Inicio Blog Páxina 681

175.000 repartidos na Coruña polo Cupón Diario da ONCE

0

Mañá de sorte para os compradores de 8 cupóns da ONCE premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do xoves 30 de marzo. Foi o vendedor da ONCE Andrés Pérez Armental é quen deu sorte na Coruña con estes 175.000 euros que repartiu dende os seus puntos de venda situados no Hiper Alcampo Palavea, número 1, e no Mercado de Lugo, Praza de Lugo, número 1.

O cupón do 30 de marzo, dedicado aos L e LXXV aniversarios da Real Confraría de ‘Los Moraos’, será lembrado na cidade.

A exposición de Steven Meisel supera xa as 100.000 persoas

0

Máis de 100.000 persoas pasaron pola zona portuaria da Coruña para gozar da exposición ‘Steven Meisel 1993 A Year in Photographs’, a primeira gran exposición en torno ao lendario fotógrafo promovida por Marta Ortega Pérez a través da fundación que leva o seu nome (Fundación MOP).

A exposición pode visitarse de maneira gratuíta no centro de exposicións da Fundación MOP na zona portuaria da Coruña ata o 1 de maio.  Este é o espazo no que o ano pasado celebrouse tamén a exposición ‘Peter Lindbergh: Untold Stories’, pola que pasaron máis de 110.000 persoas.

‘Steven Meisel 1993’ recolle o traballo deste mestre da fotografía durante 1993, un ano decisivo na súa carreira, que destaca pola súa estreita colaboración con Vogue e no que chegou a asinar 28 portadas e máis de 100 editoriais para a revista. Cunha selección de imaxes a cargo do estudo de propio Steven Meisel, a mostra presenta máis de cen retratos de homes e mulleres do mundo da moda e do cinema como Linda Evanxelista, Carla Bruni, Naomi Campbell, Hamish Bowles, Kyle MacLachlan, Claudia Schiffer, Jaye Davidson, Barbra Streisand, Marlon Richards, Isabella Blow, Amanda Harlech ou Twiggy.

Rueda di que sería unha “mala noticia” que A Coruña quede sen a sede da Aesia tras o recurso de Andalucía

0

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, considerou este venres que sería “unha mala noticia que se poña en dúbida” A Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), polo que pediu ao Goberno central que “defenda a súa decisión”.

Estas declaracións foron realizadas polo mandatario autonómico en Vigo tras inaugurar un tramo da senda peonil e ciclista que percorrerá toda a fachada do Porto, desde As Avenidas ata Bouzas. Alí, foi preguntado sobre as palabras do presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, que pediu ao Executivo que volva convocar o concurso da Aesia para “empezar de cero” porque, ao seu xuízo, “fíxose mal”.

Alfonso Rueda dixo que respecta as reivindicacións doutras cidades, como Granada, que non resultaron elixidas. “Non é nada novo”, engadiu. Con todo, destacou o traballo levado a cabo en Galicia para impulsar a candidatura da Coruña e que finalmente chegase a “alegría” de ser seleccionada.

Por iso, espera que sexa unha decisión “definitiva” porque é “moi boa” para Galicia e “sería unha mala noticia que se puxese en dúbida”. Así, solicitou ao Goberno que “defenda a súa decisión” con todos os argumentos e explicacións necesarias para deixar claro que “se fixeron as cousas ben”. “Se as cousas están ben feitas, non haberá problema. Con independencia daqueles que non resultaron designados”, sentenciou.

Precisamente este venres coñecíase que o Consello de Goberno da Xunta de Andalucía aprobará o vindeiro martes un acordo instando o Executivo central a “rectificar a súa decisión” sobre a sede de Aesia, á que aspirou Granada, e volver convocar o proceso para elixir onde se situará este organismo para o que foi elixida A Coruña. Así o indicou o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, instando a “empezar de cero” a selección porque “se fixo mal”.

Formoso aposta por manter o nome do Teatro Colón e o BNG expón “debater” o cambio

O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, avogou por manter o nome do Teatro Colón da Coruña, mentres que o nacionalista Xosé Regueira, vicepresidente provincial, apelou a “reflexionar” e “debater” sobre o posible cambio.

