado mes de setembro ao Peirao de Batería puideron adquirilos cunhas condicións especiais.

Taburete, a banda madrileña que xa conquistou os corazóns do público da cidade de cristal na primeira edición do festival, volverá o próximo ano co seu novo traballo ‘El perro que fuma’, un tour que levará o seu renovado directo por toda a península. O rei do electrolatino, Juan Magán, repite tras conformar o cartel da terceira edición. Así, en 2026 volverán soar no Peirao de Batería da Coruña himnos como ‘Ella no sigue modas’, ‘Ayer la ví’, ‘He llorado’, ‘Te voy a esperar’ ou ‘Verano azul’.

Pola súa banda, Inazio, un mozo navarro que cativou audiencias coa súa música indie folk, levará á Coruña as súas melodías acústicas con tinguiduras experimentais actuais e letras profundas e introspectivas. Francisco Javier Álvarez Beret, máis coñecido como Beret, é un cantante e compositor sevillano que se consolidou como unha das voces máis sensibles, auténticas e representativas da música en español. A súa irrupción na escena musical chegou da man de ‘Lo siento’, tema que se converteu nun fenómeno internacional con sete certificacións de Platino en España e múltiples recoñecementos, entre eles Mellor Canción do Ano nos 40 Music Awards 2019.

Por último, Mafalda Cardeal é unha cantante de pop emerxente nada en Alacante en 2001. A súa carreira comezou a despegar grazas ás redes sociais, onde se fixo viral con cancións como ‘Tu fan’. Caracterízase por escribir as súas propias letras e está considerada unha das voces máis prometedoras da súa xeración en España. Aborda temas como o desamor, pero tamén cancións máis alegres sobre o amor, como ‘En mi balcón’.

Unha muller condenada por asasinar anciás en Cataluña acolleuse a non declarar polo homicidio dunha nonagenaria na Coruña

0

A muller, coñecida polos seus antecedentes de asasinar a anciás en Cataluña, acolleuse este martes ao seu dereito a non declarar como presunta responsable do homicidio ou morte violenta dunha nonagenaria que foi localizada sen vida nun piso do barrio de Monelos, na Coruña o día 3 de outubro.

Este martes foi citada pola maxistrada do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña para prestar declaración, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A acusada foi trasladada desde un centro penal e á declaración asistiron a Fiscalía; a acusación particular, exercida pola familia da falecida; e a defensa. A maxistrada non solicitou medidas cautelares ante a actual situación penal da investigada e o Xulgado de Instrución número 6 da Coruña continúa coa investigación dos feitos.

A investigada, natural de Galicia, e emigrada a Cataluña por traballo, foi condenada pola Audiencia Provincial de Barcelona por matar a tres anciás, tentativa de asasinato doutro cinco, sete delitos de roubo con violencia e un de furto. A sentenza condenouna tamén ao pago de indemnizacións a familiares das vítimas, mentres que a absolveu doutro delito de asasinato en grao de tentativa.

Os feitos tiveron lugar entre xuño e xullo de 2006 en Barcelona, uns asasinatos cualificados entón como “especialmente violentos” e sen capacidade de defensa das falecidas. Todas as vítimas, segundo recolleu o fallo, eran anciás especialmente vulnerables, aproveitándose a procesada da súa inxenuidade para acceder aos seus domicilios.

Ana Miranda acusa a Xunta e ao Goberno de “bloquear” a rexeneración da ría do Burgo

0

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, acusou á Xunta e ao Goberno central de “bloquear” a rexeneración total da ría do Burgo tras o dragado. “Unha demanda de hai moitos anos”, remarcou. Así o fixo este martes na Comisión de Peticións da Eurocámara onde propuxo que esta comisión contacte coa Comisión de Emprego e envíe unha carta tanto á Xunta como ao Executivo estatal para “avanzar no desbloqueo” da rexeneración da ría do Burgo.

Miranda incidiu na importancia da visita realizada por unha delegación internacional á ría do Burgo en 2013, impulsada polo BNG e que serviu para que “se consignasen os fondos para realizar o dragado da ría, que xa finalizou”. A continuación, a eurodeputada do BNG instou á Xunta a ter un “papel máis activo” na rexeneración da ría, xa que Galicia ten as competencias exclusivas en materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura. Finalmente, Miranda pediu compensacións económicas para os mariscadores tras a parada.

