Inicio Blog Páxina 401

Xubilad@s pola Paz demandan na rúa ao goberno español tomar medidas contra Israel

Continúa chegando apoios ao pobo palestino e mostras do rexeitamento social ao xenocidio que o estado sionista de Israel está cometendo contra Palestina.

Esta mañá de xoves 14 de marzo, o colectivo de Xubilados e Xubiladas de Galiza pola Paz concentrábase diante da Delegación do Goberno da Coruña para amosar a súa repulsa ante o xenocidio que Israel está a cometer contra o pobo Palestino. No decurso do acto fixeron entrega, ademais, dun escrito dirixido ao Presidente do Goberno español, Pedro Sánchez Pérez-Castejón.

O colectivo denuncia a grave situación de Gaza, con máis de 30.000 persoas mortas (80% mulleres e crianzas), 7.000 desaparecidas, 70.000 feridas e millóns de desprezadas, xunto coa destrución sistemática de hospitais, edificios e infraestruturas civís. Unha situación que cualificaron de “barbarie criminal” e consideraron “absolutamente inaceptábel para calquera persoa decente ou país minimamente democrático”.

Incidiron ademais en que “Gaza non é ningunha potencia económica nin militar, nin ten mariña, nin aviación militar, nin tanques, nin artillaría e nin sequera un exército regular que poida causar a Israel un dano nin remotamente equivalente”. Por iso afirmaron que a situación é enormemente desigual “abertamente racista e de impúdica exhibición do exterminio sistemático do pobo palestino polos sionistas” e a definiron como “xenocidio, un crime castigado severamente polo dereito internacional”.

Crime de lesa humanidade

Xunto a isto denunciaron o “apartheid”, imposto por Israel ao pobo palestino na súa propia terra, obrigándoo a vivir en condicións indignas e de mera supervivencia. Un “crime de lesa humanidade” ante o que entenden que non pode haber escusas.

Nese sentido explicaron que o feito de que Hamás supostamente causase danos a civís israelís no ataque do pasado mes de outubro, que deberá xulgar un tribunal independente, “non pode ser alegado como xustificación para o asasinato indiscriminado de persoas civís palestinas, como fai o Israel de Netanyahu”.

Demandaron que se poña este acto en perspectiva, lembrando que o exército sionista levaba causando centos de veces máis mortes ao pobo palestino, ao longo das máis de sete décadas de ocupación ilegal do seu país, “con total impunidade, sen que a ONU fose quen de facer cumprir algunha das máis de vinte e cinco resolucións de condena dos crimes israelís”. E explicaron que, nesas condicións de “continua agresión, humillación e inxustiza non se pode pedir aos palestinos que sufran en silencio e non se defendan cos medios que teñan ao seu alcance”.

Diante disto manifestaron o seu rexeitamento ás distintas varas de medir de Occidente que “fronte á rapidez en sancionar países non gratos por condutas moito menos tráxicas que o actual xenocidio israelí os países do chamado mundo civilizado deben demostrar con feitos incontrovertíbeis o seu auto-proclamado civismo humanitario”.

Esixencias ao estado

Dirixíndose ao goberno español e, nomeadamente ao seu presidente, reclamaron:

  • O embargo inmediato e verificábel do comercio de todo tipo de armas, municións e equipamento militar con Israel.
  • O embargo inmediato e verificábel do comercio con Israel relativo a materias primas, combustíbeis e equipos tecnolóxicos susceptíbeis de dobre uso, civil e militar
  • A suspensión das relacións diplomáticas con Israel até este acceder a un ALTO AO FOGO DEFINITIVO e á aceptación e APLICACIÓN DE TODAS AS RESOLUCIÓNS DA ONU
  • Accións para promover na ONU a aprobación das medidas sinaladas nos puntos anteriores.

Máis novas

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

“Onde están, non se ven, as sancións a Israel”

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

 

O incendio na cociña dunha vivenda da Coruña deixa unha muller ferida

0

Unha muller resultou ferida, cunha queimadura e intoxicación por fume, ao arder a súa cociña, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias.