Fixérono, a preguntas dos xornalistas, con motivo da presenza de ambos na presentación dun plan piloto para a dotación á provincia de residencias para maiores cun ámbito comarcal.

En concreto, ao ser cuestionados se cren que debería substituírse polo de María Casares, Formoso enxalzou a figura da artista coruñesa, pero defendeu o actual nome do teatro. Tamén asegurou que hai “mil maneiras” de recoñecer a figura da actriz.

Pola súa banda, o nacionalista Xosé Regueira asegurou que a actiz tería “dereito” a que o seu nome se puxese no citado teatro e por iso avogou por abrir un debate sobre esta cuestión.

Miguelanxo Prado deixa o Salón do Cómic polos “obstáculos” e as “limitacións económicas”

0

Anunciabamos onte a renuncia de Miguelanxo Prado a continuar como director do proxecto Viñetas do Atlántico. O coñecido artista quixo explicar nunha completa rolda de prensa as causas desta comprometida decisión a apenas 2 meses das eleccións municipais.

Entre as meirandes causas, Prado citou as “limitacións económicas” e os “obstáculos” que, segundo dixo, foi atopando desde hai anos para a organización do festival fronte ás condicións que expuxera cando aceptou a proposta do exalcalde Francisco Vázquez hai 25 anos.

Prado sinalou que sempre viu o proxecto como un evento aberto dirixido para un sector de público amplo e non “especializado, dirixido a un grupo concreto”. Un proxecto cunha calidade moi coidada, que recibiu ao “mellor do mundo” do sector da banda deseñada cuia fórmula tivo un “éxito incuestionable” que se mantivo “razoablemente ben durante dez anos”, convertíndose nun “patrimonio como cidade” que non se pode perder.

“Non é un problema persoal, é un problema estrutural, non estou canso, nin desilusionado pero coas regras de xogo que se nos pon na mesa o modelo non é viable”, engadiu o debuxante para quen “se pode facer outro festival” pero non o que el concebiu cunha “aposta diferenciada”.

CAMBIO CO PP

Matizou que xa en 2011, cando entrou o PP no poder, foi cambiando o panorama, tendo que poñer cerco a “posicionamentos ideolóxicos”, ademais de tomar medidas como a conxelación do orzamento (120.000€) dende “hai moitos anos”. Foi máis alá Prado sinalando que mesmo lle ofreceron privatizar o festival, e a falta dunha aposta real por darlle máis vida a este proxecto “perdeuse a ocasión de crear un museo nacional do cómic”.

A ALCALDESA AGRADECE O TRABALLO

Preguntado pola resposta do actual goberno local ás súas formulacións, Miguelanxo Prado asegurou que non sabe se llas transmitiron á alcaldesa, Inés Rey, “ou non os valorou”.

Pola súa banda, a preguntas dos xornalistas, a rexedora herculina manifestou que coñece “perfectamente” as razóns da renuncia de Miguelanxo Prado co que dixo tivo unha “extensa reunión”. Tamén agradeceu o traballo do debuxante por impulsar unha “cita indispensable” que, avanzou, seguirá no verán.

“Nomearemos nova dirección”, confirmou a alcaldesa, que manifestou que se “actualizará e modernizará” o evento. “Seguirá sendo unha cita imprescindible do verán”, apostilou.

O Liceo Feminino, outra vitoria na Liga e este sábado polos Cuartos da Champions

As rapazas do Deportivo Liceo chegan á recta final da tempada lanzadas na disputa de tres competicións. 

O rendemento das verdibrancas este ano está sendo moi alto.  Onte pola tarde gañaron 4-1 ó colista, o Alpicat e marchan sextas na táboa da OK Liga Iberdrola a falta de tres xornadas para o remate da fase regular. Inflúe moito nesta boa clasificacion o acerto de cara a porta dalgunhas das súas xogadoras. Por exemplo,  os 20 goles de Alba Garrote colócana polo momento como cuarta anotadora da competición. E os 18 tantos de María Sanjurjo, a nosa campiona do Mundo, deberían poñela outra vez na lista das xogadoras convocables coa selección española.

Ademáis, o vindeiro mes de maio, xogarán a Copa da Raíña en Calafell, do 10 ó 13. Competición a eliminatoria directa, entre os oito mellores equipos de España. Emoción asegurada.

