Inicio Blog Páxina 562

Atopado o propietario dun mostrario de xoias valorado en 12.000 euros que se perdera na Coruña

0

A Policía Nacional localizou ao propietario dun mostrario de xoias valorado en 12.000 euros que fora atopado o pasado 16 de novembro por unha muller nunha rampla de acceso a un garaxe no centro da cidade da Coruña.

Segundo detallou a Policía Nacional, a muller atopouse un vulto tirado no chan e, ao abrilo, comprobou que se trataba dunha manta que contiña unha gran cantidade de xoias.

Ao día seguinte, a cidadá entregou o vulto coas xoias na Comisaría da Policía Nacional da cidade herculina. Así, os axentes comprobaron que as xoias non tiñan ningún tipo de sinal ou nome gravado que puidese facilitar a identificación do seu propietario.

A continuación, iniciaron unha investigación nos arredores do lugar onde fora atopado o mostrario para tratar de localizar ao dono.

Finalmente, lograron identificar o propietario, un representante de xoias que perdera o estoxo e que aínda non se decatou diso. A Policía entregoulle o mostrario con todas as xoias, valorado en 12.000 euros, o pasado 20 de novembro.

As mulleres autoorganízanse para saír á rúa polo #25N

0

Convocadas a través da Marcha Mundial das Mulleres, milleiros de persoas volverán saír á rúa este sábado 25 de novembro co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Baixo o lema “Organicémonos contra as violencias machistas” haberá unha vintena de cidades e vilas galegas que saían a defender a necesidade da “autoorganizacón das mulleres, a autoorganización da loita feminista para combater este sistema que nos condena”.

A cita na Coruña será o sábado 25 ás 19:00h no Obelisco. Na contorna, tamén hai concentracións en Betanzos (18:30h no Palco da Música) ou Pontedeume (12h na Praza do Concello).

 

Manifesto 25N da @MMMGaliza

O 25 de novembro lembramos as irmás Mirabal, vítimas do feminicidio e da ditadura. As tres, Patria, Minerva e María Teresa foron encarceradas, violadas e asasinadas por mandato do ditador Trujillo en 1960 na República Dominicana. En nome da memoria colectiva, este día marca as loitas polo fin das violencias contra as mulleres.

Como cada ano facemos nosa esta data efacémolo combativas, firmes e convencidas de seguir loitando, dia tras dia, até erradicar calquera tipo de violencia machista. Cada dia que pase, berraremos máis forte contra o sistema capitalista epatriarcal econtra as súas brutais expresións.

Cada berro, cada comentario machista, cada opinión non solicitada, cada mirada, a fenda salarial, a desigualdade económica, cada agresión… son a base que suxeita e perpetúa este sistema de violencias sobre as nosas vidas. Violencias que non sofren só unhas poucas mulleres, violencias que sufrimos todas en cada ámbito das nosas vidas. Durante todas asnosas vidas.

O sistema ensínanos, desde pequenas, o noso rol na sociedade: sermos obxectos de desexo, escravas das tarefas do fogar, as que cobran menos polo mesmotraballo, as que asumimos a carga mental, as que asumimos todos os coidados, as violadas, as asasinadas. Somos as que sostemos omundo sen termos dereito a vivir nel.

Estamos organizando a resistencia contra un sistema que ten todas as ferramentas e capital do seu lado para asoballarnos, para someternos dentro del. Un sistema que crea e destrúe engrenaxes que afogan máis e máis as nosas vidas. Enon podemos agardar nada de quen serve aos intereses do sistema.

Non podemos esperar nada do papel da Xunta de Galiza de Rueda, que hai un ano sacaba a tan sonada campaña “non debería pasar pero pasa”, non imos esperar nada dun Partido Popular que se alía e aliña coa ultradereita fascista, que goberna contra as nosas vidas, que xoga coa saúde das mulleres, que perpetúa desde o goberno o machismo máis rancio. Tamén non imos esperar nada da xustiza nin das súas leismachistas, que poñen en dúbida as agresións que sufrimos. Non imos consentir máis retrocesos nin máis machismo nas nosas vidas.

