InicioMOV. SOCIAISRefaat Alathamna e Mohamed Safa recollen este xoves, nun acto aberto na...

Refaat Alathamna e Mohamed Safa recollen este xoves, nun acto aberto na ONCE, o Recoñecemento da Rede Acampa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio fará entrega este xoves 11 de decembro, ás ás 11:45h no Salón de Actos da ONCE (Cantón Grande 3) do Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos DDHH 2025,

Será o médico anestesista e intensivista Refaat Alathamna o encargado de recoller o Recoñecemento Internacional Acampa, que lle será entregado polo cineasta español, Javier Fesser. Ninguén mellor que o Dr. Alathamna para representar ao colectivo de Médicos e Sanitarios de Gaza. Refaat chegou hai muy poucos días a España, coa mediación de Fesser, podendo escapar do inferno de Gaza xunto a súa familia, muller e seis fillos, o máis cativo nado en Xordania aos catro días de ser evacuados. Durante moitos meses, Refaat Alathamna foi os ollos de milleiros de persoas que a través das súas redes puideron asomar ao que estaba acontecendo en Gaza, saber sobre os mortos e os feridos que os ataques de Israel deixaban cada xornada, e que chegaban aos hospitais esnaquizados polas bombas para seren atendidos sen medios e mesmo en condicións infrahumanas. Tamén compartiu Refaat  a agonía cotiá propia na procura de comida, de madeira para facer lume e poder quentala ou quentarse, ou de acubillo para os seus fillos. Con el sentimos o seu medo a perdelos e a esperanza nesa promesa tantas veces repetida e finalmente cumprida: vouvos sacar de aquí.

O oftalmólogo Mohamed Safa, nado en Cisxordania e afincado en Costa da Morte desde hai décadas, é un referente na nosa terra na defensa dos dereitos do pobo palestino. Acampa pola Paz pon en valor co Recoñecemento o seu activismo incansable.

Máis novas

A Rede Acampa entregará o vindeiro xoves os seus recoñecementos á defensa dos DDHH a Mohamed Safa e o Dr. Refaat Alathamna

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

 

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here