Pero, como novidade, este ano al liceístas están facendo historia na Champions femenina. Este sábado saltarán ó parqué de Riazor para disputar os cuartos de final do torneo continental. Enfronte, nada menos que o Palau Plegamans, o actual campeón de Europa, con varias xogadoras internacionais nas súas fias. Non será doado, pero estas rapazas son quen de amargarlle-lo día a calquera. Dende aquí brindámoslles todo o apoio e desexámoslles toda a sorte do mundo, pois son merecedoras disto e moito máis. 

O que por suposto que non merecen, é que o vindeiro ano o Liceo se desfaga da súa sección femenina, como estivo anunciando estos días. 

 

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

Recoñecen o dereito a teletraballar para coidar dos seus fillos a unha empregada de atención telefónica

Un xulgado coruñés recoñeceu o dereito a realizar a totalidade da súa xornada laboral en formato de teletraballo a unha empregada dun servizo de atención telefónica con sede na Coruña para que poida atender as súas obrigacións familiares para o coidado dos seus dous fillos.

Nunha sentenza emitida a comezos deste mes de marzo e que trasladou este xoves USO, o Xulgado do Social número 1 da Coruña condena á compañía Atento a permitir que esta traballadora do seu centro na Coruña leve a cabo a súa xornada en teletraballo e a indemnizala con 3.000 euros, a metade do que a demandante esixía.

A empregada, casada e con dous fillos, unha antigüidade de 23 anos no seu posto e que reside fóra da cidade herculina; solicitou o teletrabajo despois do retorno á presencialidade no centro da Coruña o pasado outono, pero a dirección non respondeu formalmente á petición, como así recolle a sentenza, que pode ser recorrida ante o TSXG.

O fallo do xulgado do social sinala que no centro de Atento da Coruña só sete dos seus 300 empregados traballa a distancia, a diferenza do que ocorre no de León, onde os 300 traballadores fano en remoto.

Así pois, subliña o dereito recolleito na reforma do Estatuto dos Traballadores do ano 2019 a pedir a adaptación do posto de traballo en función das necesidades do empregado que, en caso de ter fillos, pode solicitalo ata que estes cumpran 12 anos.

Ademais, e tras lembrar que o marido da reclamante traballa tamén fóra do municipio onde está o colexio ao que acoden os nenos, o xulgado recolle os argumentos dunha sentenza do TSXG de maio de 2021 na que determina que o titular dun dereito “non ten que demostrar unha especie de necesidade insuperable de conciliación e a imposibilidade de que concilie a súa parella”.

Segundo esta mesma resolución, os requisitos para a demandante dunha adaptación é a existencia de fillos menores de doce anos, o desexo de conciliar e a negativa do seu empregador a facilitalo. Fronte a isto, continúa o fallo do Alto Tribunal galego de hai dous anos, “só cabe unha oposición empresarial moi fundamentada, allea a argumentos relativos ao modo de organizar a súa familia”.

VALORACIÓN USO

USO realiza unha valoración positiva da sentenza que, en palabras do responable estatal do sector de contact center, David Sánchez, “vén consolidar o criterio inicial dos tribunais en canto a decantarse a favor de que o teletraballo é unha medida real e directa que favorece a conciliación da vida laboral e familiar”.

“É un feito fundamentado que, polas específicas características da forma de realizar a prestación laboral no sector do contact center, a presencialidade practicamente non é un requisito indispensable e é perfectamente viable desde o punto de vista técnico, organizativo, produtivo ou económico, polo que se pode realizar mediante a modalidade de traballo a distancia, sinxelamente na maioría das ocasións é unha cuestión meramente de vontade e de madurez empresarial“, sinalou.

O Centro García Sabell será reformado polo Concello da Coruña para promover a inclusión social e laboral

O Centro García Sabell converterase nun equipamento de referencia para levar a cabo medidas de inclusión social e laboral, segundo expúxose con motivo da visita da alcaldesa, Inés Rey, a esta instalación.

O edificio, situado na praza de Esteban Lareo, foi totalmente reformado grazas a un investimento de máis 500.000 euros achegados polo Concello e os Fondos Eidus.

