Inicio Blog Páxina 223

Rescatado en helicóptero un home tras caer nunha zona rochosa de difícil acceso en Oleiros

0

Un home tivo que ser rescatado en helicóptero na tarde deste pasado luns tras caer nunha zona rochosa de difícil acceso na praia de Canabal da localidade coruñesa de Oleiros.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 19.45 horas e foi o propio particular afectado o que alertou aos servizos de emerxencia, indicando que non se podía mover. Así, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Arteixo, o Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local.

Foi o helicóptero Pesca II, de Gardacostas, o que localizou ao home e rescatouno, evacuándoo ao aeroporto de Alvedro. Desde alí foi trasladado consciente en ambulancia ao Complexo Hospitalario da Coruña.

Alas Coruña entre as galardoadas dos Premios Triángulo 2025

A entidade Álas Coruña vén de ser unha das galardoadas nos Premios Triángulo 2025 que outorga COGAM, colectivo LGTBI+ da Comunidade de Madrid.

A herculina compartira protagonismo co expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, a comunicadora e influencer Inés Hernand, a creadora de contido Carla Flila, a cantaora e percusionista de flamenco Noelia Heredia, ‘La Negri’, que tamén recibirán o recoñecemento na gala da 35 edición dos remios Triángulo 2025terá lugar a partir das 19.00 horas no Espazo Larra de Madrid.

Con estes premios búscase recoñecer a persoas e institucións que contribuíron significativamente á visibilidade e defensa dos dereitos LGTBI+, así como destacar “o compromiso e o labor en favor da igualdade e a diversidade”.

Ademais de recoñecer o labor durante o ano de persoas e organizacións que loitan a favor dos dereitos das persoas LGTB, tamén se denuncia a quen fai todo o contrario, outorgándolle o Ladrillo Rosa, que nesta ocasión será para o xuíz Carlos del Valle.

Igualmente, destacarase a participación de históricos activistas outorgando as bandeiras da militancia a Mario Campano e Sonia González polo seu labor durante anos a favor do colectivo LGTBIQ+.

“Nun contexto onde os discursos de odio volven ocupar espazos e cuéstionanse dereitos que criamos consolidados, é máis importante que nunca recoñecer a quen se sitúan con firmeza ao lado da igualdade, a diversidade e a xustiza social”, destacou Ronny da Cruz, presidente de COGAM.

Así mesmo, lembrou que este ano se celebran 20 anos do matrimonio igualitario en España, “unha conquista histórica que lembra que nada se consegue sen loita, sen aliados e sen cultura que nos represente”.

Máis novas

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

O club de lectura municipal ‘QUEERuña’, XXI Premio Marcela e Elisa da asociación LGTBI+ Alas A Coruña

“Galego por diante”: A camiseta do verán

0

Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”.

Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que poñer por diante todo.

Falamos cun dos promotores, Enrique Sáez, que lucíu o lema, con gran aceptación, polas rúas de Compostela, dando conta da “gran preoupación que existe no país pola nosa lingua, que vai esmorecendo de vagar”. Con todo, recoñece a importancia de saír á rúa a manifestarse: “Isto vale para reivindicar o uso dunha lingua que é parte da alma do noso pobo, e que ademais serve para falar con medio mundo. Hai que facer moitas máis cousas pero manifestarse sempre está ben”.

Enrique Saez coa camiseta Galego por Diante na manifestacion das Letras Galegas 2

  • Como nace esta camiseta?

Trátase dunha iniciativa dunha pequena asociación do galegoportugés (DGAP), que pensamos a finais do ano pasado que había que facer algo. Empezamos a deseñar primeiro un lema, “Galego por diante”, porque o lema é importante. Hai que pedir, reinvidicar, esixir pactos políticos, pero todos os que sentimos isto temos que poñer o galego por diante e comezar a falalo sempre. Gustaríame que os políticos falasen en galego nas tribunas, e que cando entraras nunha oficina pública, nos falaran en galego. Pero polo camiño hai moito que facer.
Gustaríame que a mocidade levase este lema posto este verán, porque obrigaría a pensar algo máis aos responsables políticos que temos”.

Unha vez tivemos o lema, o deseño chega gracias a un gran deseñador gráfico xubilado, que colaborou de balde coa iniciativa. Nas costas leva unha nube de países nos que se fala galego versión portuguesa.
Ademais, a través dunha empresa comprometida, temos confirmadas unhas boas condicións de produción, o que permite que todas as Asociacións poidan participar na súa distribución.

  • Como é iso?

