Inicio Blog Páxina 236

Peche de traballadores na oficina da UTE que constrúe o acceso ferroviario ao Porto Exterior coruñés para esixir melloras

Membros do comité de empresa e do sindicato CIG encerráronse este martes na oficina da UTE encargada de construír o acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña para esixir condicións laborais dignas e melloras de seguridade, entre outras cuestións, e ante a falta de resposta da empresa.

Segundo informou a CIG, “despois de meses reclamando melloras” e ante a “inacción” da empresa fronte a unha “agresión racista”, os representantes do persoal decidiron encerrarse como medida de protesta pola falta de solucións “ante a multitude de problemas expostos unha e outra vez polo comité”.

O sindicato explicou que, desde a súa constitución, o comité trasladou varias veces á empresa os diversos problemas que xurdiron no desenvolvemento dos traballos, tanto en materia de seguridade e saúde, como en cuestións de pago de salarios e retencións, ou adxudicación de vacacións.

Con todo, denuncia, ningunha das cuestións foi atendida, polo que “practicamente estase convertendo en rutina chegar á seguinte reunión co mesmo orde do día da anterior”.

Por outra banda, trasladaron o seu malestar pola negativa da empresa a apartar, polo menos preventivamente, a un encargado dunha subcontrata, supostamente “responsable dunha agresión racista” a un operario, e lamentaron que se conformaron coa apertura dun expediente.

“Todo isto está a ocorrer nunha das maiores obras públicas no noroeste peninsular nas últimas décadas, con 140 millóns de euros de fondos públicos, e baixo a supervisión de Adif e do Ministerio de Traballo”, recalcou a CIG, que advertiu de que, se non se toman medidas, non se descartan outras actuacións de “presión”.

O comité demanda, ademais de apartar ao suposto autor desa agresión, que se proceda ao abono regular do salario pactado a todo o persoal, “sen descontos arbitrarios”.

Así mesmo, esixen que a empresa asuma os prexuízos causados por non aplicar correctamente as retencións de IRPF de 2024, que se recoñeza o dereito a 30 días anuais de vacacións sen diminución salarial, que se implementen melloras de seguridade e protección colectiva, e que se retiren “todas as represalias contra o comité e o persoal que reclama os seus dereitos”.

Como compatibilizar o lecer nocturno co benestar da veciñanza da Coruña?

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a segunda reunión da mesa de traballo co sector hostaleiro e entidades veciñais coa finalidade de buscar puntos de encontro entre o sector e os veciños co obxectivo de mellorar a convivencia.

Tal e como se acordou na primeira reunión, o Concello presentou a proposta de campaña de sensibilización que se porá en marcha na cidade para incrementar a concienciación cidadá sobre o dereito ao descanso dos veciños e veciñas “xa que no que vai de ano recibíronse na Policía Local 230 chamadas relativas os ruídos xerados por locais de hostalaría ou na súa contorna“, informa o consistorio.

Pola súa banda, os hostaleiros e veciños presentaron as propostas que serán estudadas polo goberno municipal nas próximas semanas co obxectivo de avaliar a súa idoneidade e viabilidade. Neste sentido acordouse a constitución dunha mesa técnica para estudar a modificación da actual normativa.

A alcaldesa destacou o bo clima no que se están celebrando as reunións e a vontade de todas as partes de achegar posturas nun asunto, subliña o goberno local, “que preocupa tanto a veciños como a hostaleiros” e que motivou o encontro no Palacio Municipal de María Pita.

A Autoridade Portuaria exporá as conclusións do proceso participativo do Coruña Marítima este venres ás 9:30h

O venres 9 de maio, ás 9:30h no Espacio Avenida do Cantón Grande da Coruña. Esta é a data e o lugar escollidos pola Autoridade Portuaria para dar conta das conclusións do pobre proceso participativo do proxecto Coruña Marítima.

O director da Autoridade Portuaria, Juan Diego Pérez Freire, expoñerá os resultados máis relevantes do proceso participativo e os próximos pasos que están previstos para avanzar no proxecto.
A continuación realizarase unha mesa sobre as intervencións en espazos portuarios, con dous relatores de referencia neste ámbito: Teófila Martínez, presidenta da Asociación Internacional para a Colaboración entre Puertos y Ciudades (RETE), e David Pino, director de Port Vell, que explicará o proceso de transformación da zona máis antiga do Porto de Barcelona.

