Inicio Blog Páxina 279

O Concello da Coruña promove programas de musicoterapia para alumnado con necesidades especiais

0

O Concello da Coruña promove programas de musicoterapia en centros para alumnos con necesidades especiais, segundo subliñou a alcaldesa, Inés Rey, nunha visita á CEE Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga, xunto ao concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

“Desde o Concello impulsamos este programa para apoiar ao alumnado coruñés con necesidades especiais co obxectivo de potenciar os seus capaciades individuais, reforzar a súa autoestima e promover o seu benestar emocional e social”, sinalou a rexedora.

O programa consiste no uso da música como proceso terapéutico, empregando elementos como o son, o ritmo, a melodía ou a harmonía para facilitar e promover a comunicación e a aprendizaxe, entre outros obxectivos. Na actualidade, leva a cabo este programa en tres centros de educación especial.

Noutra orde de cousas, o consistorio informou que xa está aberto o prazo de inscrición para as residencias literarias ‘Latitude 43’ e ‘Cidade da Coruña’. O primeiro é para escritores de todo o mundo e o segundo está dirixido a autores españois de fóra de Galicia. A bolsa cobre traslado, manutención e aloxamento para a persoa beneficiaria.

Un Café para amañar aparellos

0

O máis sostible sempre é reparar. Pero neste mundo que, en si mesmo, sofre obsolescencia programada, amañar, arraxar, reciclar, recompoñer ou recuperar parecen verbos esquecidos.

Para loitar contra isto, varias entidades unen forzas e ofrecen unha cita singular: o Repair Café. Unha tarde (a do venres 28 de febreiro, de 17:30h a 20:30h na Domus) para poder levar o teu aparato estropeado e que un grupo de persoas voluntarias che axuden a darlle unha segunda vida.

O evento está organizado polo Banco de Reciclaxe Electrónica de Enxeñeiros sen Fronteiras, e conta coa claboración dos Museos Científicos Coruñeses, pero tamén de BricoLabs e da Asoc. Mobi-Liza. Serán precisamente estes últimos, coidadores do marabilloso Taller Reciclos, os que organicen unha sesión especial para reparar bicis.

O evento é de balde, pero cómpre inscribirse en bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es.

Repair Cafe Enxeneiros sen fronteiras

Máis novas

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

A Escola da Bici segue formando ciclousuarios

Unha nai denuncia en redes sociais o acoso á súa filla, árbitra de 13 anos, nun partido de prebenxamíns na Coruña

0

Unha nai denunciou en redes sociais acoso á súa filla, árbitra de 13 anos, no transcurso dun partido entre prebenxamíns dos clubes Victoria e Silva, este sábado, nos campos de fútbol da Torre na Coruña. Asegura que a nena viviu unha situación “terriblemente agresiva” debido ás expresións e actitudes de persoas do banco e da bancada. “Atopouse cun adestrador e tres nenos que, actuando en manda acosaban á miña filla ante calquera decisión arbitral”, sinala, con alusión, en particular, ao delegado do Victoria e á súa actitude “agresiva”.

Na súa páxina de Facebook, apunta que “os adestradores do Silva e do Victoria foron os máis correctos dentro do terriblemente agresivo e maleducado da situación”. Faino para sinalar que “o delegado do Victoria foi un auténtico monstro que se dedicou a discutir de maneira reiterada todas e cada unha das decisións dunha nena de 13 anos que, do mesmo xeito que os xogadores, está a aprender”. “Con mala educación, intimidándoa cos seus espaventos, as súas expresións e a súa actitude corporal”, denuncia a nai, quen reprocha tamén a actitude da afección na bancada onde “non eran os seus comentarios despectivos cara a unha nena moito mellores que os dos bancos”.

Consultadas por Europa Press algunhas persoas presentes ese día, ratificaron a denuncia da nai. Algúns, aínda que sen cualificalo propiamente de “acoso”, coincidiron en que houbo unha mala actitude cara á menor. “Foi vergoñento”, resumiu un deles ao ser cuestionado polo ocorrido. Desde o Silva, mentres descartaron calquera relación cos feitos denunciados.

Á súa vez, outros proxenitores lamentan que se produzan este tipo de casos e aluden á existencia de situacións similares, aínda que sexa en menor grao, ás denunciadas por esta proxenitora en partidos entre menores.

