Inicio Blog Páxina 282

Varios detidos nun operativo contra o tráfico de drogas a pequena escala en tres barrios da Coruña

0

Varias persoas foron detidas nun operativo contra o tráfico de drogas a pequena escala na cidade da Coruña, segundo informaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press.

Foron tres rexistros simultáneos noutros tantos domicilios, en concreto no Agra do Orzán, na Sagrada Familia e o Ventorrilo.

Foi por parte do Corpo Nacional de Policía nun operativo contra o tráfico de drogas a pequena escala e con varios detidos nunha operación que segue aberta e que comezou a partir do sete e media da mañá.

Respecto diso, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado “en todas as frontes”.

La M.O.D.A. actuará na Coruña os días 30 e 31 de xaneiro de 2026

0

O grupo burgalés A Marabillosa Orquestra do Alcol (La M.O.D.A.) anunciou a súa nova xira para 2025 e 2026 con máis dunha trintena de concertos en 16 cidades de España. A banda, que traballa no seu novo disco de cara á súa publicación no outono deste ano, comezará esta xira o 13 de novembro en Bilbao, onde actuará tamén os días 14 e 15 do mesmo mes, tras o que recalará con dúas datas en Murcia, o 21 e 22.

Santander, o 28 e 29 de novembro, será a seguinte parada da xira, que tamén pasará por Zaragoza os días 5 e 6 de decembro; Granada, os días 11 e 12; Málaga, o 13, e Valladolid, o 18, 19 e 20 de decembro. A xira continuará o 10 e 11 de xaneiro en Valencia, para seguir o 15 e 16 en Pamplona, o 23 e 24 en Salamanca, o 29 en Santiago de Compostela e o 30 e 31 da Coruña, segundo informou La M.O.D.A. través das súas redes sociais.

Xixón, o 6 de febreiro, e León, o 7, tamén acollerán concertos do grupo no marco deste tour que, ademais, inclúe tres concertos en Barcelona os días 12, 13 e 14, e seis citas en Madrid os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de febreiro. As entradas para estes concertos están á venda a páxina web do grupo, https://www.lamaravillosaorquestadelalcohol.com/.

O pianista canadense Tony Ann ofrecerá o 12 de xuño un concerto na cidade

0

O pianista canadense Tony Ann ofrecerá o 12 de xuño un concerto na Coruña, para o que xa se puxeron á venda ás entradas. A actuación, única en Galicia, forma parte da súa xira mundial, explica o consistorio, que destaca a participación do mesmo na programación cultural. Tony Ann é un virtuoso pianista solista que combina estilos contemporáneos e clásicos. “Supera os límites da música neoclásica e popular, creando composicións cheas de emoción”, remarca tamén. Con máis de cen millóns de visitas e máis de seis millóns de seguidores en redes sociais, Tony Ann introduciu a xeracións máis novas na música neoclásica a través da súa serie playthatword. Tamén colaborou con artistas como Don Diaño, ademais de con The Chainsmokers, cos que realizou a xira norteamericana ‘Memories: Do Not Open’.

A cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

Celebrouse esta mañá o pleno extraordinario no que a única moción era a Cuestión de Confianza vencellada á aprobación da proposta de Orzamentos para 2025 por parte do goberno socialista. Unha ferramenta legal que permitíu volver a votar a proposta rexeitada a pasada semana, e ademais, de ser rexeitada, abre un prazo dun mes para que a oposición conforme unha alternativa de goberno, e no caso de non ser posible, aprobaría esa proposta automaticamente.

A cuestión foi rexeitada cos votos en contra dos dous grupos da oposición, ratificada co voto nominal de cada un dos edís . Non cederon PP nin BNG á “apelación de responsabilidade” que pediu ao principio Inés Rey, que quixo intervir por primeira vez en moitos plenos. A rexedora argumentou que “de non saír aprobada a cuestión de confianza os grupos da oposición o único que conseguirían é retrasar a posta en marcha dos Orzamentos”, evitando facer autocrítica e recoñecer a falta de diálogo coaoposición e a falta de concreción dos acordos asinados na súa investidura.

A alcaldesa criticou tamén aos que poñen en dúbida “criticando os discursos que sinalan que este goberno non é lexítimo porque non é a lista máis votada”, en clara crítica a ese discurso dos populares que “poñen en dúbida os mecanismos e a lexitimidade democrática”.

Con todo, o BNG deixou claro que non vai aprobar unha moción de censura que invista ao PP, polo que de aquí a un mes, o Concello terá aprobados os orzamentos de 2025.

O BNG: “Seguirá gobernando como se tivese maioría absoluta?”