Pero sobre todo, a cita servirá para compartir o resultado da fase de consulta implementada nos últimos meses, trala publicación das Bases Estratéxicas, e a celebración de cinco talleres temáticos, desenvoltos en espazos pouco accesibles para a sociedade civil, e que viviron unha participación pobre pero insistente, como demostra as continuas peticións para redactar unhas novas bases.

Con todo iso, prevese convocar en próximas datas o concurso internacional multidisciplinar para definir o Máster Plan que rexerá a transformación dos espazos portuarios e ferroviarios. E”ste Máster Plan deberá ser propositivo, flexible e innovador, e expoñer unha visión a medio e longo prazo, contemplando distintos escenarios de desenvolvemento”, sinalan.

Máis novas

Piden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para o plan Coruña Marítima

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

 

Sumar invita a Inés Rey a presentarse polo PP tras amosar o seu apoio ao novo proxecto de universidade privada

0

A responsable comarcal de Movemento Sumar Galicia na Coruña, Trinidad Palacios, vén de manifestar a súa “estupefacción” polo apoio da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a un novo proxecto de universidade privada que se presentou a pasada semana na cidade, “en dirección contraria ao que supostamente di o seu partido a nivel estatal”.

Para Palacios, que o PSdeG-PSOE dende a alcaldía “patrocine unha universidade privada cando a UDC non ten nin para fotocopias” é “de auténtica broma”, e amosa que as ideas da alcaldesa parecen ser máis conservadoras que progresistas, “polo que animo á alcaldesa da Coruña a presentarse nas próximas eleccións municipais polo PP, que creo que buscan candidata”, dixo con ironía. Para a tamén representante da Coordinadora Nacional de Movemento Sumar Galicia unha nova universidade privada en Galicia “non tería moito sentido e o que habería que facer é financiar máis á universidad pública”, aínda que “respeta que inversores privados queiran facelo, aínda que non o comparta”.

En todo caso, apunta a que segundo as informacións que saen nalgúns medios, “ese proxecto de universidade si que competiría directamente coa pública, xa que contaría con ADE, Enfermería ou Enxeñería Informática, esta última xoia da Universidade da Coruña”. Polo tanto, “si que solaparía a oferta existente en Galicia, e non a completaría”.

 

Os medios en galego unen forzas polas Letras Galegas e o Día da Internet

0

O XornaldaCoruña, como membro da Asociación de Medios en Galego, apoia a nova campaña que saca conxuntamente a AMEGA xunto con provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) polo Día das Letras Galegas e o Día de Internet.

“Subscríbete ao galego” trata de apoiar o uso do galego na rede fomentando a suscrición aos medios na nosa lingua que forman parte da entidade.

Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban algún os medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

  • Tempos Novos e
  • Nós Diario.
  • A revista Luzes, que ademais ofrece un desconto nas subscricións dixitais,
  • Praza.gal,

Ademais, apoian a campaña os seguintes medios, que non teñen subscrición dispoñible na súa oferta:

  • Revista Pincha
  • Quepasanacosta.gal
  • Galicia Confidencial,
  • Nós Televisión,
  • GCiencia
  • XornaldaCoruña
  • Obarbanza.gal
  • Codigocero
  • PNO Ponte nas Ondas

Tendes toda a info en www.mediosengalego.gal.

Máis novas

A Asociación de Medios en Galego propón un cento de medidas concretas para normalizar o uso do galego

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

Catro anos de cárcere para o home que causou a morte doutro tras golpealo cun cinceiro en Fin de Ano en Oleiros

A maxistrada do Xulgado do Penal número 4 da Coruña condenou, como autor dun delito de homicidio por imprudencia grave, en concurso cun delito de lesións con instrumento perigoso, ao acusado de causar a morte dun home de 31 anos, ao que golpeou cun cinceiro durante a Noitevella de 2020, nun hotel de Oleiros. Ademais, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), condenouno como autor dun delito de lesións sobre o pai do falecido, polo cal lle impuxo unha multa de 1.080 euros. A xuíza tivo en conta a atenuante de embriaguez.

En concepto de responsabilidade civil, deberá pagar aos familiares do falecido un total de 259.000 euros e, á persoa que lesionou, 6.000 euros polas feridas e 3.300 euros pola secuela que sofre. Así mesmo, terá que abonar ao Sergas 796 euros polos gastos de asistencia sanitaria prestada ao lesionado. Na sentenza, considérase probado que, sobre as 05.50 horas do día 1 de xaneiro de 2020, na zona onde se atopaba a barra na que servían as bebidas dun hotel de Oleiros, o acusado propinou un pisotón, golpeou e tirou ao chan a un home. O fillo da vítima, segundo o relato de feitos probados da sentenza, decatouse do sucedido e enfrontouse ao agresor, empuxándose ambos.

Nese momento, os empregados do establecemento abriron as portas para que saísen á terraza exterior, onde se agarraron polo pescozo, propinándose golpes. Algúns dos presentes lograron que o fillo do lesionado entrase de novo no local, pero volveu saír e aproximouse ao acusado, quen, agarrando un cinceiro metálico que se atopaba no lugar, golpeouno fortemente na cara, o que provocou que caese. Como consecuencia do golpe, sufriu unha hemorraxia que lle causou a morte.

ARGUMENTOS

A xuíza sinala que “se puido comprobar que a vítima consumira esa noite unha cantidade elevada de alcol e cocaína, circunstancia que favoreceu a hemorraxia e reduciu a reacción do organismo fronte ao traumatismo”. A titular do Xulgado do Penal número 4 da Coruña destaca na sentenza “a gravidade da neglixente actuación levada a cabo polo acusado, respondendo a unha omisión da dilixencia de todo punto intolerable, máxime atendendo que no momento en que a acometida co cinceiro foi levado a cabo, o acusado non estaba a ser agredido pola vítima”. Nela, engade que “o acusado, co seu imprudente e grave actuar, causou o falecemento da vítima”.

Na sentenza, subliña que “a característica da acometida, zona do impacto e intensidade do golpe abonan, sen dúbida, a gravidade da imprudencia na acción do acusado que conduciu ao fatídico resultado: a vítima non falecería de non recibir devandito impacto, razoamento tan simple como relevante, pois a hemorraxia inmediatamente causante da morte sobreveu, de maneira inmediata, tras o impacto”. Por iso, incide en que “o imprudente e grave actuar do acusado, ligado como mecanismo subxacente aos niveis de alcol e cocaína da vítima, causaron o falecemento”. A maxistrada, por tanto, considera probada a comisión dun feito doloso, é dicir, o golpe directo propinado na cara co cinceiro, e de “un feito consecuencia, non querido, pero previsible, actuando na confianza de que este non se producise, cal foi o resultado da morte da vítima”.

“No caso que nos ocupa, a utilización dun cinceiro para golpear á vítima, cinceiro de non reducidas dimensións, agarrándoo coa man para, a curta distancia, asestar un golpe dirixido á cara, merece, sen dúbida, pola natureza do instrumento e polas peculiaridades do método ou forma da agresión, a aplicación do tipo agravado do artigo 148.1 do Código Penal”. A xuíza recalca que “ningunha dúbida pode suscitarse, ademais, de que dita forma de agresión incrementou a gravidade do resultado, tal é así que a vítima faleceu, existindo relación causal entre o traumatismo e o resultado do falecemento”. A sentenza non é firme e cabe interpor recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña.

A incansable loita contra as cabichas nas praias

Continúa o proxecto Entre Crebas loitando contra o lixo mariño nos nosos areas. A Asoc. Mar de Fábula, xunto coas persoas residentes no CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña, manteñen este ano o máis limpo posible o areal de Santo Amaro, nunha acción mensual de concienciación medioambiental e de inclusión social.

Esta pasada semana, na 4ª limpeza do curso, tiveron unha colaboración especial: 14 persoas usuarias de ASPRONAGA, que coa súa marabillosa enerxía completaron unha xornada de inclusión e integración total.

A xornada de limpeza, o pasado mércores 30, coincidía despois duns días de sol, e a praia de Santo Amaro sufría as consecuencias  desta sociedade que non para de consumir e tirar. Despois de dúas horas de traballo entre limpeza e caracterización do lixo apañado por uns voluntario activos e centrados neste traballo de limpeza do mar, os 30 salvadores recollían 518 cabichas (5 cabichas por metro lineal de praia). Unha auténtica salvaxada, que demostra que a sociedade segue sen concienciarse do impacto do tabaco nas contornas naturais. Co fácil que é levar un pequeno cinseiro onde levar as cabichas de volta.

“É unha vergoña a enorma cantidade de cabichas que apañamos nas praias e, nestos pequenos areais, é xa un escándalo”, reflexionan dende de Már de Fábula, máis cando “o concello da Coruña ten prohibido fumar nas praias dende o ano 2020 pero hai xente incívica que non fai caso. A única solución sería facer a norma máis estricta e comezar a multar”, avisan.

