Inicio Blog Páxina 253

Detido un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca

0

Garda Civil de Cambre detivo a un home, de 68 anos, residente na Coruña como presunto autor dun delito de acoso sexual e ameazas con arma branca. Segundo informou o Instituto Armado, a actuación produciuse o pasado 19 de novembro tras varios incidentes ocorridos na localidade de O Amorne, en Cambre.

Durante as últimas semanas a Garda Civil intensificou a vixilancia sobre o home tras recibir información, a través de redes sociais, e queixas veciñais sobre comportamentos inapropiados en zonas como Agra do Orzán e Os Mallos.

O 18 de novembro, tiveron coñecemento de que, nas inmediacións dun centro escolar, varias persoas denunciaron que foron vítimas de condutas ofensivas e ameazas. O home, segundo os testemuños, dirixiuse ás vítimas de forma intimidatoria e realizou xestos inapropiados, chegando a mostrar unha navalla.

O detido, que non ten antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.

A borrasca Bert deixa fortes ventos e choivas en Galicia este domingo

0

A borrasca Bert porá este domingo a 12 comunidades en aviso por vento e ondada nun día no que Galicia e Asturias levarán a peor parte. Meteogalicia informa de aviso laranxa nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense por ventos de máis de 150 quilómetros por hora, principalmente na primeira metade do día, así como no mar en Rías Baixas.

O refacho de vento máis forte deste domingo, provocado pola borrasca Bert, foi de 157.2 km/h, rexistrada na estaciñon da Gándara, Vimianzo. en Coristanco tamén se rexistraron esta mañá refachos de 130 km/h.

Prevense ondas de ata seis metros.

Igualmente, este domingo prodúcense diversos avisos amarelos por fortes choivas, que se acumularán en máis de 40 litros por metros cadrado nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Borrasca Bert. METEOGALICIA
Borrasca Bert. METEOGALICIA

Por este motivo, municipios como Lugo decidiu pechar parques, á vez que Vigo suspende actividades ao aire libre, visitas á árbore de Nadal de Porta do Sol e haberás zonas verdes pechadas, entre outras medidas.

Ante esta situación, Emerxencias –a través do 112 Galicia– informou da situación a municipios, deputacións, servizos de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, diques, rompientes e paseos marítimos. Pide que se extremen as actividades no mar.

Prevense precipitacións acumuladas de 30 mm nunha hora e de 80 mm en 12 horas. O resto da comunidade, excepto A Mariña e a montaña de Lugo, está en alerta amarela.

ALERTAS NA COSTA

Así mesmo, continúa activa a alerta laranxa por costeiros en todo o litoral coruñés e pontevedrés, coa ampliación esta mañá á zona do Miño.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén que se extremen a medida de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

A Comisión da Memoria Histórica pide á Xunta contundencia aos Franco pola apertura da Casa Cornide

AA Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña (CRMHC) denunciaron a “permisividade e pasividade” da Xunta ante o “incumprimento da legalidade” da familia Franco ao non abrir de maneira gratuíta a Casa Cornide, na Coruña.

Todo iso despois de que na xornada do venres o conselleiro de Cultura, José López Campos, informase de que a familia Franco propuxo ao Executivo galego unha “fórmula de convenio” de colaboración para a apertura ao público da coruñesa Casa Cornide –á que están obrigados por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC)–, despois do que Goberno galego abriulle un expediente sancionador por 3.000 euros debido a este incumprimento.

Neste contexto, a CRMHC reclamou o “cumprimento da legalidade sen novos privilexios” á familia Franco. Por iso, pediron a apertura inmediata e gratuíta da Casa Cornide durante un mínimo de catro días ao mes durante catro horas. Así mesmo, a Comisión incidiu en que as visitas á Casa Cornide “seguen un proceso igual” que o que sucedeu co convenio asinado polos Franco para abrir o Pazo de Meirás e que levou á Xunta, presidida naquel momento por Alberto Núñez Feijóo, a pagar 39.200 euros. Finalmente, esixiu a interposición das “accións xudiciais civís oportunas” para anular o título de propiedade da familia Franco.

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

0

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da Coruña vñen de anunciar que nos próximos días o contrato necesario para redactar o novo Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos.

Segundo informa o goberno local, trátase dunha medida coa que se busca “adecuar e mellorar os espazos deportivos de titularidade municipal” e “distribuílos equilibradamente en todos os barrios da cidade”, ademais de “establecer a folla de ruta que determine as futuras necesidades da cidade neste campo, co foco posto especialmente nos barrios”, engade.