Francisco Jorquera BNG no pleno Coruna
Francisco Jorquera

A primeira intervención da oposición foi de Francisco Jorquera. O voceiro do BNG deixou claro que o seu grupo non ía votar a favor da cuestión de confianza, “porque vostede perdeu a confianza polos incumprimento conqueridos co BNG, no que xa dimos conta da aprobación inicial dos orzamentos”. Aludiu ao “papel clave que a cidade lle outorgou a cidadania nas pasadas eleccións municipais, para chegar a acordos, pero tamén para que os acordos non se convirtan en papel mollando, sendo firmes”.

Lembrou que “a cuestión de confianza é un mecanismo legal pero excepcional”, que só pode ser presentar vinculada a certos asuntos, que só se pode presentar unha ao ano e que non se pode presentar no último ano de lexislatura. “Que vai facer o goberno municipal? Seguir gobernando como se tivese maioría absoluta?? Ou cambiará e terá disposición ao diálogo e cumprirá os pactos”, preguntou Jorquera, lembrándolle á rexedora que “foi electa alcaldesa froito dun pacto”.

Na súa segunda intervención, Jorquera fixo fincapé nas razóns polas que nunca aprobaría unha moción de censiura que investira unha candidatura liderada polo PP (Lorenzo tendeu a man a Jorquera=, sinalando as diferencias nas distintas formas de entender a cidade facendo alusión ás políticas que realizou o goberno popular de Carlos Negreira en materia de transporte público, vvienda ou políticas sociais.

Tamén recoñeceu os “esforzos” do PSOE para volver achegarse ao BNG, como a suspensión da licenza das percebeiras, a ordenanza das VUT, “uns esforzos que chegaron moi tarde, cando lle viron as orellas ao lobo”. “Se a alcaldesa quere recuperar a nosa confianza, só ten que facer dúas cousas: cumprir os compromisos que asinaron PSOE e BNG, e cambiar o xeito de gobernar, deixar de gobernar como se tivese maioría absoluta”.

O PP: “Ante a alcadesa que non cumple, non podemos darlle a nosa confianza”

Miguel Lorenzo en pleno PP COruna
Miguel Lorenzo

Miguel Lorenzo concordou con Jorquera nas súas “duras criticas”, lembrando que a rexedora está en minoría, lembrando “falta de diálogo, que fai que nin nos saudemos á entrada do pleno, e sobre todo pola falta de execución”. Criticou tamén a falta de concreción dos compromisos, lembrando as 22 aprobadas por unanimidade no pleno presentadas por PP que non foron levadas a cabo”.

Lorenzo lembrou que non se aprobou a emenda presentada polo seu grupo, que non se aprobou a baixada de impostos que pediron os populares
política de vivenda nos últimos 5 anos.
contratos con concesións caducadas

”Ante a alcadesa que non cumple, non podemos darlle a nosa confianza”, concluíu o voceiro popular tras oír “o lamento” da rexedora.

Lage Tuñas recoñece a crítica do BNG

Lage Tunas en pleno PSOE COruna
Lage Tuñas

O voceiro do goberno socialista, recoñeceu tomar nota á “crítica dura pero construtiva” do BNG de cumprir os acordos , e mesmo a porta a volver a mesa de diálogo co BNG, para conseguir acordos como o da ordenanza das VUT.

Non foi tan “positivo” co voceiro do PP, criticando que non hai “alternativa” máis alá da “crítica”.

Máis novas

Inés Rey someterase a unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos tras saír rexeitados do pleno

O Ministerio de Medio Ambiente comprométese a renovar o paseo marítimo do Burgo afectado polo dragado

0

O Ministerio de Medio Ambiente comprometeuse a realizar unha renovación integral do paseo marítimo do Burgo, en Culleredo, afectado polos efectos das obras de dragado.

Así o informa o goberno local tras unha reunión do seu alcalde, José Ramón Rioboo co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e a directora xeral da Costa e o Mar, Ana Oñoro.

As melloras abordarán tanto as lousas como a balaustrada, zonas verdes e carril bici, informa o consistorio cuxo alcalde de mostra a súa satisfacción polos compromisos adquiridos.

Rioboo presentou aos representantes estatais un dossier técnico que recollía a deterioración. Morán confirmou ao alcalde que levará a cabo unha mellora integral do paseo marítimo.

 

Tres detidos pola venda de oito toneladas de cable de cobre telefónico en chatarrerías da Coruña e Asturias

0

Tres persoas foron detidas pola venda en chaterrerías da Coruña e Asturias de oito toneladas de cable de cobre telefónico que foran roubadas. A investigación realizada pola Garda Civil de Culleredo permitiu a identificación do tres supostos responsables destes feitos, un deles, propietario dunha empresa dedicada ao negocio da chatarra na Coruña que adquiría o cable subtraído en distintos puntos da provincia.

