Inicio Blog Páxina 281

Diego Veiga: “O Mareira Fest enche ese oco que quedou orfo coa desaparición dos centros sociais autoxestionados”

0
  • As entradas están á venda por 30 € na plataforma entradium.com.

— — —

Este sábado 26 de abril, de 16:00h á madrugada, a música máis metaleira zumbará na Sala Pantalán (en Oza). O festival Mareira Fest, un evento 100% independente e autoxestionado promovido polo Colectivo Mareira (con Juan da Malte e Alberto Castaño á cabeza) e apoiado por Cervezas Alhambra, acolle a súa nova edición chea de Post-rock, post-metal, industrial o electrónica experimental.

As protagonistas serán bandas herculinas como Moura, Al final solo habrá cenizas, ademais de Arden Lux, Black & Blue, Black Pyramid, Death Whistle, Fouce, Lys Morke, Maquina, Santacreu, Unamoto e Viernes y Furia, que se amoldaron perfectamente ao obrigado cambio de ubicación provocado polo peche do Studio Follow, cando o ano pasado ademais foi na Fundación Luís Seoane.

Para ir quecendo motores, queremos falar cunha das facianas máis coñecidas do panorama musiqueiro da cidade, Diego Veiga. Guitarra, harmónica e unha das voces da banda Moura, cóntanos como ve o festi.

 

– Como é o estado de forma de Moura? Como chegades a este Mareira Fest?

Pois ben, con moitas gañas, porque estivemos o ano pasado algo parados, por varios motivos persoais, como que eu abrín un novo proxecto emrpesarial abrindo de novo o Ummaguma; Belém estaba con disco novo… e retomamos hai pouco. A semana pasada xa estivemos en Gernika, e temos moitas gañas de xogar na casa, e máis nun festi coma este organizado por dous amigos que poñen moita ilusión en todo oq que fan, estando nun evento rodeado de bandas moi guais, con moitos amigos… e nun festi cun cariz que se centra en propostas máis undergrounds, que é de onde vimos e onde mellor nos movemos.

– Ostras, e como vai o novo Ummagumma?

Pois moi contento. É outro Ummagumma, sen cociña, noutro barrio, outro concepto, pero que vai pouco a pouco. Estamos no mítico local da Gata, en Azcárraga, e xa sabes que na Coruña a novedade lévase moito, pero o importante é manterse. A intención é tirar máis polo día, pola veciñanza pero tamén pola idade, que un vai peiteando canas… jajja. Domingos de vermú hai, pero tamén pouco de nocturnidade, claro.

– Xa sobre o festi. Como valorades o traballo dos directores Juan da Malte e Alberto Castaño?

Juan é dos meus mellores amigos, e Alberto é outro gran amigo, pero que só hai que ver toda a actividade que desenvolven na cidade, Juan non só como hostalerio, senón en moitas outras cousas. Todo o que fan fano dende o amor, cariño, esforzo… coidando moito os detalles, e por iso cando nos chamaron non o dubidamos, aí sempre nos atoparán.

Nesta edición, creo que arriscaron máis coa programación, sempre arriscan, pero nesta hai distintas propostas, como a electronica de Whistel, ou os Maquina… hai cousas moi interesantes pero menos visibles. Outro pasiño máis para eles.

Juan da Malte e Alberto Castano co cartel do Mareira Fest 2025
Juan da Malte e Alberto Castano co cartel do Mareira Fest 2025

– Ides como banda pero tamén como público?

Isto é o mellor deste tipo de festivais, nas citas máis undergrounds sempre hai propostas que nos molan ou que non coñeces e descobres, e o mellor que nos pode pasar é poder disfrutalas en comunidade.

– Xa tocastes en 2018 e din por aí que foi un “bolazo”, non?

Pois foi na Sala Túnel, coa antiga formación de Moura, aínda sen Belem, aínda sen o primeiro disco editado, que saíu en 2020. Agora, con moitas gañas de repetir, de demostrar como evolucionou a nosa proposta tanto a nivel musical como artística.

– Que importancia ten este festival para o panorama máis metaleiro do país?

