Inicio Blog Páxina 276

Ferida unha muller ao caerlle unha uralita dunha obra na rúa Real

Unha muller resultou ferida ao caerlle un panel dunha obra na rúa Real na Coruña, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112. Foi un particular o que deu o aviso sobre as 12.05 horas de que había unha persoa ferida ao caer un elemento dunha obra, manifestou, en concreto, que era unha uralita. Ao lugar, trasladáronse Urxencias Sanitarias 061, que procederon ao traslado da muller, así como axentes da Policía Local ante o suceso na céntrica rúa coruñesa.

Ainé convirte Bibopalula nun espectáculo teatral infantil

0

A primeira serie musical de animación en galego xa ten espectáculo teatral. O espectáculo ‘Bibopalula’, baseado na exitosa ficción televisiva, estrearase o vindeiro sábado 7 de xuño no Teatro Colón da Coruña, para comezar unha xira na que visitará
diferentes cidades galegas.

Así o presentaron esta pasada ponte nos Xardíns de Méndez Núñez, en presenza de representantes municipais e da colaboradora Deleite, así como a de Marta Lado, directora do espectáculo, Xosé A. Touriñán e Álvaro Pérez Becerra, produtores do espectáculo, Graciela Carlos, Sara Ferro, Nerea Rodríguez e Cristina Andrade, actrices do espectáculo e Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores de ‘Bibopalula’.

Bibopalula teatro equipo

Dase así continuidade a un proxecto importante en materia de normalización: a primeira serie musical de debuxos en galego, estreouse o pasado mes de novembro en Xabarin.gal, a plataforma dixital de contidos infantís da Televisión de Galicia, converténdose en poucos días no contido máis visto da canle.
A estrea do espectáculo supón tamén un fito histórico, ao tratarse do primeiro musical
infantil en gran formato producido integramente en galego, con vocación de xira e cunha
forte aposta pola música en directo, os efectos escénicos e a interacción co público familiar.

As entradas xa están á venda.

Máis novas

Avanza a produción de “Decorado”, o terceiro filme de animación do premiado director coruñés Alberto Vázquez

A superheroína herculina Nabiza Girl, dá o salto á animación para animar á mocidade a usar o galego

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,

O BNG pregunta pola nova ordenanza das terrazas

0

Vai denunciar no pleno deste xoves, o que considera un novo incumprimento do acordo de goberno. A nova ordenanza de terrazas debería ter sido aprobada no primeiros 6 meses de mandato polo que a concelleira Avia Veira preguntará ao goberno local no pleno se a vai ter lista a curto prazo.

“Na nosa cidade hai moitas terrazas, hai barrios e zonas da Coruña con moita concentración destas instalacións”, remarca a concelleira do BNG, o que a leva a afirmar que “hai un auténtico descontrol”.
En determinadas áreas urbanas as terrazas “teñen tomadas as zonas peonís”, circunstancia que dificulta moito o tránsito dos peóns. “Hai lugares en que apenas se pode camiñar ou pasar cunha cadeira de rodas ou co carro dun bebé. Hai terrazas que mesmo invaden o acceso aos portais”, esténdese, ao tempo que lembra que “as concesións destas instalacións na praza de María Pita están en precario”.

Para Veira, cómpre ir a unha nova regulación e a un “maior control” que garanta a adecuada convivencia e o correcto equilibrio entre o uso privativo do espazo público por parte da hostalaría e o dereito cidadán á accesibilidade universal.

O EMHU, para todos os públicos e idades

Rematou o Encontro Mundial de Humorismo da Coruña. A V edición do festival trouxo á cidade a grandes figuras da escena estatal como Faemino e Cansado, Ana Morgade, Goyo Jiménez, Xosé A. Touriñán, Alex Clavero, ou Henar Álvarez.

Faemino y Cansado en EMHU © Leo López 12 copia
Faemino y Cansado en EMHU © Leo López

Pero ademais da calidade da proposta, esta edición do festival tratou de coidar a toda clase de públicos, tanto de idades como de estratos sociais.

Así se viviu durante a mañá do sábado, onde en apenas 200 metros, máis de 2.000 persoas de todo tipo gozaban de dous espectáculos tan distintos como complementarios.

