Inicio Blog Páxina 293

O PP considera necesario condonar a débeda do Porto e manter a titularidade pública dos terreos portuarios

0

Aprobaba onte a Comisión Coruña Marítima bases estratéxicas desta trascendental obra de reforma do porto interior da Coruña. Unha aprobación que realizada coa abstención do BNG, que amosaba as súas dúbidas sobre as contradicións sobre a titularidade pública de todos os terreos e a venda para a construción de vivenda e o pago da débeda polo Porto exterior.

Pola súa parte o voceiro do PP, Miguel Lorenzo, quixo destacar que o único que se leva feito na fachada marítima nos últimos 20 anos, as obras de humanización da Marina e o Parrote (terreos portuarios que pasaron a uso público) foron realizados por gobernos do Partido Popular. Destacou que aí se puxeron dacordo todas as

”O paso dado no día de hoxe establecendo liñas mestra é importante que o deamos todas as administracións xuntas”, pois falamos dun “proxecto que vai transformar a cidade nos vindeiros 20-30 anos”. Xa a semana destacaba que “As bases de Coruña Marítima son bos puntos de partida para deseñar o desenvolvemento dos terreos portuarios”.

Con todo, dexou claro que “os terreos teñen que ser públicos, ofrecer máis infraestruturas e servizos ee compatibilizando os usos portuarios que se van manter”.

Quixo poñer de relevo “a importancia da participación da cidadanía”, e puxo en valor a Comisión dirixida polo BNG invitando a ducias de colectivos sociais e económicos. “Agora temos levar todas esas actas á Comisión Coruña Marítima”, lembrou.

Lorenzo lembrou a necesidade de reformular os vixentes convenios de 2004, unida a unha débeda do Porto de máis de 200 millóns de euros, que hai que solventar. “A ver cal vai ser a estación do estado, que pode facer o mesmo que fixo en Valencia condonando a débeda”.

Lorenzo dubidou da capacidade da alcaldesa Inés Rey pasa sacar adiante semellante proxecto, por ser unha rexedora de “grandes anuncios e poucas realidades”.

Máis novas

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

O BNG abstense na votación das bases estratéxitcas Coruña Marítima ante as “contradicións” sobre titularidade pública dos terreos

O BNG abstense na votación das bases estratéxicas Coruña Marítima ante as “contradicións” sobre titularidade pública dos terreos

Aprobáronse esta mañá as liñas estratéxicas da reforma da Fachada Marítima do porto interior da Coruña. A Comisión Coruña Marítima daba luz verde a un Master Plan para afrontar un proxecto que levará décadas. Pero faciao coa abstención do BNG. O seu voceiro e edil Francisco Jorquera ve “luces e sombras” no documento das liñas estratéxicas, onde observa “contradicións no borrador do documento de bases estratéxicas”. Por iso principalmente abstivose alertando da “hipotética venda de activos portuarios para o pagamento dunha débeda que, do punto de vista do Bloque, debe ser condonada polo Estado, como a foi a de Valencia”.

As sombras

Para o BNG,  “é decisivo que ao longo dese proceso se manteña a titularidade pública dos espazos portuarios, se dea unha solución á débeda – evitando que se salde mediante a venda de activos- e se asegure a participación social durante o desenvolvemento das distintas fases”.
En todo caso, Jorquera pon o acento en que “estamos no inicio dun proceso que será longo e terá por diante aínda moitas etapas”.

Para o BNG, os convenios de 2004 -que prevían a venda de activos para financiar Punta Langosteira- deben darse “definitivamente por superados” e a solución á débeda do porto pola construción da dársena exterior “debe pasar pola súa condonación ou unha solución equivalente, evitando que se pretendan resolver os problemas financeiros do porto a través da venda de activos”.

Jorquera argumenta tamén a súa posición ambigua ante mantén “reservas e cautelas” ante o carácter “restrinxido” do concurso internacional que se vai convocar para a redacción do proxecto, o que dificulta a participación de persoas expertas da nosa cidade ante a comisión do concello que el preside.

O documento contempla a hipótese de dotar a futura fronte marítima de novos equipamentos, singularmente dun espazo multiusos cuberto de grande capacidade. A ese respecto, Jorquera entende que, dada a situación en que se achan o Pazo da Ópera, Fórum e outras moitas instalacións culturais, o que se impón é “coidar o que se ten antes de pensar en novos recintos”.