“Con iniciativas como este Centro García Sabell, A Coruña avanza cara a ese modelo de cidade máis social que vimos deseñando coa posta en marcha doutros espazos como o Kiosko Down ou o Espazo Xuvenil do Remanso“, sinalou a rexedora.

O BNG completa a súa lista para as Municipais con moita xente independente

0
  • A candidatura féchaa Xosé Luís Armesto, ex reitor da UDC

 

Xa coñecíamos os nomes dos primeiros postos da lista do BNG para as eleccións do vindeiro 28 de maio. Pero onte, a Asemblea Local aprobaba por unanimidade o segundo tramo da candidatura da formación nacionalista. Unha lista chea de independientes, simbolizando que “cada vez hai máis sectores sociais que se achegan ao BNG, se senten identificados co noso proxecto de cidade e ven no Bloque a mellor ferramenta para que A Coruña desenvolva toda as súas potencialidades, para que lle deamos á cidade o impulso que precisa”, afirma o candidato do Bloque á Alcaldía, Francisco Jorquera.

Fiz Seixo, arquitecto e veciño da Agra do Orzán; Rocío Gómez, desempregada, activista polo dereito á vivenda en Stop Desafiuzamentos e veciña da Cidade Vella; Iago Pazos, traballador da refinaría de Repsol, membro do comité de empresa pola CIG e veciño de Santa Margarida; Pablo Méndez Carreira, profesor de música nun centro de ensino, pianista e pedadogo musical, director do coro de Canticorum, do coro Breogán da ONCE e do coro Coruña Cores, activista LGTB e veciño da Pescaría; e Teresa Castro, xubilada, defensora moi activa da sanidade pública e veciña da Praza do Libro, son algúns destes exemplos de veciñas que se unen a sumar ocupando os postos 15, 16, 17, 20 e 26 da candidatura, respectivamente.

De resto, Jorquera destacou que a candidatura do BNG configura un equipo “sólido e solvente”, con “moitas persoas novas e moi preparadas” e representa o que é A Coruña, unha cidade moi diversa tamén no territorial, e por tanto nela hai presenza de “veciños e veciñas” das distintas áreas da cidade. “Porque A Coruña é unha cidade de barrios e desde o BNG queremos pór os barrios no centro”, subliñou.

Cómpre resaltar o nome que pecha a lista: o prestixioso catedrático xubilado de Física Química, ex decano da Facultade de Ciencias e ex reitor da Universidade da Coruña Xosé Luís Armesto Barbeito.

A CANDIDATURA DO BNG:

  • 1.- Francisco Jorquera. O actual voceiro do BNG no Concello da Coruña. Licenciado en Historia pola USC.
  • 2.- Avia Veira. Concelleira nacionalista na Coruña. Membro do grupo municipal do BNG dende 2012. Foi responsable das áreas de Urbanismo, Mobilidade, Cultura e Servizos Sociais. É filóloga galega.
  • 3.- Mercedes Queixas. Deputado pola Coruña no Parlamento de Galicia. Membro do Instituto de Estudos Locais José Cornide, do Consello da Cultura Galega e académica da RAG.
  • 4.- David Soto. Catedrático de Dereito Público da UDC e representante sindical da CIG.
  • 5.- Ignacio Siota Mouzo. Actualmente traballa nunha sucursal bancaria. Foi o anterior Xefe Comarcal de Galiza Nova.
  • 6.- Guadalupe Martínez Junquera. Está estudando Socioloxía e é funcionaria da Administración autonómica. É militante do BNG dende 2019.
  • 7.- Xorge Castro Ruso. Traballa na biblioteca municipal da Sagrada Familia, pertence á xunta directiva da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e tamén está vinculado ao mundo do teatro.
  • 8.- María Xesús Seijo García. Enfermeira con praza no Centro de Saúde dos Mallos e sindicalista da CIG, é presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña.
  • 9.- Raimundo Martinez Fraga. Estudo dereito. Vinculado ao ámbito das asociacións culturais e deportivas.
  • 10.- Carlos Varela Souto. Veciño do Barrio das Flores dende hai máis de 50 anos e militante sindical.
  • 11.- Celia Armas García. Secretario Comarcal da CIG Enseñanza. Compaxina esta tarefa coa da Secretaría Xeral da Mesa de Normalización Lingüística.
  • 12.- Manuel Francisco Méndez López. Vinculado ao movemento veciñal, foi secretario da AVV da Ería do Orzán e, en dous períodos distintos, presidente da AVV de Novo Mesoiro.
  • 13.- Keina Espideira Gonzalez. Doutora en Ciencia Política e da Administración, exerce como profesora e investigadora no Departamento de Socioloxía e Comunicación CC da UDC, con liñas de actividade en políticas sociais, migracións e antirracismo.
  • 14.- Iria Buxán Raposo. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, especialista en relacións internacionais e con podio en xestión sostible da terra e do territorio. Militante de Galicia Nueva.
  • 15.- Fiz Seixo Vázquez (independente). Arquitecto. Veciño da Agra do Orzán.
  • 16.- Rocío Gómez Lema (independente). Desempregada. Activista polo dereito á vivenda en Stop Desafiuzamentos. Veciña da Cidade Vella.
  • 17.- Iago Pazos Díaz (independente). Traballador da refinaría de Repsol. Membro do Comité de Empresa pola CIG. Veciño de Santa Margarida.
  • 18.- Belén Gallart Concheiro. Autónoma. Veciña dos Mallos.
  • 19.- Xabier Pérez Couto. Matemático. Divulgador científico. Colaborador da Agrupación astronómica Ío. Veciño do Paseo das Pontes.
  • 20.- Pablo Méndez Carreira (independente). Profesor de música nun centro de ensino, pianista e pedagogo musical. Director do Coro de Canticorum, do Coro Breogán da ONCE e do coro Coruña Cores. Activista LGTB e veciño da Pescaría.
  • 21.- Teresa Ramiro Fernández. Mariscadora e poeta. Activista na defensa das artes e do patrimonio no colectivo In Nave Civitas. Veciña de Catro Camiños.
  • 22.- Manuel Bouzón Vila. Traballador xubilado de Emesa. Fotógrafo afeccionado. Veciño de Labañou.
  • 23.- Nicolás Neira Rivera. Estudante de Xeografía na USC. Galiza Nova. Activista nas peñas deportivistas. Veciño de Visma.
  • 24.- Beatriz Gómez Amigo. Activista do memorialismo na Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, da que foi presidenta. Veciña de Cances (A Silva).
  • 25.- Jorge González Fernández. Funcionario da Xunta de Galiza. Veciño dos Mallos.
  • 26.- Teresa Castro Ferreiro (independente). Xubilada, defensora moi activa da sanidade pública galega. Veciña da Praza do Libro.
  • 27.- Xosé Luís Armesto Barbeito. Catedrático xubilado de Física Química na UdC. Ex Decano da Facultade de Ciencias e ex Reitor da Universidade da Coruña.

Máis info

O BNG presenta unha candidatura de “solvencia” que contrapón a un goberno “inestable”

O festival Atlantic Pride traerá 35 actuacións locais e internacionais do 2 ao 9 de xullo

0

O festival Atlantic Pride, de carácter gratuíto, celebrarase do 2 ao 9 de xullo en tres escenarios da Coruña coa actuación de 35 artistas, locais e internacionais.

Intérpretes emerxentes como Fillas de Cassandra ou Vicco comparten cartel con propostas consagradas como La La Love You e Nancys Rubias. O programa inclúe tamén citas de música alternativa como Hidrogenesse ou Joe Crepúsculo, clásicos como Amistades Peligrosas, Locomía, Soraya ou Fórmula Abierta e, por primeira vez, artistas internacionais como Corona, Rozalla e Daisy Dee (Technotronic).

No seu obxectivo de continuar sendo un evento lúdico, cultural e reivindicativo que ten como obxectivo visibilizar a diversidade afectiva sexual, o festival convoca este ano a segunda edición do certame de literatura LGTBI+ Atlantic Pride, dotado con 1.000 euros en premios, segundo informouse na presentación con presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e dos promotores.

A Fundación Luis Seoane, a praza de Pontevedra e os xardíns de Méndez Núñez serán os escenarios nos que “todas as persoas teñen cabida, independentemente do seu xénero, sexo, identidade, preferencia afectiva ou sexual, idade, raza”, segundo expuxeron desde a asociación organizadora do evento, Orgullo Coruña.