Poucos despois das 15,00 horas desta tarde, o 112 Galicia tivo constancia dun incendio na rúa da Mercé, despois de que un particular chamase para informar disto. Ao mesmo tempo, o alertante indicaba que había unha persoa dentro da cociña onde se estaba producindo o lume.

O 112 Galicia pasou o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

O incendio foi sufocado polos particulares ao facer uso dun extintor. Con todo, isto non puido evitar que ardese tanto a cociña como os mobles do seu interior.

Da mesma maneira, a muller que se atopaba na cociña no momento no que se produciu o lume tamén se viu afectada, polo que os servizos sanitarios procederon ao seu traslado.

A AECC da Coruña subvencionou investigacións por valor de 1.300.000 euros

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) da Coruña subvencionou en 2023 proxectos de investigacion por valor de 1.300.000 euros, entre eles, un que aborda a caquexia, a perda de peso vinculada ao cancro.

A AECC presentou este xoves no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) os resultados da súa actividade en 2023 e os obxectivos e proxectos que afrontará en 2024 na provincia da Coruña.

Fíxoo nun acto no que participaron decenas de voluntarios, investigadores e pacientes de cancro, que tras a presentación, visitaron parte das instalacións do centro.

A directora científica do CiMUS e catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Mabel Louza, foi a encargada de dirixir a presentación e dar a benvida aos participantes.

“É unha gran honra para nós porque realmente nós somos un centro de investigación e unha das nosas áreas máis importantes é o cancro, e temos unha intensiva colaboración coa fundación. Entón, para nós é un día de festa. Sentimos moi honrados de que poidan visitar os laboratorios que están financiados con proxectos distintos da asociación”, declarou ante os medios.

Tamén atendeu aos xornalistas o presidente da Asociación contra o Cancro na provincia da Coruña, Manuel Aguilar, que lembrou que a asociación subvencionou en 2023 proxectos por importe de 1.300.000 euros na provincia, sendo o CiMUS o que aglutina a maior parte das iniciativas.

Entre eles, destacou o proxecto do director do Grupo de Neuroobesidad do CIMUS, Miguel López, que relaciona a obesidade e a súa incidencia na curación do cancro. “É un enfoque orixinal, un enfoque interesante, que ten desenvolvemento e que, por tanto, ten unha subvención de carca de 300.000 euros”, destacou.

OBESIDADE E CANCRO

O propio Miguel López detallou o desenvolvemento do seu proxecto, que se centra na caquexia, unha síndrome que acompaña ao cancro e supón ese estado de deterioración progresiva, de perda de músculo.

“Aquí expómolo a nivel conceptual como unha imaxe especular da obesidade. O control do metabolismo ocorre no cerebro e cando hai obesidade hai unha desregulación dos sistemas cara a un lado. A teoría, ou a hipótese, é que na caquexia ocorre o contrario. Co cal, se cadra, tratando as mesmas vías moleculares e modulándolas cara a un lado ou cara ao outro, podemos conseguir tratala, conseguir que a xente que ten cancro non perda tanto peso, non teña ese estado de deterioración que acompaña á enfermidade e aumente a calidade de vida e a esperanza de vida dos pacientes”, explicou o doutor.

O proxecto está aínda nunha fase moi inicial, apuntou López, pero insiste en que na caquexia hai grandes cambios a nivel do hipotálamo, “a zona crave do encéfalo que regula o metabolismo”.

Ademais destas iniciativas, Aguilar citou outras como o seis bolsas para vocacións científicas que inician predoutorais para facer tese doutorais en temas de investigación oncolóxica. Son bolsas de 150.000 euros en tres anos.

MÁIS FINANCIAMENTO

Por outra banda, o presidente da AECC na Coruña pediu “a todas as administracións públicas que teñen competencia en materia de investigación” que “incrementen as súas axudas á investigación con criterios de excelencia”.

“Ao paciente non lle importa onde se investiga. O que o paciente quere é curarse. O paciente quere que os investigadores aceleren a curación”, sinalou Aguilar, que insistiu na necesidade de alcanzar o 2% do PIB en materia de investigación. “É unha reivindicación constante para os políticos”, apuntou.

