Inicio Blog Páxina 199

[Galería]: 45.000 persoas ratificaron o Atlantic Pride como a cita máis Orgullosa do norte do estado

Fai balance o Atlantic Pride da súa 6ª edición. O festival do ‘Orgullo do Norte’ pechou con éxito as súas oito xornadas de música e reinvindicacións, afianzando á Coruña como a cidade máis diversa do país.

Impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- , co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña, este festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, segue servindo de perfecto escaparate para reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.

Foron preto de 45.000 as persoas que pasaron pola Praza de Pontevedra ou polos Xardíns de Méndez Núñez para gozar dos concertos de de figuras como Judeline, Edurne, David Civera, Nia, Merche, De Ninghures, Alana, Jimena Amarillo, Mayo, Sofía Cristo, Cascales, Arantxa Castilla-La Mancha, Samantha Ballentines e ata máis de 35 de bandas e artistas. Xunto a elas, a nova escena musical galega subiuse un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

Festival Atlantic Pride Coruna 2025-Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride 7
Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride

A cifra supón un “récord” de asistencia para o festi o que invita a ORCO a destacar “o interese que o Atlantic Pride xera na cidade da Coruña”.

Grazas a súa colorida e diversa aposta musical, na que a calidade dos directos é sempre unha das grandes premisas, a cita consolidouse un ano máis como un referente dos ‘Orgullos’ que se celebran nesta época do ano ao longo da Península, como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, que gaña novos adeptos e no que se reúnen divertidas propostas para todos os públicos.

Ademais dos concertos, tamén houbo divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración dun Certame Literario de Literatura LGTBI+, da man do Club de Lectura QUEERuña, e que neste 2025 celebrou cunha nutrida participación a súa cuarta edición, e cuio primeiro premio recaeu en Manuel Iglesias Vila, co relato Que vai ser de nós cando sexamos vellos?.

Festival Atlantic Pride Coruna 2025-Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride 9
Equipo do Atlantic Pride -Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride

A Asociación ORCO, organizadora do Atlantic Pride, quere transmitir o seu agradecemento a todas as persoas que un ano máis fixeron posible o festival: artistas, público, equipos, patrocinadores e apoios. “Desde a Asociación Orgullo Coruña e o Atlantic Pride queremos agradecer a todas as persoas e colectivos que gozaron deste evento aberto e diverso, que neste 2025 consolidouse como unha das citas de referencia da música no noroeste peninsular”. E continuou: “Grazas, tamén, aos artistas programados, pola súa xenerosidade e polo bo ambiente que crearon ao longo dos oitos días nos que se celebrou o Atlantic Pride”.

Aí vai unha galería de fotos de Raúl Lorenzo:

Decretada prisión provisional para un detido polo apuñalamento do Burgo

0

A maxistrada do Xulgado de Instrución nº3 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home detido tras unha pelexa multitudinaria entre feirantes que se saldou cun ferido de arma branca.

O suceso produciuse este xoves durante a montaxe das barracas das festas do Burgo. O home está a ser investigado por lesións cualificadas utilizando instrumento perigoso, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Por outra banda, a xuíza decretou tamén a posta en liberdade das dúas persoas — nai e fillo — que pasaron a disposición xudicial polos mesmos feitos. Ambas están investigadas por un delito de tenencia ilícita de armas.

A consecuencia do ocorrido, o Concello de Culleredo e a Garda Civil reforzaron a vixilancia na zona e o rexedor do municipio, José Ramón Rioboo, advertiu que suspenderá as festas se se repiten altercados. Os festexos están previstos do 23 ao 28 deste mes.

FEITOS

Segundo trasladou a Garda Civil, na liorta estiveron implicadas “entre 20 e 30 persoas”. Durante o desenvolvemento do dispositivo, engade, os axentes levaron a cabo a detención dun home de 26 anos como presunto autor dun delito de lesións graves. Segundo as primeiras pescudas, este individuo agrediu a outro home cunha arma branca, producíndolle unha ferida de prognóstico grave.

Paralelamente, os efectivos observaron a unha muller e a un home que “portaban envolvido un obxecto de notables dimensións”. Ao proceder á súa identificación, comprobaron que se trataba un arma de fogo manipulada e que carecía da documentación regulamentaria.

Por tanto, procedeuse á detención de ambas as persoas — ela, de 52 anos e el, de 20 — como presuntos autores dun delito de tenencia ilícita de armas.

O alcalde de Culleredo suspenderá as festas se se repiten sucesos como o do pasado xoves

0

A pelexa multitudinaria entre feirantes durante a montaxe das barracas das festas do Burgo, en Culleredo, saldouse coa detención dun home por delito de lesións con arma branca e dunha muller e outro home por tenencia ilícita de armas.