E non imos agardar máis, porque se nos vai a vida, porque estamos FARTAS de que nos maten ante a indiferenza absoluta do sistema, fartas de traballar por menos salario, fartas de non poder expresar a nosa sexualidade como nos peta, de non poder volver a casa soas, fartas de ter medo. E hoxe decidimos que xa non temos medo, que pasamos á autoorganización feminista, á autodefensa.

Organizámonos e loitamos, como fan as compañeiras da limpeza por un convenio digno, como fan a s do Servizo d e Atención ao Fogar, como fan a s profesoras de educación infantil. Combatemos o sistema como fan as compañeiras das conserveiras, organizámonos como as compañeiras do SERGAS para paralizar o desmantelamento da atención primaria. Erquémonos como as irmás palestinas contra que nos quere submisas e pasivas. Artellamos resistencias feministas, comprometidas coa transformación do mundo para quetodas sexamos libres.

E atoparémonos todas sempre nas rúas, sabendo que calquera mudanza ten que ser de abaixo cara arriba, e que erradicación da violencia machista pasa, necesariamente, pola autoorganización do movemento feminista, o empoderamento colectivo e a autodefensa das mulleres, e pola aposta firme do feminismo en calquera ámbito das nosas vidas.

Querémonos libres, vivas, organizadas ecombativas!

A avenida de Alfonso Molina estará cortada ao tráfico do domingo ao luns

0

A construción da pasarela de Pedralonga obrigará ao corte de tráfico en Alfonso Molina desde as 22,00 horas do domingo ata as 06,00 horas do luns, segundo informa o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable.

Trátase dunhas obras de mellora da seguridade viaria coa construción da pasarela de Pedralonga na avenida Alfonso Molina (estrada AC-11 km 3,550), na Coruña, financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Nesta fase de obra prevese implantar o tramo de pasarela que cruza a citada vía, que consiste nunha celosía metálica de 52 metros de lonxitude e unha sección transversal de 4,8 metros por 5,2 metros.

“Para iso, requírese o emprego de maquinaria pesada de elevación, ocupando a calzada da estrada AC-11, incompatible co mantemento do tráfico”, explica o Ministerio. Por este motivo, “e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir das 22,00 horas do domingo 26 de novembro e ata as 06,00 horas do luns, día 27, producirase o corte total da AC-11 (ambas as calzadas) entre os puntos quilométricos 2,420 e 3,540”.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados tanto en dirección saída da cidade como de entrada.

“Seguimento total” na folga de traballadoras de Perfumarías Arenal na provincia da Coruña

0

As traballadoras das tendas Arenal da provincia da Coruña realizaron este venres unha folga (convocada pola CIG e UGT) con “seguimento total” para demandar salarios dignos e reforzos de persoal. Segundo informa a CIG nun comunicado, máis do 70 % do persoal, a maioría mulleres, cobra o salario mínimo a pesar de “os avultados beneficios da empresa”. Por iso, decidiron saír á rúa con motivo do Black Friday para cobrar como “as compañeiras que están reguladas polo convenio do comercio vario“. Asegura que o seguimento é practicamente do 100 %, con peche de tendas e só aperturas a cargo de encargados.

Na mañá deste venres, comezaron a súa protesta cunha concentración na tenda de Perfumarías Arenal na rúa San Andrés, onde participaron compañeiras de Santiago e Carballo. Tras iso, saíron en manifestación ata a tenda de Catro Camiños. ‘O salario de Arenal non nos chega para xantar’, ‘Vivimos fatal traballando en Arenal’, ‘O paraugas de agasallo a conta do salario” ou “Perfumes de luxo, salarios de lixo” foron algunhas das consígnas que gritaron.

Xa pola tarde, as empregadas farán concentracións na tenda do centro comercial Marineda City. Así mesmo, denuncian que a empresa se nega a negociar unha mellora das condicións retributivas. Expoñen que compañeiras dependentas e auxiliares cobran entre 2.800 e 4.300 euros máis ao ano.

Luis Miguel actuará na Coruña o 21 de xullo de 2024

0

Luis Miguel recalará o próximo 21 de xullo de 2024 na Coruña na súa xira por España, que o levará por un total de once localidades, entre as que xa rexistrou un dobre sold out nas súas dúas actuacións do Estadio Santiago Bernabéu previstas para os días 6 e 7 de xullo.

