Inicio Blog Páxina 280

A Xunta calma a polémica e asegura esperar ao informe técnico para declarar A Coruña como mercado tensionado

Facíamos onte un repaso ás leas partidistas entre goberno local (PSOE) e Xunta (PP) arredor da calificación da Coruña como Zona de Mercado Tensionado de Aluguer. Esta mañá, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, rexeitou que exista “polémica” co goberno local da Coruña en relación á forma na que se lle notificou que debía facer “correccións” no documento sobre a petición de declaración da cidade como mercado tensionado.

A preguntas dos xornalistas, con motivo da súa asistencia ao comezo das obras de construción de vivendas de promoción pública en Xuxán, ratificou que “en principio parece” que a cidade “cumpre os requisitos” para a citada declaración, pero remitiuse ao que conclúan os técnicos unha vez que se envíen á Administración autonómica os aspectos requiridos.

“Os nosos técnicos traballan de forma áxil”, sentenciou sen concretar datas sobre cando podería tomar a Xunta a decisión. Mentres, sobre as declaracións da rexedora socialista, Inés Rey, criticando a actuación da Consellería en relación á forma en que se solicitaron os cambios — sostivo que o goberno local decatouse primeiro pola prensa — defendeu o labor do departamento autonómico.

Respecto diso, reiterou que a Xunta considera que este tipo de declaracións de mercado tensionado son unha “medida intervencionista, que limita o mercado do aluguer”, pero engadiu que no caso dos concellos que o soliciten e “cumprimenten o que está establecido” declararase como tal.

Á súa vez, o concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña, Francisco Dinis Díaz Galego, eludiu entrar “en polémicas” sobre cando se remitiu o documento solicitando correccións e limitou os requirimentos a cuestións de “mero trámite”. “Remitirémolo o máis axiña posible para que sexa declarado o máis axiña posible”, engadiu sobre a petición de mercado tensionado.

A declaración de zona tensionada volve tensar as relacións partidistas

Conformidade da Xunta ao proxecto do novo centro de saúde de Santa Lucía

A Xunta, a través do Sergas, trasladou ao Concello da Coruña a súa conformidade en relación ao proxecto de construción do novo centro de saúde de Santa Lucía.

A finais do ano pasado, o consistorio coruñés, sinala, remitiulle ao departamento sanitario o proxecto de construción desta nova infraestrutura sanitaria par a súa supervisión técnica.

“Xa que é necesario garantir que o proxecto se adapta á normativa sectorial vixente e ás necesidades propias da prestación sanitaria conforme ao recolleito no Plan funcional”, engade.

Apunta tamén “que a maior parte das lagoas técnicas detectadas durante a fase de supervisión do proxecto foron resoltas e outras, de menor calado, pódense liquidar en fase de execución das obras” polo que se emitiu o informe favorable.

Esperemos que sexa un paso adiante para un proxecto necesario, nun espazo que sofre décadas de abandono, e cuio proxecto inicial xa foi seleccionado en maio de 2023.

Máis novas do proxecto

A Xunta comprométese con veciños da Falperra a axilizar o centro de saúde de Santa Lucía

Seleccionado o estudo que dirixirá a obra do centro de Santa Lucía na Coruña de entre 14 obras presentadas

 

 

Olladas doutro tempo: Santa Lucía

Poxa do antigo edificio da Politécnica de Ferrol da UDC, en Serantes, por 7,5 millóns

A Universidade da Coruña (UDC) anunciou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dunha poxa pública para a venda do emblemático edificio da antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, situada en Serantes, cun prezo de saída de 7.492.822,55 euros.

A poxa terá lugar o 10 de xuño no Reitorado da UDC na Coruña, e os interesados poderán presentar ofertas ata o 23 de maio.

O inmoble, situado na avenida 19 de Febreiro, ocupa unha parcela de 10.733 metros cadrados e conta cunha superficie construída de 6.898, repartidos en soto e tres plantas.

Para participar, os ofertantes deberán depositar unha garantía do 20% (1.498.564,51 euros) e as empresas ou particulares interesados poderán solicitar visitas ao inmoble ata o 15 de maio.

A antiga Politécnica de Ferrol foi un centro formativo clave na cidade antes do seu peche. A súa venda enmárcase na reorganización de infraestruturas da UDC, sendo unhas instalacións que levan anos pechadas e sen ningún tipo de actividade. Chegouse a rumorear que podería acoller unha residencia de universitarios e mesmo de persoas maiores.