Guía para darlle unha segunda vida aos xoguetes que xa non usan as túas crianzas na Casa dos Xoguetes

0

Moi necesaria e positiva a posta en marcha da chamada Casa dos Xoguetes. Ese espazo promovido polo Concello da Coruña, habilitado nas dependencias da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) (Costa da Palloza, 8, en Catro Camiños), para darlle unha segunda vida e todos eses xoguetes que xa pasaron de moda en cada casa. Eses xoguetes que as crianzas xa amortizaron, pero que seguen en perfecto estado, e que poden servir para sacar os sorrisos de centos de nenos e nenas con menos recursos.

A iniciativa, no marco do completo programa de Nadal, fomenta a reciclaxe e reutilización nestes tempos de consumismo exacerbado, facendo da economía circular e do consumo responsable unha identidade, como demostraron os alumn@s do CEEPR Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga, que estrearon as actividades.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Cee Lourdes (@ceepr_lourdes)

Ademais, haberá obradoiros creativos e actividades lúdicas. Entre as propostas destacan os obradoiros de reciclaxe e manualidades (postais de Nadal e de Reis, adornos sostibles, cápsulas de neve, xardineiras e xogos feitos con refugallo) e actividades lúdicas como contacontos, debuxo colaborativo e xogos do agasallo.
Todas as actividades son de balde e a inscrición pódese levar a cabo 15 minutos antes do inicio de cada sesión, na propia Casa dos Xoguetes.

Horarios

A doazón de xoguetes estará habilitada entre o 1 e o 31 de decembro” e que o horario da Casa dos Xoguetes será de luns a venres (de 11:00 a 18:00 horas, ininterrompidamente), os sábados (de 11:00 a 14:00 horas) e con aperturas especiais os días 24 e 31 de  decembro (de 11:00 a 14:00 horas). Os domingos e festivos a Casa dos Xoguetes estará pechada.

A Casa estará aberta e recollerá xoguetes ata o 3 de xaneiro.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou a Casa dos Xoguetes
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou a Casa dos Xoguetes

Máis novas

A programación do Nadal da Coruña incluirá máis de 300 eventos a partir deste venres

A Casa dos Xoguetes esparexe regalos

Médicas oleirenses para formar en sanidade a profesionais de Chiapas

0

Este grupo formado por 7 profesionais da sanidade, entre os que se atopan varias veciñas de Oleiros, partiron desde o aeroporto da Coruña para dedicar as súas vacacións a atender de xeito gratuíto as persoas máis desfavorecidas da zona rural de Altamirano, en Chiapas. O Concello de Oleiros financia integramente este proxecto da ONG Solidariedade Galega con 19.509,69 euros.

A expedición está composta polos xinecólogos Luis Heliodoro Alba Ordás e Fátima Martínez Ordás, as cirurxiáns Celsa María Fernández Blanco e Namibia Sanluis Verdes, as anestesistas Rosa María López Pérez e María Vilela Lozano e a enfermeira Mónica María García Casás –responsable do proxecto-; que estarán durante 2 semanas en Chiapas, no Hospital San Carlos. Ademais das intervencións e consultas, formarán a profesionais locais.

Debido ao illamento no que se atopa a localidade que alberga este hospital, resulta moi complicado atopar médicos que poidan traballar no centro. É por iso que misións como a do equipo de médicos voluntarios de Solidariedade Galega ten unha elevada importancia.

Outras novas

Solidariedade Internacional celebrou 20 anos da tenda de comercio xusto de San Andrés

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

A Escola Coruña de Senegal xa ten paneles solares gracias á ONG Ecodesarrollo Gaia

O Fanzine Fest cola a música electrónica na #AxendaCoruña

0

Volve o Fanzine Fest, converter á cidade nun polo de aracción para os amantes da cultura electro. A promotora herculina de Pablo Cubeiro e Roi Grobas, Fanzine Project, levan máis de 10 anos desenvolvendo, co apoio do Concello da Coruña, esta cita de vangarda.

A cita, que mantén a súa vocación de conectar a escena internacional co talento galego e estatal, amplía a súa presenza na cidade con tres novos espazos: o Museo de Belas Artes, a Igrexa das Capuchinas e o Teatro Colón, que se suman a sedes xa habituais como o planetario da Casa das Ciencias, a Domus, a Fundación Luis Seoane e a Sala O Túnel.

