Inicio Blog Páxina 166

A Coruña impulsa unha residencia literaria con coidado infantil para nais escritoras

0

O Concello da Coruña vén de anunciar a apertura do prazo para optar á primeira Residencia de Conciliación para nais escritoras, unha iniciativa pioneira que busca favorecer a creación literaria sen renunciar aos coidados familiares. A convocatoria estará aberta desde o sábado 3 ata o 31 de maio e está dirixida a mulleres con obra publicada e fillos ou fillas nados entre 2013 e 2021.

A proposta, impulsada polas áreas municipais de Benestar Social, Igualdade e Participación, e Cultura, conta coa colaboración da Residencia Literaria 1863, dirixida pola poeta Yolanda Castaño. Durante o mes de agosto, a autora seleccionada disporá dunha bolsa que cubrirá os gastos de viaxe, aloxamento e coidado municipal do menor, co obxectivo de garantir un tempo de traballo creativo sen cargas adicionais.

“Ser nai e ser escritora non poden seguir sendo camiños incompatibles”, afirmou a concelleira de Igualdade, Nereida Canosa, quen puxo en valor que esta iniciativa representa “un apoio real aos coidados”. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que o proxecto “reforza o compromiso da cidade cunha cultura accesible e transformadora”.

A directora da Residencia Literaria, Yolanda Castaño, definiu a proposta como “un faro para que a palabra feminina floreza con plenitude”, incidindo na necesidade de espazos específicos para a creación literaria en clave de xénero.

A convocatoria está destinada a escritoras maiores de idade con polo menos dúas obras publicadas, que sexan coidadoras principais dun neno ou nena nado entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. As solicitudes poderán presentarse en liña ata as 22.00 horas do 31 de maio.

A iniciativa coruñesa sitúase como referente estatal na procura dunha conciliación real no ámbito cultural, sumando ferramentas que permiten ás mulleres creadoras desenvolver a súa obra sen renunciar á maternidade.

Así foron as diversas mobilizacións coruñesas polo Día do Traballador

Mañá repleta de mobilizacións na cidade da Coruña polo 1 de Maio. Un Día do Traballador que representou, en calquera caso, a división das esquerdas, con case 3.000 persoas mobilizadas polos seus sindicatos, pero cada un polo seu camiño.

A da CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación: «A clase traballadora en loita»

Manifestacion polo 1 de maio na Coruna de CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación

Perto de 400 persoas participaron na manifestación que saíu, ás 12:30, da praza de Pontevedra, convocadas pola CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación, baixo a consigna de «A clase traballadora en loita». Percorreron a rúa de Santo Andrés e, tras subir pola rúa de Panadeiras, remataron no Campo da Leña, onde se leu o manifesto común.

A animación foi a constante de toda a manifestación, na que se corearon consignas en solidariedade con Palestina, contra a militarización e a guerra, a favor da acción directa e chamamentos en solidariedade cos seis da Suiza e á loita como camiño a seguir.
Houbo presenza notable de traballadoras de telemárquetin, unha nutrida representación de Correos e persoal da residencia da Xunta de Caranza, que están atravesando conflitos específicos.

CCOO e UGT: “Protexer o conquistado, gañar futuro”

Manifestacion 1 de Maio UGT e CCOO Coruna 2

Unha das máis numerosas foi a convocatoria de UGT e CCOO, baixo o lema “Protexer o conquistado, gañar futuro”. Os grupos lembraron o contexto de conflitos bélicos nos que nos atopamos, e valorou esta mobilización pola democracia, a liberdade e os dereitos”. “Porque son moitos os avances conseguidos nestes últimos anos en materia social e laboral, reforma laboral, pensións, SMI… pero hai que seguir traballando, no contexto do diálogo social, porque aínda son moitas as eivas e hai que estar firmes na defensa do conquistado ante as ameazas que o cuestionan”, sinalan.

A CIG e o BNG: “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”

CIG_ACorunha_PrimeiroMaio_002

A Convocatoria da CIG partiu da Praza de Vigo, partía da praza de Vigo ás 12:00h, baixo o lema “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”.
Os membros do grupo municipal do BNG (Francisco Jorquera, Avia Veira, Mercedes Queixas e David Soto), acompañaron portando unha faixa na que se podía ler a lenda “En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos”.