A quinta edición do Encontro Mundial de Humorismo na Coruña comeza co 96% das entradas vendidas

A quinta edición do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) comeza este xoves, día 24, na Coruña con once xornadas e o cartel “máis internacional ata o momento”, segundo informa a organización.

Loito Mellera, Luís Piedrahita, Henar Álvarez, Javier Veiga, Marta Hazas, Hovik, Ricardo Moya, Galder Varas, Faemino e Canso, Carlos Ballarta, A Ruína, Franco Escamilla, Carlos Branco, Goyo Jiménez, Marta González de Veiga, Touriñán, Álex Clavero, Ana Morgade e JJ Vaqueiro forman parte deste evento que arrinca “co 96% das súas butacas vendidas”.

No entanto, o público poderá gozar das actividades paralelas gratuítas que se ofrecerán na sede Afundación os días 26, 28, 29 e 30 de abril.

Doutra banda, Eva Hache, Franco Escamilla e Marta González de Veiga recollerán os Premios EMHU 2025 pola súa contribución á difusión do humorismo. Será o domingo, día 4, no Teatro Colón, no marco da gala de despedida Fantastic Colofon.

Ademais, este festival de artes contará cunha mesa redonda — o venres 2, tamén no Teatro Colón — na que os divulgadores científicos en fala hispana Javier Santaolalla, José Luís Crespo (Quantum Fracture) e Rocío Vidal (A gata de Schrödinger) analizarán o fenómeno da risa.

EMHU Coruna presentacion
Fotos: Leo López

A programación de espectáculos do EMHU completarase cunha serie de actividades paralelas dirixidas a públicos de todas as idades. Entre elas inclúese a exposición ao aire libre ‘Guonderful Forges. Os anos da esperanza’, iniciativa que percorre a obra de Antonio Fraguas, ‘Forges’, durante a época da Transición. A mostra pódese visitar no Cantón Grande coruñés ata o 4 de maio.

Todo o programa en emhu.es.

O fotógrafo David Bailey, epicentro da quinta mostra da Fundación Marta Ortega

0

A Fundación Marta Ortega (Fundación MOP) traerá este verán unha nova exposición fotográfica á Coruña, unha mostra que aborda o traballo do fotógrafo David Bailey. Nun comunicado, destacan que Bailey é un dos fotógrafos de moda e retrato máis destacados do mundo. “Ningún outro fixo máis que el para definir a revolución creativa e cultural que deu impulso á vibrante escena londiniense dos anos 60. Non só capturou ás estrelas da época co seu cámara, senón que el mesmo foi unha delas”, remarcan.

A nova exposición inaugúrase o 28 de xuño de 2025 no seu espazo do Peirao de Batería da Coruña e contará con máis de 140 fotografías — algunhas delas inéditas — e permanecerá aberta ao público ata o 14 de setembro. ‘David Bailey’s Changing Fashion’ é a quinta mostra da serie de exposicións que se iniciou en 2021 coa retrospectiva do fotógrafo Peter Lindbergh.

“David Bailey é sen dúbida dono dunha linguaxe visual absolutamente propio. Desde os seus inicios foi coherente coa súa propia visión, rompendo as regras da moda e a fotografía e creando outras novas. Ninguén se moveu con maior soltura polos mundos da música, a moda e o estilo dos anos 60″, apuntou a propia Marta Ortega.

A mostra arrinca cunha secuencia de fotos de Jean Shrimpton (cuxo traballo como modelo para Bailey a catapultou á fama) e presta especial atención a David Bailey’s box of pin-ups. Este portfolio de 1965 inclúe a 36 membros da escena londiniense, desde Mick Jagger a Rudolf Nuréyev, Shrimpton, Michael Caine, Cecil Beaton e, non sen controversia na época, aos coñecidos gánsteres Ronnie e Reggie Kray, todos eles membros do círculo de Bailey.

Tamén se ofrecerá aos visitantes unha curtametraxe especificamente realizada para a ocasión que reinterpreta a box of pin-ups do artista e unha publicación gratuíta inspirada en Ritz, a revista de celebridades, moda e murmuracións que Bailey fundou con David Litchfield en 1976.

PROGRAMA FUTURE STORIES

Antes da inauguración da gran exposición de David Bailey, entre o 20 de maio e o 17 de xuño, o Centro MOP (concretamente, o Silo) acollerá a exposición colectiva Future Stories coas obras de catro novos fotógrafos galegos: Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos.