O Concello ostenta a titularidade de máis dun centenar de instalacións deportivas. Isto supón, en termos prácticos, que é o encargado do seu mantemento e coidados, tamén da súa renovación ou ampliación en función de cada caso.

Os pregos do contrato de redacción do Plan establecen que, unha vez que se adxudique, a súa elaboración deberá levarse a cabo nun prazo de 16 meses como máximo. Serán 4 as fases de implementación. Primeiro farán unha diagnose, abrirase un proceso de participación cidadá, e executarase un estudo de hábitos deportivos entre a poboación.

Novas relacionadas

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

0

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio de Transportes, provocarán o corte do ramal de saída a AC-11 cara á AP-9/Palavea, no quilómetro 2,710.

Segundo explica o Ministerio de Transportes nun comunicado, no avance dos traballos precísase realizar unha gabia para aloxar o prisma de telecomunicacións baixo o ramal que conecta a AC-11 coa AP-9.

Por iso, o peche do ramal comezará ás 9,30 horas do martes para o seu restablecemento ao final da xornada, cunha protección da gabia realizada. Haberá un itinerario alternativo debidamente sinalizado. O orzamento vixente global destas obras na avenida Alfonso Molina é de 18,3 millóns de euros, IVE incluído.

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

0

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos altercados antes do partido da liga Hypermotion que enfrontou o pasado 6 de outubro ao RC Deportivo e ao Málaga CF no estadio de Riazor, na Coruña.

Inicialmente, esta proposta era para 17 persoas, pero a Policía informou este xoves de 148 propostas máis, ata un global de 165.

Nun comunicado, a Policía explica que as sancións poden superar o millón de euros en función do grao destas. Ademais, leva a prohibición de acceso aos recintos deportivos por un período entre un e seis meses.

Dispositivo para o Sporting

Con ocasión da celebración do partido de fútbol que enfrontará ao Deportivo e ao Sporting de Xixón o vindeiro domingo, 24 de novembro, declarado de alto risco, o dispositivo previsto para o efecto contempla a participación de máis de 150 policías e a coordinación con Policía Local, servizos de emerxencias e Protección Civil, seguridade privada e os departamentos de seguridade dos clubs participantes.

Lembra que as entradas vendidas polo club, son nominais e poderá ser requirida a identificación nos accesos ao estadio e que, para evitar aglomeracións de última hora, as portas do estadio abriranse 90 minutos antes da hora do inicio do partido, polo que se recomenda o acceso ao mesmo con antelación suficiente.

 

Os participantes nos altercados antes do Dépor-Málaga enfróntanse a sancións de entre 1.500 e 3.000 euros

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

0

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con motivo das obras que Adif está a levar a cabo na estación da Coruña e que afectarán o servizo ferroviario os días 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de decembro de 2024.

A compañía prestará o servizo con 508 buses e microbuses e 110 taxis extra con motivo disto traballos, para adaptar o acceso á estación provisional da cidade herculina.

Renfe programará a circulación de 508 autobuses durante eses días, incluídos algúns servizos do día 9 a última hora e do 14 a primeira, para posibilitar a chegada a destino dos clientes dos trens de Longa Distancia que conectan con Madrid.

Tamén se verán modificados os trens de Media Distancia e Avant. Están previstos transbordos por estrada polo corte da circulación por parte de Adif.

O servizo de trens de Alta Velocidade, AVE A Coruña-Madrid e Alvia Ferrol-A Coruña-Madrid, modificarase temporalmente estes días, realizando o traxecto entre Santiago, A Coruña e Ferrol por estrada.

Así, Renfe ofrecerá un total de 85 autobuses para prestar o servizo de trens comerciais (AVE e Alvia), e así poder facilitar a mobilidade dos viaxeiros estes días.

Así mesmo, nos servizos públicos, Avant A Coruña-Santiago-Ourense, e Media Distancia A Coruña-Santiago-Vigo, A Coruña-Ferrol e A Coruña-LugoMonforte, polas obras na infraestrutura de Adif, Renfe facilitará a mobilidade cun total de 423 autobuses e microbuses, máis 110 servizos extra de taxi programados.

Nun comunicado recomendan aos clientes consultar con antelación os horarios dos seus trens, pois poden sufrir modificacións durante estes días.

