InicioDEPORTESUn Depor renovado que apunta alto

Un Depor renovado que apunta alto

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 22 – Depor 4 – Fuenlabrada 1
  • Nova vitoria dun depor renovado na segunda volta  
  • Vixésimo segundo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (10V 8E 4D).

— — —

Nova vitoria dun Depor que mira cara arriba con certo optimismo, máis tamén coa prema de seguir recortando distancias cos seus predecesores. Leva o equipo unha boa seira de resultados nos últimos dous meses de competición nos que suma sete vitorias, tres empates e , tan só, unha derrota en León nas once últimas xornadas. As distancias cos de arriba recórtanse a cinco puntos dun líder, Ponferradina, que volveu a senda da vitoria nesta xornada tras dúas semanas con derrota e empate consecutivamente.

Hai ben pouco falabamos dunha primeira volta decepcionante deste Depor que vagaba pola metade da clasificación a distancias iguais cara o liderato, coma cara o descenso. Terra de naide, que diría un amigo meu. Os ánimos da afección dubidaban entre dar por perdida a tempada ou apostar por unha desas segundas voltas que non se ven dende a época de Lotina e o noso querido Christian Wilhelmsson. Pois vai ser que estes últimos tiran na dirección correcta. 

Dende que comezou a segunda volta do campionato, o Depor suma tres vitorias consecutivas, nove puntos daquela, contra Ponferradina, Fortuna e Fuenlabrada, que lle permiten ser o líder da segunda volta. Pouco camiño recorrido para tirar foguetes, pero é a única saída que lle queda o equipo branquiazul para pelexar seu obxectivo de ascenso directo. Seus rivais de playoff amosan non pasar polo seu mellor momento, xa que deixáronse nestes tres primeiros partidos puntos polo camiño: o Nástica de Tarragona sumou sete puntos, a Ponferradina sumou catro, a Cultural sumou tres e o Fortuna ningún punto na segunda volta.

Apértase a cabeza da clasificación xusto cando mellor está a xogar e sumar o Depor. Ten por diante un mes de febreiro esperanzador pois lle tocarán rivais en descenso ou preto del. Sendo realistas, dado o nivel de xogo e finura dalgúns xogadores, o Depor aspira a manter a súa boa onda de resultados para seguir enchendo o caldeiro de punto,s que lle permitan chegar ó temible marzo con boa cara para competir o tramo máis importante da tempada.  

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here