Temos unha camiseta cunha declaración, temos un bo deseño, temos un prezo razoable, pero ademais é que calquera tipo de asociación ou entidade dedicada á cultura, de festas, deportivas… pode comprar directamente ao fornecedor, ao mesmo prezo que o fai DGAP, pois isto non é un negocio para a Asociación. É algo que compre facer para que os galegos nos sintamos máis preto da nosa lingua. Canta máis xente entre na distribución e na venda máis lonxe chegará a mensaxe.

Así, a través de galegopordiante.gal calquera entidade pode recorrier cos datos da empresa fornecedora, que ten o pacto de manter os prezos, e facer encargas mesmo co logo da propia entidade, ou variando as calidades.

 

Outras novas

O IES Rafael Dieste segue facendo historia da normalización co II Festival #Aquítaménsefala

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

Un coloquio na Fundación Luís Seoane para lembrar as Cantareiras

0

Acolleu esta fin de semana a Fundación Luís Seoane o acto de clausura da programación municipal do Día das Letras Galegas 2025. Un emotivo encontro dedicado ás cantareiras, protagonistas desta edición como símbolo da tradición oral e da transmisión cultural en feminino.

O encontro, moderado pola xornalista Gemma Malvido, contou coa participación de Richi Casás, Isabel García, José Manuel Pensado, Xosé Manuel Varela e Icía Varela. Analizouse a traxectoria artística e vital das pandeireteiras homenaxeadas, a súa vinculación coa cidade da Coruña, o papel pioneiro de Eva Castiñeira na escena folk galega e a importancia das gravacións de Dorothé Schubarth e da discográfica Ruada.

Tamén se reflexionou sobre a evolución da música tradicional e o papel dos medios na transmisión da cultura oral.

Como peche, o dúo Casás&Barcia interpretou unha selección de pezas inspiradas no repertorio oral das cantareiras, nunha actuación que mesturou emoción, respecto e celebración popular.

Richi Casás: “Rosa e Adolfina non teñen nada de especial, iso é o importante”

Mariscadores do Burgo urxen “solucións” mentres non poidan faenar tras o dragado

Mariscadores da ría do Burgo volveron a demandar “solucións” á súa situación ao non poder faenar desde que concluíron as obras de dragado e mentres a cría non teña o tamaño legal, á vez que piden que se emenden aspectos que, na súa opinión, quedaron pendentes ao executar a mesma. Así o manifestou o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, coincidindo coa visita á zona dunha representación de membros do PP en Galicia, que anunciaron iniciativas a este respecto.

Jesús María Fernández Rosende, deputado autonómico do PP, demandou ao Goberno central “compensacións” para os mariscadores mentres non poidan faenar, ademais de actuacións para abordar “deficiencias” como resultado da execución do dragado. “Que teñen que ver cos calados e zonas que non se sanearon”, aseverou en declaracións aos medios con motivo da visita ao lugar.

Neste sentido, anunciou a presentación de iniciativas por parte do PPdeG. Mentres, Baldomir asegurou que lles parece “ben” que se arranxen cuestións pendentes no paseo marítimo, pero insistiu en que non se pode deixar “tirados” aos mariscadores. “Levamos un ano e sen solución“, indicou desde que acabaron as obras e mentres non poidan fanear. “É un dano causado por unha obra”, engadiu ao considerar que as súas compensacións as debe asumir o Ministerio. Todo iso nunha nova xornada de protesta previa á visita dos representantes populares, nesta ocasión ante a Delegación do Goberno en Galicia.

O Festival Mar de Mares afianza a súa conciencia medioambiental con 20 actividades

Xa temos datas e programa para o Festival Mar de Mares 2025. Un evento que xa é un referente autonómico na defensa do noso litoral, que este ano conta con 20 actividades  desde unha perspectiva educativa, lúdica e social, gracias ao compromiso da entidade Redes de Sal.

Do 6 ao 15 de xuño os cidadáns que se inscriban de forma gratuíta poderán gozar de encontros con científicos, expertos oceanográficos, artistas, emprendedores, cociñeiros mariños e activistas, así como actividades ao aire libre e visitas a recintos e instalacións como a Torre de Salvamento Marítimo, que abre por primeira vez as súas portas á cidadanía.

As actividades deste ano inclúen exposicións, conferencias,, xornadas na natureza para avistamento de aves mariñas, monólogos, cinema…

Tendes toda a programación en www.festivalmardemares.org e podedes inscribirvos nesta ligazón.

