InicioA CORUÑAO “Aquí tamén se fala” leva o meirande premio á Innovación Educativa...

O “Aquí tamén se fala” leva o meirande premio á Innovación Educativa de Galicia

Publicada o

Por editor

O premio de maior dotación e prestixio en materia de innovación educativa en Galicia ten acento galego e coruñés. Novo premio para o IES Rafael Dieste polo marabilloso Aquí tamén se fala. Cunha dotación de 10.000 euros, este recoñecemento súmase a outros como o Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, o do Fórum Europeo do Ensino, o de Innovación da SXL da Xunta de Galicia ou o Mil Primaveras da Comisión de Técnicos/as de Normalización da lingua.

200 centros de ensino, 20.000 estudantes

A iniciativa cultural, que impulsan os profesores Alberto Pombo, Mónica Reigía e Arcadio González, e que no curso pasado contou coa colaboración de Rubén Melide e Andrea Trasancos, converteuse na maior campaña de dinamización da lingua galega da historia, liderada por máis de 20.000 estudantes de 200 centros de ensino de todo o país que exerceron accións reais de dinamización porta a porta por máis de 50.000 espazos públicos e privados.

De Viggo Mortensen ao fútbol profesional

Deseñada para conseguir o impacto viral nas redes sociais, “Aquí tamén se fala” contou con apoios de referentes culturais nacionais e internacionais como Viggo Mortensen, James Rhodes, Tanxugueiras, Fermín Muguruza, Amaia ou Eduardo Sáez de Cabezón, alén de conseguir que os principais clubs deportivos galegos (Deportivo, Celta, Racing, Lugo, Balonmán Cangas, Obradoiro, Breogán, Voleibol Emevé ou Fútbol Sala Burela, entre outros) se sumasen a unha campaña xa histórica.

Rexistrando a banda sonora do país

“Aquí tamén se fala” é tamén unha actividade de formación para o alumnado do IESP Rafael Dieste na que se imparten obradoiros de gravación, edición audiovisual e creación musical con expertos do sector como Tomás Ageitos (Estudios A Ponte), Alberto Castaño (Axencia G) ou Nuno Pico (Grande Amore), e grazas aos que o alumnado leva adiante producións audiovisuais profesionais nas que rexistran actuacións en directo dos principais referentes da música galega actual: Fillas de Cassandra, Xabier Díaz, Antía Muíño, Amancio Prada, Ataque Escampe, Xoan Rubia etc.

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

Festival de música “Aquí tamén se fala”

Aínda, este grupo de estudantes e profesores, conseguiron poñer en marcha o que probablemente sexa o único festival de música profesional organizado dende un instituto público e aberto a toda a cidadanía, que conseguiu congregar na súa primeira edición a preto de 5.000 persoas na praza da Tolerancia da Coruña perante bandas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira ou Leria.

En Labañou tamén se fala galego

Máis novas do proxecto

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e ‘Aquí tamén se fala’ recollen o XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

O FEAE á innovación educativa, novo premio para a campaña “Aquí tamén se fala”

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

 

Serie de entrevistas lingüisticas

Carmen Pereira, mestra de Primaria: “A rapazada precisa máis contido galego”

“Hai moito galegofalante encuberto na cidade”

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

ÚLTIMAS

Chuac acolle un encontro sobre cancro de mama metastásico

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) acolleu un encontro para que pacientes e...

Inés Rey pide á Xunta deixar as “rifas políticas” sobre o marco xurídico para poñer tope ao aluguer

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lamentou a "inacción" da Xunta e reiterou a súa petición de...

A Consellería do Mar critica ao Goberno central pola situación da ría do Burgo tras o dragado

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Ángeles Vázquez Suárez, participou...

A Coruña insta á Xunta a actuar fronte ao mercado tensionado do alugueiro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu á Xunta un marco xurídico sobre o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here