InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA CRMH denuncia que o propio estado incumple a lei de apertura...

A CRMH denuncia que o propio estado incumple a lei de apertura de portas do Pazo de Meirás

Publicada o

Por Redacción

A  Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) da Coruña ven de denunciar diante da Consellería de Cultura da Xunta, o incumprimento sistemático e constante por parte da administración xeral do Estado (como propietario a todos os efectos) do réxime de visitas que establece a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza.

Sorprende o feito que “agora que o Pazo de Meirás é un ben público a todos os efectos, sexa precisamente a etapa que máis limitacións se dan á visita pública (imposíbel ás estancias interiores das edificacións) que contrasta coa etapa anterior na que os herdeiros do ditador Franco eran os propietarios formais deste ben”.

Hai que subliñar que “os Franco amosaban e permitían estas visitas interiores en cumprimento precisamente da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que non en poucas ocasións tivemos que denunciar o seu incumprimento, o que provocou tamén a apertura dalgún expediente por parte da Consellería de Cultura”.

Agora a Comisión pide á Xunta que faga cumplir unha lei que está incumprindo o propio estado de xeito reiterado

Desde a CRMH da Coruña reclaman de novo que se reformulen e convoquen as comisións de traballo previstas no protocolo que asinou no Pazo de Meirás no ano 2021 a iniciativa do goberno do Estado (e que non convocou desde ese ano), que permitan comezar nos diferentes traballos que quedan pendentes para desenvolver, e avanzar así na normalización democrática e converter Meirás nun espazo real de memoria.

Máis novas

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

ÚLTIMAS

A Coruña abre as portas da maior Feira do Libro de Galicia

A Feira do Libro da Coruña converterá un ano máis os Xardíns de Méndez...

O BNG pide retirar os nomes de Alfonso Molina e Barrié de la Maza da Coruña polo seu pasado Franquista

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclama ao Goberno central garantir o cumprimento da Lei...

Martín Romero: ”O fanzine a día de hoxe permite atopar propostas que diverxen moito do mercado editorial”

Martín Romero vén de gañar o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2025-2026....

Falece a balea varada en Sabón

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na praia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here