Dende que desapareceron a Casa Tomada, as Atochas, ese rollo máis autoxestionado da cidade, sen desestimar o traballo das salas que seguen ao é do cañón e outros centros autoxestionados coma Acéfala, Gomes Gaioso, A Revolteira que aínda resisten e programan a pesar da proliferación de megafestivais, o que chaman experiencias (lamentabla ver a maquillaxe do concepto cultura como ocio capitalista), o Mareira enche ese pequeno oco que quedou orfo coa desaparición de todo ese entramado. Desexar que “contra vento e mareira”, como din eles, sigan pelexando… É impagable o seu esforzo.

– Como credes que vai quedar o festi na nova ubicación na Sala Pantalán (o ano pasado foi na Fundación Luís Seoane?

Non dubido de que todo o que se está facendo para sacalo adiante, estamos a fuego co festival.  Cando alguén pon tanto amor, e esforzo, o nivel de implicación de todas as bandas para que todo saia ben vai estar aí. Co cambio de Sala, case que a 10 días vista.

– E que vos parece a creación do Fumega Fest de Betanzos?

Paréceme que canto máis propostas e festivais deste cariz máis underground, mellor, porque dá pé a descubrir novas bandas, a darlle visibillidade a espazos menos habituais. Creo que estes festivais autoxestionados, enchen eses ocos de bandas e sons que non teñen cabida noutros eventos, a pesar de que sempre hai público para elas, e que non teñen a visibilidade que se merecen.

Máis info e horarios

A edición máis ambiciosa do Mareira Fest celebrarase o 26 de abril na Sala Pantalán

O Fumega Festa lanza o seu cartel

O TSXG usa un auto do TS sobre a “alta concentración de parques eólicos” para anular un entre Arteixo, Culleredo e A Laracha

O Parque Eólico de Carboeiro, promovido por Green Capital Development, pretendía instalar 8 aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia unitaria e de case 250 metros de altura (como a Torre Foster, un dos 4 rañaceos de Madrid, que pasa por ser o edificio máis alto de España con 49 plantas).

Pero o proxecto atopouse de contado coa oposición da cidadanía e mesmo dos propios Concellos da Laracha e Arteixo, que uniron forzas para presentar alegacións conxuntas ata o punto de que a Xunta suspendía cautelarmente o proxecto.

Un proxecto que vén de recibir outro revés, neste caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que vén de suspender a autorización previa e de construción outorgada pola Xunta para o devandito parque. Faino despois do recurso da Asociación Petón do Lobo.

O máis salientable, é que o TSXG argumenta a súa decisión nunha recente paralización por parte do Tribunal Supremo –do 2 de abril de 2025– do parque eólico Moeche, nese caso de tramitación estatal por ser de máis de 50 megawatts, o cal se baseaba na falta de análise do impacto dunha “alta concentración de parques eólicos”. Cabe interpor recurso de reposición.

Ademais, o auto recoñece a afectación a diferentes s recursos patrimoniais e naturais que se atopan na contorna que poderían afecta o éolico. Entre outros, refírese a que a menos de 50 metros está o xacemento arqueolóxico Mámoa do Carboeiro ou da Pedra da Auga, ademais de atoparse a uns 60 metros do Castro de Santa Localia e a menos de 300 metros do xacemento Pedrafita dous Montes de Santa Leocadia/Pedra dous Rizos.

Tamén se remarca que se localiza nunha “zona de máxima sensibilidade ambiental”, non recomendada para a instalación de enerxía eólica, segundo a zonificación ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica. E apúntase que “afecta de forma severa e irreversible á paisaxe, aos núcleos de poboación, ás vivendas de familias, descontextualizando o patrimonio cultural”.

PRETO DE 70 PARALIZACIÓNS

O alto tribunal galego emitiu un total de 169 autos relativos a peticións de suspensións cautelares de autorizacións de 71 parques, das cales estimou 67 e desestimou 4.

O programa de CUAC “Recendo” cumple 500 programas espallando a cultura galega

0

500 programas, como tamén cumpliu o Ábrete de Orellas de Pepe Cunha, suma xa “Recendo“, o programa adicado á Cultura galega realizado por voluntarias e voluntarios da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e emitido na radio comunitaria da Coruña CUAC FM.

