InicioMOV. SOCIAISGalicia volve este xoves á rúa contra a "catástrofe" que sofre Palestina

Galicia volve este xoves á rúa contra a “catástrofe” que sofre Palestina

Publicada o

Por Galicia volve este xoves á rúa contra a "catástrofe" que sofre Palestina

Este xoves 15 de maio, volverán saír a rúa as Marchas do Retorno, unha serie de mobilizacións nas sete cidades galegas convocadas no 77° aniversario do inicio da Nakba (“Catástrofe” en galego), proceso de expulsión e exterminio do pobo palestino por parte do rexime colonial sionista.

A cita na Coruña será ás 19:30h no Obelisco.

As “Marchas do Retorno” conmemoran simbolicamente as masivas mobilizacións,  autodenominadas así no seu momento, que tiveron lugar na Palestina entre 2018 e 2019 nas que se reclamaba o dereito de retorno. Empregando as chaves como símbolo da esperanza do pobo palestino de retornar aos seus fogares, as cidades sete galegas reivindican esta acción solidaria.

A Rede Galega pola Palestina, apoiadas por agrupacións e individualidades da Galiza solidarias co pobo palestino, impulsa esta convocatoria, á vez que se fai referencia ao chamado a unha xornada de acción global por parte do Comité Nacional Palestino do ovemento BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel).

Máis novas

Os recoñecementos á Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz terán cores palestinas

As concentracións de apoio á causa palestina chegan aos barrios

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

 

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here