Manifestacion BNG 1 DE MAIO

Movemento Sumar: 37,5 horas semanais

Sumar Galicia na Manifestacion Coruna 1 de maio

Tamén acompañou unha das mobilizacións o Movemento Sumar Galicia, facendo fincapé en que estamos na véspera da aprobación da xornada laboral de 37,5 horas, que será aprobada no Consello de Ministros este martes 6 de maio.
“Sumar é unha forza comprometida cos dereitos laborais, subimos o salario mínimo en 61 %, creamos empregos estables, combatemos a temporalidade e sempre estaremos ao lado dos sindicatos para conseguir novas conquistas”, afirmou o deputado e portavoz de industria de Sumar no Congreso, Manuel Lago.

Investigadores da UDC e do Instituto Leibniz desenvolven un bioplástico autorreforzado para envases sustentables

O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), integrado no Campus de Ferrol da Universidade dá Coruña (UDC), desenvolveu un novo bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos.

Segundo informa a institución académica, o avance, publicado na revista científica ACS Omega, “abre novas posibilidades para fabricar envases industriais biodegradables e máis fáciles de reciclar“.

Este traballo, explica, forma parte da tese de doutoramento da investigadora Anja Schmidt e desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña. No artigo tamén participan como persoal investigador coautor Birgit Bittmann-Hennes, Danny Moncada e Belén Montero.

O estudo está enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp (W2BC) que reúne 13 organizacións de seis países co obxectivo de transformar residuos orgánicos e subproductos en novos biomateriales sustentables e o cal presentou estes días en Bruxelas os principais resultados de investigación, concreta a UDC.

Mar de Fábula, Enki e a Federación de Autismo unen forzas para limpar de cabichas o Areal da Torre

Matemático: un día de sol e as praias da cidade énchense de cabichas. A xente aínda non está concienciada de que os seus vicios non perxudiquen os areais.

Así o comprobaron este martes, a Asociación Mar de Fábula, a Fundación EnkiProyecto e a Federación Autismo Galicia, que se xuntaban para realizar unha actividade ambiental de coidado da natureza no areal da Torre.

Un nutrido grupo de monitorxs acompañaron a 20 rapaces e unha rapaza con autismo. Realizaron a limpeza da praia, a caracterización do lixo e ao remate incluímos a construcción de mandalas co lixo apañado porque son representacións simbólicas espirituais empregadas no budismo e hinduismo… Son símbolos espirituais que representan equilibro, armonia, ARMONÍA e UNIDADE da persoa coa natureza e o cosmos…..
Trátase dunha actividade que desenvolve a PACIENCIA, exercita a CONCENTRACIÓN, fortalece a CREATIVIDADE, aporta SERENIDADE e contribúe a xestionar situacións de ANSIEDADE……..

Limpeza nas lapas con mar de Fabula
Debuxando mandalas efímeros

Dedido ao calor sofocante, o resultado non luceu todo o que esperaban pero foi un primeiro mandala, agardamos, de moitos.

Moito lixo

As entidades salientan, tamén, que atoparon o areal moi contaminado, en parte, debido a que as limpezas que realizaron o ano pasado neste recuncho da costa, cxs usuarixs do CIS CORUÑA, as trasladaron á praia de Santo Amaro.

Rescataron 123 cordas e anacos de plástico, 80 toalliñas hímidas, 4 latas cerveza, 79 anacos de ladrillo e uralita, 17 bastonciños algodón e sobre todo 383 lamentables cabichas.

Limpeza nas Lapas da Torre
Limpeza nas La

Máis novas

A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

As cabichas, as grandes contaminantes do Areal da Torre

A Fiscalía pide catorce anos de cadea para o acusado de matar a puñaladas un mozo na Noiteboa de 2023

Fiscalía pide 14 anos de cárcere para o acusado de matar a puñaladas a Yoel Quispe, de 22 anos, que faleceu na Coruña na Noiteboa de 2023 durante unha liorta.

Este venres coñeceuse o escrito de acusación do Ministerio público, que ve responsable dun delito de homicidio ao principal investigado, que está en prisión provisional desde poucos días despois dos feitos.

Segundo o fiscal, todo ocorreu sobre as 06.30 horas na confluencia das rúas Juan Flórez e Sinfónica de Galicia, onde o procesado viu a varios individuos agredíndose mutuamente, polo que se achegou para pór paz entre eles.

