InicioBARRIOS“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só...

“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só corrobora que o proceso de urbanización non é válido”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Novidade importante a acontecida hoxe sobre o polémico proceso de urbanización da parcela 2 da Maestranza. Hoxe, 28 de novembro, o Boletín Oficial da Provincia publica o contido normativo íntegro do Plan Especial da Maestranza. Un PERI que era aprobado o 12 de decembro de 1994, pero que sen embargo, nunca fora publicado oficialmente, nunca se fixeron efectivas.

Deste xeito, e como leva denunciando anos a Plataforma Defensa do Común, este intento de “salvar os mobles” por parte da administracións non impide outra cousa que non sexa a anulación completa de todo o procedemento urbanístico. “Todo o realizado non é válido, como xustificamos no contencioso administrativo presentado por Defensa do Común”, explica Manuel Monge. “A aprobación do estudo de detalle en 2023 é nula de pleno dereito. E por suposto ninguén pode comezar a construir nesa parcela”, sinala rotundo. “A publicación no BOP non subsana a ilegalidade do ED xa que cando se aprobou (decembro 2023) o PERI que o ampara non tiña entrado en vigor”.

”O goberno local recoñece así que ata agora dita esixencia legal non se tiña cumprido, co cal dito Plan non tiña entrado en vigor e carecía de eficacia xurídica cando o Pleno aprobou, en decembro de 2023, o Estudo de Detalle da parcela 2, promovido pola entidade Lipromo para a construcción de vivendas. Consecuencia do cal é a nulidade de pleno dereito de dito Estudo de Detalle, tal e como alegou Defensa do Común tanto en vía administrativa como agora en vía xudicial, no contencioso en trámite ante o TSXG”, explica a entidade.

Zonas Verdes e Equipamento

”Seguiremos con todas as accións xurídicas para impedir esta urbanización e para a devolución dos terreos por parte do Ministerio de Defensa ao Concello para a creación de zonas verdes e equipamento público, como quere a veciñanza”, declara Monge.

Porque a histórica parcela da Cidade Vella enfróntase á posible urbanización de 55 vivendas por parte da promotora Lipromo, que xa pagou 10 millóns polos terreos ao Minsterio de Defensa. A empresa quere construír xa, pero a veciñanza xa se ten manifestadonunha consulta realizada pola Plataforma, e na que participaron 500 persoas con residencia na Cidade Vella. O 96% declaraba que preferían equipamento público e zonas verdes fronte ás vivendas.

”A alcadesa ten que ir facer xestións a Madrid para convencer ao Ministerio de que abandone esa política de facer caixa a costa dos intereses dos veciños e veciñas da Coruña, e recupere eses terreos para a cidade”, sinala con contundencia un dos voceiros da Plataforma.

Razóns legais

Defensa do Común precisa ao respecto que os plans de urbanismo so entran en vigor e adquiren plena eficacia xurídica despois de terse publicado seu contido íntegro no BOP.
Razón pola cal, o PERI da Maestranza (aprobado o 12/12/1994) so entrará en vigor despois de que teñan transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde súa publicación no BOP no día de hoxe.
A consecuencia legal de que dito PERI da Maestranza non vaia entrar en vigor ata o 23 de decembro deste ano é que todos os actos de aplicación de dito PERI ao longo destes case 30 anos están viciados de nulidade, ao terse executado un Plan que carecía de eficacia xurídica por non ter entrado en vigor.

En calquera caso, precisa Defenda do Común, a publicación tardía e extemporánea no BOP de hoxe non subsana nin convalida a nulidade de aprobación do Estudo de detalle, dado que cando este se aprobou (Pleno do 14/12/2023) o PERI da Maestranza (do cal deriva o ED) non tiña entrado en vigor e, por tanto, non podía amparar dito ED.

Máis novas

Alertan que o proxecto urbanístico da Maestranza ameaza parte do sistema defensivo da Cidade Vella (BIC)

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

A sombra do convenio urbanístico de 1984 planea sobre o común

Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador

 

ÚLTIMAS

Nace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o rendismo

O espazo A Revolteira nacía aló por marzo na Falperra (no nº13), como un...

O persoal de Circet segue en loita contra os despedimentos e a precarización laboral do sector da atención ao cliente

Os traballadores e as traballadoras de Circet Infraestructuras de Telecomunicaciones S.A continúan co calendario...

A falta de apoios fai que o Concello da Coruña estude “todos os escenarios” para aprobar os orzamentos de 2025

O portavoz do goberno local coruñés, José Manuel Lage, ratificou que están a estudar...

Prórroga de catro anos máis para o convenio da área de transporte metropolitano da Coruña

A Xunta e os 17 concellos da área de transporte metropolitano da Coruña acordaron...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here