InicioCULTURAXurxo Souto lanza "A novela do Bravú"

Xurxo Souto lanza “A novela do Bravú”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Sae do prelo esta semana, pero Xurxo Souto xa algunha data de presentación do seu novo libro A novela do Bravú, [Ed. Xerais]. Unha das primeiras citas será o vindeiro sábado, 22 de novembro, ás 12:30 horas, cando o Mercado de Abastos de Muros converterase nun espazo de encontro entre a palabra, a música e o espírito bravú nun acto organizado pola ACRD Praia do Castelo.

O propio Xurxo, figura esencial da cultura galega contemporánea, presentará esta obra que afonda nun dos movementos máis singulares e vibrantes da historia recente da nosa música e identidade colectiva.

”É unha novela autobioráfica, na que conto todo o bonito que me aconteceu con esta marabilla colectiva”, relátanos. “Fun confeccionando historias, algunhas xa antigas que tamén peneirei, e contando este proceso vital, que naceu un día do 94 cando nos xuntamos en Chantada un fato de grupos e decidimos inventar unha etiqueta da música galega e a cousa resultou unha revolución marabillosa”, debulla.

O artista, que vén de gozar do XX aniversario no mesmo Castañazo, reivindica que “cando se fala do bravú, pensamos nunha serie de grupos, pero tamén está o elemento central, a visión crítica dunha parte da sociedade, da rapazada, do que estaba pasando, contra a imposición das cotas do leite á que se refire Tractorada dos Rastreros; ou ante da hipocresía do narcotráfico, a verdade poderosa do mítico tema dos Papaqueixos, Sito Miñanco, Preso Político.

Presentación e concerto en Muros

Xurxo Souto no Mercado de Abastos de Muros

En Muros, como parte do evento, o público poderá gozar dunha “Ópera Bravú”, unha proposta musical na que músicos e músicas do concello de Muros interpretarán algunhas das cancións máis emblemáticas deste movemento que marcou unha xeración e abriu novos camiños para o galego e a creación cultural.
Ao remate da presentación, celebrarase un xantar que servirá para continuar compartindo conversa, lembranzas e boa música nun ambiente festivo e de amizade.

Máis novas

Paixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

Monte Alto redescubriu ás orixes dos Diplomáticos e o movemento bravú

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

ARTIGOS DE XURXO SOUTO no XORNAL

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

Evacuado en helicóptero ao CHUAC un tripulante enfermo do cruceiro ‘Spirit of Adventure’

Un tripulante do cruceiro 'Spirit of Adventure' tivo que ser evacuado de urxencia ao...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...

As VTC volverán copar o pleno

A nova mobilización dos taxistas da pasada semana volve traer á actualidade a problemática...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here