Inicio Blog Páxina 149

A Deputación da Coruña leva o eclipse total do 12 de agosto a Fitur

0

A Deputación da Coruña estará presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará en Madrid do 21 ao 25 de xaneiro, cunha proposta propia integrada no espazo da Xunta de Galicia. A institución aproveitará este escaparate internacional “para presentar unha iniciativa única que sitúa á provincia como o escenario ideal para gozar dun evento único: a eclipse solar total do próximo 12 de agosto“, informa.

O espazo estará situado no pavillón 9 do recinto feiral Ifema. A presentación, a cargo da área de Turismo da Deputación, terá lugar o xoves, 22 de xaneiro. Será baixo o título ‘Un atardecer, dous atardeceres: a eclipse na provincia da Coruña’, a cargo da astrofísica e profesora da Universidade de Santiago (USC), Begoña Nicolás Ávila.

NOVA SENDA PEONIL EN NARÓN

Por outra banda, a Deputación da Coruña e o Concello de Narón presentaron este luns aos veciños de San Xiao o proxecto dunha nova senda peonil, unha infraestrutura que se construirá na estrada provincial DP-5404 (Xuvia-A Frouxeira), na zona de Prados. A obra, que conta cun orzamento de 534.170 euros, busca transformar a mobilidade na zona e dar resposta a unha demanda histórica dos residentes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro (TEGA), mantiveron un encontro cos veciños no local da Asociación de San Xiao para explicar os detalles técnicos desta primeira fase. A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 1+500 e 2+950, sumando un total de 1,45 quilómetros de senda pola marxe esquerda, cun ancho de 1,80 metros.

González Formoso subliñou a intención da institución provincial de acelerar os prazos. “Tentaremos que os veciños cedan os terreos para evitar os trámites de expropiación e axilizar a execución”, sinalou o presidente, quen estimou un prazo de obra de seis meses. Non entanto, matizou que, de ser necesario o proceso expropiatorio, o orzamento e os tempos poderían ver incrementados lixeiramente.

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Noutra orde de asuntos, a Deputación da Coruña e o Banco de Alimentos asinaron un acordo polo que a institución provincial concédelle á entidade unha subvención de 100.000 euros para apoiar a compra de alimentos de primeira necesidade e a contratación de persoal que garante o bo funcionamento da mesma. O acordo foi subscrito polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente do Banco de Alimentos, Manuel Mora, na sede da Deputación coruñesa.

O convenio conta cun orzamento total de 138.221,15 euros, que inclúe tanto a compra de alimentos como os gastos de persoal necesarios para o desenvolvemento da actividade. A Deputación da Coruña achegará até un máximo de 100.000 euros, o que supón máis do 72 % do financiamento total. Formoso destacou que a colaboración é especialmente “relevante” polo contexto actual de cifras de risco de pobreza ou exclusión social, aseverou.

A Coruña presenta en Fitur a súa estratexia turística para 2026

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2026 a nova estratexia turística da Coruña para este ano, que virará ao redor da eclipse solar do 12 de agosto e o mundo audiovisual.

Tal e como trasladou o Concello da Coruña nunha nota de prensa, a rexedora fará dúas exposicións públicas: unha na Casa do Lector, no centro cultural Matadoiro, o martes; e outra na caseta de Galicia en Ifema, xa no marco de Fitur.

Alí, a alcaldesa fará balance dos “grandes fitos turísticos e culturais” do último ano na cidade, “moi positivos” en canto a turismo musical, coa “mellor marca histórica” de concertos no Coliseum.

Ademais, en Matadoiro, a mandataria local estará acompañada por Lucía Veiga e Xosé A. Touriñán como mestres de cerimonias e actuará o coruñés Carlos Ares. Na cita, Rey dará a coñecer os alicerces da nova estratexia turística da cidade, centrada este ano no audiovisual e na eclipse de sol do 12 de agosto.

E é que, A Coruña será a cidade europea na que mellor se poderá ver ese fenómeno, polo que xa se está preparando para esa xornada organizando distintas actuacións mediante unha comisión de seguimento específico que implica a distintas áreas.

O sector do mar manifestaránse por terra mar esta mañá no Parrote

Hoxe arrinca oficialmente, a folga da flota de baixura en todo o estado. A posta en vigor do novo Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea trae graves consecuencias para o sector galego, con burocracia e obrigas moi difíciles de asumir, que describíamos a semana pasada.