O conflito entre dous bandos iniciouse pola ocupación de parcelas para a celebración das Festas do Apóstolo, na chaira xunto ao río. No entanto, non se descartan que houbese outros motivos.

A Garda Civil enviou ata o lugar ata oito patrullas, que tamén contaron co apoio da Policía Local de Cambre e Culleredo, e durante o desenvolvemento do dispositivo, os axentes levaron a cabo a detención dun home de 26 anos como presunto autor dun delito de lesións graves. Segundo as primeiras pesquisas, o individuo agrediu a outro home con arma branca, producíndolle unha ferida de prognóstico grave. Por iso, tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Paralelamente, os axentes observaron a unha muller e a un home que portaban envolto un obxecto de notables dimensións. Ao proceder á súa identificación, comprobaron que se trataba dun arma de fogo manipulada e que carecía de documentación regulamentaria, polo que se procedeu á detención de ambas as persoas. En concreto, trátase dunha muller de 52 anos e dun home de 20, aos que se lle atribúe un delito de tenencia ilícita de armas.

Os detidos, xunto coas dilixencias pertinentes, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.

Preocupación polos incidentes entre feirantes no Burgo

Perante os graves incidentes ocorridos hoxe no Burgo, o BNG demanda a convocatoria da Xunta Local de Seguridade e da Comisión de Presidencia para informar dos feitos, coñecer a valoración que as autoridades e forzas de seguridade fan dos mesmos, e estudar as medidas a tomar.

“O Concello ten que implicarse activamente para vixiar as condicións nas que efectivamente se desenvolven as festas en todas as nosas parroquias e lugares”, piden dende o BNG, que leva anos alertando das condicións nas que se desenvolven as festas máis multitudinarias do Concello. “O Concello, como xa temos manifestado en reiteradas ocasións, non pode descargar toda a responsabilidade nas Comisións de Festas”.

REFORZO DA VIXILANCIA

O Concello de Culleredo e a Garda Civil reforzaron a vixilancia no Burgo tras unha pelexa multitudinaria entre feirantes. Sucedeu este xoves, día 17, durante a montaxe das barracas das festas da zona que se saldou con tres persoas detidas e un ferido por arma branca.

“Non vai haber un dispositivo de seguridade especial pero pasarán patrullas regularmente para controlar”, trasladaron fontes da Benemérita consultadas por Europa Press. Á primeira hora deste venres, “está todo tranquilo”, engadiron.

Na mesma liña, fontes municipais confirmaron que “a vixilancia está reforzada” a pesar de que na actualidade vívese un clima de “tranquilidade” na chaira xunto ao río, onde sucederon os feitos. “Durante toda a noite quedaron alí dúas patrullas da Garda Civil e unha da Policía Local facendo roldas”, concretaron.

Segundo comunicaron estas mesmas fontes, o conflito entre dous bandos iniciouse pola ocupación de parcelas para a celebración das Festas do Apóstolo. No entanto, non se descartan que houbese outros motivos.

A persoa ferida foi trasladada ao mediodía do xoves ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tras ser atacada con arma branca.

O ALCALDE DE CULLEREDO SUSPENDERÁ AS FESTAS SE HAI MÁIS INCIDENTES

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, advertiu que suspenderá as festas do Burgo se se repiten altercados tras a pelexa multitudinaria entre feirantes ocorrida este xoves durante a montaxe das barracas.

“Suspendelas entra dentro das miñas previsións se vexo que estes altercados continúan”, asegurou o rexedor cuestionado polos xornalistas sobre a posibilidade de cancelar os festexos previstos do 23 ao 28 deste mes.

“É unha ameaza real porque, efectivamente, o máis importante que hai sempre nun evento é a seguridade das persoas que veñen gozalo”, argumentou para engadir que “non pode haber ningún indicio de que nalgún momento a orde pódese ver alterado”.

Fíxoo tras destacar que nestes momentos “reina a tranquilidade” na chaira xunto ao río, lugar onde sucedeu o incidente. “Todo o dispositivo policial foi bastante efectivo para acougar os ánimos das dúas familias que se enfrontaron”, explicou Rioboo.

Así mesmo, recalcou tamén a existencia dunha “negociación” entre os implicados e o cosistorio. “Podemos estar en disposición de garantir que todo vai polo camiño que todos queremos”, asegurou.

Varios feridos nunha pelexa multitudinaria entre clans no Burgo

Recorren a posta en liberdade do absolto como cómplide no asasinato de Samuel Luiz

0

A Fiscalía presentou un recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) relativa ao asasinato de Samuel Luiz. Deste xeito, pide que se dite unha nova na que se condene ao absolto como cómplice (Alejandro M.R.), como se fixo nun primeiro momento.