Durante sete días, do venres 5 ao 12 de decembro, Fanzine Fest despregará un percorrido sonoro e visual que une diferentes xeracións, xeografías e estilos dentro da electrónica contemporánea. O cartel de 2025 reúne a figuras internacionais como Orphx, Plant 43, Kerrie, Jerome Hill ou Electric Rescue, xunto a nomes destacados da escena nacional como Architectural ou Promising/Youngster. A eles súmase unha potente representación galega con Boneco & Hey Pablo!, Ángel Novcad, Jean Fixx, Bombyx Blow, Músculo!, Lex G, Roi, Slit Observers, Mist Gasp e Elektrógena, entre outros. No apartado visual destacan Gnomalab, Eloi Costilludo, Juan Lesta e The Panic Room, responsables das contornas inmersivas e directas AV/AV que caracterizan ao festival.

Charlas

Ademais dos concertos, Fanzine Fest 2025 contará con talleres e charlas destinadas a público infantil e adulto que levarán a cabo o sábado 6 na Fundación Luis Seoane. Os máis pequenos poderán gozar de dous talleres, ‘Viaxe ao centro do ritmo’ impartido por Sebastian Black e ‘Mini Mappers’, un taller de vídeo mapping desenvolvido por Gnomalab.
Para o público adulto, a empresa de hardware musical galego OXI instruments organizan un taller de creación e performance cos seus instrumentos. E Patricia Hermida, presidenta da AGEM, dará unha charla sobre xestión de dereitos e monetización: ‘Os likes non pagan o alugueiro: Onde está o diñeiro na música?’

Más información, programación completa e venda de entradas en www.fanzinefest.com.

Solidariedade Internacional celebrou 20 anos da tenda de comercio xusto de San Andrés

0

Se pensamos nas tendas de comercio xusto da cidade, seguro que a cabeza nos vai a San Andrés. Porque a Tenda Oxfam Intermon está na Estreita, e un pouco antes, nos soportais que unen San Andrés coa Rúa da Galera, onde está a Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional.

Precisamente paramos nesta Prazotela da Galera para celebrar os 20 anos da tenda da ONG. Unha tenda que abría por primeira vez as súas portas na rúa Orzán no ano 2005. Tras dúas mudanzas —incluíndo un paso pola rúa Alcalde Canuto Berea— conseguiu consolidarse na súa localización actual, converténdose nun referente da economía solidaria e do consumo responsable na cidade.

Durante estas dúas décadas, sobreviviu a crises económicas, ao decaemento do pequeno comercio e a distintos desafíos sociais, mantendo sempre un firme compromiso cos dereitos das persoas e o coidado do planeta.

Ao longo destes 20 anos, 57 persoas colaboraron de forma activa como voluntarias ou como parte do persoal técnico, e milleiros de persoas aportaron coas súas compras. “Esta tenda é moito máis que un punto de venda: é un espazo de activismo, encontro e cidadanía comprometida. Se chegamos ata aquí é grazas á fidelidade e ao apoio da nosa clientela, que forma parte esencial desta historia”.

Porque consumir comercio xusto é un xeito de loita social, de loita contra a inxustiza, contra a explotación, a tenda segue a comercializar produtos de alimentación e artesanía de Comercio Xusto por un valor próximo ao medio millón de euros. Grazas a iso, melloraron as condicións de vida de milleiros de produtores e produtoras de América Latina, África e Asia.

20 anos da Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional en San Andres

Outras novas

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

A rapazada “cambiamundos” do CEIP San Francisco Xabier regueifa pola xustiza social

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

0

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos de atención primaria da área sanitaria da Coruña. Estas asembleas naceron en todas as áreas de Galicia para coordinarnos e plantar cara ao documento de medidas presentado pola Consellería de Sanidade na Mesa Sectorial do 17 de outubro.

Entre esas medidas incluíase a conversión de todas as prazas de médicos de atención primaria —tanto de consulta ordinaria como de urxencias extrahospitalarias (PAC)— nunha nova categoría chamada FEAP, implantada desde 2022, que obriga a realizar gardas (polo menos dúas ao mes, e máis en épocas como o verán). Isto supón unha sobrecarga inasumible para profesionais que xa saen de consultas con 40-50 pacientes ao día e que deben afrontar xornadas maratonianas de 17 horas adicionais. As citas non atendidas acumúlanse, a demora medra (en moitos centros xa supera as dúas semanas) e a presión sobre os compañeiros increméntase de forma exponencial.