Durante tres meses, estes recentemente titulados en Fotografía polas escolas de Arte e Superior de Deseño de Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense gozaron en Milán dun intenso programa académico con foco na fotografía de moda financiado pola Fundación MOP e deseñado pola prestixiosa Fondazione Sozzani, e desenvolveron os proxectos artísticos que se exporán agora.

Ademais, durante toda a tempada de verán, celebrarase a segunda edición de The MOP Talks, un ciclo de encontros abertos ao público con personalidades relevantes da cultura e a creación contemporáneas, e outras actividades das que se ofrecerá máis información proximamente.

A Casa Cornide xa leva 2 anos sen abrir as súas portas a pesar da súa declaración como BIC

Vai para 2 anos dende que a Xunta declarou a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC). Pero as portas do edificio seguen sen abrirse ao público a pesar da protección da Lei de Patrimonio Cultural.

A familia Franco ten a obriga de permitir o acceso ao interior do inmóbel un mínimo de 4 días ao mes e de forma gratuíta, pero a realidade é que estas visitas non se poden realizar.

Así o volve denunciar o BNG, que denuncia a “a complicidade e a pasividade da Xunta” e que vai levar a situación ao Parlamento galego. “Por que o PP leva dous anos permitindo que se incumpra a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza? Por que o PP tolera ese incumprimento á familia Franco?”, sinala Mercedes Queixas que formulará o seu grupo no Parlamento.

“Está claro que o PP ponse do lado da familia Franco en vez de defender o dereito cidadán a gozar do patrimonio galego”, denuncia Queixas.

“A pasividade e complicidade do PP son especialmente patentes se temos en conta, enfatiza a deputada nacionalista, que o Goberno galego mesmo ten ignorado as peticións cursadas pola Valedora do Pobo, institución que se interesou pola hipotética existencia de informes que xustificasen esta ilegalidade consentida”, denuncia Queixas que lembra a ridícula sanción de 3.000€ proposta pola Xunta.

 

Máis novas

A Casa Cornide segue sen cumprir coa apertura ao público polo menos 4 días ao mes

A Coruña sae a rúa para esixirlle aos Franco a devolución ao patrimonio galego da Casa Cornide

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

O Goberno local levará ao próximo pleno o procedemento para reclamar a titularidade da Casa Cornide

 

 

O BNG ve un “acordo tácito” entre o Concello da Coruña e Xunta para “desmantelar” o COF de Orillamar

0

Lonxe de solventarse, a situación do Centro de Orientación Familiar de Orillamar (COF) segue precarizándose. Así o denuncian hoxe as concelleiras do BNG no Concello da Coruña Avia Veira e Mercedes Queixas, que consideran que existe un “acordo tácito” entre o Concello da Coruña e a Xunta para “desmantelar” o pioneiro centro no coidado da saúde sexual e reprodutiva das mulleres na área sanitaria.

En declaracións aos medios de comunicación, ante o COF, tanto Veira como Queixas, tamén deputada nacionalista no Parlamento galego, basearon a súa denuncia no feito de que a Xunta, dixeron, “non cubra a praza de ginecología neste centro, vacante desde a xubilación do seu anterior titular”.

Ao goberno local, reprocháronlle que “non cubra as prazas de psicoloxía e persoal administrativo”. “E agora acaba de deixar sen cubrir o posto de traballadora social”, aseverou Avia Veira, que reclamou a reposición das prazas vacantes en relación a un centro xestionado conxuntamente por ambas as administracións.

Pola súa banda, Mercedes Queixas avanzou que volverá levar este asunto ao Parlamento galego ao considerar, ademais, que o COF é “un exemplo do abandono ao que o PP está a condenar á sanidade pública no noso país”.

Máis novas

Denuncian que o COF de Orillamar non pode nin atender o teléfono por falta de persoal

O COF de Orillamar deixa de prestar atención programada pola falta de persoal administrativo

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Sometida a información pública a autorización ambiental da planta de hidróxeno verde en Arteixo

A Consellería de Economía e Industria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da Secretaria Xeral de Industria polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental e o proxecto dunha planta de fabricación de hidróxeno verde en Arteixo.

Trátase dunha iniciativa promovida prol Accionaplug S.L. e que foi declarada como proxecto industrial estratéxico en setembro de 2024. En marzo deste ano, o promotor presentou a documentación esixida pola normativa aplicable.

