Inicio Blog Páxina 167

A alcaldesa da Coruña pide diálogo para tratar os problemas do lecer nocturno

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu a apelar á “vontade de diálogo” entre hostaleiros e asociacións veciñais para abordar os problemas no lecer nocturno e conciliar este con o descanso.

A preguntas dos xornalistas, confirmou que haberá unha nova reunión, o día 5, co obxectivo de “achegar posturas” que non están, dixo, “tan afastadas”.

“Entre todos imos ser capaces de construír un marco de convivencia”, sentenciou convencida de que haberá unha aproximación de posturas entre ambas as partes.

“Cada un ten as súas liñas vermellas e así o expresaron pero seremos capaces de chegar a un marco común”, apostilou respecto diso.

Susto en Oleiros e Cambre por un novo corte de electricidade

0

Uns 900 clientes de Naturgy víronse afectados por un corte na subministración eléctrica en Oleiros e Cambre, do que se deu aviso pouco despois das 10.30 horas. Así o informaron desde a propia compañía que indicaron que houbo unha incidencia na liña de media tensión que afecta, apostilaron, a ese número de persoas.

No entanto, en liña co exposto polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ao que se lle preguntou por esta cuestión, non ten nada que ver co apagamento rexistrado na xornada do luns. “Están a traballar os nosos equipos para recuperar o servizo canto antes”, sentenciaron en relación a un problema de subministración eléctrica que afectou ás zonas de Perillo e Santa Cristina, en Oleiros, e en O Amorne, en Cambre.

Arde unha nave de Profand no porto de Sada

0

Unha nave de limpeza de caixas do grupo pesqueiro Profand ardeu na tarde deste martes no porto de Sada, aínda que non houbo feridos.

Diversos particulares chamaron ao 112 Galicia pasadas as 18,00 horas para alertar dunha nave da que saía moito fume na avenida do Porto, á beira da lonxa de Sada. Naquel momento, sinalaron que o incendio era visible desde diversos puntos do municipio.

Pola súa banda, Profand valora que nesta nave, que ten en réxime de concesión, non se produciron danos persoais. Ás 21,00 horas deste martes, asegura que o incendio “está baixo control”, mentres que os bombeiros e as forzas de seguridade traballan no lugar e a compañía “está a colaborar desde o primeiro momento con eles”.

Esta nave está destinada á limpeza de caixas, polo que non hai mercadoría nin actividade produtiva nela, indica a compañía.

Profand explica que “se están investigando as causas do incendio e é pronto para determinalo”. A empresa abriu unha investigación interna para aclarar o sucedido.

O 112 activou un operativo para o que se solicitou a colaboración do 061 de modo preventivo, dos Bombeiros de Betanzos, Arteixo e Ordes, de Protección Civil de Sada e dos voluntarios de Protección Civil de Betanzos, do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros e dos axentes da Garda Civil.

Cando chegaron ao lugar, os servizos de extinción comprobaron que o incendio tiña importantes dimensións, aínda que a nave está illada e non hai risco de que se propague a outras construcións.

Os equipos de emerxencias retiraron a cuberta das instalacións para continuar coas tarefas de extinción.

fume en sada

As 13 horas de apagón na Coruña

Eran as 12:30h da mañá cando todo se parou. A xente comezou saír ás ventás, á rúa, a preguntar que pasaba? “Algo pasa na Repsol, que está botando fume negro”, comezaba a rular o primeiro bulo da xornada, a pesar de que ese fume era parte do sistema de seguridade da refinería. “Disque foi en toda España”, escoitábase xa moi pronto, gracias a que o whastapp (que tivera pasado se tamén fallase dende primeira hora…), as redes sociais e os trasistores de pilas (esgotadísimos nos bazares e ferreterías) mantiñan a pouca información que continuaba aparecendo. E iso que algunhas emisoras se apagaban e obrigaban aos seus ouvintes habituais a achegarse á RNE ou Radio Galega.

A reacción de moitos foi pasar o mediodía e a tarde na praia. Os areais, co fermoso sol, que había estaban petados. Nas rúas, o clima era máis relaxado do habitual. Os condutores viaxaban con precaución e boa vontade ante o apagón dos semáforos.

Os que non estaban tan contentos foron as preto de 90 persoas que quedaron pechadas en ascensores, e tiveron que ser rescatadas. Ou as 30 con mobilidade reducida que tiveron que ser axudadas para subir aos seus pisos pola falta de ascensores.

Os supermercados comezaban a pechar, era o día das pequenas tendas que podían operar en efectivo sen ter que pasar todo polos códigos; e do Mercadona, único cun sistema alternativo con gasoil. O zumbido dos seus xeneradores afectaba a todo Panaderas, pero seguro que foi unha xornada positiva para a empresa levantina. Sempre que hai que pesca a río revolto…

As conversas na cidade eran apocalípticas, e cada quen daba un culpable: Putin ou uns hackers rusos, Netanhahu… ata Trump estaban nas quinielas da veciñanza ante a absoluta falta de información ao longo da xornada.

De 6 a 10 horas comezaba ABC a avisar de que tardaría en volver a luz. Na Coruña non volvía ata as 2:00h. 13 horas e media de apagón.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


A medida que entraba a noite, e xa con algún dos barrios altos da cidade con problemas de suministro auga (Castrillón, Eirís ou Monelos) xa se albiscaban as velas dende as fiestras dos pisos da cidade, e arredor das 23:00h, a estampa no paseo marítimo era curiosa. Moita xente baixou a ver as estrellas, algo nunca visto dende o centro da cidade; os coches non deixaban de pasar intentando volver ás súas casas, pero o movemento, e polo escoitado, o humor, non deixou de reinar nas mentes dos coruñeses.

Hoxe, volve a normalidade, pero sen centros de ensino, unha vez que a Xunta decidiu non abrir hoxe. Si o farán os Centros Cívicos.

 

Máis novas

A Coruña sobre vive no Sanín

“Cousas nas que pensar”

0
  • Xornada 37 – Racing de Santander 2 – Deportivo 1
  • Despois de nove xornadas chegou á derrota o casilleiro branquiazul.
  • Vixésimo quinto encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (10V 10E 5D).

— — — 

Despois do ano que levamos a parroquia branquiazul é un verdadeiro pracer chegar ao mes de maio con case todo resolto. Se ben é certo que os 50 puntos cos que conta o equipo hoxe en día soen ser signo de salvación (nas últimas 15 tempadas, só dous equipos baixaron con 50 puntos, Cádiz tempada 09/10 e Mirandés, tempada 13/14 e só un equipo baixou con 51 puntos, Deportivo na tempada 19/20 ) faría ben o Depor en asegurar un par de vitorias máis para espantar calquera pantasma.

De feito, parece claro pensar noutras cousas mentres rematamos a faena. Afástase a posibilidade de xogar playoff, a pesares dese colega no grupo do WhatsApp deportivista que aínda soña con esa posibilidade, e por abaixo parece que non debería pasar nada fóra do normal xa que dous equipos están descendidos ou case (Cartagena e Ferrol), outro teno bastante escuro (Tenerife) e o Eldense pelexará co Zaragoza a última praza de descenso.

Así as cousas, o Dépor pode pensar noutros avatares e, de feito, xa leva varias semanas facéndoo. Renovados Ximo Navarro (ate 2026), Diego Gómez (ate 2030), Yeremay, Mella (ate 2029) e Dani Barcia (ate 2028) e dando por feita a saída do canario deixando unha morea de cartos nas contas do club, todo pinta a favor para adiantar decisións con cedidos e ir renovando as pezas claves deste tempada. É necesario atar a Helton Leite e Pablo Vázquez e comezar a firmar xente para o resto do equipo. Fai falla un dianteiro do nivel de Segunda, medios centros do tipo “pulmón” e fai falla un recambio de garantías para Yeremay.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

Dous dos fachos de Repsol serán máis visibles e con máis fume do normal nos vindeiros días

A posta en marcha do complexo industrial de Repsol na Coruña será un proceso graduado que durará varios días, segundo informan fontes da compañía consultadas por Europa Press.