Isto é froito dunha decisión tomada pola xunta de fiscais do Supremo tras recibir o escrito de preparación redacto pola Fiscalía Superior de Galicia, segundo informou a mesma a través dunha nota remitida aos medios.

Nunha sentenza emitida en maio de 2025, o TSXG absolveu ao mozo condenado pola Audiencia Provincial, nun primeiro momento, a 10 anos de cárcere como cómplice do asasinato. Do mesmo xeito, ratificou as penas de entre 20 e 24 anos para os outros tres: Diego M.M., Alejandro F.G. e Kaio A.S.C.

O texto redactado pola Fiscalía de Galicia propuña a anulación desta última sentenza para que se emita unha nova na que se condene a este acusado como cómplice, tal e como fora na primeira, e se manteñan as penas dos outros implicados no crime.

A Fiscalía considera que hai un erro na valoración da proba e infracción da lei penal. Así mesmo, recolle que a sentenza do TSXG infrinxe o artigo 24 da Constitución Española, co que vulnera o dereito á tutela xudicial efectiva, a presunción de inocencia, a interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos e o dereito a un procedemento xudicial con todas as garantías.

O conselleiro de Sanidade cre que a UDC debe “frear” o trámite para implantar Medicina

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, cre que a Universidade da Coruña (UDC) debe “frear” os trámites para implantar o Grao de Medicina mentres dure a comisión de descentralización da titulación que xa imparte Universidade de Santiago de Compostela (USC). Así se pronunciou a preguntas dos medios este xoves na cidade herculina, cuxa universidade acordou o mércores en consello de goberno iniciar o expediente para contar con esta carreira de cara ao curso 2027/28.

O reitor, Ricardo Cao, defende que é compatible avanzar por este camiño mentres se dialoga coa Xunta e o resto de universidades públicas para que o grao na USC teña cada vez máis docencia clínica fóra da capital galega. Con todo, o titular de Sanidade non concorda con esta postura: “Eu creo que, se estás a querer solucionar un problema dentro dunha comisión, o que hai que facer é frear, parar, traballar e despois decidir”. Antonio Gómez Caamaño insistiu en que a Xunta mantén a súa aposta pola “descentralización” do grao pola USC e por manter a “facultade única” de Santiago, que de feito é a máis grande de España con máis de 400 alumnos de novo ingreso cada ano.

Neste contexto, o conselleiro criticou a “decisión unilateral” que adoptou a Universidade da Coruña. “Cada un é responsable do que fai. A nosa ruta é exactamente a mesma: seguir traballando nesa comisión, buscando a descentralización o máis cedo posible”, insistiu. E é que, con respecto a que cada un fala “desde a súa perspectiva”, Gómez Caamaño lembrou que nese grupo de traballo “están representadas todas as partes implicadas” e que poden achegar “suxestións”.

O PPDEG LAMENTA A “CONFRONTACIÓN”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou a “confrontación” do reitor da UDC polo grao de Medicina e instouna a “resolver os problemas económicos” da institución. A preguntas dos medios, afeou a deriva ” de disenso” da universidade coruñesa e apelou ao “consenso”, para o que se creou “un grupo de traballo”. Neste punto, lembrou que a UDC “ten un déficit de 13 millóns de euros”, polo que instou á institución a, “en lugar de buscar puntos de confrontación” e de “abrir frontes innecesarias”, empezar a “mirar cara a dentro e tente resolver os seus problemas económicos”. Así, pediu que deixe esas cuestións para “o grupo de traballo creado a tal fin” coa intención de “manter unha única Facultade de Medicina en Galicia” e a parte que se falou de clínica para “acordar nese grupo”. “Lamento a confrontación que quere pór enriba da mesa o reitor da UDC, que parece máis un activista político que un reitor da universidade”, censurou Prado.

Castelo xa case conta

Deu comezo a X edición do Festival Castelo Conta. Unha cita “xa imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral, ademais dunha poderosa ferramenta para a dinamización da nosa lingua”, como sinalou o Conselleiro de Cultura, que non se quixo perder a presentación realizada polo gran valedor deste festival, Xosé A. Touriñán.

No acto, celebrado no campo da Capela de San Ramón, en Culleredo, presentouse un programa que arrinca o venres 22 ata o domingo 31 de agosto, acollerá a artistas como Carlos Núñez, The Rapants, Sés, Xabier Díaz, Alana ou Carlos Blanco.
Para os máis pequenos, haberá obradoiros, andainas polo monte e pequenos concertos. O festival tamén contará con encontros interxeracionais, gastronomía a cargo de cociñeiros referentes de Galicia, estreas de formato audiovisuais, espectáculos teatrais de pequeno formato e noite de comedia.

Toda a programación e as entradas en casteloconta.gal.