Este pasado martes chegaba á simbólica cifra nas ondas da 103.4 da Coruña e pola rede, despois de máis de 15 anos en marcha. Dende aquel martes 6 de outubro de 2009 e, á execpción da pandamia, os diferentes esquipos do programa levan espallando a nosa tradición, a través de entrevistas a persoas e asociacións galegas, axenda cultural, poesía e seccións de teatro, literatura, feminismo… 

Naquel primeiro programa estiveron Amancio Sotillo (locución), Carmela Garrido (locución), Fina Bastón (técnica) e Roberto Catoira (técnico) pero na actualidade polo equipo de ‘Recendo’ xa pasaron unhas 27 persoas.

Polos micros de ‘Recendo’ pasaron centos de convidados e convidadas. Algunhas, persoas  tan coñecidas como Xabier Díaz (Berrogüetto), Xurxo Souto, Xosé Luís Méndez Ferrín (especial dende a Real Academia Galega, en 2011), Mercedes Queixas, Xabier Docampo, Manel Cráneo, Miguel Pernas, Yolanda Castaño, Isabel Risco, Migueanxo Prado, Tanxugueiras, Quico Cadaval, Antonio Durán “Morris”, Cristina Pato, Mabel Rivera…

‘Recendo’ é un programa que ten como eixo a difusión da cultura e lingua galega así como os temas da interese para o noso País. Estes son os nomes das persoas que o fan ou o fixeron posible o programa: Roberto Catoira, Amancio Sotillo, Carmela Garrido, Fina Bastón, Alex Sanjurjo, Brais Morán, Maruxa Mascuñana, Nuria Seoane, Patricia Precedo, Xavier Villarrenaga, Javier Pereira, Luis Sanjurjo, Irwin Varela, Guadalupe Neira, Gema Millán, Sara Calderón, Lucía Papaleo, Marta López, Uxía Vázquez, Antonio Brea, Manu Castiñeira, Miguel Anxo Facal, Chechu Seoane, María Núñez Veiga, Diana López, Naza Roca, Alberto Cardezo.

Escoita ‘Recendo’ en directo os martes ás 7 da tarde en CUAC FM ou cando queiras o podcast ou revisar todo o histórico de episodios no seu blog.

Máis novas da CUAC

CUAC FM renova a súa web e emite o primeiro boletín realizado totalmente con IA na radio española

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

CUAC FM renova a súa directiva e prepara CUAC TV para celebrar o seu 29 aniversario

CUAC FM estrea temporada con máis de 100 voluntari@s e as portas abertas

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

O TSXG rebaixa a pena de cárcere a un coruñés acusado de acosar e agredir sexualmente á súa exparella

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixou a pena de cárcere imposta pola sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña de oito a dous anos e medio a un home por agredir sexualmente á súa exparella, e nai do seu fillo, e ratifica o pago de 15.120 euros á vítima. En canto ao delito de acoso, confirma a condena dun ano e un mes de prisión. Segundo se recolle na sentenza, o home mantivo unha relación sentimental coa denunciante, coa que tivo un fillo do que a nai ten a garda e custodia tras a separación.

Co fin de salvagardar os intereses do menor, a vítima quería manter contacto co acusado, situación que este aproveitou para acosala con chamadas e mensaxes nas redes sociais e para merodear polos arredores do seu domicilio co fin de propiciar que retomasen a relación sentimental. Un día, co pretexto de darlle á denunciante un agasallo de aniversario para o seu fillo, foron ao domicilio do procesado e este achegouse a ela por detrás, abrazouna e quitoulle o suxeitador sen o seu consentimento.

Os maxistrados consideran acreditado, a través das declaracións da vítima e dos razoamentos da Audiencia, o delito de agresión sexual, en canto ao abrazo e á privación do suxeitador, pero destacan que non consta que o investigado “chegase a ter acceso carnal” coa denunciante, polo que estiman en parte o recurso de apelación presentado pola defensa do procesado, e rebaixan a pena imposta. Por outra banda, indican na sentenza que a condena polo delito de acoso é “axustada á intensidade e reiteración dos feitos na súa pretensión por tentar retomar a relación truncada”.

Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?

As rúas do centro esta mañá estaban ateigadas. Máis de 14.000 turistas procedentes de 5 cruceiros agolpábanse entre as terrazas da Marina e da Praza da María Pita, percorrían o paseo marítimo ou ocupaban un espazo sempre inhóspito como o Rosal dos Xardíns de Méndez Núñez. A Autoridade Portuaria preparaba o tetris para a primeira escala quíntupla en toda a traxectoria da cidade e a segunda maior en número de visitantes da historia da cidade.