Respecto ao ‘non hai billetes’ do Santiago Bernabéu, a axencia do cantante explicou que “a dimensión de Luis Miguel como ídolo non só vai ligada ao estritamente musical, senón á súa dimensión como persoa“. Desta maneira, explicaron a decisión de que os concertos de Luis Miguel no Santiago Bernabéu contarán cunha acción solidaria da man da Fundación Real Madrid.

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

0

Nova xornada chea de emotividade no marco do proxecto Entre Patios. Esa iniciativa que trata de humanizar os patios dos coles da Coruña con mesas realizadas por persoas privadas de liberdade da prisión de Teixeiro, no que colabora o alumnado do módulo de carpintería do IES Rosalía Mera, e no que están implicando como os que máis, os usuari@s do Centro de Educación Especial Aspronaga.

Durante a xornada de onte, internos do Centros de Inserción Social da Coruña colaboraron co alumnado do FP e de Aspronaga na montaxe de mesas para o patio en tres Centros Educativos de A Coruña (CEIP Torre de Hércules, CEIP Victor López Seoane e IES Zalaeta). As mesas xa se instalaron noutros dous centros dos 10 participantes (hai lista de espera!)

Alumnado do IES Rosalia Mera no CEIP Victor Lopez Seoane
Alumnado do IES Rosalia Mera na mesa recén montada no CEIP Víctor Lopez Seoane

É unha delicia ver traballar en común colectivos tan diferentes, que se axudan entre si e se involucran ao máximo nestas xornadas que fomentan o traballo en rede, e a inserción das persoas privadas de liberdade, que coñecen así outros colectivos sociais, e viven en primeira persoa o que significa axudar á sociedade.

Usuaria de Aspronaga montando unha mesa
Unha alumna de de Aspronaga montando unha mesa no CEIP Torre de Hércules
Un alumno do IES Rosalia Mera axudando a un de Aspronaga na montaxe das mesa
Un alumno do IES Rosalia Mera axudando a un de Aspronaga na montaxe das mesa
Rosaura Romo e Ana Suárez son as responsables da Fundación Érguete e coordinadoras do proxecto. Á esquerda Carmen Franco, directora do CEIP Víctor López Seoane e Eloi Souto, mestre de carpintería do IES Rosalía Mera
Rosaura Romo e Ana Suárez son as responsables da Fundación Érguete e coordinadoras do proxecto. Á esquerda Carmen Franco, directora do CEIP Víctor López Seoane e Eloi Souto, mestre de carpintería do IES Rosalía Mera

Máis novas do proxecto

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

A ampliación de Alfonso Molina remataría en 2026

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, situou o inicio das obras de ampliación da avenida de Alfonso Molina en 2024 e a súa finalización en 2026, tras a adxudicación da obra e a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do estudo de detalle para a integración ambiental. “Unhas obras que van pasar de ser históricas a actuais“, remarcou a rexedora nun acto xunto ao candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, na zona de Matogrande.

“Moitos anos escoitando falar a outros ministros non socialistas e con goberno local non socialista e na Xunta, que casualidade que todas administracións da mesma cor e non foron capaces de desbloquear esta infraestrutura“, apuntou sobre o PP. Xa sobre a obra indicou que se trata dunha adxudicación por 18 millóns para a ampliación da avenida de saída e entrada á cidade, ao que se suma a publicación do estudo de detalle para a integración ambiental, por importe de 5,5 millóns.

Noutra orde de cousas, e cuestionada polas negociacións co BNG para os orzamentos de 2024, apelou ao “arduo traballo” e instou á “discreción” á espera de que se faga público o resultado das mesmas.

Facua insta a Renfe a solucionar as incidencias na liña A Coruña-Ourense

0

Facua Galicia dirixiuse á dirección xeral de Renfe para pedirlle explicacións sobre os atrasos na conexión ferroviaria entre A Coruña e Ourense, e tamén no eixo atlántico.

A asociación considera “necesario levar a cabo acciones efectivas para garantir a prestación deste servizo baixo unhas condicións de calidade mínimas”.

Ademais, indica que, “tendo en conta o estado dos trens, estas incidencias supoñen un grave prexuízo a aqueles usuarios que usan este medio de transporte público para os seus desprazamentos”.

A través dunha nota de prensa, a organización remite ao comunicado que á súa vez emitiu o comité de empresa de Renfe na provincia de Pontevedra o pasado 19 de novembro reclamando medidas urxentes para mellorar o servizo.

“O artigo 1258 do Código Civil sinala que os contratos se perfeccionan polo mero consentimento, e desde entón obrigan, non só ao cumprimento do expresamente pactado, senón tamén a todas as consecuencias que, segundo a súa natureza, sexan conformes á boa fe, ao uso e á lei”, apunta.

Engade que o Regulamento (UE) 2021/782 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2021, sobre os dereitos e as obrigacións dos viaxeiros de ferrocarril sinala que “é importante garantir os dereitos dos viaxeiros de ferrocarril, ademais de aumentar a calidade e a eficacia dos servizos de transporte de viaxeiros por ferrocarril co fin de incrementar a cota correspondente ao transporte ferroviario en relación cos demais medios de transporte”.

Tamén trae a colación o Anexo III desta norma comunitaria, que contempla como normas mínimas de calidade do servizo, entre outras, “puntualidade dos servizos e principios xerais para facer fronte ás perturbacións dos servizos”.

Por iso, Facua Galicia lembra aos usuarios que teñen dereito a reclamar a Renfe polo incumprimento do transporte contratado que supoñen os atrasos que veñen producindo. Así mesmo, esixe á operadora que leve a cabo cantas accións sexan precisas para emendar as deficiencias detectadas e garantir un servizo de calidade.

A remodelación da avenida Alfonso Molina adxudicada por 18,3 millóns de euros

0

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable adxudicou por importe de 18,3 millóns de euros (IVE incluído) o contrato de obras de remodelación da avenida de Alfonso Molina, na autovía AC-11, na cidade A Coruña.

Nun comunicado, o Ministerio destaca que a actuación “ten unha gran importancia para a cidade coruñesa e a súa área metropolitana, xa que o seu principal obxectivo é a mellora da funcionalidade, a capacidade e a seguridade viaria da avenida de Alfonso Molina”.

Para iso, minimizaranse os importantes movementos de trenzado existentes, que se xeran especialmente en horas punta entre os nós da AP-9, Matogrande-Pocomaco e Ponche dá Pedra-San Cristóbal. “Estes trenzados causan retencións de tráfico, conxestión, ruído e contaminación, cunha afectación global aos accesos á cidade e á mobilidade de toda a área metropolitana”, explica.

Para lograr este obxectivo, foron proxectadas novas vías de servizo laterais en ambos os sentidos de circulación que permiten reordenar os accesos existentes, para o que será necesario repor as dúas pasarelas peonís afectadas que cruzan a avenida. Por último, será completado o movemento da ligazón de Ponche dá Pedra cara á AC-10 (porto) e barrio de Matogrande desde o centro da cidade.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Así mesmo, o Ministerio ultima os pasos para finalizar e aprobar o outro proxecto previsto para esta mesma avenida: o de integración ambiental. Esta actuación, financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), incorpora diversos aspectos que melloran a integración urbana da actuación e achegan seguridade viaria aos usuarios vulnerables (peóns, ciclistas e mobilidade alternativa).

Algúns elementos ambientais proxectados son os seguintes: novas sendas, vías ciclables, plantacións e pantallas vexetais, unha nova pasarela peonil sobre o viario Matogrande-Pocomaco, que facilitará o acceso cara á universidade e novos viarios que posibilitan a realización de novos movementos e accesos. Pola súa banda, seguen en execución as obras de construción da pasarela peonil entre os barrios de Pedralonga e Palavea, sobre a propia AC-11.

Corenta e sete asociacións coruñesas recibirán axudas do Concello

0

Un total de 47 asociacións recibirán axudas municipais para gastos de funcionamento ou apoio aos seus programas, proxectos e actividades, de acordo coa resolución definitiva do Concello da Coruña das subvencións para entidades sociais por importe de case 100.000 euros.

Segundo informa, xa está dispoñible, na web municipal, a listaxe coa proposta de resolución definitiva das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que concede o consistorio a través da concellaría de Benestar Social.

O importe total das axudas suma 97.319 euros, que 47 asociacións da cidade poderán utilizar para levar a cabo as súas actividades ou proxectos de interese social no ano 2022.

A finalidade das subvencións é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no termo municipal da Coruña, a realizar durante o ano 2023.