20250403 La ruina © Leo López 4 copia
La Ruina colgou o cartel de non hai entradas no Palexco © Leo López

No auditorio Gaivota Palexco, un dos podcast máis seguidos de todo o estado, La Ruina, congregaba a máis de 1.450 espectadores. Xente nova, asiduos das redes sociais, de corte progresista, riron escoitando as “ruinas” tanto de varias persoas do público, como do invitado especial dos cataláns Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes , que non podía ser outro que o humorista coruñés e director do festival, Luís Piedrahita.

La ruina con Luis Priedahita © Leo López
La ruina con Luis Priedahita © Leo López

Á mesma hora, o Teatro Colón acollía unha obra para toda a familia. E para todas as clases de familias. Porque o espectáculo do “Show da Fantasy House”, que vivía a súa estrea absoluta, xuntou máis de 800 persoas de todo tipo, chegadas mesmo de Asturias, Baleares ou Cataluña. O show, liderado polos youtubers Animalize21 e AlesGF, demostrou que o Youtube non sabe de estratos sociais.

As crianzas do teatro sabían cada unha das cancións dos 4 persoeiros, que trouxeron un espectáculo de moito chundachunda pero cunha historia bastante cativa. Así e todo, os concursos co entregado público, e a súa aposta polo humor máis básico, case ao estilo Buster Keaton, sacou as risas tanto de nen@s como de nais e pais.

20250403 El Show de la Fantasy House © Leo López 4 copia
El Show de la Fantasy House © Leo López

 

 

 

A Coruña inaugura os actos do V centenario da segunda circunnavegación coa presentación dun libro sobre a expedición de Loaísa

0

A cidade da Coruña dará comezo este xoves, 8 de maio, ás conmemoracións do V centenario da segunda circunnavegación á Terra, protagonizada pola expedición do capitán García Jofre de Loaísa, que partiu do seu porto en 1525. O primeiro acto será a presentación do libro ‘Galicia e a segunda circunnavegación á terra. Século XVI’, obra do historiador Santiago Xoga Puig, publicada por Edicións Cartamar.

A presentación terá lugar ás 19.00 horas no salón de actos da Autoridade Portuaria, nun evento que busca recuperar a memoria histórica dunha das grandes fazañas marítimas do século XVI, na que Galicia xogou un papel relevante como punto de partida da frota con destino ás illas Molucas, tamén coñecidas como as illas das especias.

Segundo recolle o autor, a expedición —composta por sete naves e 450 homes— contou coa participación destacada de Juan Sebastián Elcano como piloto maior, tras completar poucos anos antes a primeira volta ao mundo. A misión tiña como obxectivo establecer relacións comerciais co arquipélago asiático, pero as duras condicións da travesía dispersaron a frota e só a nave capitá conseguiu chegar ao seu destino.

A obra de Xoga Puig reconstrúe o contexto galego e internacional desta expedición, subliñando o papel do porto da Coruña como base loxística e comercial clave na época, e destacando o valor dos navegantes que afrontaron mares descoñecidos e conflitos con outras potencias europeas, como Portugal.

“A súa tenacidade permitiu abrir rutas ata entón inimaxinables, nun tempo sen mapas precisos nin garantías de retorno”, sinala o autor. O libro complétase cun recoñecemento aos protagonistas da expedición de Loaísa e da posterior Casa de Contratación da Especiería da Coruña, que tivo un papel destacado na administración dos intereses da Coroa nesta ruta.

Santiago Xoga Puig, profesor e investigador con formación na Universidade de Santiago de Compostela, leva anos estudando a historia marítima galega. A súa traxectoria inclúe títulos como O porto da Coruña. Evolución económica 1962-1985 e Periplo ao Maluco.

A Primitiva reparte máis de 100.000 euros en dous boletos premiados na Coruña

0

O sorteo da Primitiva celebrado o pasado sábado 3 de maio deixou en Galicia dous dos boletos agraciados con premios de Segunda Categoría —cinco acertos máis o número complementario—, valorados en máis de 50.800 euros cada un. Ambos foron validados na cidade da Coruña, segundo informou Loterías e Apostas do Estado.