Agora, a Consellería explica que, “unha vez completa a documentación” e de acordo coa lexislación vixente, continúase coa tramitación e sométese a información pública o mesmo.

O citado proxecto supón a construción dunha planta de produción de hidróxeno verde renovable, cun electrolizador de 20MW de capacidade.

A declaración de zona tensionada volve tensar as relacións partidistas

Non hai asunto que implique ás administracións local e autonómica que non sirva para leas partidistas. O proceso para catalogar a cidade da Coruña como Zona de mercado tensionado de aluguer está sendo outro lamentable exemplo, mentres a sociedade sae á rúa para demandar medidas concretas.

O Concello enviaba a comezos de ano un informe coa petición formal á Xunta para que sexa esta a que declare a cidade como zona tensionada, e tras varios meses de análises, a semana comezaba co ente autonómico criticando “erros de bulto” na documentación presentada polo goberno local.

Non tardou en responder á rexedora socialista que denunciou que á Xunta “popular” de “torpedear” o proceso sinalando que o Concello non recibira ningún requerimento.

Volvía responder, horas máis tarde a Consellería de Vivenda negando a obstaculización do procemento, e sinalando que si enviaran requerimentos ao Concello.

Aproveitaba o PP a coxuntura para meter máis leña no lume. “Para abordar o problema da vivenda, necesitamos un goberno municipal serio, non de chiste que estrague as demandas da zona tensionada”, lanzaba hoxe o edil popular Roberto Rodríguez. “Inés Rey sempre bota a culpa a un terceiro, neste caso a Xunta e o PP, a partir dun imaxinario boicot ideolóxico. Non é ideolóxico dicirlle que o seu expediente é un traballo maldito e indigno dun concello como o da Coruña”. “Como malos estudantes, Inés Rey chega desprevenida para os problemas da cidade, e a vivenda non é unha excepción. Acabamos de velo coa solicitude de zona de alta presión, que presentou de forma desordenada e a instancias da súa compañeira ante un débil goberno en minoría”, espetou.

Acusacións que a rexedora Inés Rey respondía esta mañá, sinalando que apenas foron “cuestións de forma” as correccións demandadas pola Xunta ao consistorio. A preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa que ofreceu para informar os asuntos aprobados na Xunta de Goberno, confirmou que recibiron o requirimento, pero lamentou o que considerou “un espectáculo non edificante” despois de asegurar o martes que se decataron pola prensa das demandas feitas pola Consellería de Vivenda.

“Imos mandar todas as comas e os puntos do documento”, aseverou para pedir á Xunta “un pouco de altura política” e de “lealdade institucional” ao entender que, antes de que transcendese nos medios de comunicación, debían de habelo comunicado ao consistorio.

“Esperamos que, efectuadas as precisións, declárese A Coruña como zona tensionada”, apostilou para manifestar que o que se piden son cuestións como “cambiar vivenda protexida e pór vivenda protexida de titularidade pública”.

As novas da tensión

A Xunta rexeita a petición de zona tensionada da Coruña por “erros de vulto” na documentación

 

Inés Rey acusa á Xunta de querer “torpedear” medidas a prol da vivenda na Coruña

Vivenda nega “obstáculos” na tramitación da Coruña como zona tensionada

A loita organizada contra o negocio da vivenda só acaba de empezar

Este sábado preséntase o novo Centro de Estudos Anarcosindicais da Galiza

0

Mentres prepara a manifestación do 1 de maio (xunto cos CGT, CUT e S.E.), con saída ás 12:30h da Praza de Pontevedra, a CNT formula para este sábado 26 de abril unha xornada para presentar o novo Centro de Estudos Anarcosindicais da Galiza.

A partir das 16:30h no Ágora, desenvolverase unha sesión informativa para abordar “os problemas ecolóxicos dende o punto de vista da economía e do traballo”. O colectivo critica a “falsa transición ecolóxica axustada ás necesidades do capital”, e para combatila tratará de “visibilizar aquelas experiencias e alianzas orientadas ás necesidades da maioría social.”

Comezará Damián Copena (Departamento de Economía aplicada, USC) dándo a coñecer o propio CEAG e poñendo en contexto, para analizar despois nunha mesa redonda os desafíos do noso territorio con Amalia Checa (CNT Huesca), Arturo Martínez (Ecoloxistas en Acción), e Sinda Somoza (Plataforma Ulloa Viva), poñendo voz á loita contra Altri.

Máis novas

A loita organizada contra o negocio da vivenda só acaba de empezar