InicioBARRIOSTaller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro. Mohamed (nome ficticio) achegouse co seu amigo ao Taller Social Recyclos e ambos saíron a dúas rodas. A pesar dos seus problemas de linguaxe, levaban un par de semanas montando as súas bicis, de cero e totalmente de balde, e conseguiron acabar de montar o seu novo medio de transporte gracias ás infinitas pezas recicladas do taller e á axuda de varios amantes da mecánica “biciclil”.

”Facemos altruísmo, que xa non activismo, sobre rodas”, di sempre Luís “Bruji”, un dos coidadores do taller xunto Manel, Quique ou Dani. Eles 4 e outros colaboradores da Asoc. Mobi-Liza, axudan e aprenden á xente a arranxar as súas bicis.

Taller Reciclos na Coruna de Mobi-Liza

Numerosos mozos inmigrantes ou familias do barrio e de toda a cidade, achéganse para construír as súas propias bicis, ou para arranxar as súas propias, neste auténtico sitio de comunidade. Unha comunidade que arrincou hai case dúas décadas no Própolis da Rúa Barcelona, e que por agora, continuará nas antigas instalacións de Padre Rubinos (na Av. de Labañou, 10), como xa contamos o pasado maio.

O Taller abre os martes de 17:30h a 21:00h. Para festivos e datas especiais así coma no verán consulta a apertura en amobiliza@gmail.com ou na súa canle de Whatsapp.

Máis novas

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

A Masa Crítica celebrou o seu 20 aniversario reivindicando o papel da bici na cidade

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

O Taller Reciclos, o paraíso social para os amantes das dúas rodas

O servizo municipal BiciCoruña achégase ás 20.000 persoas usuarias por primeira vez na súa historia

 

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

O Concello da Coruña presentou onte as propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos 2026, un...

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here