Trátase, en definitiva, de castigar aos médicos que seguen traballando no sistema público por una mala xestión e falta de previsión por parte da Consellería, obrigándoos a xornadas extra mal remuneradas para cubrir un déficit de persoal que leva xestándose máis dunha década. Durante anos sabiamos das xubilacións que ían chegando sen relevo suficiente, e non so non se abordou o aunto senon que ao mesmo tempo recortouse financiamento na atención primaria, deteriorando as condicións laborais. Isto fixo que os estudantes de medicina optasen por outras especialidades, e que moitos médicos de familia recentemente formados preferisen as urxencias hospitalarias, a sanidade privada ou emigrar, agravando o problema.

A resposta da Consellería foi tentar cubrir vacantes recorrendo a médicos extracomunitarios sen especialidade MIR (ou con especialidades alleas á atención primaria) contratándoos de forma irregular e sen garantías sobre a súa formación. Mentres un médico MIR supera un exame estatal, fórmase catro anos baixo supervisión e é avaliado repetidamente, garantindo uns mínimos de calidade, estes profesionais entran sen filtros. Todos vemos nas nosas áreas enormes diferenzas na calidade asistencial: os pacientes que caen en consultas atendidas por médicos sen MIR son os máis prexudicados, con casos que rozan a mala praxe.

A pesar diso, no documento do 17 de outubro a Consellería propoñía homologar pola vía rápida estes médicos sen MIR, outorgándolles a especialidade mediante un cursiño de poucas semanas. Consideramos que isto é un insulto á profesión e unha falta absoluta de respecto cara a quen si pasou pola única vía legal de acceso á sanidade pública en España. Ademais, a Consellería non ten competencias para modificar o sistema MIR.

Todo isto fixo que unha onda de indignación se espallase rapidamente como unha faísca entre o colectivo de médicos de familia de toda Galicia. Organizámonos, contactamos cos sindicatos e elaboramos unha serie de liñas vermellas polas que estabamos dispostos a loitar: eliminar a categoría FEAP e continuar co modelo actual de atención primaria que mellora a continuidade asistencial, establecer que a única vía legal é a formación MIR para traballar na sanidade pública, e non obrigar aos compañeiros de PAC a aumentar a súa xornada asumindo os sábados pola mañá (que ata agora eran cubertos de forma rotatoria polos médicos de consulta ordinaria, pero que coa redución xeral de xornada deberá ser cuberto por persoal voluntario ben incentivado).

Pero non nos iamos quedar aí. Queríamos retomar vellas loitas, como contabilizar correctamente as horas que realiza o persoal de PAC, de maneira que se está de permiso ou de incapacidade temporal non teña que devolver esas horas; e, sobre todo, conseguir dunha vez por todas unha axenda de consulta pechada, para que non se estire como un chicle e non se chegue en ocasións a 60 pacientes ao día, cunha burocracia absurda, con saídas ao 061, visitas ao hospital e deixando o centro de saúde abandonado, asumindo cada vez máis competencias que antes pertencían a outros servizos como Oftalmoloxía ou Hematoloxía. Isto provoca que a consulta se converta nunha especie de trincheira, onde parece que o paciente non importa, senón despachalo o máis rápido posible; onde a calidade asistencial queda nun segundo plano; onde o seguimento do paciente crónico e complexo se realiza de forma tan superficial que continúa descompensándose e acudindo ao hospital, aumentando o gasto; onde saír en hora para estar coa familia é unha quimera; e onde cada día o desánimo e a vocación minguan ante a impotencia de non poder exercer unha medicina de familia real. E isto fai que calquera estudante que rota polos nosos centros foxe ante o espanto e a falta de atractivo. Noutras comunidades xa existen mecanismos ou axendas de continxencia con voluntarios incentivados; aquí seguimos cargando máis peso sobre o mesmo lombo.

Mobilizacións e negociacións

Folga da atencion primaria no Centro de Saude dos Mallos 2
Imaxe da semana pasada da Folga de Atención Primaria no Centro de Saúde dos Mallos

Con este panorama, era necesario mobilizármonos. Os sindicatos da Mesa Sectorial (CSIF, CCOO, UGT e CIG) convocaron un único día de folga para o 26 de novembro, claramente insuficiente. Omega convocou tres días (26, 27 e 28), aos que posteriormente se sumou a CIG, e tamén se adheriu o sindicato médico independente SIMEGA para o día 26.