Limpeza Entre Crebas en Santo Amaro

Non foi o único que rescataron da praia, e salvaron de volver ao mar, sen en total 896 elementos de lixo mariño recollidos. Entre eles, 155 envases e bolsas de plástico, 35 anacos porexpan, 88 anacos plástico ríxido >2,5 cm, 43 cordas & aparellos de pesca, 7 servilletas de papel, 25 bastonciños de algodón, 2 tablas de pallet, 20 paos de xeado, ou 3 botellas vidro.

Máis novas

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

 

A Coruña, pioneira no estudo e abordaxe da asma

0

Especialistas do Instituto Nacional de Asma Grave (INAG) alertaron desta doenza cunha prevalencia no 5 e o 10% das persoas con asma. Con motivo do Día Mundial da Asma, que se conmemora este martes, o INAG lembra que esta enfermidade respiratoria crónica afecta a dous millóns e medio de persoas en España.

Dentro deste colectivo, preto do 4,9% vive con asma grave non controlada, o que condiciona de maneira severa a súa calidade de vida, autonomía e benestar físico e emocional”. “Galicia, cunha experiencia consolidada na abordaxe da asma grave, sitúase como unha das comunidades con maior desenvolvemento de Unidades de Asma Grave (UAG)“, engade.

Neste sentido, a doutora Marina Branco, neumóloga do Hospital Universitario A Coruña, coordinadora da Unidade de Asma Grave e presidenta da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR), subliña o impacto desta enfermidade. “A asma grave ten unha prevalencia no 5% e o 10% das persoas con asma, supondo aproximadamente o 50% do gasto farmacolóxico e do alto consumo de recursos sanitarios”, explica para incidir en que se caracteriza por precisar “varios medicamentos a doses altas e, en moitos casos, tratamento diario con glucocorticoides orais, con efectos secundarios significativos”.

UNIDADES DE ASMA GRAVE

Neste sentido, recalca o papel das Unidades de Asma Grave que permiten, engade, “un diagnóstico preciso, a detección de comorbilidades, a formación do paciente e o acceso a terapias biolóxicas innovadoras que supuxeron un gran avance”.

Pola súa banda, o doutor Luís Pérez del Llano, xefe do Servizo de Pneumoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e membro do INAG, destaca que “o galego con asma grave non presenta características diferenciais respecto ao resto de España, pero si conta cunha vantaxe: o acceso non restrinxido a todos os tratamentos biolóxicos e Unidades ben establecidas nos grandes hospitais da comunidade”.

Ferida unha muller ao caerlle unha uralita dunha obra na rúa Real

Unha muller resultou ferida ao caerlle un panel dunha obra na rúa Real na Coruña, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112. Foi un particular o que deu o aviso sobre as 12.05 horas de que había unha persoa ferida ao caer un elemento dunha obra, manifestou, en concreto, que era unha uralita. Ao lugar, trasladáronse Urxencias Sanitarias 061, que procederon ao traslado da muller, así como axentes da Policía Local ante o suceso na céntrica rúa coruñesa.

Ainé convirte Bibopalula nun espectáculo teatral infantil

0

A primeira serie musical de animación en galego xa ten espectáculo teatral. O espectáculo ‘Bibopalula’, baseado na exitosa ficción televisiva, estrearase o vindeiro sábado 7 de xuño no Teatro Colón da Coruña, para comezar unha xira na que visitará
diferentes cidades galegas.

Así o presentaron esta pasada ponte nos Xardíns de Méndez Núñez, en presenza de representantes municipais e da colaboradora Deleite, así como a de Marta Lado, directora do espectáculo, Xosé A. Touriñán e Álvaro Pérez Becerra, produtores do espectáculo, Graciela Carlos, Sara Ferro, Nerea Rodríguez e Cristina Andrade, actrices do espectáculo e Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores de ‘Bibopalula’.

Bibopalula teatro equipo

Dase así continuidade a un proxecto importante en materia de normalización: a primeira serie musical de debuxos en galego, estreouse o pasado mes de novembro en Xabarin.gal, a plataforma dixital de contidos infantís da Televisión de Galicia, converténdose en poucos días no contido máis visto da canle.
A estrea do espectáculo supón tamén un fito histórico, ao tratarse do primeiro musical
infantil en gran formato producido integramente en galego, con vocación de xira e cunha
forte aposta pola música en directo, os efectos escénicos e a interacción co público familiar.

As entradas xa están á venda.

Máis novas

Avanza a produción de “Decorado”, o terceiro filme de animación do premiado director coruñés Alberto Vázquez

A superheroína herculina Nabiza Girl, dá o salto á animación para animar á mocidade a usar o galego

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,