“Por motivos non aclarados, a actitude inicialmente conciliadora do acusado deu paso a outra agresiva contra Yoel e, de feito, un e outro se empezaron a golpear mutuamente con empuxóns, patadas e puñadas”, explica Fiscalía.

Así, nun momento dado, o acusado habería ido a xunto un amigo a coller unha navalla (sen que estea acreditado se este segundo home animouno ou non a utilizala contra Yoel).

A partir de aí, abriu a folla desta arma branca e atacou á vítima realizándolle varios cortes na clavícula e no coiro cabeludo, para logo apuñalalo no corazón e no abdome.

O procesado foi detido o 28 de decembro de 2023 e enviado a prisión provisional desde entón.

Venda de perfumes de Emiratos Árabes sen documentación en Portoferia

Garda Civil interveu un total 41 frascos de perfume de orixe en Emiratos Árabes Unidos durante unha inspección realizada na feira Portoferia, celebrada no Peirao de Batería da Coruña. O Destacamento Fiscal e de Fronteiras do Porto da Coruña realizou esta actuación na que se interviñeron perfumes por 1.075 euros.

Segundo explica a Garda Civil nun comunicado, o responsable do establecemento non puido presentar a documentación ao ser solicitada para acreditar a importación dos produtos. Os perfumes foron dispostos a disposición da Aduana Provincial da Coruña para as correspondentes actuacións.

Ademais da suposta infracción á Lei 12/1995, de Represión do Contrabando, levantáronse dúas actas de denuncia: unha por infracción á Lei para a Defensa dos Consumidores e outra á lei galega de protección a consumidores. A Garda Civil continúa cos seus labores de vixilancia e control fiscal no recinto portuario, co obxectivo de previr e detectar posibles infraccións.

Dous feridos en dous incendios en Cambre e Arteixo

0

Os servizos de emerxencia tiveron que acudir na tarde deste pasado xoves a extinguir dous incendios rexistrados en vivendas das localidades coruñesas de Cambre e de Arteixo, resultando feridas dúas persoas neste último municipio.

En concreto, segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, foron os Bombeiros de Arteixo os que se desprazaron a ambos os incidentes. Os feitos ocorreron sobre as 20.20 horas na rúa Buenos Aires, na Pastoriza e foi un particular que se atopaba no inmoble o que alertou ao 112 Galicia. Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros, á Policía Local e ao Servizo de Protección Civil. Tamén se alertou aos Bombeiros de Carballo, que finalmente non interviñeron.

Pronto os profesionais controlaron o lume, que afectou á zona dos trasteiros, resultando feridas dúas persoas: unha muller de 53 anos por inhalación de fume e un home por unha queimadura no antebrazo. Ambos foron trasladados.

INCENDIO EN CAMBRE

Pola súa banda, tamén na tarde do xoves os servizos de emerxencia tiveron que extinguir un lume rexistrado nunha vivenda da localidade coruñesa de Cambre. En concreto, foron os Bombeiros de Arteixo os que se desprazaron ao lugar, tras ser alertados de que un piso ardía en Cambre.

Unha vez alí, os profesionais atoparon un lume no chan de madeira flotante dunha das habitacións, procedendo á súa extinción. Ademais, ventilaron o domicilio, que estaba cheo de fume, dando por finalizado o servizo. No operativo tamén colaborou a Garda Civil.

O Parlamento pide á Xunta unha mesa de diálogo para mercar os baixos dos murais de Lugrís

0

O Parlamento galego demandou, co apoio unánime dos grupos, que a Xunta impulse unha mesa de diálogo con outras administracións para comprar o baixo da rúa Olmos, da Coruña, onde se atopan os murais de Urbano Lugrís co fin de preservalos ‘in situ’.

A iniciativa, promovida polo BNG, saíu adiante este mércores na Comisión 4 de Educación e Cultura e ten como obxectivo a compra dos baixos da edificación para “protexer e conservar” a obra no mesmo sitio, co obxectivo de garantir a súa identidade.  A encargada de defender a proposición foi a deputada nacionalista Mercedes Queixas, que puxo o foco en que a choiva pode “supor unha ameaza” para o conxunto de murais.