As “luces”

Polo bando contrario, o BNG recoñece aspectos positivos pois no documento si se recollen “propostas históricas” do BNG, entre elas o aproveitamento da infraestrutura ferroviaria para implantar servizos de proximidade, abordando deste xeito as necesidades de transporte a escala metropolitana.

Destacou igualmente creación de infraestruturas verdes para corrixir a baixa ratio de zonas verdes por habitante que hai na Coruña, ben como tamén actuacións que nos preparen fronte ás alteracións climáticas e a elevación do nivel do mar ou á renaturalización da desembocadura do Río Monelos.

Máis novas

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

A Xunta amplía a suspensión de actividades ao aire libre en varias zonas da Coruña

0

A Comisión Escolar de Alertas acordou este venres ampliar a suspensión de actividades ao aire libre en varias zonas da Coruña debido ás últimas actualizacións dos partes meteorolóxicos dos distintos organismos predictores.

Nun comunicado, a Xunta indicou que se suspenden as actividades en exteriores dos centros educativos, así como as actividades deportivas federadas e do programa Xogade que se realicen ao aire libre en tres zonas máis debido á alerta laranxa por fortes ventos.

A limitación comezará a partir das 18.00 horas no suroeste, oeste e noroeste da Coruña, sumándose á xa comunicada para toda esta xornada na Mariña de Lugo e na Montaña de Ourense.

“Os concellos afectados poden consultarse no mapa de zonas climáticas de Meteogalicia. Trátase de 12 municipios na zona suroeste da Coruña, 10 no oeste e 38 no noroeste”, indicou o Goberno galego, ademais dos 15 da Mariña e os 19 de Ourense.

Pola súa banda, mantense a cancelación da actividade deportiva federada no mar nos concellos afectados polo temporal costeiro da Coruña e Pontevedra, afectando a máis de 60 localidades. A Xunta lembrou a necesidade de manterse afastado da liña da costa e a importancia de retirar obxectos que poidan caer desde tellados, balcóns ou xanelas, entre outras recomendacións.

Tres detidos e incautados catro quilos de droga nun operativo na Coruña

0

A investigación policial realizada pola UDYCO (Unidade de Drogas e Crime Organizado) da Coruña saldouse coa detención este mércores de tres persoas, dúas mulleres e un home, por un delito de tráfico de drogas.

A investigación, iniciada hai meses, levou á identificación dun individuo como subministrador de certas cantidades de droga a outros vendedores da provincia da Coruña. A subministración destas sustancias realizábase mediante transporte por estrada e utilizando un vehículo particular para dito fin.

Segundo relatan nun comunicado, o xoves, membros da UDYCO, tras ter coñecemento do seu ‘modus operandi’, proceden á explotación operativa desta investigación. Así, este individuo e outras dúas mulleres son interceptados cando circulaban co referido vehículo. Unha vez supervisado o interior do mesmo, localízanse dous quilos de cocaína no seu interior, procedéndose por iso á detención dos seus ocupantes.

Seguidamente, realizouse un rexistro no domicilio do principal investigado, situado no concello de Cambre, onde se interviñeron outros dous quilos de resina de haxix, distribuído en varias placas. Este venres os detidos pasaron a disposición xudicial, decretando a autoridade xudicial o ingreso en prisión do home.

Ficalía pide tres anos de cárcere e 18 de inhabilitación para o alcalde de Sada por prevaricación

0

O Ministerio Público presentou un escrito de acusación contra o alcalde do Concello coruñés de Sada, Benito Portela (Sadamaioría), por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa e outro de infidelidade na custodia de documentos. Faino respecto de multas que non se impuxeron a distintos locais hostaleiros entre os anos 2018 e 2020 a pesar de imcumplir estes os horarios de peche.

Por iso, Fiscalía solicita para o rexedor unha pena de tres anos de prisión e 18 de inhabilitación para exercer cargo público algún. Así mesmo, a entón concelleira de Seguridade Local, Pilar Taibo, enfróntase a tres anos de cárcere e doce de inhabilitación. “Estamos convencidos máis que nunca de que non cometemos ningún ilícito penal, esperamos que a Xustiza faga o seu traballo e que a verdade salga á luz”, asegurou Portela, en declaracións a Europa Press. “Tanto a concelleira como eu estamos moi reforzados e moi confiados grazas a todo o apoio que estamos a recibir”, engadiu.