Os xogadores coruñeses compartiron categoría con outras dúas apostas premiadas, unha delas rexistrada en Sitges (Barcelona) e a outra en Santa Eulària des Riu (Illes Balears). A combinación gañadora deste sorteo estivo composta polos números 01, 04, 16, 25, 33 e 37, co 15 como número complementario e o 4 como reintegro. O número correspondente ao Joker foi o 2263095.

En total, a recadación do sorteo ascendeu a 11.061.906 euros, segundo os datos facilitados polos organizadores. Non se rexistraron acertantes da Categoría Especial (seis acertos máis o reintegro), polo que se acumula un bote millonario que permitirá que un único acertante con Categoría Especial no vindeiro sorteo poida optar a un premio de ata 46 millóns de euros.

O único boleto gañador de Primeira Categoría (seis acertos) foi validado na cidade de Oviedo, concretamente no Despacho Receptor número 57.085, situado na Praza da Paz.

A presenza de dous boletos premiados na mesma cidade galega converte á Coruña nun dos puntos destacados deste sorteo, con máis de 100.000 euros en premios acumulados. Loterías e Apostas do Estado lembra que os premios deben ser reclamados dentro do prazo establecido e anima aos participantes a comprobar os seus boletos.

CC.OO. rexeita a universidade privada que promove Cesuga na cidade

CC.OO. rexeita o proxecto de universidade privada para A Coruña presentado polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) o pasado mércores, á vez que critica á alcaldesa da cidade, Inés Rey, por apoiala publicamente. Nun comunicado, o sindicato censura como “especialmente grave” que o Concello organizase unha recepción oficial aos responsables da futura Universidade Emilia Pardo Bazán e que a rexedora, segundo expresou nunha nota de prensa, o apoiase como proxecto que “contribúa a xerar emprego e riqueza”.

“En lugar de pedir o reforzo do sistema público, o Concello da Coruña está a alentar un modelo universitario onde habería tres institucións públicas e dúas privadas”, afea CC.OO., que acusa a Rey de adoptar unha postura contraria á do PSOE. O sindicato advirte á alcaldesa que as administracións teñen “o deber de defender o ensino público como garantizadora da igualdade de oportunidades, non de amparar iniciativas que responden a intereses empresariais”. A nivel estatal, CC.OO. apoia o anuncio do presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, de endurecer os requisitos para crear novas universidades privadas. En Galicia hai unha agora mesmo (Universidade Intercontinental da Empresa), polo que a do Cesuga sería a segunda.

A Coruña impulsa unha residencia literaria con coidado infantil para nais escritoras

0

O Concello da Coruña vén de anunciar a apertura do prazo para optar á primeira Residencia de Conciliación para nais escritoras, unha iniciativa pioneira que busca favorecer a creación literaria sen renunciar aos coidados familiares. A convocatoria estará aberta desde o sábado 3 ata o 31 de maio e está dirixida a mulleres con obra publicada e fillos ou fillas nados entre 2013 e 2021.

A proposta, impulsada polas áreas municipais de Benestar Social, Igualdade e Participación, e Cultura, conta coa colaboración da Residencia Literaria 1863, dirixida pola poeta Yolanda Castaño. Durante o mes de agosto, a autora seleccionada disporá dunha bolsa que cubrirá os gastos de viaxe, aloxamento e coidado municipal do menor, co obxectivo de garantir un tempo de traballo creativo sen cargas adicionais.

“Ser nai e ser escritora non poden seguir sendo camiños incompatibles”, afirmou a concelleira de Igualdade, Nereida Canosa, quen puxo en valor que esta iniciativa representa “un apoio real aos coidados”. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que o proxecto “reforza o compromiso da cidade cunha cultura accesible e transformadora”.

A directora da Residencia Literaria, Yolanda Castaño, definiu a proposta como “un faro para que a palabra feminina floreza con plenitude”, incidindo na necesidade de espazos específicos para a creación literaria en clave de xénero.

A convocatoria está destinada a escritoras maiores de idade con polo menos dúas obras publicadas, que sexan coidadoras principais dun neno ou nena nado entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. As solicitudes poderán presentarse en liña ata as 22.00 horas do 31 de maio.