Por outra banda, reivindicou o papel da sociedade civil na consecución de recursos. “A sociedade civil está moi concienciada, notámolo no noso día a día. Hoxe, nesta xornada, temos a máis de 100 voluntarios que en toda a provincia déixanse a pel, euro a euro, para conseguir diñeiro para a investigación”, agradeceu.

Son estes voluntarios, continuou, os que conseguiron en toda España os 30 millóns de euros que a fundación científica achega á investigación oncolóxica en España.

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

Contra a súa violencia, o noso amor
Contra a súa barbarie, a nosa creatividade e solidariedade.

Así arrincaba a brava Isabel Risco a Gala solidaria en favor do pobo palestino, “Cultura contra a Barbarie” que organizou esta pasada noite de xoves 13 de marzo o colectivo Pallasos en Rebeldía e Culturactiva no Teatro Rosalía de Castro. Un evento que contou coa colaboración de entidades como BDS Boicot a Israel, Galiza por Palestina e o Concello da Coruña, e que serviu para recadar fondos para  manter vivo o Festiclown e a escola de circo que os e as Pallasas en Rebeldía coorganizan en Palestina e Gaza.

Un espazo, Gaza, onde nacían Pallasos en Rebeldía aló por 2002, cando ao refuxios das bombas, Iván Prado e varios compañeir@s tiveron que actuar ante centos de nenos ávidos de risas.

Porque a risa é o mellor escudo contra a barbarie,  como sinalou un emocionado Prado, ao que malia levar falando 20 anos de Palestina, “dende o 20 de outubro éme moi difícil falar de Palestina”. “En Palestina a homanidade xógase o seu futuro”, sinalou, deixando claro que “non imos apagar a fame ou a sede, pero cando menos ímonos poñer en pé en contra da ocupación xenocida e dicir claro que aquí estamos, que non no noso nome“, arengou para que o Rosalía ao completo (non quedaron apenas butacas libres) gardase, en pe, un solemne minuto de silencio rematado entre berros de “Palestina, vencerá”.

Gala Pallasos en Rebeldia Teatro Rosalia 2
O Teatro Rosalía estaba cheo

Polo escenario, para combater esa barbarie perpretrada polo estadio sioanista de Israel dened 1948 (7 décadas xa de ocupación), artistas como Sue Moreno coas súas acribacias, o mago Dani García, que leva anos colaborando co colectivo, ou Circanelo, outro clásico do humor herculino que fixo unha marabillosa viaxe ata Palestina en bicicleta.

O músico e etnógrafo Xurxo Fernández, de Pandereteiras sen frointeiros (@pansenfron), cantou unha canción sefardí despois de contar unha fermosa historia que protagonizaban unha nena palestina e un neno israelí hai 100 anos. Unha historia que se podería repetir a día de hoxe.

Rompeu un pouco co ton serio o fenómeno de Xosé A. Touriñán que contou en clave de amor, a súa arma de onte contra o xenocidio, chea de simpatía e de referentes locais, como bo cullerdense que se prece.

Gala_Culturacontraabarbarie_Coruña_2024_CirncaneloJPG
Circanelo foi en bici ata Palestina
Shazar e Ivan Prado
Sahar Shatat e Iván Prado

Subiu tamén ao escenario a palestina Sahar Shatat. Lamentou que “todo o mundo estea vendo este xenocidio en directo polas nosas pantallas, onde máis do 50% das vítimas son nenos, que non só se enfrontan ás bombas, senón tamén á fame, ás enfermidades…” Así como ao Genocidio Cultural que está realizando Israel, polo que pediu que a sociedade boicotee espazos internacionais que blanquean o estado israelí como pode ser Eurovisión. “A esperanza a mellor vitamina contra o medo e a risa a mellor arma contra as bombas”, sentenciou.

Broche de ouro puxeron as Fillas de Cassandra “cantando pola resistencia” aquelo de “A guerra imos parar”, pero deixando claro que “estamos ante un xenocidio non unha guerra”.