A primeira gran concentración de protesta desenvolverase esta mañá de luns, a partir das 11:00h.

Aos barcos da propia Coruña, uniranse os de Pontedeume, Sada, Lorbé, Ferrol, e mesmo algún de Laxe, para protagonizar unha histórica manifestación no Parrote. 

A pé uniranse xentes do sector de toda provincia, que non dan chegado cos seus barcos ata o porto herculino, pero que non queren perder esta ocasión de deixarlle claro aos burócratas de despacho da Unión Europea que hai medidas absolutamente incumplibles.

Máis info

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Sindicatos galegos do transporte piden mediación para “desbloquear” o conflito na provincia da Coruña

0

CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos laborais (AGA) co obxectivo de “desbloquear” o conflito do transporte na provincia da Coruña, que o venres alcanzou a súa sétima xornada de folga.

A través dun comunicado, o responsable de Transportes da FGAMT-CIG, Ernesto López, asegurou que con esta acción rexistrada na tarde do venres pretenden coñecer “as intencións reais da patronal”.

Deste xeito, afeou a actitude tomada polo conxunto empresarial, que tacha de “inmobilismo férreo” e describe como “comportamento anómalo” ao non abrir aínda ningunha vía de contacto: “Ante un conflito desta dureza o lóxico é falar para tentar solucionalo, pero non temos sequera aberta unha mesa de negociación nin ningún tipo de contacto”.

Da mesma forma, acusou á Xunta de Galicia de permanecer “desaparecida” e de “non importarlle” as condicións do traballo do persoal e a situación dos usuarios de autobús que non poden acceder ao servizo por motivo de folga.

Doutra banda, o representante da CIG reiterou a “vontade de diálogo” da parte social para avanzar nun novo acordo que tome en consideración as peticións dos traballadores.

 

Sen autobuses e con piquetes: nova xornada de paros no transporte de viaxeiros da Coruña

 

 

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Arrinca hoxe (oficialmente o luns 19) a nova folga indefinida da parque de baixura en todo o estado. Unha folga afecta directamente a toda Galicia, na que centos de mariñeiros protestan pola imposición do novo Regulamento de Control Europeo, o coñecido xa como DEA (Diario Electrónico de Pesca).

Unha sombra que xa leva percorrendo os nosos mares varios anos, e que de feito xa provocou paros en 2021. Pero parece que ninguén escoitou ao sector, e como explicamos a través do vídeo realizado por un patrón de pesca artesanal da comarca ninguén se parou a comprobar se as medidas eran oportunas ou mesmo viables.

Despois de varias reunións, a última telemática este mesmo martes con 122 confrarías conectadas, acabou coa decisión de realizar unha folga común en todo o estado a partir deste luns 19 de xaneiro. Unha folga indefinida ata que vaia habendo avances nas negociacións por intentar paralizar a obrigatoriedade de realizar algunhas das medidas, como ter que pesar a bordo as capturas, ou avisar con 4 horas de antelación da hora de chegada a porto.

Manifestacion marítima no Parrote

Moitos mariñeiros da comarca irán este luns a Madrid a manifestación convocada diante do Ministerio, á mesma hora que Basilio Otero, o presidente da Federación Nacional de Cofradías, terá unha reunión cos responsables do goberno central.

Pero outros decidiron realizar unha concentración por terra e por mar no Parrote, na Coruña (ás 11:00h). Mentres xentes Malpica, Corme, Laxe, Camariñas, Ferrol, Baralloble, Mugardos, Lorbé…. participarán na manifestación a pé, 15-20 barcos para dar uns bocinazos dende o mar do Parrote, a pesar de que dan ondas de 7 metros para a mañá do luns.

As demadas

Os mariñeiros inciden no mesmo que hai anos: máis burocracia, máis custes, máis vixilancia coma se fosen delincuentes. Denuncian que son medidas que poñen en perigo a viabilidade da pesca artesanal, que se toman dende despachos que están demasiado lonxe do mar.

”Non pedimos quitar o Diario Electrónico de Pesca, o DEA; estamos loitando por cousas coherentes, sinalan dende o sector. A bordo, podes calcular que 3-4 caixas poden ser apoximadamente 50 kg. Podes calculalo. Pero un sargo que sexa de 1, e ti anotas 1,5 kg xa implicaría unha multa”, explican un patrón da comarca.

Outro erro é o de enviar “a previa”, que co novo regulamento obriga a enviar a hora de chegada con 4 horas de antelación, algo moi dicífil de prever cando estás en plena faena e non sabes se vas poder facer unha boa “virada” ou non. Esta medida pode obrigar aos mariñeiros a ter que esperar en terra durante un par de horas para poder amarrar, porque xusto ao enviar a previsión atoparon un bo banco de peixes e completaron o cupo.
Tendo en conta ademais, que o horario do DEA está en UTC, é dicir unha hora menos en inverno e dúas verán, un simple feito que pode dar lugar a confusións.

 

Outras novas

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

A Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña denunciou o incumprimento das Leis de Memoria Estatais na cidade, xa que continúan sen retirarse elementos franquistas na Coruña. Por este motivo, esta entidade de memoria urxe reunións coa alcaldesa, Inés Rey, e co Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

A organización acusa o goberno municipal de “ocultar no seu momento” un informe do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses que sinalaba o carácter “contrario á memoria democrática” de 14 espazos da Coruña pola presenza de símbolos ou elementos franquistas.

Sobre este informe, pendente de actualización, fai seis meses o Consello dá Memoria Democrática chegara a un acordo para que o informe do Instituto Cornide fose remitido ao Pleno da Corporación para a súa tramitación. Con todo, desde a entidade apuntan a que dito acordo non foi tramitado e que as reunións que tiñan que celebrarse o pasado mes de novembro foron desconvocadas “ata en dúas ocasións”.

Máis novas de memoria

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

San Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

“O Consello da Memoria Democrática leva 4 anos sen se convocar”

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

Ferido grave un traballador nun accidente laboral en Navantia Fene

0

Un traballador da empresa auxiliar Irluc, con sede central en Huelva, resultou ferido grave este venres, 16 de xaneiro, tras sufrir un accidente laboral nas instalacións do estaleiro de Navantia Fene. O mozo permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en estado “estable”.

O operario, que realizaba labores de soldadura e montaxe mecánica para a firma Windwaves, viuse involucrado nun incidente mentres se realizaba unha manobra de traslado de cargas no almacén xeral da factoría de Perlío.

Segundo informaron fontes sindicais, o mozo, duns 30 anos de idade, sufriu un traumatismo na cara. Tras unha primeira asistencia, foi evacuado de urxencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, aínda que debido á consideración das súas lesións optouse polo seu traslado inmediato ao CHUAC. As últimas informacións apuntan a que o ferido se atopa “estable” dentro da gravidade.

A presidenta do comité de empresa de Navantia Fene, Adela López (CC.OO.), confirmou que se solicitará unha investigación exhaustiva para esclarecer as circunstancias exactas nas que se produciu o sinistro durante a operativa no almacén.

O TSXG pecha o caso da Casa Carniceiro: o alcalde de Oleiros queda definitivamente absolto

0

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a absolución do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños, e dun arquitecto técnico do Concello do delito contra o patrimonio histórico ou, subsidiariamente, do delito xenérico de prevaricación do que foron acusados. Foi como consecuencia da execución das obras para demoler, o 31 de decembro de 2020, o que restaba da Casa Carniceiro –un edificio modernista de principios do século XX– que no mes de xullo dese ano sufrira un importante incendio.

A Sala do Civil e Penal, por tanto, desestima o recurso presentado polo Ministerio Fiscal contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña, que tamén absolveu a ambos. Xa no seu fallo, o tribunal sostivo que existían “dúbidas incompatibles coa fehaciencia necesaria para enervar a presunción de inocencia e considerar concorrente a existencia dun elemento subxectivo por parte dos acusados de actuar vulnerando de forma fragante o ordenamento aplicable”.

Entre outras cuestións, no seu recurso, o Ministerio Público baseouse, entre outros motivos, en que se debería alcanzar unha resolución condenatoria “ao errar o tribunal na elección da normativa aplicable á hora de cualificar o obxecto material do delito, que, na súa tese, si pode cualificarse como ‘singularmente protexido'”. Con todo, o alto tribunal rexeita cada un dos motivos esgrimidos por Fiscalía que entendía que houbo un delito contra o patrimonio histórico tras a derriba da Casa Carniceiro. Así, consideraba como autor do citado delito ao rexedor, con competencias en materia de urbanismo, e ao arquitecto técnico municipal –que asumiu, afirma, a execución material do derrube– como cooperador necesario.

O ALCALDE CUALIFÍCASE COMO “VÍTIMA”

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacou a ratificación da súa absolución polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo derrube da Casa Carniceiro, tras rexeitar o recurso de Fiscalía e confirmar a ditada pola Audiencia Provincial da Coruña. En rolda de prensa, definiuse como “un defensor a matar do patrimonio histórico e arquitectónico” e cualificouse como unha “vítima con máis de cinco anos dunha persecución sen precedentes por parte da oposición”.

“Querendo utilizar os tribunais para acabar conmingo”, sentenciou para incidir en que actuou no seu día coa demolición da Casa Carniceiro porque había perigo para as persoas tras un temporal. “O que fixen foi salvar vidas”, insistiu para asegurar que foi un defensor do patrimonio de Oleiros. “Recuperei para o municipio gran parte da historia con edificios emblemáticos, a maior parte de propiedade privada”, engadiu.

A nai de Diego Bello sinala directamente aos asasinos do seu fillo “ameazado” en Filipinas

0

A nai de Diego Bello, Pilar Lafuente, testificou nesta xornada no xuízo que se celebra en Filipinas e no que están acusados tres policías de asasinar ao mozo coruñés, en xaneiro de 2020. En declaracións a Europa Press, tanto ela como o seu fillo Bruno, irmán de Diego, mostráronse “satisfeitos” por poder ratificar na vista “as ameazas de morte” ao mozo e de concretar “quen foi”, dixeron ao referirse ao “gobernador Miguel Villafuerte”.

“Bastante satisfeitos de como se desenvolveu a vista, déronnos opcións de dicir que Diego estaba ameazado de morte, tanto el como o seu socio e dixemos quen”, precisou a nai tras explicar que só tivo que responder a tres preguntas dos avogados da defensa en relación a cuestións como si recibiran o informe da autopsia de Diego, no que se constata, lembrou, “que non consumira drogas”.

“O resto, preguntas dos nosos avogados”, expuxo. Á súa vez, Bruno, o irmán de Diego, indicou que marchan de Filipinas — hoxe emprenden viaxe de volta a casa — “bastante contentos”. “Puxéronse cousas sobre a mesa como a ameaza de morte por parte do gobernador Miguel Villafuerte“. Tamén precisou que as preguntas dos letrados da familia centráronse na “honorabilidade de Diego” e en “defender” que “nunca tivo que ver con drogas nin tivo armas na súa posesión nin moito menos”.

DIEGO NOS MESES PREVIOS

A declaración da nai como testemuña tivo lugar ante o Tribunal Rexional de Primeira Instancia de Familia. Segundo precisaron desde a súa contorna, durante a súa comparecencia, relatou a relación cotiá que mantiña co seu fillo nos meses previos ao seu falecemento, destacando as chamadas diarias que realizaban “e o estreito vínculo familiar que lles unía a pesar da distancia xeográfica”.

No seu testemuño, aludiu tamén á preocupación xerada polas ameazas de morte. Segundo declarou, nunha primeira ocasión o seu fillo comunicoulle que unha persoa colocara un arma de fogo sobre unha mesa durante un encontro, nun xesto que interpretou como unha advertencia directa contra a súa vida. “Posteriormente, Diego informoulle dunha segunda ameaza, na que tanto el como o seu socio serían intimidados por Miguel Villafuerte, nun contexto que incrementou de maneira significativa a súa sensación de inseguridade”, sosteñen desde a contorna.

A declaración desenvolveuse en presenza dos acusados, quen se atopaban a escasos metros dos familiares de Diego Belo. Durante a sesión, os pais e o irmán da vítima, Bruno Bello, puideron ver de maneira directa aos procesados sinalados como responsables da morte de Diego, nunha comparecencia cargada, recoñecen, “de intensidade emocional”.

Por outra banda, apuntan que este testemuño forma parte dunha fase crave do xuízo, no que se dirimen responsabilidades penais polos feitos que culminaron coa morte violenta do mozo. Desde a familia reitérase o agradecemento polo apoio recibido tanto de institucións españolas como de organizacións internacionais.

Catro persoas seguen hospitalizadas polo brote gastrointestinal no IES de Elviña

0

Un total de catro persoas permanecen ingresadas tras o brote gastrointestinal rexistrado no IES de Elviña, na Coruña, provocado pola inxesta de tortilla. Así o informa a Consellería de Sanidade no seu último parte despois de que na información facilitada onte cifrase en 68 as persoas afectadas, con tres ingresados ata ese momento, que agora se elevan a catro.

A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso este luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro, que non ten comedor. A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permanece pechada desde que se tivo constancia do sucedido en relación a este brote.