Nos días previos, as concentracións multiplicáronse e os grupos de WhatsApp botaban fume, algúns con máis de 600 persoas. E entón chegou o xerro de auga fría: a desconvocatoria da folga por parte de CSIF, UGT e CCOO, malia asegurárnos días antes que resistirían ata o final. Asinaron un acordo que venderon como histórico, pero que non respondía ás nosas liñas vermellas nin mudaba o noso día a día. O único relevante era a conxelación temporal da categoría FEAP ata 2029, sen garantía ningunha. Nada sobre axendas pechadas; nada sobre regular a sobrecarga asistencial. SIMEGA tamén desconvocou posteriormente, con outro documento cheo de boas intencións, vaguedades e promesas para o futuro que lembran outras folgas (como a de 2019) cuxos acordos nunca se cumpriron.

Pero CIG e Omega decidiron manter a folga, e seguimos adiante. A Consellería difundiu cifras ridículas de seguimento, do 6-7%, contando todo o persoal sanitario (facultativos, enfermaría, administración, odontólogos, fisioterapeutas, auxiliares…) cando a mobilización real era do colectivo médico. E, ademais, contabilizando como “non folguistas” a quen estaba con ausencia xustificada (permiso, baixa…) e a quen traballaba de mínimos, que obviamente non podía secundar a folga. Se retiramos esa manipulación, vemos por exemplo que na área da Coruña, o día 26, de todos os médicos dispoñibles para facer folga, o 60% secundouna. E se temos en conta que arredor do 15% son médicos prorrogados (maiores de 65 anos) que perderían o 4% do complemento anual da súa pensión por un só día de folga, e todos os médicos sen MIR que lóxicamente non a apoian, o apoio real sería moito maior.

Esta é unha batalla de desgaste e contra o tempo. Que se consigan os obxectivos depende da forza que manteña o colectivo na próxima “batalla”, que serían os días 9, 10, 11 e 12 (esta vez convocados só por OMEGA), e coa vista posta en valorar unha folga indefinida se a Consellería continúa sen definirse.

Afonso C.G Atencion Primaria

Pero todo depende da forza e de manter o pulso. Se o apoio se dilúe e perdemos a unión que temos neste momento, non teremos armas para negociar. E o que está en xogo non é só o noso futuro como profesionais, senón o futuro da atención primaria e da saúde de toda a poboación galega. É agora ou nunca. Se non loitamos xuntos, perdemos todos.

  • Afonso C.G. Médico de Atención Primaria na Coruña.

 

Inés rey insiste que a declaración de zona tensionada contén os prezos do aluguer

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu que a declaración de zona de mercado residencial tensionado está a conter os prezos do aluguer. A socialista participou este luns nun acto en organizado pola Agrupación Socialista de Palma e a de Palma-Ponent no marco do Día da Constitución, no que contrapuxeron os modelos de vivenda entre ambas as cidades.

A xornada centrouse no problema da vivenda na cidade que, ao seu criterio, pon en dúbida a democracia e a Constitución. Desde a formación socialista apostaron por limitar o prezo do aluguer, acabar coa especulación e aumentar as vivendas públicas fronte ás solucións da dereita que, criticaron, “son a construción sen control, a especulación e facer da necesidade da xente o seu negocio”.

A alcaldesa explicou a política de vivenda que leva a cabo o Concello, destacando a declaración da cidade como zona tensionada. Ao seu parecer, aínda é pronto para valorar o seu funcionamento pero segundo os últimos datos o prezo do aluguer baixou tres euros. “É moi pouco pero non subiu”, dixo. Igualmente, subliñou a necesidade de porlle solución ao problema da vivenda de forma conxunta, xa que os gobernos irán cambiando de cor política pero se non se pon remedio atoparanse co mesmo problema.

“Traballar agora e facelo pensando na xente e non no rédito político de cada un é a única maneira de que estas medidas funcionen”, apuntou Rey. O secretario xeral dos socialistas en Palma, Iago Negueruela, contrapuxo o modelo que explicou Rey ao que leva a cabo Cort. No primeiro caso, ao seu parecer, o dereito á vivenda “trabállase”, mentres que o Concello de Palma “premia a especulación”.