Máis novas

“Onde están, non se ven, as sancións a Israel”

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

Condenan a un cirurxián do Chuac a indemnizar con 1,7 millóns a unha menor que deixou parapléxica tras unha operación

O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou a un cirurxián a pagar unha indemnización de 1.729.229 euros a unha menor que perdeu a mobilidade nas pernas tras operarse da columna. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os feitos remóntanse a 2019, cando a moza tiña 13 anos e operouse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

A indemnización será abonada, de forma directa, polas aseguradoras e, subsidiariamente, polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). No fallo, o xuíz entende que o traumatólogo que realizou a intervención, xustificada porque padecía escoliosis con dobre curvatura, incorreu nun delito de lesións cometidas por imprudencia menos grave.

Por iso, impúxolle o pago dunha multa de 5.400 euros xa que considera probado que colocou “un elevado número de parafusos de maneira incorrecta” nos pedículos vertebrais. O maxistrado relata que a paciente padece outras “graves secuelas irreversibles”, comprometendo “seriamente” a súa calidade de vida e a dos seus achegados, cunha “gran afectación persoal, familiar e laboral, ademais de económica”.

Ademais, subliña que “non se cuestionou” nin a necesidade da operación nin que o Chuac era o centro adecuado para iso e destaca que nos protocolos deste tipo de operacións “non se prevé” un TAC preoperatorio da columna, tal e como defendeu a acusación particular, polo que descarta que a súa omisión constitúa “imprudencia algunha”.

“Con todo, cando instrumentou a T10 e apercibiuse da caída dos potenciais, por indicarllo a neurofisióloga, ipso facto (segundo expresión propia) seguiu instrumentando cara arriba por considerar que se trataba dunha circunstancia reversible“, explica o maxistrado na sentenza. Desta forma, remarcou que “será precisamente cara arriba” onde se produciron algunhas das intrusións dos parafusos na canle medular, por unha “certa precipitación” e unha “valoración apresurada” e, en realidade, “puramente instintiva”, da reversibilidade nunca producida da caída dos potenciais evocados.

O maxistrado tamén indica que as sucesivas caídas (outros tres) foron atribuídas polo acusado, aínda que sen proba algunha, “á lesión en T10 e non ás posteriores instrumentaciones en T9, T8, T7 e T6, o cal ningún dos peritos puido tampouco confirmar nin desmentir”. Con todo, o maxistrado asegura que, “obxectivamente considerada”, esa “defectuosa” técnica de instrumentación, “claramente superadora” da media de “posicionamentos defectuosos” en operacións similares, é “reveladora dunha imprudencia”, polo menos de carácter menos grave.

FEITOS NON PRESCRITOS

O xuíz descarta que os feitos prescribisen xa que, ao estar ante un delito leve, o prazo sería dun ano, destaca que a vítima tiña 13 anos cando foi intervida, alcanzando a maioría de idade en 2023. Tras a modificación do artigo 132 do Código Penal, que prorrogou o prazo de prescrición de delitos cometidos contra as persoas menores de idade, que foi introducida polo lexislador “para outorgar maior protección ás vítimas que o foron na súa infancia e evitar así indesexables impunidade, sucedidas a miúdo no ámbito dos delitos contra a liberdade sexual”. Segundo remarca o xuíz, afecta tamén a “outros espazos delituosos, como o dos delitos contra a integridade física, cal é o presente”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial.

A Radio comunitaria da Coruña celebra os seus 28 anos de vida con dous actos culturais

0

CUAC FM celebra 28 anos de radio comunitaria esta fin de semana. A emisora ubicada nas instalacións cedidas pola Universidade da Coruña no Campus da Zapateira prepara dous actos abertos á cidadanía para esa celebración, ademáis dunha asemblea de socias e unha comida o sábado.

Son xa 490 programas diferentes os que teñen pasado por os estudios José Couso e Rafalea Hervada, realizados pola cidadanía e tratando temas moi diferentes entre si.