A bautizada como operación Fillum, na que tamén partició o equipo Roca da Garda Civil de Xixón, logrou a recuperación de oito toneladas de cable valorado en máis de 52.000 euros en dous chatarrerías, unha situada na Coruña e a outra en Asturias, segundo trasladou este mércores a Garda Civil.

Os implicados empregaban datos persoais de, polo menos, seis veciños dos concellos coruñeses de Cambre e Carral para emitir facturas falsas para tratar de dar apareciencia de legalidade ás súas actividades.

Os materiais recuperados en Asturias foron trasladados en camión para ser entregado de volta ao seu lexítimo propietario. A investigación xudicial corre agora cargo dun xulgado de instrrución da Coruña.

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración co Concello, realizaron a colocación de dez novos ‘stolpersteine’ que lembran aos coruñeses nos campos de concentración nazis. Unha acción que ía celebrarse co gallo do Día Internacional en Recordo das Vítimas do Holocausto a finais de xaneiro pero que tivo que ser adiada polos temporais.

A comitiva histórica fixo a primeira instalación e acto central na praza do Tebeo, coa colocación desta pedra dourada en lembranza de Víctor San Miguel Prado ante o número 134 da avenida Fernández Latorre.

colocación dos ‘stolpersteine’ victor san miguel prado 2

Tamén se instalaron as lastras de Víctor Manuel Conde Núñez, no número 5 da rúa Cabana; de Martín Ferreiro Álvarez, no número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela; e de Adolfo Bregua Mouriño, no número 98 da avenida dos Mallos.

Ademais, este martes 11 ás 11.00 horas inaugurarase a lastra a José Albedro Villaverde, no paseo das Pontes, e o luns 24 ás 11.00 horas será a quenda da de Clemente Juan de la Cruz García, en Zalaeta. Tamén contarán coas súas Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente.

Os homenaxeados

A comitiva ten previsto instalar unha lousa na praza do Tebeo, en lembranza de Víctor San Miguel Prado ante o número 134 da avenida Fernández Latorre. San Miguel, nado en 1914 en León, viviu dende neno na cidade. Foi ferroviario de profesión, e foi deportado a Mauthausen trala guerra. Estivo máis dun ano nos campos de concentración antes de seren asesinado en Gusen en 1942.

Victor Manuel Conde Nunez
Unha foto de Victor Manuel Conde Núñez

En 4 Camiños toca instalar unha lousa no número 5 da rúa Cabana, en memoria de Víctor Manuel Conde Núñez (Coruña, 1903). Malia estar casado e con 3 fillos, tivo que escapar dos fascistas a Francia, pero foi atrapado e deportado a Mauthausen, onde sobreviviu ata a súa luberación en 1945, conseguindo volver á súa querida cidade herculina.

Tamén, número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela, instalarase unha stolperstein en memoria de Martín Ferreiro Álvarez, e no número 98 da avenida dos Mallos facendo o propio para lembrar a Adolfo Bregua Mouriño (Coruña, 1906), que escapando dunha morte segura acabo deportado en Mauthausen, onde conseguiu traballar na cociña pola súa habilidade co balón, evitando así o traballo de canteira. Foi liberado en 1945.

Entre o mércores 29 e o venres 31 a ARMH instalará as lastras de Clemente Juan de la Cruz García e José Albedro Villaverde, en Zalaeta e o paseo de Rolda. Tamén contarán coas súas Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente.
Enrique Tallón Charlón (Coruña, 1912), sobreviviu á Guerra Civil pero deportado ao subcampo de concentración de Gusen onde morreu en 1941, malia que a familia non soubo do seu pasamento ata anos máis tarde ao recibir a notificación de defunción no seu domicilio de Barcelona.
Pola súa parte, Francisco Tallón Charlón (Coruña, 1916), foi protagonista dunha historia de resistencia, sobrevivindo á Guerra Civil, aos campos e ao campo de exterminio nazi de Mauthausen, ata ser liberado en 1945.

Máis novas

A ARMH celebra o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto con 10 “stolperstein” e varios actos

Un novo ‘stolpersteine’ na rúa Padre Feijóo para lembrar Juan González del Valle

A Coruña, a primeira cidade galega en homenaxear ás vítimas dos campos de concentración nazi

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

0

Despois do éxito do festival polo Día dos Medios en Galego celebrada no Playa Club, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), no marco do XI aniversario do Día dos Medios en Galego (o 7 de febreiro coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876) vén de presentar a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego.

Trátase dunn recurso educativo que busca achegar ao alumnado do ensino secundario a realidade do xornalismo na nosa lingua.

A guía, elaborada por Mazarelos SCG, Miguel Rodríguez e Brais Ferreiro, e enmarcada dentro do décimoprimeiro aniversario de AMEGA, estrutúrase en diversas propostas didácticas que combinan o coñecemento histórico cos desafíos actuais da comunicación en galego. A súa metodoloxía fomenta o pensamento crítico do alumnado e promove o uso dos medios en galego como ferramenta transversal na educación.