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

0

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha nova petición para o cimplemtno da Lei 20/2022 de 19 de outubro de Memoria Democrática. Como fixo no pleno deste mes conseguindo o compromiso municipal para a eliminación de 378 símbolos franquistas da cidade, Monge rexistrou desta volta na Subdelegación do Goberno da Coruña un escrito para Yolanda Díaz, ministra de Traballo e Economía Social, que inclúe unha ampla documentación nos anexos, que xustifica a retirada das Medallas ao mérito no traballo a tres figuras como Pedro Barrié de la Maza, José María González Llanos y Caruncho e José Fariña Ferreño.

“A historia non pode construírse desde o esquecemento e o silenciamento dos vencidos. O coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir erros do pasado. A consolidación do noso ordenamento constitucional permítenos hoxe afrontar a verdade e a xustiza sobre o noso pasado. O esquecemento non é opción para unha democracia”, entende Monge, que lembra que o artigo 10.1.b do Real Decreto 153/2022, de 22 de febreiro, de Regulamento da Medalla e a Placa ao Mérito no Traballo xustifica a retirada destas medallas: “Poderá ser revogada cando quede acreditado que a persoa beneficiaria, antes ou despois da concesión, con motivo de formar parte do aparello de represión da ditadura franquista, realizase actos ou observado condutas manifestamente incompatibles cos valores democráticos e os principios reitores de protección dos dereitos humanos”.

Monge descríbenos os persoeiros para entender as peticións.

Medalla de Ouro ao mérito no traballo a Pedro Barrié de la Maza

Amigo persoal do ditador Franco, que distinguiu a Barrié co título de Conde de Fenosa e procurador das Cortes franquistas de 1946 a 1955; Barrié apoiou a sublevación fascista do 18 de xullo de 1936 e subvencionou o exército de Franco, exerceu a represión contra os traballadores do Banco Pastor, seguindo as instrucións de depuración do Goberno de Franco, e tivo unha actuación fundamental no espolio do pazo de Meirás e da Casa Cornide para beneficio da familia do ditador Franco.

Barrié perde o título nobiliario de Conde de Fenosa, en aplicación da Lei de Memoria Democrática, pero aínda conserva distincións en numerosos concellos de Galicia, entre outras: rúas en Ferrol e Fillo Adoptivo (16-6-1967); Medalla de Ouro da provincia, concedida a título póstumo pola Deputación da Coruña (17-5-1971). Fillo Adoptivo de O Barcos de Valdeorras (12-8-1947).
Na Coruña dá nome a unha avenida e ao dique de abrigo, ten a Medalla de Ouro (5-4-1963), r un retrato no palacio municipal de María Pita.

 

Medalla de Prata no traballo a José María González Llanos y Caruncho

Súmase á sublevación militar de 1936 embarcando como Capitán de Corveta no cruceiro Canarias o 7 de agosto de 1936 e participando na batalla de Cabo Espartel no afundimento do destrutor Almirante Ferrándiz da República. Contralmirante honorario na ditadura (1958). Medalla de la Campaña, condecoración concedida entre 1938 e 1939 para distinguir intervencións en operacións bélicas ou servizos (tiña tamén esta distinción Gabriel Pita de Veiga, almirante e ministro de Mariña na ditadura); Medalla de Prata de Ferrol (17-4-1943), que recibirían tamén os ministros da ditadura José Ibáñez Martín e Alfonso Peña Boeuf; Fillo Predilecto de Ferrol (3-6-1968) e Fillo Adoptivo de Fene (28-10-1968).

Medalla ao Mérito no Traballo na súa categoría de ouro a José Fariña Ferreño

Estreito colaborador de José Calvo Sotelo, enlace desde Portugal cos militares golpistas de Andalucía. Fariña Ferreño era unha persoa de confianza do ditador Franco e unha peza importante na represión fascista. Está ao fronte da Delegación de Información de Residentes en Madrid (DIDREM), que recolle información sobre as persoas que se encontraban en Madrid, e con posterioridade no resto do territorio sometido polas tropas franquistas, e cuxos datos foron empregado con fins represores durante a guerra e, particularmente, cando finaliza esta. Ten a Medalla de Prata da Coruña (6-6-1950), Medalla de Ouro (25-9-1962), ten tamén unha rúa no barrio do Castrillón; Fillo Predilecto da provincia da Coruña (27-6-1953); Medalla de Ouro de Santiago (23-12-1965); rúa en Vilagarcía.

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

 

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

Exposición da obra do fotógrafo Irving Penn pola Fundación MOP até o 1 de maio

0

A Coruña convértese de novo na cidade escollida pola fundación Marta Ortega Pérez (MOP) para acoller unha retrospectiva dun fotógrafo de moda, nesta ocasión, de Irving Penn. Unha mostra con máis de 175 “obxectos únicos e expléndidos” que se pode ver no Centro MOP do Peirao de Batería ata o próximo 1 de maio de 2025.

Así o explicou o comisario da mesma, Jeff L. Rosenheim, durante unha visita guiada para a prensa. “O tacto é unha idea presente en todas as fotos”, sinalou respecto da obra deste artista estadounidense quen consideraba, recalcou, que “as fotografías deben ser obxectos que van á parede, que se toquen”.

‘Irving Penn: Centennial’ é unha exposición organizada por ‘The Metropolitan Museum of Art’ de Nova York en colaboración coa Fundación Irving Penn, que se abrirá ao público na cidade herculina este sábado, día 23, e é a máis completa deste mestre da fotografía exposta en España.

Trátase, segundo indicou Rosenheim, dun percorrido pola obra de Penn ao longo das súas máis de 70 anos, desde os seus comezos a finais da década de 1930 ata os primeiros anos do século XXI.

RETRATOS

A mostra está composta por retratos de personalidades como Salvador Dalí, Truman Capote, Alfred Hitchcock ou Audrey Hepburn, de diferentes portadas da revista Vogue, así como de imaxes de cidadáns anónimos. Abarca, ademais, composicións florais, os bodegóns “polos que sentiu predilección” e o pano de fondo que utilizaba no seu estudo.

É a cuarta mostra impulsada por Marta Ortega na Coruña, tras Peter Lindbergh en 2021, Steven Meissel en 2022 e Helmut Newton en 2023, e do mesmo xeito que as anteriores, rodeouse de numerosas celebrities do mundo da moda e a cultura para a súa preinauguración privada celebrada este mércores.

Con motivo da chegada de ‘Irving Penn: Centennial’ á Coruña, a Fundación MOP edita, ademais, en exclusiva o catálogo en español da exposición, con case 300 instantáneas, incluíndo imaxes icónicas, obras inéditas e ensaios.

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

0

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas municipais. O Comité de Empresa, formado por membros da CIG, UGT e CCOO, mantén as mobilizacións ante a falta de concreción dos dereitos dos aproximandamente 80 traballadores e traballadoras municipais que coidan os nosos pavillóns e campos de fútbol.

Deste xeito, ducias de competicións, e sobre todo, centos de familias e deportistas, veranse afectadas polo peche das instalacións, que provocarán numerosos atrasos nas ligas de todas as categorías. Ademais, os servizos mínimos previstos para esta fin de semana son poucos, polo que tendo en conta que o seguemento da folga está a ser do 100%, a afectación será máxima. “Sabemos o dano que facemos á xente que vai facer deporte, e sentímolo moito, pero é a única maneira de defender o que é noso”, sinala o voceiro do comité, Xulio Ramil. “Levamos 3 anos pelexando, e as palabras están esgotadas. Chegamos ata onde podemos”.

Conserxes en folga na cidade deportiva da Torre
Imaxe doutra concentración na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias da Torre

Responsabilidade municipal

O colectivo de traballadores esixen o cumprimento do convenio colectivo e o pago o complemento de polivalencia. Para o Comité “toda a responsabilidade ao Concello”, unha vez que “a disposición da empresa Outsourcing (Grupo Social Once) era de pagar, ata que o Concello lle dixo que non lle ía abonar esa parte”.

Así se ratifica co sucedido esta mesma mañá de xoves 21 de novembro. Celebrábase a conciliación previa ao xuízo, á que asistiron representantes dos 3 sindicatos, do comité e da empresa, faltando unicamente un representante do Concello. “Xa ves a vontade de arranxar o asunto…” lamenta un Ramil que lembra que a suba salarial xa estaba sinalada no acordo de investidura que asinou o BNG co PSOE, sendo así este outro dos incumprimentos do goberno socialista que provocan que o BNG non vaia acordar os Orzamentos de 2025.

A cousa vai para longo, pois estes conflitos colectivos adoitan tardar entre 4 e 6 meses, segundo o presidente do Comité.

Con todo, a semana que vén o Comité celebrará unha Asemblea para determintar como continúan as mobilizacións, tendo claro que as mobilizacións seguirán con toda seguridade.

Máis novas

Os conserxes dos polideportivos esixen o pago do seu plus