O complexo comezou a pór en marcha de forma graduada as súas unidades paradas polo apagamento eléctrico sufrido este luns, “o que suporá un proceso de posta en marcha durante os próximos días e levará novamente que poida haber momentos nos que o volume dos dous fachos sexa máis visible, unha circunstancia normal nestas etapas do proceso”, precisan.

Os fachos son elementos de seguridade “imprescindibles nas paradas e posta en marcha das plantas”, segundo advirten. Permiten eliminar excedentes gaseosos propios do proceso mediante a súa combustión, que se realiza, aseguran, “de forma totalmente controlada e segura”.

A catastrófica situación da cala de Bens, “posiblemente a praia máis contaminada da provincia”

Fin de semana de activismo medioambiental na cala de Brens. A entidade REFIX, xunto coas asociacións organzaban unha acción de coidado da natureza, e volveron quedar abraiados pola situación “catastrófica, así, sen paliativos” deste areal que consideran a “posiblemente é a praia máis contaminada da provincia da Coruña”.

En apenas un par de horas de traballo, o voluntariado rescataron 291,5 kg de lixo. Lixo de todo tipo. “Lixo histórico, moi erosionado polo mar e moi antigo; envases dos 80; lixo habitual procedente do Corredor Marítimo de Fisterra, en idiomas globais”. “Todo isto é difícil de atallar de base,iso sí, pódese controlar limpando cunha certa frecuencia, como parece que por fin está disposto a facer o Concello da Coruña”, sinalan esperanzadores dende as entidades.

Pero o que realmente consideran “lamentable” e “catastrófico”, é “a cantidade inxente de téxtis procedentes da actividade industrial do polígono. Unha mala xestión destes residuos e un pésimo seguimento e control por parte da administración, converten a esta praia de Bens nun estercoleiro”, critican con dureza.

A todas estas fontes de contaminación, hai que engadir, tamén en grandes cantidades, os residuos hixiénico-sanitarios procedentes das descargas da depuradora veciña. Lixo frecuente en case todas as praias pero que nesta pequena de Bens, semella ser parte xa do ecosistema. Un mar de toalliñas húmidas copan o único areal canino da cidade…

Recollida de lixo na praia de Bens

 

A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

A única praia canina da Coruña, a máis contaminada de Galicia

“Práctica normalidade” na Coruña despois de cen intervencións deivadas do apagamento

A Coruña rexistrou nas últimas horas máis dun centenar de intervencións derivadas da falta de subministración eléctrica, aínda que a situación é de “práctica normalidade” en todos os servizos, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey.

En rolda de prensa, e sobre as comunicacións, trasladou que se irán recuperando “ao longo do día”. Respecto diso, explicou que “moitas antenas” teñen un servizo manual o que obriga a ir activando “unha a unha”. “Nas próximas horas o asunto estará resolto”, engadiu.

Mentres, sobre a auga, con afectación na xornada de onte en zonas como Monte Alto, Eirís e Castrillón, indicou que se está recuperando e “normalizando” o servizo, aínda que é posible que aínda chegue auga turbia “polos cambios de presión”.

“A cidade está a recobrar a normalidade, practicamente todos os servizos están restablecidos”, resumiu a rexedora que destacou a apertura de centros cívicos ou instalacións deportivas, así como o funcionamento do transporte e só algunha incidencia coa falta de luz na escola municipal de música, pero xa emendada.

INTERVENCIÓNS

A alcaldesa agradeceu, por outra banda, o traballo “exemplar” dos equipos de emerxencia, con 257 persoas traballando na área de seguridade, e destacou o “comportamento cívico” dos cidadáns, así como o feito de que, á marxe de rescates en ascensores ou algún accidente ou incendio, só con danos materiais, non houbese que lamentar máis consecuencias.

Por outra banda, resaltou a axuda a máis de 30 persoas para levalas aos seus domicilios, as 108 intervencións de bombeiros e de Protección Civil ou as 65 da Policía Local, así como a atención a persoas dependentes, con visitas ás mesmas e o mantemento do servizo de comida. A iso, sumou o soporte, nalgún caso, con grupos electrógenos a determinados servizos.