O material será traballado en centros de diferentes localidades, como o IES Punta Candieira (Cedeira), o IES de Cacheiras (Teo) e o CPI Virxe da Cela (Monfero), permitindo que o alumnado coñeza desde a historia dos primeiros xornais en galego ata a situación actual da prensa, radio, televisión e medios dixitais.

A publicación, realizada coa colaboración da Deputación da Coruña, será impartida en diversos centros educativos da provincia e xa pode ser descargada en www.mediosengalego.gal/guiadidactica.

Guia Didactica Medios en Galegp
Imaxe dunha parte da guía

Máis novas

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Arrincou a nova edicion do Proxecto Entre Crebas este pasado 5 de febreiro. Esta iniciativa da Asociación Mar de Fábula en colaboración co Centro de Insercio Social da cidade, convirte ás persoas privadas de liberdade que superan o último treito da súa condena en réxime de semiliberdade, en auténticos salvadores do noso planeta.

Xa o ano pasado realizaron 12 limpezas no areal da Torre, convertíndose nunha acción de inserción social magnífica, dando un sentido de utilidade as súas accións, e servido de fiestra aberta á volver, con confianza, á sociedade.

Este 2025, o proxecto liderado polo gran Xosé Manuel Barros, quere ensinarse máis, quere invitar á sociedade a participar e a colaborar coas persoas internas a traballar man a man.

E para iso,  escolleu a praia de Santo Amaro para realizar as limpezas de lixo plástico. “Este areal é diferente, un espazo urbano, aberto, onde o noso traballo de limpeza de lixo mariño vai ter unha visibilidade que antes non tíñamos”, explica Barros, que recoñece que por mor dos temporais tiveron que adiar a primeira acción a febreiro.

Proxecto Entre Crebas en Santo Amaro 2

Foi a primeira limpeza, con 18 persoas do CIS e dous membros de Mar de Fábula, que en apenas unha hora colleitaron 573 residuos (11 anacos de nasas, 86 cordas e cordeis, 72 tapóns, 175 Anacos plástico+/- 2,5 cm, 8 Paos plásticos de batea, 95 anacos poliestireno, 41 cabichas, 80 bastonciños aalgodón e 5 aplicadores de tampóns).

Agora, ao longo do ano, irán analizando e avaliando as caracteríticas do areal, ademais de concienciarse, e concienciar, da necesidade de coidar o noso medio natural

Máis novas do proxecto

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

Arrincaron as obras da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón

¡Arrincaron esta mañá os traballos da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón afectado polo futuro Plan Urbanístico do parque de Oza. Os traballos, autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia e contratados pola Xunta de Compensación Parque de Oza (formada polos propietarios dos terreos, a Fundación Juana de Vega e a Sareb),forman parte dun proxecto pendente da aprobación definitiva do convenio do Plan Urbanístico Especial. Un Plan que a día e hoxe, aseguran, conta cunha zona verde nese espazo.

Os traballos, que durarán 10 días máis e están dirixidos polo arqueólogo Emilio Ramil González, intentarán determinar a extensión ou o interese dos restos en aras á súa conservación.
Cómpre lembrar que foi en 2014, durante a execución das obras de apertura das rúas Casanova de Eirís e Avenida da Concordia, no barrio coruñés de Oza-Castrillón, cando se acharon os restos do que parecía unha estrutura habitacional, uns ocos que suxerían o posible asentamento de postes de madeira. Tamén se acharon outros materiais arqueolóxicos. Iso derivou na inclusión deste xacemento no Plan Básico Autonómico.

A Xunta de Compensación pide á veciñanza que retire os peches

plásticos y cercas no Castrillon na zona do xacemento

A Xunta de Compensación colocou hai un mes uns carteis informativos informando do comezo das obras, e pide á veciñanza que retiren das leiras os peches, plásticos… para desenvolver as obras.
“O obxectivo, alertar aos particulares que, en precario, viñeron usando partes desa leira para sementar, co fin de que puidesen retirarse antes de que dese comezo o operativo de hoxe”, explican dende a Xunta.

Con todo, a veciñanza non está de todo satisfeita co movemento. A Asociación de Vecinos Castrillón-Urbanización Soto IAR, coñecedora da prospección, sinala que só foi informada do comezo das obras polo cartel. Así, mesmo a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros, lembran que xa presentaron alegacións ao convenio urbanístico, pedindo recuperar toda a zona verde que contemplaba o PXOM para a zona M6, respectando, por suposto os restos arqueolóxicos, a ampliación do Parque de Oza aumentando espazos verdes nas zonas M1 e M5, o que provocaría a redución e edificabilidade do plan urbanístico.

Máis novas

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas