Inicio Blog Páxina 579

Reconstrúen a morte do home asasinado no barrio das Flores: non puido defenderse

Os dous médicos forenses que elaboraron o informe pericial pola morte dun home no Barrio das Flores, en setembro de 2021 na Coruña — feitos presuntamente cometidos por un coñecido que lle debía diñeiro– confirmaron que non hai sinais de defensa e tampouco “ningunha lesión que suxira loita”.

Así o manifestaron no xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña e en relación a un corpo que presentaba 18 puñaladas nas costas e unha máis á altura do esternón. No entanto, recalcaron que o cadáver “non estaba no seu mellor estado”, en alusión á descomposición do mesmo.

Ademais, concluíron que a “lesión esencial” que produciu o falecemento do home foi a ferida frontal que sufriu. “A perda de sangue da incisión do tórax foi o que produciu a morte, en minutos”, explicaron. O resto de puñaladas, engadiron, non provocaron á vítima lesiones “incompatibles coa vida”. Así mesmo, argumentaron que “de forma diferida, non inmediata, poderían xerar complicacións que, en horas ou días, poderían causar a morte”.

Cuestionados pola arma homicida, os médicos, en calidade de peritos, dixeron que “a priori o máis probable” é que as incisións fosen ocasionadas por “unha soa arma”. “Son lesións moi parecidas entre elas”, puntualizaron.

ADICCIÓNS DO ACUSADO

Na vista, declarou tamén a forense encargada de tomar as mostras de saliva e cabelo ao acusado. O resultado destas probas, segundo dixo, “reflicte un consumo crónico de cocaína e alcol”.

Durante o xuízo, testificou ademais a responsable do laboratorio da brigada de policía científica, quen certificou que no escenario do crime achouse unha cabicha dun cigarro “con ADN do detido”.

Quirónsalud A Coruña aplica por primeira vez na sanidade privada galega unha técnica endoscópica en tumores de páncreas

O Hospital Quirónsalud A Coruña aplica, por primeira vez na sanidade privada galega, unha innovadora técnica endoscópica para o tratamento de certos tumores pancreáticos.

Segundo explica o centro hospitalario, a través do endoscopio introdúcese unha agulla coa que, “con gran precisión”, se punciona o tumor pancreático “para destruílo mediante a aplicación de radiofrecuencia”.

Para o especialista en dixestivo do Hospital Quirónsalud A Coruña, David Martínez Ares, unha das vantaxes que supón esta técnica que utiliza un “método de ablación térmica” fronte á cirurxía convencional é que é “menos invasiva”.

Este feito, “tradúcese nunha taxa de complicacións moito menor e nunha estancia hospitalaria moito máis breve” xa que o paciente irase ao seu domicilio “nun prazo entre 24 a 48 horas” se non hai incidencias. Outra das vantaxes para o doutor é que a cirurxía se realiza baixo sedación en lugar de anestesia xeral.

Esta técnica está indicada no tratamento dos tumores neuroendocrinos pancreáticos funcionantes ou no non funcionantes de menos de dous centímetros de tamaño e con achados na biopsia que suxiren un comportamento menos agresivo, segundo puntualiza o hospital.

O envorco dun camión de recollida de lixo de Arteixo deixa dous operarios feridos

0

Dous operarios do servizo de recollida de lixo resultaron feridos este venres tras envorcar en Arteixo o camión co que traballan. Fontes municipais precisaron que o vehículo é da Laracha.

En concreto, segundo recolleu o 112 Galicia, o accidente produciuse no quilómetro 7 da estrada DP-0513, na parroquia de Monteagudo, nun lugar que limita entre A Laracha e Arteixo.

A central de emerxencias sinalou que os dous ocupantes conseguiron saír ao exterior do camión, pero non baixar de encima debido á gran altura ata o chan. Así, explicou que tanto un traballador non implicado como os dous operarios accidentados puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar sobre o ocorrido. Con todo, pouco despois da primeira comunicación relataron que os axudaron a baixar, aínda que necesitaban asistencia sanitaria.

Ademais, como o camión obstaculizaba completamente a circulación no punto, os servizos de emerxencia cortaron o tráfico ata o restablecemento das condicións da vía. Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Arteixo e da Laracha. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Arteixo e os servizos de mantemento da estrada.