Neste sentido, o BNG propón facer que o lugar que ocupan os murais na rúa da cidade herculina convértase nun acceso público e de dinamización cultural no centro da Coruña. Todo iso, por mor de que o goberno galego anunciase que avaliaría a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña. Ante isto, o BNG mostrou a súa “preocupación” xa que a obra foi creada ‘ad hoc’ para ese espazo, polo que, os frescos, “están adaptados, concibidos en función dos diferentes espazos. Sacalos desa contorna natural significa, evidentemente, perder valor desa obra e descontextualizarla”.

Por parte do PSdeG, que propuxo unha emenda de adicción que foi rexeitada, o deputado Julio Abalde remarcou a necesidade de que a Xunta “poña interese en garantir” que os frescos se manteñan nese lugar. “O que se pide é que a Consellería de Cultura faga o seu papel, que é ser responsable de todo patrimonio cultural que ten Galicia”, subliñou, á vez que cualificou de “ideal” o lugar onde se atopa a obra.

CRÍTICAS DO PPDEG

Na súa réplica, o deputado do PPdeG Roberto Rodríguez Martínez ironizou con que a choiva “non é a única ameaza” dos murais, senón tamén a “indolencia contratastada” do goberno da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que “apoiades incondicionalmente”.

“Aínda que estamos de acordo coa medida, tamén temos que dicir que vir ao Parlamento de Galicia ha facer a oposición que non fan en María Pita, non está exento de certa hipocrisía”, ha Rodríguez Martínez. A continuación, apuntou ao BNG que, se no Concello da Coruña, fosen “a metade de críticos” que no Parlamento coa Xunta, “mellor lles iría ás cidades e aos murais”.

NOVA LEI DO PATRIMONIO CULTURAL

Por outra banda, o Parlamento galego tamén aprobou unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención do BNG e do PSdeG e a favor do PPdeG e DO, para solicitar ao Goberno Central que realice unha nova Lei do Patrimonio Cultural. A proposta ten como obxectivo que o Goberno central modernice e refunda a lexislación vixente en materia de patrimonio, en colaboración con Galicia, o concello e institucións públicas e privadas do sector.

O comité de Fundación Camiña pide á Xunta máis recursos para a xestión do centro de menores Concepción Arenal

A representación sindical do persoal da Fundación Camiña Social reclamou á Xunta máis recursos para a xestión do centro de menores Concepción Arenal, na Coruña, ao quedar, informa a CIG, deserto o concerto. Nun comunicado, a central sindical afirma que se trata “dun dos poucos centros que en Galicia presta atención residencial e intervención educativa integral ás persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais”.

Con todo, sinala que na segunda convocatoria sobre o concerto “non existe ningunha empresa de todo o Estado que considere viable a xestión do centro cos fondos que a Xunta destina a este recurso”. Neste sentido, afirma que “a primeira convocatoria publicouse o 11 de xuño de 2024 e o 5 de agosto declarouse deserta”. “En marzo de 2025 sacouse unha nova convocatoria e no Diario Oficial de Galicia publicado leste mesmo mércores o concerto vólvese a declarar deserto”.

Esta situación, engaden, “provoca que as persoas traballadoras e a Fundación que xestiona actualmente o centro se atopen nunha situación de interinidade, que afecta tanto o funcionamento do servizo como á atención aos menores, coa agravante de que a ocupación actual supera ás prazas asignadas pola administración“.

Lanternas, contos, pantasmas e estrelas… Así gozaron das súas vacacións nenos e nenas do Ramón de la Sagra