Ben preto pol mañá, o MSC Poesía, procedente de Leixoes con máis de 3.000 pasaxeiros, atracaba no peirao de San Diego, debaixo dos Castros. O peirao de Calvo Sotelo acollía doble visita, polo lado norte o Almera (con 835 pasaxeiros, procedente das Azores e que sae ás 15:00 camiño de Honfleur, na Bretaña Francesa), e polo sur o P6O Cruises (con 3.200 pasaxeiros, procedente de Southampton e de camiño a partir das 17:00h a Madeira).

Tamén a primeira hora da mañá, no peirao Centenario Oeste atracaba o Balmoral (de 1.400 pasaxeiros, procedente de Madeira e camiño de Southamptom dende as 13:30h).

Por último arredor das 12:30h, facía entrada no peirao de Trasaltánticos (o do Palexco) o Celebrity Apex, procedente de Southampton e camiño das Azorez, con máis de 3.2000 pasaxeiros a bordo, que pasarán o día ata as 22:00h da noite.

4 dos 5 cruceiros no porto da Coruna

Esta é só unha das xornadas desta semana, nos que a cidade recibe 13 embarcacións deste calado e uns 40.000 visitantes.

Unhas cifras que fan repensar o modelo turístico que quere ter a cidade.

Cartos, modelo ou medioambiente

Por un lado sempre está o argumento dos cartos. E de seguro que os establecimentos hostaleiros e comercios da zona do Obelisco, María Pita, Marina, e algo os da Cidade Vella (esta mañá non é que houbese moito movemento polo casco vello arredor das 13:00) estarán encantados coa chegada destes cruceiros, pero a realidade é que a meirande parte da cidade non se beneficia deste turismo.

Os informes medios a nivel estatal tasan o gasto medio dun crucerista ao día entre 40 e 60€ (certo é que apenas pasan 8 horas na cidade), polo que un día como o de hoxe, con máis de 14.000 visitantes, se poderían chegar a deixar na cidade entre medio e un millón de euros. Uns cartos, en calquera caso, moi concentrados.

Pero tamén hai moitos argumentos polo lado da masificación turística e o modelo turístico que quere seguir a cidade, e sobre o impacto ao medioambiente.

Neste eido, Xosé Manuel Barros, da respectada Asoc. Mar de Fábula, define a situación vivida hoxe como “unha bacanal da contaminación”. Barros, que xa ten enviado unha carta directa ao goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros, e mesmo ten denunciado a descarga das augas residuais no Corredor Marítimo de Fisterra, a menos de 20 millas da nosa costa como teñen corroborado atopando varios elementos nunha limpeza realizada este inverno nun areal de Ferrol, explica o seu argumentario.

Cruceiro na Coruna

”Zona de baixas emisións?”

Barros pon o foco na contaminación aérea que se xenera nun día coma este, porque “ao non haber conexión eléctrica, os 5 cruceiros necesitan manter os seus motores prendidos, emitindo dióxido de carbono, óxido de sofre, óxido de nitróxeno, e partículas contaminantes… Coa paradoxa de ademais están atracados nunha Zona de Baixas Emisións instalada polo propio Concello”, apunta. Matiza que a Autoridade Portuaria ten como obxectivo esa conexión eléctrica, pero a complexidade da afronta demóstrase en que portos como o de Barcelona non a teñen aídna desenvolvida.

Para Barros, o “beneficio económico é unha falacia”, entendendo que xa teñen a comida pagada no propio barco, e que os cruceristas se dedican a “dar paseos e tomar algún café e algunha cervexa”.

Critica tamén a “turistificación” do centro da cidade, e lembra que “xa son moitos os portos europeos que poñen límites ao atraque ce cruceiros, por razóns de agobio, ou criterios medioambientais”, e lamenta que nesta cidade, “nun derroche de tercermundismo e paletada, abramos as portas a esta clase de turismo. É unha brutalidade”.