Emotivísima homenaxe a Dani Fiaño nos Premios Martín Códa da Música

1

Fermosa festa da músiva a vivida esta pasada noite en Pontevedra co gallo da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música. O evento, artellado pola asociación de Músicas ao Vivo, é toda unha festa da música galega contemporánea, e un perfecto escaparate para que o resto do país coñezamos as novas propostas musiqueiras na nosa lingua.

Espectaculares na introdución e na guía da gala estiveron os Fran Rei e Isabel Risco, que cal Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, rimaron, cantaron e fixeron rir ao panorama galego co viño como fío condutor.

A xornada tiña prevista a participación cun coruñés ilustre. O finado Dani Fiaño, alma da A.C. Sons de Breogán, ía ser o encargado de dar 4 premios. O seu emocionadísimo pai, Tino, acodiu na súa representación, defendendo que “a loita de Daniel pola lingua e obra pola lingua galega aí estará”. entre bágoas, Tito lembrou o percorrido de Sons de Breogán, que nacía como un Traballo de Fin de Grao, e continuou na Asociación que tanto defende a Música galega contemporánea e independente.

Aproveitou ademais, tirando de valentía, para facerlle un rogo ao Conselleiro de Cultura: “se Rosalía e Pondal saben tanto de música, da música actual galega, será porque hai moi boa canteira. Tire dela e déixese de tanto Son do Camiño internacional, e aposte por un Son do Camiño onde a música galega protagonista, sóbralle canteira”, propuxo entre os aplausos da bancada. Aquí o podedes ver:

Poucos premios, en calquera caso, para a cidade da Coruña (a meirande parte para a provincia de Pontevedra), entre os que cómpre destacar o Premio Rock e Punk a Moura.

Luz Casal, Premio Honorífico

Os Premios

Foto de familia

PSOE e BNG inician contactos na Coruña con “ánimo de diálogo” para formar goberno

O portavoz en funcións do goberno local da Coruña, o socialista José Manuel Lage, e a concelleira electa do BNG Avia Veira aseguraron, sobre a primeira reunión convocada este xoves no marco das negociacións para conformar o goberno na Coruña, que afrontan este proceso con “ánimo de diálogo” e con “a man tendida”.

A preguntas dos xornalistas, Veira manifestou que a posición do seu partido é negociar “con todo o ánimo do mundo e a mente aberta”. “Temos o mandato da sociedade de dialogar”, puntualizou, á vez que engadiu que a deste xoves é “unha primeira reunión e non será a única”.

Lage, pola súa banda, recalcou que a negociación, no seu caso, será “coa man tendida e facendo do diálogo unha ferramenta para seguir construíndo cidade”. “Coa vontade de abrir un espazo de diálogo co BNG, sabendo que hai unha maioría clara de esquerdas na cidade”, recalcou o socialista, quen apelou á “tradición de encontro” entre o seu partido e os nacionalistas.

O tamén secretario de Organización do PSdeG lembrou, a este respecto, que no ámbito galego xa hai un acordo marco global “para favorecer os gobernos progresistas, que son os que van facilitar que o PSOE teña máis de 100 alcaldías en Galicia e o BNG tamén teña un número relevante”.

Somos forzas políticas diferentes, temos programas diferentes, pero podemos ter elementos en común, e o que debemos é pór por encima de todo os intereses dos coruñeses“, manifestou.

Ata o día 15 non se determinará se auga betanceira é apta para o consumo

0

A Dirección Xeral de Saúde Pública realizará este xoves unha análise de control de augas no concello de Betanzos polo brote de gastroenterite. “Con todo, este estudo non será aínda determinante dado que o consistorio deberá finalizar coas tarefas que ten pendentes e que determinarán a potabilidade da auga”, engade.

Nesta xornada, a alcaldesa en funcións, María Barral, xunto a técnicos da empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga, Viaqua, e responsables de Sanidade, mantiveron este mediodía de mércores en Santiago unha reunión de seguimento pola situación da auga e o citado brote para analizar a situación e o plan de desinfección realizado por Viaqua para a eliminación do norovirus.

A primeira edil explicou que o programa de desinfección desenvolvido por esta, seguindo as formulacións realizadas desde Sanidade, está finalizado co que “mañá mesmo” desde o citado departamento autonómico “tomaranse mostras en varios puntos da rede para, posteriormente, realizar a correspondente analítica para comprobar que a desinfección foi correcta”.

