Inicio Blog Páxina 121

Investigan a aparición dun cadáver en avanzado estado de descomposición nun edificio abandonado da Grela

0

Axentes do Corpo Nacional de Policía abriron unha investigación en relación á aparición dun cadáver en avanzado estado de descomposición na Coruña.

Á espera do resultado da autopsia, non se descarta que se trate dunha morte natural aínda que o estado no que se atopou o corpo dificulta ratificalo ata que non se fagan as probas pertinentes.

A Policía Nacional requiriu na tarde do martes a intervención dos bombeiros ao atoparse un cadáver en avanzado estado de descomposición nun cuarto pisto edificio abandonado nunha zona próxima ao polígono da Grela.

Detido un home por ameazar a un menor en Cambre para roubarlle o móbil

0

Un home foi detido pola Garda Civil por ameazar cun cúter e un martelo a un menor para roubarlle o móbil no municipio coruñés de Cambre. O xulgado de garda da Coruña decretou o seu ingreso en prisión.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este individuo foi detido como presunto autor dun delito de roubo con violencia e dúas de ameazas na chamada operación Sinto.

O 3 de marzo, un dos menores denunciou que estaba que en compañía doutro menor nunha máquina de ‘vending’ en Cambre cando apareceu o agora detido coa cara cuberta por unha carapucha e unha máscara cirúrxica. Alí, ameazouno cun cúter no seu costado para que lle entregase o móbil –os efectos subtraídos ascenden a un valor de 960 euros–.

Tras isto, o xerente do local de ‘vending’ atopábase realizando labores no interior, sen ser testemuña do sucedido, cando o menor acudiu xunto a el para solicitar a súa axuda. Nese momento, o presunto delincuente volveu ao lugar para ameazar ao menor con que lle facilitase a clave de desbloqueo do móbil, polo que interveu o responsable do local en favor da vítima, ante o cal o agora detido sacou un martelo e ameazouno de morte.

Así mesmo, houbo outra denuncia o 29 de febreiro da empregada dun estanco por recibir ameazas deste home para que lle entregase varios paquetes de tabaco. Os efectos subtraídos foron devoltos aos seus donos.

O sector ecolóxico galego fai un balance positivo da feira BioCultura A Coruña

O recinto de EXPOCoruña acolleu durante esta fin de semana a sexta edición da versión galega da feira BioCultura A Coruña 2025., convertíndose no epicentro da produción e do consumo ecolóxico en Galicia. 

Case 14.000 pasaron pola feira para gozar dos postos de alimentación, cosmética, textil, artesanía… para aprender nos singulares talleres formativos e para degustar as creacións máis innovadoras.

Todo ademais cun “feedback” moi positivo o recollido en cada posto, que deixa ademais a porta aberta a que o consumo ecolóxico e o ecoturismo sigan medrando. “Queda moito por facer”, sinala Ángeles Parra, directora da feira, que destaca o éxito de actividades, como o Festival de Ioga do Noroeste, o Día da Nutrición, Saúde e Natureza ou as infinitas propostas do showcooking ecogastronómico e o showroom da Plataforma EcoEstÉtica…

BioCutura Coruna talleres

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, CRAEGA, AGACAL, Deputación da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, concello, Turismo Coruña, Clúster de Turismo de Galicia, Deputacións de Lugo e Ourense, entre outros.

Biocultura Coruna gastro

SECTOR ECOLÓXICO ATLÁNTICO

Segundo os últimos datos do GRAEGA, o sector ecolóxico galego conta xa con 46.967 ha (datos de 2023). A estas alturas, debe haber preto de 50 mil hectáreas. O sector ecolóxico galego ten dous polos territoriais moi diferenciados: a provincia de Lugo é a que leva o peso da produción con 478 operadores; e a provincia de Pontevedra é o que máis leva a industria, con 140.
En canto ao consumo, A Coruña é a xoia da coroa. Por iso, segundo explica María José González, responsable do Departamento de Promoción da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, “BioCultura A Coruña é un bo escaparate para este sector da produción ecolóxica certificada que achega aos consumidores un produto diferenciado coa garantía da etiqueta CRAEGA”. A feira acolleu a un gran número de produtores galegos que presentaron ao público un sinfín de produtos ecolóxicos de exquisita calidade: algas, mel, lácteos, carnes, verduras, ovos, froitas, conservas, herbas medicinais e infusións… que, segundo Mª José González, “contan coa garantía ecolóxica que ofrece o organismo certificador en Galicia, o CRA”.

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by BioCultura ® (@biocultura)

Recibidas unha vintena de propostas para o deseño da fachada marítima

O proceso de participación cidadá que se puxo en marcha dentro do proxecto ‘Coruña Marítima’, para o deseño da zona dos peiraos coruñeses, comezou, segundo a Autoridade Portuaria e o Concello, “de forma moi positiva xa que nas primeiras 48 horas recibíronse 20 propostas remitidas por entidades e cidadáns particulares“.

O pasado xoves púxose en funcionamento a web www.corunamaritima.com, cunha caixa de correos de suxestións, e só nos dous primeiros días recibíronse as 20 propostas, entre elas a solicitude da Plataforma Defensa do Común da necesidade de incorporar á web máis información. Dúas delas refírense a cuestións vinculadas a administracións concretas, á marxe do ámbito da fachada portuaria, e foron remitidas a estas institucións.

As restantes, engade, son na súa práctica totalidade achegas de carácter construtivo, nas que se solicita a incorporación de equipamentos sociais, culturais, recreativos ou deportivos, así como melloras na mobilidade, entre outras propostas. Desde a Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, Portos do Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria) agradécese a participación. Con todas as suxestións realizarase un informe final e serán, ademais, trasladadas ao equipo técnico que redactará o prego para convocar o concurso do Máster Plan que definirá o futuro dos espazos portuarios e ferroviarios do porto interior.

Solicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

O Entroido de Samede revive o rural

Marabilla ver como as aldeas do noso rural están recuperando os entroidos ancestrais que foron arrasados pola época franquisca. Polas terras do Xallas temos aos Ben Vestidos e Varridoiros de San Xoán de Grixoa; ou pola banda de Bergantiños temos lonxevos exemplos de recuperación como os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda (Malpica) ou o recén recuperado Antroido do Burro de Valenza de Coristanco.

Ben parecidos aos Madamitos e Ghuadineros cerquedáns son os Bonitos e as Bonitas, as Máscaras e os Carolos do Entroido de Samede. Un Entroido que está sendo recuperado neste lugar do Concello de Paderne (comarca de Betanzos), dende hai 10 anos pola Asociación CRD Entroido de Samede coa axuda da A.C. Son D’aquí, de Monte Alto, onde xa se viviu a semana pasada unha previa escolar.

Persoeiro do Entroido de Samede
Persoeiro do Entroido de Samede

Este domingo, as aldeas da parroquia de San Xulián de Vigo que coliden con Samede (ou San Amede como lle chaman tamén pola zona) gozaron do desfile de Bonitos, Máscaras, Carolos, e tamén dos Vexigueiros, os Demos, e os demais persoeiros que están rescatando dende o lugar que formaban parte daquel mítico entroido que só lembraban as máis maiores do lugar.
Espectaculares os traballados disfraces feitos con peles, madeiras, vimbio e demais materiais orgánicos (ou convertindo latas de conservas en chocas), con persoeiros como o oso ou o xabarín que facían as bromas a todos os despistados.

Persoeiro do Entroido de Samede 1
Persoeiro do Entroido de Samede

Despois do desfile, o comitiva xa fixo parada e fonda na carpa, onde comezaba, primeiro co baile infantil e despois co de adultos, a Muiñeira Cruzada. Un baile recuperado tamén e que te que ten un punto moi singular.
As xentes do lugar engalanadas cos seus traxes brancos con cinchas de cores, e sombreiros cheos de plumas, gozaban da tradición, ao igual que as ducias de persoas chegadas dos arredores, de Coruña, pero tamén de Portugal (un bus de maiores visitou a festa) e mesmo unha expedición búlgara, país co que o Entroido de Samede está irmandado.

Muineira Cruzada do Entroido de Samede
Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede

A carpa quedou pequena e os tickets de churrasco tamén para acoller o fervedoiro de cultura e gañas de festa que había despois deste exercicio necesario de recuperación dun entroido ancestral, e de rescate, ao mesmo tempo, do noso rural.

Máis novas

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

 

O PP urxe ao goberno local da Coruña unha solución polos “ruídos” na Casa Veeduría

0

O portavoz municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo levará a pleno “o problema de ruídos” producidos, segundo denunciou, pola maquinaria de ventilación e climatización da Casa Veeduría, na Cidade Vella.

Acompañado por veciños, indicou que, tras finalizar as obras de rehabilitación dunha parte do edificio en decembro, en xaneiro puxéronse en marcha as citadas máquinas. “Os veciños teñen que soportar un ruído ensordecedor desa maquinaria durante moitas horas do día e mesmo da noite”.

“Estamos case falando dun problema de saúde, once horas de ruído”, recalcou para asegurar que veciños pediron que a Policía Local medise o ruído “e non lles han boto caso”. “Un veciño fixo unha medición de entre 62 e 70 decibilios cando o máximo son 40”, apuntou.

Fíxoo ao pedir á rexedora unha “solución”. “Falta diálogo cos barrios”, manifestou tamén para solicitar, ademais, o apoio en pleno á moción que presentarán os populares no pleno do xoves.

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para o seu programa ‘Idiomas do Mundo’

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para participar no programa ‘Idiomas do Mundo’, que oferta un mínimo de 29 prazas para estancias dun mes en Irlanda. As mesmas, informa, están destinadas a estudantes que estean a cursar Primeiro de Bacharelato durante o presente curso escolar. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo.

As estancias desenvolveranse durante catro semanas, nos meses de xullo ou agosto, nunha localidade por determinar da República de Irlanda. Durante a súa estancia, as persoas seleccionadas asistirán polas mañás a clases de perfeccionamento de inglés mentres que pola tarde participarán en actividades deportivas, culturais e lúdicas.

Os domingos son días de ledicia

  • Xornada 30 – Deportivo 1 – Córdoba 1
  • Nova xornada sen vitoria en Riazor, malia as boas ocasións xeradas.
  • Décimo oitavo encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (8V 6E 4D).

— — —

Moitas das cousas que ocorren na competición teñen explicación polo momento competitivo do equipo, polo número de lesionados ou sancionados que se dean nun momento concreto, pola racha goleadora dun ou doutro xogador, polo estado mental dos xogadores e corpo técnico ou polo simple feito de xogar nun dia ou noutro. Curioso o análise que se ven hoxe.

Aínda que resulte estraño, o comportamento deste Depor ten un patrón marcado que imos explicar da forma máis sinxela posible. Non é cousa nova o mellor comportamento do equipo coma visitante que coma local, pois os números falan sos (18 puntos de local por 22 puntos de visitante), pero é curioso coma se reparten os puntos segundo o día da competición.

Levamos 30 xornadas de tempada con 15 partidos de local por 15 partido de visitante, có resultado mencionado, pero é que a este Depor compite mal os sábados. Dos nove partidos xogados neste día, só gañou en dúas ocasións e, ademais, fixo de visitante, non sendo capaz de gañar ningún dos partidos xogados de local en sábado. Os sábados sumamos o 37% dos puntos en disputa. Primeira conclusión: se xogamos en sábado que sexa fóra.

O equipo mellora os resultados xogando en domingo, cun equilibrio máis balanceado con 5 vitorias nos 13 partidos xogados e, tan só, perdendo 4 partidos nestes 13 domingos. Tamén é verdade que gaña máis xogando de visitante os domingos, pero mellora o seu comportamento de local. Os domingos sumamos o 48% dos puntos en disputa. Segunda conclusión: se xogamos en domingo as probabilidade de gañar son máis altas e tamén mellor fóra da casa.

Para este Depor xogar entre semana dálle ben igual, pois nas tres ocasión que xogou en mércores a probabilidade de gañar, empatar e perder é a mesma (1 vitoria, 1 empate, 1 derrota). Os venres dánselle similar os sábados, pois nas catros ocasións que xogou comezando a fin de semana, só foi quen de gañar nunha ocasión. Os venres e mércores sumamos o 33% dos puntos en xogo. No que si somos bos é en xogar os luns, xa que levamos pleno, 1 de 1, vitoria no límite contra o Eibar. 100% de acerto.

Así que xa sabes afeccionado, poucas cousas vanche garantir unha vitoria do Depor, pero, polo menos, sabendo o que día xoga, poderás facerte unha idea do que che toca.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

Máis de 3.000 persoas saíron a rúa, a pesar da chuvia, polo 8M

0

Máis de 3.000 persoas participaron este 8 de marzo na manifestación que conmemora o Día Internacional das Mulleres na Coruña.

A manifestación partiu ás oito do Obelisco en dirección á praza de Tabacos. Pese á persistente chuvia, a manifestación completou o percorrido con proclamas a favor da igualdade e contra a violencia machista.

Manifestacion 8M Coruna 2025

Máis actividades

A Plataforma pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero de Castrillón-Urbanización Soto “PICUS” organiza unha mesa redonda terá lugar o vindeiro martes 11 de marzo ás 19:00 h.

cartel 8M 2025 DEF copia

Interceptada na Coruña unha muller que circulaba sen carné e drogada tras unha persecución policial

A Policía Local da Coruña interceptou, despois dunha persecución, a unha condutora que circulaba sen carné e baixo os efectos das drogas.

Os feitos sucederon sobre as 14.00 horas deste domingo cando os axentes lle deron o alto, pero a muller comezou a fuxida polas rúas da cidade herculina.

Durante a persecución a muller golpeou co seu vehículo a varios coches patrulla e, finalmente, os axentes conseguiron parala. Desta forma, comprobaron que a muller non tiña permiso de conducir e realizáronlle as probas de alcol e drogas, nas que arroxou un resultado positivo en drogas.