Máis novas

O porto da Coruña recibiu este martes a cinco cruceiros e 14.500 persoas

O porto da Coruña, na orixe da industria turística dos cruceiros a nivel mundial

Os cruceiros teñen permiso para descargar as súas augas residuais no Corredor Marítimo de Fisterra

A turistificación dos Espazos

Carta aberta ao novo goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros no porto da Coruña

A esfera panorámica dun dos cruceiros máis grandes do mundo sorprende na Coruña

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

0

As traballadoras das residencias privadas de todo o país están secundando este martes a segunda das catro xornadas de folga convocadas pola CIG en demanda dun convenio colectivo digno e salarios xustos. Na cidade, a pesar dos servizos mínimos “abusivos”, fixérono cun parón ao mediodía, as profesionais da residencia de Padre Rubinos, así como as da residencia domusVi de Arteixo.

Traballadoras da residencia de Arteixo
Traballadoras da residencia de Arteixo

Durante as concentracións, denuncian unha marea de problemáticas que afectan ás traballadoras: “sobrecarga de traballo, asunción de tarefas que non corresponden, falta de tempo suficiente para atender as persoas usuarias, salarios de miseria e unhas ratios obsoletas”.

O secretario de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Adolfo Naya, facía unha valoración moi positiva da participación nesta xornada de folga “tendo en conta as dificultades que existen polos abusivos servizos mínimos”. A este respecto, avanzou que o sindicato está valorando denunciar a varias empresas do sector que comunicaron os servizos mínimos con posterioridade ao inicio da folga ao entender “que isto constitúe unha vulneración do dereito á folga e non o imos consentir”.

Reiterou as críticas á falta de vontade negociadora da patronal, que mantén paralizadas as negociacións dende o pasado mes de outubro, condenando así o persoal a seguir perdendo poder adquisitivo e a unhas táboas salariais que, nas categorías máis baixas, xa quedaron por debaixo do SMI.

As traballadoras acodirán á manifestación nacional convocada para este sábado, 26 de abril, con saída ás 11h da Alameda de Santiago de Compostela.

 

Máis novas

Traballadoras de residencias privadas realizarán protestas na Coruña antes da folga do 10 e 22 de abril

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

Os maiores de Arteixo mobilizáronse pola situación de urxencia dos SAF

Persoal das auxiliares de Inditex mobilízase por unhas condicións salariais dignas

O persoal do concesionario de Volkswagen Yáñez vai á folga

0

O cadro de persoal do grupo Yáñez secundou unas mobilizacións este martes ante a “insostible situación laboral que afecta aos centros de traballo” que a empresa ten en Ferrol, Coruña e Compostela. As mobilizacións coincidiron coa primeira xornada de folga convocada pola CIG para exixir respostas ás demandas de información do persoal sobre o seu futuro.

No concesionario de Volskwagen da Grela, os traballadores sacaron á rúa un cadaleito deixando entrever que estamos ante a morte da marca, e denunciando que tanto clientes como traballadores “estamos esqeucidos”.

Segundo explicou o delegado da CIG na carrocería da Coruña, Jesús Rodríguez, a crise agravouse nos últimos meses con “atrasos salariais, condicións laborais precarias e unha grave falta de subministros que impide ao persoal desempeñar as súas funcións”.

O cadro de persoal, composto por aproximadamente 120 traballadores e traballadoras leva desde setembro de 2024 reclamando á empresa o pagamento puntual dos salarios, que se realizaba fóra dos prazos establecidos no convenio laboral, con datas incertas, o que obrigaba ao persoal a contactar constantemente coa dirección.

Ademais, a falta de pezas e materiais (pintura ou recambios) é outro problema crítico, que imposibilita a reparación de vehículos e a atención aos clientes. Unha carencia que tamén afecta aos departamentos de vendas e recepción, que non dispoñen de coches en exposición nin poden xestionar adecuadamente as demandas.

Preconcurso de acredores

Actualmente, a empresa atópase nun preconcurso de acredores, cun prazo que remata o 8 de xuño de 2025, segundo a última información trasladada. Así as cousas, o único que sabe o persoal é que “todo segue igual” sen propostas concretas, xa que a desaparición do director xerente, único interlocutor co persoal, provocaron unha grave falta de comunicación que deixaron ao persoal nun “limbo informativo”.