O consistorio engade que a próxima semana Sanidade tomará outras mostras noutros puntos que determinarán, tras a súa análise en laboratorio, se a auga é apta ou non para o consumo. En todo caso, “espérase que o día 15 e non antes desta data sexa cando se determine se a auga está apta ou non para o consumo”.

María Barral tamén indicou que por parte de Augas de Galicia tomáronse, tal e como pedía o consistorio, “mostras en varios puntos do río, na zona de captación e río arriba”. “Con todos os resultados sobre a mesa, determinarase o día de volta á normalidade”, apostila.

Pola súa banda, Sanidade precisa que a xestora de augas do municipio concluíu a primeira parte do proceso, coa realización de tarefas de hipercloración das augas que tiñan como obxectivo eliminar o virus causante do brote. “Agora, o concello deberá concluír coa segunda fase do proceso”.

“Isto é, reducir os niveis de cloro durante os próximos días, realizar unha nova analítica e comprobar que a auga é apta para o consumo humano”. Sobre unha nova análise, “previsiblemente a próxima semana”, apostila que se os resultados son idóneos remitirase un informe de idoneidade ao concello, “organismo que ten competencias para levantar as limitacións de consumo de auga”, indica sobre as restricións existentes.

Rego encabezará a lista do BNG pola Coruña ao 23J para conseguir un “grupo galego forte”

0

Nestor Rego volverá ser a cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña no marco das Elecciuóns Xerais do 23 de xullo. Así o ratificou hoxe Ana Pontón, que marca o reto de conseguir un grupo galego “forte” no Congreso dos Deputados, “como fan os vascos e os cataláns”.

“Fixemos moito cun só deputado. Imaxinade o que seriamos capaces cun grupo galego forte nun escenario sen maiorías fortes”, destacou a líder do Bloque, Ana Pontón, durante un almorzo informativo ofrecido xunto ao que foi representante do BNG no Congreso na última lexislatura.

Na súa intervención, na que fixeron balance dos logros conseguidos polo BNG neste tres anos grazas ao seu traballo na Cámara baixa como a rebaixa de peaxes da AP-9 ou a mellora nas infraestruturas ferroviarias, Pontón subliñou que a organización frontista é a única coas “mans libres” para “defender Galicia” e os intereses dos galegos.

Así mesmo, incidiu en que o BNG ten o “único obxectivo” de facer valer a Galicia en Madrid e que, para conseguilo, non ten que pedir permiso a ninguén, fronte a un PP “ás ordes de Xénova” e a un PSOE “ás ordes de Ferraz”. “Somos o BNG ao servizo e ás ordes da cidadanía galega”, apuntou.

Tras iso, subliñou que un deputado do Bloque “foi máis útil” para Galicia que os 23 das forzas estatais, ao lograr cuestións como unha “rebaixa histórica das peaxes”, conseguir o desbloqueo do dragado da ría do Burgo.

“INCUMPRIMENTOS” DAS FORZAS ESTATAIS

Con todo, tanto Pontón como Rego censuraron os “incumprimentos” do PSOE do acordo de investidura, nunha actitude que consideraron que é “exemplo claro” de como “o Partido Popular e o PSOE altérnanse na discriminación de Galicia”. “O que conseguiu Galicia foi grazas a que o BNG puxo os intereses de Galicia por diante”, afirmou.

Así, despois de pór en valor o traballo de Rego no Congreso, Pontón reprochou que as forzas estatais fixesen que se perdesen oportunidades por “non cumprir” con cuestións como a derrogación da Lei Mordaza e a recuperación de dereitos como a idade de xubilación aos 65 anos.

Neste punto, Néstor Rego subliñou que quen levou a “axenda galega” á Cámara baixa a foi o BNG a través do acordo de investidura, pero lamentou que o PSOE non cumprise o seu parte en asuntos como a creación en Galicia de novos xulgados de violencia de xénero.

Do mesmo xeito que Ana Pontón, lamentou que “en moitas ocasións as solucións non fosen posibles” pola negativa das forzas de ámbito estatal, “chámense PP ou chámense PSOE”, “que actuaron sempre en función do que ordenaron as súas direccións de Madrid”.

Todo iso, mentres que o Bloque “actuou sempre tomando en consideración aquilo que conviña aos intereses dos galegos”, con miles de iniciativas no Congreso e con máis de 300 emendas a cada un dos orzamentos xerais do Estado.

O grupo asegurou que pronto informará sobre as listas, que serán aprobadas o día 16 de xuño polo Consello Nacional.

O concurso de Nanos afecta a 50 empregados en Galicia cunha idade media duns 50 anos, que preparan mobilizacións

A empresa galega téxtil Nanos presentou concurso de acredores, con afectación a medio centenar de empregados en Galicia, onde ten tendas na Coruña (4), así como en Santiago, Vigo, Pontevedra e Lugo. Agora, os empregados preparan mobilizacións para próximos días.

José Ángel García Carro, delegado da CIG na sede de Nanos en Bergondo, explica que a compañía lles trasladou que entra en concurso no seu tres empresas –de produción, xestión de tendas e administración–.

Así, apunta que a situación da empresa familiar víase vir desde antes da pandemia, cun traslado a Bergondo cunha nova dirección coa “idea de desfacerse do negocio”. De feito, expón como a compañía “deixou de comprar” de face á campaña de inverno.

Así, alerta da “difícil” reciclaxe da maioría dos traballadores, cunha idade media de máis de 50 anos e que levan traballando na empresa durante máis de 20 anos, con casos que chegan aos 40 anos de experiencia.

Desde comezo de 2023 comezou a haber problemas de pago de nóminas para uns traballadores que son mileuristas. En concreto, apúntase a que actualmente se debe medio mes de maio.

Os traballadores critican que se lles enganou a uns 120 en toda España, pois se lles trasladou “ata o último día” que seguirían coa actividade, pero prevén a “liquidación” e o peche das tendas. De feito, avisa de que existen diversas débedas con provedores da zona da Coruña.

O PSOE pide “respectar os tempos” polas negociacións co BNG para formar goberno na Coruña

A alcaldesa en funcións da Coruña, a socialista Inés Rei, pediu “máxima discreción” e “seriedade” respecto dos contactos que o PSOE e o BNG inician este xoves para conformar o goberno da cidade herculina.

Faino despois das declaracións de Jorquera afirmando que “ao BNG non lle valen catro anos máis do mesmo”.

“Inícianse unhas conversacións normais entre grupos e respectando os tempos que marcaban as organizacións políticas”, explicou, a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno local. Ademais, enmarcou estes contactos “dentro da normalidade democrática”.

Rei recalcou que “durante todos estes días”, mantivo “máxima discreción” porque se trata dun asunto que “hai que levalo con seriedade”. “Vou seguir nesta liña ata que haxa algo que comunicar”, avanzou.

ELECCIÓNS XERAIS

Na mesma, foi cuestionada tamén sobre a candidatura do ministro de Sanidade, José Miñones, e o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, como cabezas de lista polas provincias A Coruña e Lugo, respectivamente, do PSdeG ao Congreso.

Respecto diso, manifestou que esta decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reflicte que “quere contar cos mellores para encabezar estas listas” de face a unhas eleccións “importantísimas”

 

A empresa coruñesa Greenalia fai negocio co concurso eólico

0

Colocar unha ex Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no consello de administración dunha empresa pode servir para accións como as que acaba de protagonizar a empresa coruñesa Greenalia. “Para isto serven as portas xiratorias do PP coas eléctricas, para vender Galiza”, denunciaba Ana Pontón ao coñecer que a empresa herculina, que conta na súa dirección coa exconselleira e ex candidata do PP na cidade Beatriz Mato, vendeu unha carteira de 182MW conseguidos nos salvaxes concursos eólicos da Xunta que está ameazando a riqueza natural de toda Galicia.

A operación pechouse coa empresa francesa Engie, que terá os dereitos para construír, de aquí a 2025, unha serie importante de parques eólicos en Galicia e en Andalucía.

Se ben non se cuantifica canto supón a operación, Manuel García, CEO de Greenalia, confirmaba nun comunicado que “esta operación forma parte do plan de rotación de activos da compañía. Os fondos obtidos deste movemento destinaranse a acelerar e consolidar o desenvolvemento do plan de negocio de Greenalia”.