“Mentres non denunciemos estas cousas seguirán pasando e con total impunidade”, sentenza tamén. Consultadas por Europa Press algunhas persoas presentes ese día, ratificaron a denuncia da nai. Algúns, aínda que sen cualificalo propiamente de “acoso”, coincidiron en que houbo unha mala actitude cara á menor. “Foi vergoñento”, resumiu un deles ao ser cuestionado polo ocorrido. Con todo, outros proxenitores lamentan que se produzan este tipo de casos e aluden á existencia de situacións semellantes, aínda que sexa en menor grao, ás denunciadas por esta proxenitora en partidos entre menores.

As obras da urbanización do Castrillón botan abaixo as casetas das hortas

0

Despois de máis de 30 anos coidando as súas hortiñas, moitos veciños do Castrillón viron esta mañá de luns 17 de febreiro como a pala destrozaba as súas casetas situadas entre Antonio Ríos e Avenda da Concordia, a altura do Centro Deportivo do Castrillón. Unhas hortas que usufrutuaban dun terreo, ata onte, esquecido, propiedade da Sareb e a Fundación Juana de Vega.

Foi no marco das catas arqueolóxicas que está realizando a Xunta de Compensación Parque de Oza, promotora do Plan Urbanístico Especial que vai erguer mil pisos no barrio.

A Xunta colocara varios carteis informativos para que a veciñanza retirase os enseres de devanditas casetas, e esta mañá, as palas procederon ao derrubamento.

Ao longo destas semanas desenvolverase a cata arqueolóxica pola presenza dunha mámoa, para determinar o alcance do xacemento arqueolíxico e ver como encadralo no proxecto urbanístico.

Renovación do Parque de Oza

Obras caminos Parque de Oza

Comezaron tamén esta mañá os traballos de acondicionamento do Parque de Oza, co obxectivo de garantir a seguridade e o bo estado dun dos espazos verdes máis emblemáticos e utilizados da cidade. En concreto,  actuará nos camiños de terra, reparando os puntos que presentan un maior deterioro derivado da climatoloxía e a propia orografía do parque.
A intervención consiste en levantar o material existente e repoñelo, asegurando unha superficie nivelada e en bo estado.  Os traballos, que terán unha duración estimada de entre dúas e tres semanas, centraranse na renovación duns 160 metros lineais de camiño, especialmente nas zonas con maior pendente, onde a erosión provocada pola chuvia e o paso do tempo provocou socavóns e desniveis.

Máis novas

Arrincaron as obras da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

 

 

O Concello pedirá para a Casa Museo Casares Quiroga o recoñecemento como Lugar de Memoria Democrática

Concello da Coruña solicitará ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática a inclusión da Casa Museo Casares Quiroga no inventario de Lugares de Memoria Democrática. “Desta maneira, o espazo municipal, situado na rúa Panadeiras, converterase no primeiro de Galicia en integrarse na listaxe nacional, que ten como obxectivo agrupar os lugares nos que se desenvolveron feitos de singular relevancia para a memoria democrática”, sinala o goberno local.

Esta solicitude formal foi anunciada polo concelleiro de Cultura e Turismo e responsable da área de Memoria Democrática, Gonzalo Castro, durante a súa intervención de presentación da mesa redonda que se celebrou esta tarde no citado museo. A iniciativa foi para conmemorar o 75 aniversario da morte do político coruñés. Baixo o nome ’75 anos despois. Revisitando a Casares Quiroga. Mito e realidade histórica’, o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide organizou un coloquio. A citada entidade será o organismo encargado da realización dos estudos e informes históricos necesarios para fundamentar a solicitude de Lugar de Memoria Democrática.

Máis novas

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

Problemas para pechar os bares nocturnos da Coruña

0

Cinco persoas foron detidas e catro axentes resultaron feridos leves nun operativo de control de locais de lecer na Coruña, segundo informaron fontes municipais consultadas por Europa Press.

Foi un dispositivo de control de establecementos do lecer nocturno na zona de Matogrande, de madrugada. O mesmo levou a cabo en concreto nun local por incumprir as medidas fixadas en relación á súa actividade.

Entre elas, están o horario de peche e o aforamento fixado o que acabou motivando que, no momento da intervención, catro axentes da Policía Local resultasen feridos leves, aínda que se atopan ben, precisaron fontes municipais.