O caso ten a súa orixe nunha denuncia presentada polo xefe da Policía local de Sada, naquel momento, ante o Xulgado de Instrución número 3 de Betanzos por non tramitar, segundo a mesma, multas a establecementos hostaleiros do municipio por incumprimentos.

A este respecto, o Concello de Sada, nun comunicado emitido este venres, apunta que esta denuncia foi interposta polo axente “once días despois de ser cesado polo goberno como xefe accidental da Policía local“. No mesmo, Sadamaioría insiste en que están “absolutamente convencidos” da “inocencia” do alcalde e a exconcelleira e expresa “plena confianza na Xustiza”.

ESCRITO FISCAL

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Fiscal apunta que os acusados “en parte do período de tempo que estiveron á fronte do Concello, concretamente entre 2018 e 2020, recibiron con selo de recibín e mediante a súa firma un número importante de denuncias da Policía local a establecementos de hostalaría de Sada por presuntas infraccións administrativas”.

“Ambos os procesados de común acordo e plenamente conscientes de que con iso vulneraban o correcto funcionamento da Administración Pública ocultaron” todas estas denuncias, segundo engade, “para omitir a tramitación do correspondente expediente administrativo encamiñado a valorar e, no seu caso, sancionar aos establecementos afectados”. Fiscalía considera estes feitos constitutivos dun delito continuado de infidelidade na custodia de documentos e de prevaricación administrativa.

Novas afeccións ao tráfico na rúa Antonio Insua Rivas polas obras na Avda. Lavedra

0

Continúan as obras de remodelación da avenida Lavedra, e desta volta volven obrigar a cortar o acceso dende a propia Avenioda AC-11 á rúa Antonio Ínsua Rivas (DP-3005) (a rúa queatravesa o lugariño de Elviña cara o campus da Zapateira) para a execución dun prisma de telecomunicacións polo centro da vía.

Obras en Lavedra

O cortes de tráfico realizaranse do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro,  desviando a circulación pola rúa Lamelas e, desde a rotonda de acceso á Universidade, retomarase a estrada en dirección Campus Zapateira.
Só os veciños poderán acceder ao comezo e ao final da xornada co seu vehículos.
O corte con desvío non afecta ao tráfico na avenida principal Alfonso Molina.

Obras lavedra rua antonio

Máis novas

A remodelación da avenida Alfonso Molina adxudicada por 18,3 millóns de euros

Aprobado o proxecto do carril bici na Avda. Alfonso Molina

O servizo de mantemento dos hospitais da Coruña e Cee en folga a partir do luns

0

Os traballadores de Veolia Servizos Norte, empresa adxudicataria do servizo de mantemento dos hospitais da área sanitaria da Coruña-Cee, están chamados a participar nunha folga indefinida que arrincará ás 00.00 deste luns para reclamar a negociación do novo convenio.

A Consellería de Sanidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a relación de servizos mínimos, que constarán dun máximo dun traballador por centro e quenda.

Sanidade incide na necesidade de presenza de persoal e sinala que a determinación dos traballadores necesarios “realizarase pola empresa en coordinación coa dirección da área de saúde da Coruña e Cee”.

Entre outras cuestións, alude, en canto aos criterios a ter en conta, ao risco para os pacientes, os usuarios e traballadores, o impacto na actividade asistencial e o volume de poboación atendida.

Polo xeral, os servizos mínimos constarán dun traballador por hospital –Teresa Herrera, Abente e Lago, Oza e Virxe da Xunqueira de Cee– e quenda –mañá, tarde e noite–. A única excepción será a lavandaría, que non terá a ninguén pola noite.

Queremos Galego reactívase na Coruña cun plenario comarcal

0

O local da Asociación Cultura Alexandre Bóveda acollerá este vindeiro luns, 27 de xaneiro, a partir das 19:30, un plenario comarcal de Queremos Galego, no que a plataforma de entidades en defensa da nosa lingua perfilarán conxuntamente a gran manifestación nacional que terá lugar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, entre a Alameda de Santiago e a Praza do Obradoiro.

