InicioCULTURAO Autobom espalla a cultura fanzine

O Autobom espalla a cultura fanzine

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta fin de semana de 9 e 10 de maio, a cidade acolle a undécima edición do Festival Autobom, un encontro de autoedición e Banda Deseñada organizado pola Asociación Cultural Autobán, que trata de espallar a cultura da banda deseñada e a ilustración, así como tecer unha rede de apoio para as persoas que se dedican a estas disciplinas. De feito, todas as actividades son abertas.

O venres 9, a partir das 17:30, o festival abre coa visita á imprenta Borrón, no popular barrio dos Mallos. Xa á tardiña, ás 20:00, haberá un faladoiro na vilva libraría da Tobeira de Oza sobre fanzine cuir no que participarán Gemma Pérez, María Álvarez “Yupiyeyo”, Greta Debelius e Paz Rodríguez.

O sábado 10, as actividades desenvolveranse na Revolteira, na rúa Falperra 13. Unha das principais propostas será o posto de fanzines, que estará activo toda a xornada de 11:00 a 20:30, con máis de 40 proxectos e un cento de publicacións.
Ás 11:15 haberá un faladoiro sobre “fanzines na imprenta” ao cargo de Tono Galán e Laura Sánchez, de Manchea; seguirá a sesión con dúas charlas sobre o Premio Autobán 2025 e a nova edición do Fun Fun Fun (evento de autoedición de Compostela); e ás 13:00 haberá o faladoiro “Autoxestión emocional”, unha conversa sobre saúde mental e creatividade con Julia Abalde, Sabela Alonso e Laprislazuli, moderada por Uxía Larrosa.
Tras un xantar de “Tupperrotu”, ás 16:30 a comitiva trasladarase á cancha da Falaperra para unha nova edición do “Brilé Brutal”, un torneo nada brutal de balón prisioneiro aberto á participación.
Ás 17:30, de novo na Revolteira, terán lugar os obradoiros do Autobom. Primeiro será o AutoLab, unha actividade de debuxo de BD experimental conducida por Óscar Iglesias. Ás 18:30 haberá o obradoiro teórico-práctico de “Serigrafía e autoedición”, no que Aarón Moucho debullará as súas experiencias montando un taller propio de serigrafía.
Pechará o Autobom ás 23:30, cunha festa de peche no pub El Siglo.

A3_Cartel_Programa_Autobombo2025

Autobán

Autobán é o festival coruñés de cómic autoeditado. En 2023, a iniciativa constitúese como asociación cultural. O seu obxectivo é a promoción da banda deseñada e a ilustración, a autoedición e a autoxestión, así como tecer unha rede de apoio para as persoas que se dedican a estas disciplinas. No seu labor inclúese a creación de eventos e actividades nos que os e as amantes da autoedición sexan protagonistas.
A asociación organiza cada mes de agosto o encontro Autobán, coincidindo co festival internacional Viñetas desde o Atlántico. Trátase dun mercado de autoedición que ofrece a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoras de toda a Península a oportunidade de amosar e vender o seu material. O festival Autobán propón, tamén, combates de debuxantes, presentacións, obradoiros, exposicións, música e gastronomía durante a súa celebración.
Por outra banda, a Asociación promove, tamén, iniciativas como o Autobom, que se presenta como a edición de primavera do Autobán, coa vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa, con charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas en torno ao mundo dos fanzines. De forma mensual, Autobán organiza, así mesmo, un Club de Debuxo con diferentes temáticas en espazos afíns do sector.

MÁIS INFORMACIÓN

Luis Yang estrea o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

“A Coruña foi unha cidade moi importante para o movemento creativo en fanzines”

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,

 

ÚLTIMAS

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

Fantástica xornada onte á noite no Flores Rock, un festival montado pola Asociación de...

Capercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no “Folk no Colón”

Tralo comezo en maio cos concertos de Treixadura e Abraham Cupeiro, retómase o ciclo...

Xulio Abalde será o novo subdelegado do Goberno na Coruña

O exrector da Universidade da Coruña (UDC) Xulio Abalde será o novo subdelegado do...

Traballadoras de Vegalsa-Eroski continúan as mobilizacións contra a sobrecarga laboral e os baixos salarios

Os traballadores e traballadoras de Vegalsa-Eroski acodiron á última das mobilizacións iniciadas o pasado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here