InicioPOLÍTICAOutros 7 nomes para a lista da Marea

Outros 7 nomes para a lista da Marea

Publicada o

Por editor

A candidatura da Marea Atlántica vén de sumar outros 7 nomes á lista encabezada por Xan Xove.

  • Ana Louzán, cofundadora da ONG Viraventos, que traballa con persoas migrantes;
  • Marian Ledesma, cantante profesional e traballadora da cultura;
  • Cristina Antelo, traballadora da atención á dependencia e integrante da Plataforma SAF Galicia;
  • Soledad Cundíns, presidenta da protectora de animais Coruña Gatuna.
  • Eva García Amador, da Asociación Veciñal da Cidade Vella;
  • Marcial Blanco, socio traballador da cooperativa Zocamiñoca de alimentación de proximidade e activista pola cultura e a mobilidade sostible;
  • Sabela Pérez, ecoloxista e veciña do barrio de Durmideiras.

Estes son os sete nomes que se suman aos dez escollidos en primarias no mes de novembro, e aos cinco anunciados a semana pasada: Mariló Candedo, pedagoga e docente na Universidade da Coruña; Araceli Serantes, profesora doutora da UDC e un referente no ecoloxismo galego; Iván Núñez, adestrador e formador de deportistas, campión de España e récord de Galicia en lanzamento de peso; Gema Rivera, enfermeira xubilada e responsable de Anova na Coruña; e Txemi Jiménez, arquitecto técnico e representante de Verdes-Equo.

Quedan aínda algúns nomes para completar a papeleta electoral, que se darán a coñecer nos vindeiros días xunto coa orde definitiva que ocuparán na lista.

 

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here