0
Axetreo, nervios e moita ilusión. Así comezaban este domingo 27 de abril pola mañán as súas vacións un grupo de preto de 50 nenos e nenas do CEIP Ramón de la Sagra, da Coruña. O seu destino, un cámping do Grove. Ningún deles, nin dos catro profesores que os acompañan sabían que estas vacacións ían ser especiais. Vanse converter, quizais, nas vacacións máis vacacións de todas as vacacións.
Xusto un día despois de aterrar en plena natureza e de gozar das praias e areais do Grove, chegou o colapso, o gran apagamento peninsular. E aí comezou outra aventura. Mentres funcionaban algúns móbiles, ían chegando noticias. Falaban de caos, suposicións, pero ningunha información oficial. As familias das crianzas preocupadas, as familias dos profes sen poder comunicarse.  Son momentos de agobios por ver que facer. O equipo de docentes reacciona rápido e decide o máis lóxico. Para que alarmarse ou tomar decisións precipitadas se os nenos e nenas están a pasalo ben. Están felices co contacto coa natureza, gozando coas actividades de auga, praia, kaiaks, bodyboard…
Así que deciden quedar no cámping. Teñen lanternas e, aínda que marchou a luz, teñen tamen cociñas a gas. Cambian o plan inicial da cea. Pasan das pizzas á pasta. E todos e todas contentas.
Antes de que se corten as comunicacións aínda chegan algúns whatssaps dalgunha familia preguntando que vai pasar. “Volvemos tranquilizalos, que onde mellor están é aquí, que temos de todo, que os nenos están xenial, que para que se van a arriscar a vir buscalos se non coñecen o estado das estradas…”, comenta un profesor. Por un monitor de Valladolid tamén se enteran de que a Xunta suspende as clases.
Tras falar con todos os nenos e nenas e tranquilizados, o plan xa está feito. Cea, ducha rápida coa auga quente que aínda se conservaba, e pequena velada con concurso de cancións. Todo está preparado, e lanternas e focos iluminan a escena. E chega o momento de ir durmir. O momento de máis emoción… e medo, para algúns dos rapaces.
O alumando do CEIP Ramón de la Sagra en pleno apagamento gozando da noite e da escuridade nas súas vacacións de fin de curso no Grove / remitida
PIXAMAS, PANTASMAS E LANTERNAS-ESPADA
“Eu paseino mellor cando marchou a luz porque parecía un conto de medo”, conta Clara. “A min tamén me gustou pero o problema foi que eu quería ler e non tiña luz”, apunta Valeria. Tamén houbo anécdotas curiosas. Lucía e Adela puxeron o pixama do revés. Tampouco pasou nada porque case ninguén se decatou. E Adela tamén puntualiza que puxeron as candeas enriba dos armarios para ter máis luz nas estancias. Unha boa idea, por certo.
Ao final, iso de non ter luz foi tamén “a aventura máis aventura de todas as aventuras“. E todos gozaron do momento. Que mellor ocasión para ver as estrelas sen contaminación lumínica. Manuela estaba encantada de ollar o ceo tan fermoso. E tamén de ver, xunto con outros dos seus compañeiros como había pequenas luces no horizonte. “Volveu a luz?”, preguntaban… Non, falsa alarma. Eran as luces dalgún barquiño ou dalgún xerador eléctrico que había nas casas.
As lanternas e focos tamén foron fundamentais. Os nenos pasárono pipa. “A min non me agobiou nada, gustoume estar coas lanternas”, di Luisa. Tamén Roi suliña que “non foi para tanto” porque tiñan esa luz artificial. As lanternas, ao final eran as súas espadas de luz coas que facer fronte aos medos e temores, se é que houbo algún. Algún moi, moi pequeniño, pero que marchou rápido, como o de Jean Paul que estaba atento coa súa espada-lanterna por se aparecía unha pantasma.
DEIXANDO AS PREOCUPACIÓNS
Eles non tiñan preocupacións. A preocupación, se existía era dos maiores. “A nosa única preocupación era que os nenos o pasaran ben”, di unha das monitoras do Camping Fieitás.  Outro compañeiro destaca a labor do equipo de profesores, moi profesionais. Case todos están alleos ao mundo exterior Algún dos monitores escoita a radio a través do coche que é, ademais, onde se pode cargar o móbil, aínda que a liña e a rede son case inexistente. E mentres, o mundo segue ás escuras, pero tanto ten, porque as crianzas durmen tranquilas… E iso é o importante.
Ás 07:45 horas comeza o baile de sons telefónicas… Pi, pi, pi, pi… Centos de mensaxes inundan os móbiles que aínda teñen carga. Algo pasa. Algo bo. Galicia amence con electricidade, ou case toda. No Grove chega a partir das 8:15 horas. O profesorado respira tranquilo. Volta á “normalidade”.
Finalmente, o que ía ser unhas vacacións máis convertéronse nas vacacións do apagamento. Vacacións históricas nas que a rapazada soubo adaptarse, gozar da natureza e da escuridade. Ao final, o máis importante foi saber pasalo ben xuntos, en sociedade, desconectados da “mobilitis”, do balbordo do mundo dos maiores e centrados en disfrutar do valor dunha noite sen luces artificiais, da natureza en estado puro… Esas vacacións non teñen prezo. Serán as súas “vacacións máis vacacións de todas as vacacións”.
Camping Fieitás, no Grove / remitida