Proxección do DOCUMENTAL

En febreiro de 2022 estreábase o documental dirixido por Iago Prada Nada que ver no Teatro Colón da Coruña nun acto no que asistiron representantes de todos os partidos con representación en María Pita, así como o reitor da Universidade, varios vicerreitores, responsables da Deputación da Coruña que financiou o documental a través dunha subvención, e centos de persoas que se sumaron a unha estrea emocionante. Iso si, todo o mundo con mascarilla. Este domingo 17 de marzo ás 12 da mañá o documental regresa á pantalla grande. Neste caso será nos Cantones cines, como na estrea, cun coloquio posterior e sen mascarillas. A entrada é libre ainda que as persoas asistentes poden facer unha aportación voluntaria que irá destinada íntegramente para a Cociña Económica grazas a que os responsables dos cines ceden gratuitamente a sala para este evento.
Así se presentaba oficialmente en 2022:

PRESENTACION DUN LIBRO

Pero antes, o venres 15 ás 19:30 preséntase en sociedade o libro Galicia Musicalidade de Noel Turbulencias, locutor de CUAC e coas ilustracións de Victoria Sánchez. Será na cervezoteca Malte da Praza das Atochas 8 con entrada libre e coa presenza de artistas que aparecen no libro como Anxela de Bala, Grande Amore ou The Rapants.

O libro está editado por CUAC FM grazas a un convenio co Concello da Coruña que serviu para celebrar neste caso os 25 anos do Concurso de Bandas e Solistas que organiza na emisora e que será convocado de novo antes de que finalice o mes de marzo. As 200 copias gratuitas serán repartidas entre bibliotecas públicas, colexios, institutos e os propios artistas.

 

Máis novas

O documental de CUAC FM, en pantalla grande

CUAC FM edita o libro “Galicia MusiCalidade” para celebrar o XXV aniversario do seu Concurso de Bandas e Solistas

A CUAC FM celebra 27 anos de radio comunitaria

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

Teatro do Noroeste, Ecos do Sur e a asociación veciñal Gaiteira, premios pola igualdade da Deputación da Coruña

Teatro do NoroesteEcos do Sur e á asociación de veciños Gaiteira-Os Castros foron recoñecidos cos premios Luisa Villalta da Deputación da Coruña por proxectos pola igualdade. En concreto, foi, segundo informa a institución provincial coruñesa, pola peza escénica ‘As damas de Ferrol’, do Teatro do Noroeste.

Tamén se premiaron os programas de sensibilización ‘As Marías: mulleres creadoras fronte ás violencias’, de Ecos do Sur, e ‘Mulleres da rúa’, da asociación veciñal. Entre outras cuestións, valorouse dos proxectos a súa capacidade de promover avances en materia de igualdade en ámbitos como a diversidade; a prevención da violencia machista ou o uso da creación artística para vincular a mulleres en temáticas de promoción da igualdade.

O novo xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña apela á cooperación na súa toma de posesión

O coronel Fernando Pedreira, novo xefe da Comandancia da Coruña da Garda Civil, apelou á cooperación con outros corpos policiais, así como coas Forzas Armadas e as institucións, no acto da súa toma de posesión. Foi con presenza, entre outras autoridades, do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva. Tamén participou o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Miguel Ángel González.

No acto, no acuartelamento de Lonzas, remarcou que se trata dunha Comandancia que dá servizo de seguridade a 650.000 persoas, en relación á área que atende, mentres resaltou o “compromiso” dos homes e mulleres que traballan nela, así como os equipos existentes. En particular, destacou a necesaria “colaboración e coordinación” cun corpo como o da Policía Nacional, que estendeu tamén ás Forzas Armadas, “coas que interactúa a Garda Civil de maneira cotiá”. Na mesma liña, referiuse á Policía Local e a outras institucións como a Xunta, coa colaboración en ámbitos como a loita nos incendios forestais, ou a Deputación coruñesa, coa que asinarán un convenio para unha mellor conservación dos edificios, así como os concellos.