A cita, no marco da campaña “Mudemos o rumbo do galego”, está aberta a todo o mundo, e partirá da proposta de puntos mínimos e medidas urxentes exposta en novembro por Queremos Galego, para comezar a reverter a emerxencia lingüística e repoñer o noso idioma en todos os espazos onde está excluído.

A coordinadora do encontro, Celia Armas García, recorda que “os datos de uso e coñecemento do galego que ofrece o IGE evidencian o estado de emerxencia lingüística extrema ao que chegamos”, mais tamén que “cada vez que a sociedade galega se activou pola súa lingua conseguiu frear a perda de falantes”. “Non podemos ter ningunha confianza”, lamenta Armas, nun goberno da Xunta que leva 15 anos actuando contra acordos alcanzados por unanimidade e que contaron con grande participación social e ao que lle parece excesivo o 1% de galego nas platformas de TV, xustiza, ou xoguetes, ou que ademais de prohibir nalgunhas materias o uso da nosa lingua fomenta nas outras o uso de materiais didácticos que non teñen nada de galego”.
“Un goberno de Xunta”, engade, “que fala de pacto pola lingua mais non só non contestou as solicitudes de encontro, senón que xa está a propor o uso do castelán na TVG e a eliminación do dereito á atención en galego permitindo o seu descoñecemento polo funcionariado interino”.

Máis novas lingüísticas

A lingua galega revive nos cemiterios

A RAG culpa o Decreto do Plurilingüismo como gran causante da dramática situación do galego

 

Que problemas ten o galego para ser útil en Internet?

 

Serie de entrevistas sobre a lingua

Carmen Pereira, mestra de Primaria: “A rapazada precisa máis contido galego”

“Hai moito galegofalante encuberto na cidade”

Ana Suárez: “Nas entidades sociais está bastante normalizado o uso do galego, non tanto na administración penitenciaria”

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

 

Pedralonga Estudos xestionará o centro de produción virtual “Coruña Estudio Inmersivo”

0

A Deputación da Coruña e Pedralonga Estudos asinaron o contrato para a xestión do estudio virtual Coruña Estudio Inmersivo.

Coa firma deste documento, a sociedade será a encargada da xestión e explotación do centro de produción virtual VPxR, promovido pola Deputación no marco do proxecto ‘Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia – Coruña Estudo Inmersivo’.
O contrato será por un período de 20 anos prorrogables por outros 5 anos máis.

O Coruña de Estudio Inmersivo, o maior estudio de producción audiovisual virtual de España que entrará en funcionamento a principios de 2025, supón un investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciados entre a Deputación e o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para dotar á Coruña dun plató virtual dotado da tecnoloxía máis innovadora, proporcionada por Telefónica.

O novo CEI “vai significar unha realidade audiovisual moi distinta en Galicia e en España”, sinlaou o presidente da Deputación Valentín González Formoso. “Ofertamos ao sector unha ferramenta única en España e que lle vai permitir competir a nivel global en todas as plataformas audiovisuais que operan no mercado”, apuntou antes de recoñecer a “complexidade” do proceso e agradecer a implicación “do persoal funcionario da Deputación e de todas as forzas políticas”, así como “o asesoramento do sector audiovisual a través do Clúster”. “Todo isto permitiu que esta realidade se poña en marcha e permita que o talento que xa agroma en Galicia tamén se comercialice, que se impulse dun xeito moi superior”, finalizou.

“Temos peticións de fóra porque é unha infraestrutura moi potente que tamén pode acoller publicidade, videoxogos… hai un rango de potenciais clientes moi grande e aspiramos a que tamén veñan rodaxes internacionais, claro”, especificou o presidente do Clúster Audiovisual Galego, que conforma Pedralonga Estudios, S.L. xunto coa Universidade da Coruña e Portocabo, Vaca Films, Tex45 Produccións, Voz Audiovisual, Congo Producciones, Zénit Televisión, Producciones Audiovisuales Sete Media, Undodez, Avendaño Estudio e Centro de Estudios Marcote.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e os responsables de Pedralonga, Francisco De Borja Pena e Jesús Manuel López, foron os encargados de pór a firma a este contrato.

 

 

A RAG e PuntoGal convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos en galego

0

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.