A chegada dun administrador concursal, sen previo aviso, confirmou a gravidade da crise, que a CIG vincula a malas decisións de investimento. “A nós cando nos mercaron, en 2019, (en referencia á adquisición do centro da Coruña) había un proxecto ilusionante e así se nos trasladou nas xuntanzas que mantivemos coa dirección da empresa e fomos avanzando”, indica Rodríguez.

Ante esta situación, a CIG exixe que a dirección ou o administrador concursal presenten solucións urxentes para reverter a situación, xa sexa mediante un plan de viabilidade ou, de ser necesario, unha resolución ordenada do posible peche. Entre as poucas propostas recibidas, mencionouse unha posible redución do 50% do cadro de persoal, o que consideran inaceptable sen un diálogo previo.

 

Máis novas

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

Inés Rey acusa á Xunta de querer “torpedear” medidas a prol da vivenda na Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, acusou á Xunta de “torpedear” a petición da cidade como mercado tensionado, no marco das medidas para facilitar o acceso á vivenda, por “cuestión ideolóxica”. A preguntas dos xornalistas, manifestou que ao consistorio non chegou “oficialmente” ningún requirimento, despois de que a Consellería de Vivenda asegurase que se lle reclamou “información completa e máis concreción” ao considerar, ademais, que na documentación remitida hai que corrixir “erros de vulto”.

“Non sabemos se o que lle falta son os datos que teñen eles ou cal é o motivo, coñecemos esa decisión a través da prensa”, reprochou a rexedora para quen iso evidencia ausencia de “lealdade institucional”. Ao seu xuízo, o que demostra é que hai “vontade inequívoca de torpedear calquera medida de apoio á política de vivenda que se faga desde os concellos”, apostilou para incidir, en concreto, nas que promova A Coruña. Para a rexedora, á Xunta “non lle preocupa” o tema da vivenda, unha cuestión que, recalcou, “debería estar á marxe de loitas partidistas”.

COOPERATIVAS ESCOLARES

Por outra banda, a alcaldesa entregou as licenzas de venda a 16 cooperativas escolares que participarán o 24 de maio no mercado do proxecto ‘Semente’. ste programa municipal conseguiu este ano unha elevada participación con case un centenar de alumnos de centros educativos da cidade.

O mesmo ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor, a cooperación e a economía social entre o alumnado de Primaria dos centros educativos da cidade. Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, sinalou que “os nenos e nenas que participan neste programa verán recompensado todo o esforzo e ilusión posto durante todo o ano na creación dos seus propios proxectos emprendedores”.

Unha persoa atendida por inhalación de fume na Coruña tras un incendio que queimou a cociña da súa casa

0

Unha persoa tivo que ser atendida na Coruña por inhalación de fume tras un incendio que calcinou a cociña dunha vivenda, nun suceso ocorrido dez minutos despois do mediodía, segundo informou o servizo de emerxencias 112.

Varios particulares alertaron do lume e explicaron que había unha importante fumareda nas escaleiras do edificio, situado na rúa Mondoñedo.

Desde o 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros, Policía Nacional e Local. Os equipos de extinción apagaron o lume, que calcinou a cociña.

Pola súa banda, os servizos sanitarios atenderon a unha persoa no lugar dos feitos por inhalación de fume aínda que non tiveron que trasladar a ninguén.

Vivenda nega “obstáculos” na tramitación da Coruña como zona tensionada

A conselleira de Vivenda e Panificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, negou “ningún obstáculo” na tramitación da Coruña como zona de mercado residencial tensionado, explicando que se pediu máis documentación necesaria ao Concello.

Preguntada polo tema, tras críticas da alcaldesa coruñesa, Inés Rei, que acusou á Xunta de “torpedear” a solicitude da Coruña como zona tensionada, Allegue dixo que non se están tendo problemas, senón que se requiriu máis documentación ao goberno local.

Tal como explicou a conselleira, despois de que os técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo analizasen todos os papeis da solicitude “en 15 días”, agora requiriuse ao Concello máis documentación “adicional” e “aclaracións” por “erros documentais”.

A partir de aí, unha vez o Executivo autonómico teña esta nova documentación, seguirá coa tramitación, engadiu Allegue. “Non se trata de ningún obstáculo nin moitísimo menos, senón de que teñen que presentar a documentación que se corresponde coa normativa establecida”, sentenciou.