As praias de Riazor e Orzán, cheas de cabichas de cigarros

As praias galegas están cheas de residuos máis aló dos pélets ou microplásticos. Cheas de lixo mariño entre o que está o plástico, en gran cantidade, en forma de bolsas e envases, principalmente, pero tamén o cartón e o papel das cabichas dos pitillos. Semella que a práctica de fumar na praia é moi habitual nos areais galegos, onde os fumadores non son conscientes da elevada contaminación que estes residuos supoñen. O ‘Informe Macrolixos das costas españolas‘, elaborado polo proxecto ‘La España Azul en decembro de 2023, encabezado polo naturalista e explorador Nacho Dean, documenta o estado de tres ecosistemas galegos pondo o foco na contaminación por plásticos. Dende Galicia Confidencial recollemos os datos da súa experiencia de limpeza nas praias de Covas (Viveiro), Rodas (Íllas Cíes) e Riazor e Orzán (A Coruña).

As praias continuas de Riazor e Orzán, integradas no casco urbano da Coruña, e un dos puntos de relax favoritos dos coruñeses e dos surfistas pola súa elevada oleaxe, foron limpadas o 18 de decembro de 2022 por 40 voluntarios, que peitearon 1.300 metros de areal, recollendo ao seu paso 33,66 quilos de residuos. Do total de 1.700 ítems de lixo mariño atopados, o 4,71 % son fragmentos plásticos e metálitos. Do restante, a categoría máis recollida foi o papel e o cartón, representando un 61,73 % do total, sendo o 90,7 % deste papel e cartón materializado en forma de cabichas. En segundo lugar, atópanse os residuos plásticos, que representan o 19,94 % dos residuos, sendo os envases de comida o tipo de plástico máis abundante (un 25,31 % dos plásticos). Seguiríanlle os residuos hixiénicos (7,59 %), os metais  (4,07 %), o lixo de especial estudo (1,54 %), o vidro (0,93 %) e os residuos médicos (0,62 %). E hai que salientar que non se atoparon madeiras.

En números, acháronse nas praias de Riazor e Orzán 907 cabichas, 102 envases de comida, 75 toallitas húmidas e 75 cabos, cordas e cordeis. Os voluntarios concluíron que a principal fonte de contaminación dos areais foi a falta de concienciación sobre o impacto dos residuos, especialmente sobre as cabichas. Como solucións, propoñen instalar puntos de recollida de residuos na praia, sobre todo, cinceiros públicos; fomentar as limpezas de praias; preparar campañas de concienciación sobre o impacto das cabichas; fomentar o turismo e o consumo sostibles; realizar campañas de educación e sensibilización ambiental; e declarar a praia como ‘Espazo sen fume’.

A edil de Economía María Pan Lesta, proposta de Unión por Cambre á Alcaldía tras a renuncia de García Patiño

0

Abríanse as apostas a semana pasada, trala renuncia do que foi alcalde, Óscar García Patiño polo secuestro municipal provocado pola Secretaria e a Interventora. Finalmente será a edil de Economía, Facenda e Réxime Interior no Concello de Cambre, María Pan Lesta, seráa proposta de Unión por Cambre á Alcaldía.

Así o informa a organización despois de que a concelleira desde 2019 e no seu segundo mandato á fronte da Concellaría de Economía recibise este martes o apoio unánime da asemblea da agrupación local. A de Lesta foi a única candidatura que se presentou, se ben moitas miradas estaban postas en Dani Mallo, o coñecido ex porteiro do Real Club Deportivo.

Ao concluír a asemblea, a veciña de Meixigo mostrouse “orgullosa e agradecida polo enorme apoio recibido polos compañeiros e compañeiras” do partido. Tamén se comprometeu a “seguir traballando para liquidar a difícil situación do concello”.

Lesta incidiu en que ata o pleno no que se investirá ao alcalde ou alcaldesa — posterior ao que este xoves se celebrará para dar conta da dimisión de García Patiño — manterá “o plan de traballo da área”.

Veremos se este cambio de timón serve para que as habilitadas levanten o veto ás accións municipais.

Máis novas

Que relevará a Óscar García Patiño na alcaldía de Cambre?

O alcalde de Cambre dimite polo “bloqueo administrativo” da Interventora e a Secretaria