PORTO DA CORUÑA

Pola súa banda, o porto da Coruña recupera a normalidade tras manter as actividades imprescindibles e os servizos básicos con grupos electrógenos. Así o explica a Autoridade Portuaria que sinala que todos os faros que dependen deste organismo, 13 en total, funcionaron con este sistema e coa subministración con luz solar.

Tamén resalta que a frota pesqueira saíu a faenar e que esta mañá houbo descarga e poxa de peixe na Lonxa, sen que se detectase ningunha situación grave á marxe da paralización de actividades portuarias non imprescindibles, en concreto, algunhas descargas.

A Coruña sobrevive no Sanín

0

Ante a previsible onda de peches comerciais a causa da falta de suministro eléctrico que tivo lugar o pasado día vinte e oito, a cidade da Coruña fíxose forte no Bar Sanín (Rúa do Orzán, 66) o cal, lonxe do amedrentamento, deu servizo á súa clientela axudándose de candeas a chegada da noite. Segundo acertou a dicir Tere, a súa dona: “velas se llevan encendiendo toda la vida”. Neste establecemento que, dende o ano 54, cobra sen necesidade dunha máquina rexistradora eléctrica, non houbo problema a hora de facer contas, xa que estas foron sempre claras: os pagos, en efectivo.

A afluencia de persoas abarrotou o Sanín. Uns, festexaban a carencia de luz artificial ao berro de “viva el apagón“; outros, facían tertulia na mesa habitual servíndose da linterna dos seus teléfonos móviles para poder verse as caras ao tempo que intentaban buscarlle unha explicación ao acontecido. Esta mañá, o presidente do Goberno, todavía non o tiña claro. Eventualidades desta orde fannos pensar naquel verso do poeta Manrique – “Cualquiera tiempo pasado fue mejor”– e reflexionar a cerca de como todos os
elementos que pensamos como unha axuda no desempeño da nosa liberdade persoal (novas tecnoloxías) pódense volver, así mesmo, nunha arma que atente directamente contra ela. Porque resulta que onte, os supermercados, restaurantes, cafeterías, tendas de rouopa e demáis comerzos, cos seus pioneiros métodos de facturación (bizums, tarxetas de crédito…) víronse na obriga de pechar ao non dispoñer dunha forma alternativa para poder cobrar os seus produtos.

Ou sexa, que a sobreinformatización nos comeu.

Bar Sanin durante o apagon
O Bar Sanín durante o apagónhosta

Como digo, o Bar Sanín, velaí estivo. Coas portas abertas como cada tarde. Facendo historia. Convertíndose, dende o seu clasicismo humilde e sen preténdelo, na bandeira da resistencia contracultural, no lugar onde de maneira indiscutible resistiu onte a cidade da Coruña.

  • Abraham Trillo, paseante, estudante e escritor.

 

As 13 horas de apagón na Coruña

Mobilizados todos os efectivos na Coruña ante o apagón xeral

0
Os concellos en Galicia póñense en marcha para facer fronte á situación de emerxencia xerada polo apagamento. Vigo, A Coruña e Santiago piden evitar desprazamentos en vehículos e en todos os casos reforzaron a presenza dos efectivos municipais para garantir a maior seguridade.
Na Coruña, o Goberno municipal activou un gabinete de crise para facer fronte aos efectos da falta de subministración na cidade. O Concello mobilizou para todos os efectos de emerxencias: os axentes fixéronse cargo do control de tráfico nas principais cruces da cidade e o corpo de bombeiros mobilizouse para atender os diversos incidentes, entre eles colaborar para liberar a persoas atrapadas en ascensores, segundo traslada a corporación nun comunicado.
Por outra banda, non se rexistraron “incidentes relevantes” nas primeiras horas na cidade herculina; e os colexios manteñen os seus horarios, polo que recomendan “actuar con normalidade” a pais, nais e titores legais á hora de recoller aos seus fillos. Así mesmo, insisten en que non hai incendio na Refinería, senón que o fume obedece aos propios sistemas de seguridade das instalacións e non supón perigo algún para veciños e traballadores da planta.