Mentres cinco persoas foron detidas no marco dunha actuación que tivo lugar na madrugada do sábado ao domingo e vinculada cos dispositivos que se están levando a cabo nas últimas semanas na cidade.

O Festival #Aquítaménsefala xa ten data

0

A campaña Aquí tamén se fala galego continúa. O IES Rafael Dieste non deixa esquecer unha das mellores campañas de normalización lingüísticas xeradas no país, e, ademais do traballo diario no centro, xa poñen data para a II edición do Festival Aquí Tamén Se Fala.

Despois éxito do ano pasado, o festival da mocidade galega volverá encher a Praza da Tolerancia de música galega contemporánea o vindeiro venres 13 de xuño, con entrada de balde e música dende as 17:00h da tarde, para o deleite de todos os públicos.

En breve irán debullando o cartel, que este ano se agarda aínda máis potente que os Leria, Lontreira, Boyanka Kostova e Grande Amore.

Máis novas

En Labañou tamén se fala galego

O “Aquí tamén se fala” leva o meirande premio á Innovación Educativa de Galicia

Un Xulgado investiga o tribunal de Selección da Praza de Técnico de Deportes de Sada

0

O xulgado de Primeira Instancia e Instrución no 3 de Betanzos investiga un delito de presunta prevaricación administrativa cometido polo Tribunal de Selección da praza de técnico de Deportes do Concello de Sada.

O denunciante é un aspirante que observou unha serie de feitos que cualificou, na súa denuncia, de “graves irregularidades”, que poderían ser constitutivas dun delito de “prevaricación administrativa por revelación de secretos por funcionarios públicos”. O denunciante sinala que “no primeiro exercicio, un test de 10 preguntas, o Tribunal entregou a un aspirante o cuestionario de preguntas con 2 respostas marcadas correctamente. Curiosamente, ese exercicio en lingua galega só se lle entregou a un dos aspirantes e veciño de Sada”.

Por outra banda, o denunciante explica que nese mesmo exercicio sucedeu que outro aspirante, quen non fora valorado nun principio, posteriormente foi cualificado, a pesar de que varios opositores –non só o denunciante- “constataron que esa persoa levárase a folla de respostas á súa casa, polo que se ignora a quen, como, onde e cando entregou a planilla coas súas respostas”.
Debido a estas circunstancias anormais, entre moitas outras, un aspirante acudiu a
interponer denuncia no cuartel da Garda Civil, quen remitiu as actuacións ao Xulgado
de Betanzos que agora está a coñecer da causa, pendente de emitir a sentenza.

Ademais, hai tamén interposta unha denuncia por via administrativa (recurso de alzada) que aínda non está contestada. De non ser constestada nos 3 meses de prazo, o aspirante tamén poñerán denuncia no contencioso por ata 6 motivos de nulidade

Máis novas

Ficalía pide tres anos de cárcere e 18 de inhabilitación para o alcalde de Sada por prevaricación

 

Mariscadores do Burgo volven pedir a Xunta e Goberno axudas mentres non poidan faenar: “Que non nos deixen tirados”

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este luns unha nova concentración para esixir ao Goberno central e á Xunta axudas mentres non poidan faenar tras as obras de dragado. “Que non nos deixen tirados na rúa”, resumiu a Europa Press o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, ao trasladar a situación na que, segundo precisou, se atopan unhas 70 persoas. E é que, con motivo dunha nova protesta, nesta ocasión ante a Delegación do Goberno, pediu que lles dén unha “solución”.

Neste sentido, cuestionou que por parte do Goberno central se garanta achega para reparar os danos no paseo marítimo de Culleredo tras as obras, o que, ao seu xuízo, debería facer “a empresa ou a aseguradora”, e non haxa –recalcaron– achega para as axudas que o colectivo reclama. “Que Xunta e Goberno se poñan de acordo, son case 70 postos en perigo por non poder realizar este traballo e non ter sustento económico para manter a licenza de marisqueo”, insistiu Baldomir, que emprazou ás administracións a unha reunión este mércores na sede da Confraría de Pescadores. Mentres, desde a Delegación do Goberno aseguraron que durante o parón da actividade o Executivo “financiou en solitario axudas aos mariscadores por valor de 3,8 millóns”. Tamén traslada “a intención de colaborar nas axudas que sexan necesarias e chegando ao 50 % do total”. “A Xunta tense que implicar”, sentenza tamén.