O exministro Francisco Caamaño presenta o seu libro

0

O Ateneo Republicano de Galicia retoma actividade da man de Francisco Caamaño – Catedrático de Dereito Constitucional e exministro de Xustiza do Goberno de España – que vén presentar o libro que, xunto a Daniel Jove, titulou “O autogoberno de Galicia. Fundamentos e Institucións”.

O acto, de entrada libre ata completar aforo, celebrarase o mércores 28 deste mes de maio na biblioteca da casa museo Casares Quiroga as 20:00h da tarde.

Nel, o orador, atoparase acompañado polo trío de ases conformado por Lourenzo Fernández Prieto, Ramón Villares Paz e Candido Barral Alvarellos.

Extinto antes de afectar a unhas vivendas un incendio forestal en Loureda

0

Os bombeiros do parque provincial de Arteixo recibiron un aviso, arredor das 15.25 horas do 112, no que alertaban dun posible incendio con vivendas en perigo en Loureda, no Concello de Arteixo.

Á súa chegada traballaron conxuntamente con emerxencias de Arteixo para extinguir o lume que afectou ao monte, pero sen poñer en perigo ningunha vivenda.

O BNG reclama á Xunta que “nin acepte nin permita” a implantación dunha nova universidade privada en Galicia

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro presentou unha batería de iniciativas para reclamar ao Goberno da Xunta que “nin acepte nin permita” a implantación en Galicia da denominada Universidade Emilia Pardo Bazán, “promovida polo grupo empresarial Cesuga co obxectivo de que empezo a funcionar no curso 2026-27 cun campus propio na Coruña”.

Neste sentido, denunciou estar “ante unha ofensiva privatizadora na universidade” e advertiu de que “o único que achega a privatización da universidade son maiores diferenzas e máis desigualdade entre o alumnado galego”.

Así mesmo, o BNG lembrou nunha nota de prensa que o Goberno galego “aínda non se pronunciou sobre o Cesuga, a pesar de que pasou máis dun ano desde que este proxecto recibiu o voto en contra da Conferencia Xeral de Política Universitaria”.

A continuación, o deputado nacionalista fixo fincapé en que as propias universidades de Santiago, a través do seu claustro, e a da Coruña, por boca do seu reitor, xa se manifestaron en contra da creación do campus de Cesuga.

Con todo, Castro subliñou que, “por se non fose suficiente con este novo proxecto empresarial, a UIE, de Abanca, acaba de anunciar a súa intención de ampliar a súa oferta con novos programas de doutoramento e a implantación do grao de Enfermaría e outros do ámbito das ciencias da saúde, que se sumarían ao de Psicoloxía, que prevén impartir o próximo curso, e Dereito”.

Máis novas sobre o caso

O Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o seu “informe desfavorable” e que decide a Xunta

Rexeitamento da CIG ao proxecto de universidade privada presentado por CESUGA

Sumar invita a Inés Rey a presentarse polo PP tras amosar o seu apoio ao novo proxecto de universidade privada

O reitor da UDC reclama “calidade docente” e “excelencia programática” ás propostas da universidade privada

Feijóo recibe unha caixa con máis de 2.000 firmas na ‘romaría’ do PP provincial

0

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, levouse este sábado da ‘romaría popular’ do Pino, que organiza o PP provincial da Coruña, unha caixa con máis de 2.000 avais para o congreso que a formación celebrará en xullo.

No propio acto, no que participaron máis de 4.000 afiliados e simpatizantes, habilitouse unha mesa para a recollida de firmas a favor do que fose presidente da Xunta.

Á súa chegada, o líder dos populares achegouse á mesa e chanceou: “Que? Como imos?” “Estes son meus, eh”, díxolle o presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, quen, máis tarde, durante a súa intervención, aproveitou para facerlle entrega dunha caixa con máis de 2.000 asinas froito do traballo de alcaldes e portavoces da súa provincia.

Os avais seguíronse recollendo despois no acto, no marco dun proceso no que Feijóo xa ten o do xefe de filas dos populares galegos, Alfonso Rueda, quen difundiu un vídeo en redes estampando a súa firma a favor de quen lle deixou, tres anos atrás, as rendas da Xunta e do partido.

“Esta semana asinei o meu aval para Feijóo para o XXI Congreso Nacional do PP. Todo o meu apoio para seguir fortalecendo un proxecto serio, responsable e unido ao servizo de España”, trasladaba Rueda, nunha mensaxe co que acompañaba o xesto de asinar.

Este sábado, Feijóo non escatimou en eloxios para o pontevedrés, quen revalidou a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do ano pasado, a quen erixiu en “un referente” do partido en España.

O PSdeG coruñés define obxectivos e fixa o 15 de xuño como data límite para renovar as executivas locais