InicioDEPORTESO Everest do Dépor

O Everest do Dépor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 21 – Celta Fortuna 1 – Depor 2
  • Golpe anímico á competición dun Depor que vai a máis.
  • Vixésimo primeiro partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (9V 8E 4D).

—- —- —

Poderíase facer un símil do que está a dar o Dépor esta tempada coa vida dun escalador que ten por diante un reto maiúsculo coma subir ao Everest. Vitoria onte moi importante para a moral do equipo e, sobre todo, para a afección que tivo que aguantar carros e carretas por xogar co filial do veciño, cousa dura de por si. Día grande onte en Vigo xa que viña o Dépor e había que sacar tods os complexos a relucir: cambio de horario, partido do Celta pola mañá e espectáculos e festa todo o día ata o evento deportivo máis importante do ano en Vigo. Non o digo eu, o feito de modificar rutinas amosa as gañas de amolar dende o club veciño.

Con todo e con iso, vimos un Dépor ordeado, serio, pero ramplón na primeira metade. Nun campo no que non se podía controlar un balón ou tocar á primeira, o Dépor foi quen de facer o fútbol que leva todo o ano querendo facer: saír con velocidade correndo en campo contrario. A mellor noticia de todas é que Mella e Yeremay aportan o descaro que tanto botamos de menos na primeira volta. Quizais, estas sexan as fichaxes que tanto anhelamos, xunto con Barbero e a mellor versión de Lucas que estamos a ver, este pode ser o mellor revulsivo para a segunda parte da tempada.

Dende a derrota en Irún, para min o punto de inflexión na tempada, o ascenso afastábase a sete puntos e ocupábase a posición nº 12 da táboa, con catro por riba do descenso, preto do descenso a 2RFEF. Ademais, non aparecían as fichaxes de verán e os resultados da casa eran unha lousa difícil de levantar. Neste tempo con dúas serias ameazas de destitución do míster, o Dépor xogou 10 partidos conseguindo 6 vitorias, 3 empates e unha única derrota en León hai dúas semanas. 21 puntos de 30 posibles colocan o equipo a só 5 puntos da cabeza.

O particular Everest do Depor comezaba en xaneiro, xa que tiña por diante catro partidos con rivais que ocupaban catro das cinco primeiras posicións. O resultado é mais que esperanzador, pois puido derrotar a tres deles (Real Sociedad B, Ponferradina e Celta Fortuna) e segue recortando diferencias coa cabeza da competición. Non só é cousa de puntos, tamén é cousa de actitude. Trocaron as cabezas dos xogadores e trocou a forma de xogar, a confianza é maior e o míster sae reforzado deste comezo de ano, só resta chegar o alcume cunha segunda volta de récord. Niso estamos.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Traballadoras de tendas de Inditex reclaman na sede de Arteixo melloras laborais

Unha vintena de traballadoras de diferentes tendas de Inditex demandaron melloras laborais e sociais...

O Concello invita a retomar a relación co Deportivo trala “rectificación” do seu presidente

Publicaba esta pasada noite o Real Club Deportivo da Coruña, despois do agrio cruce...

“Queremos ir creando unha rede da escena rur-urbana galega”

Emerxe o “tradi” máis electrónico, e tamén emerxe no país a música urbana. Os...

As concentracións de apoio á causa palestina chegan aos barrios

"Contra a Nakba 1948-2024" e "Palestina libre do río ao mar" serán algunhas das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here