A iniciativa coruñesa sitúase como referente estatal na procura dunha conciliación real no ámbito cultural, sumando ferramentas que permiten ás mulleres creadoras desenvolver a súa obra sen renunciar á maternidade.

Así foron as diversas mobilizacións coruñesas polo Día do Traballador

Mañá repleta de mobilizacións na cidade da Coruña polo 1 de Maio. Un Día do Traballador que representou, en calquera caso, a división das esquerdas, con case 3.000 persoas mobilizadas polos seus sindicatos, pero cada un polo seu camiño.

A da CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación: «A clase traballadora en loita»

Manifestacion polo 1 de maio na Coruna de CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación

Perto de 400 persoas participaron na manifestación que saíu, ás 12:30, da praza de Pontevedra, convocadas pola CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación, baixo a consigna de «A clase traballadora en loita». Percorreron a rúa de Santo Andrés e, tras subir pola rúa de Panadeiras, remataron no Campo da Leña, onde se leu o manifesto común.

A animación foi a constante de toda a manifestación, na que se corearon consignas en solidariedade con Palestina, contra a militarización e a guerra, a favor da acción directa e chamamentos en solidariedade cos seis da Suiza e á loita como camiño a seguir.
Houbo presenza notable de traballadoras de telemárquetin, unha nutrida representación de Correos e persoal da residencia da Xunta de Caranza, que están atravesando conflitos específicos.

CCOO e UGT: “Protexer o conquistado, gañar futuro”

Manifestacion 1 de Maio UGT e CCOO Coruna 2

Unha das máis numerosas foi a convocatoria de UGT e CCOO, baixo o lema “Protexer o conquistado, gañar futuro”. Os grupos lembraron o contexto de conflitos bélicos nos que nos atopamos, e valorou esta mobilización pola democracia, a liberdade e os dereitos”. “Porque son moitos os avances conseguidos nestes últimos anos en materia social e laboral, reforma laboral, pensións, SMI… pero hai que seguir traballando, no contexto do diálogo social, porque aínda son moitas as eivas e hai que estar firmes na defensa do conquistado ante as ameazas que o cuestionan”, sinalan.

A CIG e o BNG: “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”

CIG_ACorunha_PrimeiroMaio_002

A Convocatoria da CIG partiu da Praza de Vigo, partía da praza de Vigo ás 12:00h, baixo o lema “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”.
Os membros do grupo municipal do BNG (Francisco Jorquera, Avia Veira, Mercedes Queixas e David Soto), acompañaron portando unha faixa na que se podía ler a lenda “En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos”.

Manifestacion BNG 1 DE MAIO

Movemento Sumar: 37,5 horas semanais

Sumar Galicia na Manifestacion Coruna 1 de maio

Tamén acompañou unha das mobilizacións o Movemento Sumar Galicia, facendo fincapé en que estamos na véspera da aprobación da xornada laboral de 37,5 horas, que será aprobada no Consello de Ministros este martes 6 de maio.
“Sumar é unha forza comprometida cos dereitos laborais, subimos o salario mínimo en 61 %, creamos empregos estables, combatemos a temporalidade e sempre estaremos ao lado dos sindicatos para conseguir novas conquistas”, afirmou o deputado e portavoz de industria de Sumar no Congreso, Manuel Lago.

Investigadores da UDC e do Instituto Leibniz desenvolven un bioplástico autorreforzado para envases sustentables

O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), integrado no Campus de Ferrol da Universidade dá Coruña (UDC), desenvolveu un novo bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos.

Segundo informa a institución académica, o avance, publicado na revista científica ACS Omega, “abre novas posibilidades para fabricar envases industriais biodegradables e máis fáciles de reciclar“.

Este traballo, explica, forma parte da tese de doutoramento da investigadora Anja Schmidt e desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña. No artigo tamén participan como persoal investigador coautor Birgit Bittmann-Hennes, Danny Moncada e Belén Montero.

O estudo está enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp (W2BC) que reúne 13 organizacións de seis países co obxectivo de transformar residuos orgánicos e subproductos en novos biomateriales sustentables e o cal presentou estes días en Bruxelas os principais resultados de investigación, concreta a UDC.