Varios feridos nunha pelexa multitudinaria entre clans no Burgo

0

Nova pelexa masiva entre clans no Burgo, en Culleredo, con varios feridos. Polo momento, se descoñece o alcance deste tumulto que enfrentou a a un numeroso grupo de persoas con paus, armas blancas e bates.

O incidente tivo lugar sobre as 12.00 horas deste xoves por motivos que aínda se descoñecen e comezou na zona onde estes días se instalan as atracións pola festa de Santiago do Burgo. Segundo apuntan fontes da Policía Local de Culleredo consultadas por Galicia Confidencial a pelexa implicou a “moitos feirantes”. Polo momento, na zona atopánse numerosas dotacións da Policía Local e da Garda Civil.

Non é a primeira vez que hai problemas entre feirantes nesta festa. Hai uns anos houbo varios feridos tras enfrontarse clans de Ribeira e Madrid por unha relación amorosa non consentida. De feito, houbo un ferido con arma blanca e varios contunsionados atendidos no CHUAC.

Volven pedir o acceso ao expediente da licenza da urbanización da Maestranza

0

Volve solicitar a plataforma Defensa do Común o acceso ao expediente da licenza outorgada o pasado 4 de xuño á promotora vasca Lipromo para edificar un bloque de 56 vivendas na parcela 2 do polígono do Campo da Estrada-Maestranza.

A este respecto, a entidade lembra que xa solicitara a mesma petición o pasado 11 de xuño, sen obter resposta algunha por parte do goberno local, comportamento que tilda de “hermético e lamentábel por negar o acceso a unha información que resulta fundamental coñecer, xa que dita licenza foi concedida ao amparo dun Estudo de Detalle que, na actualidade, está en trámite de conclusións nun proceso xudicial trala impugnación do mesmo por parte de Defensa do Común no TSXG”. Esta plataforma cívica advirte dos “enormes perxuizos que unha hipotética anulación do Estudo de Detalle conlevaría para o Concello xa que quedaría sen a preceptiva cobertura xurídica”.

En apoio da súa petición, Defensa do Común “apela tanto ao dereito á acción pública urbanística como ao acceso á información, aspectos que resultan de obrigado cumprimento por parte dos gobernos locais, ao tempo que anuncia que exercerá todas as accións administrativas e xudiciais que correspondan para a anulación definitiva da licenza en cuestión”.

Máis novas do proceso

 

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só corrobora que o proceso de urbanización non é válido”

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador

Piden unha rúa na Coruña a Pedro Zerolo no décimo aniversario do seu pasamento

0

Coincidindo co 20 aniversario da aprobación da Lei de Matrimonio Igualitario, e cos 10 anos do pasamento de Pedro Zerolo, as entidades Asociación Palestra, LesCoruña, Corufest, Fundación 26 de Decembro, CASCO (Comité AntiSida de A Coruña), Poten100mos e Fundación Pedro Zerolo, están creando unha campaña para conseguir que a Coruña lle dedique unha rúa ao activista LGTBIQ+.

Están realizando unha colleita de sinaturas para que a Comisión de Honras do Concello da Coruña valore a inclusión no rureiro dun dos principais impulsores xunto con outras persoas activistas de todo o Estado, situou España á vangarda mundial no recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBIQ+.

Lembran que Zerolo foi activista, socialista, republicano, laico, feminista… un loitador incansable na defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+, das mulleres, das persoas migrantes, das minorías étnicas, dos dereitos do pobo xitano e das persoas con discapacidade. Tamen loitou contra o VIH-Sida como embaixador de Onusida para América Latina e o Caribe e, en definitiva, por todas as persoas discriminadas.
Foi un activista da igualdade, sempre comprometido co cambio social, tanto desde o activismo como desde a política institucional, espazo que el consideraba “o lugar onde podemos facer realidade as utopías”. Enfrontaba os retos máis difíciles con determinación, convencido de que “só a sociedade podería gañar se eramos valentes nas nosas ideas”.

Nado en Caracas (Venezuela) no ano 1960, onde a súa familia se atopaba exiliada, regresou de mozo ás Illas Canarias e estudou Dereito na Universidade da Laguna. Licenciado nesta disciplina, decidiu exercer a súa profesión nas rúas e desde que se instalou en Madrid enfocou o seu traballo á loita contra a discriminación legal do colectivo LGTBIQ+.
Foi quen de reunir a diversos colectivos baixo unha mesma entidade, a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB, hoxe FELGTBI+), cuxa presidencia asumiu entre 1997 e 2003. Esta unidade foi clave para acadar a aprobación do matrimonio igualitario. Naquel momento, “Milhomes”, o colectivo LGTBIQ+ da cidade da Coruña, formaba parte da FELGTB e tamén puxo o seu gran de area nesta conquista histórica.
Ademais de ser un dos artífices da Lei de Matrimonio Igualitario (2005), Zerolo xogou un papel destacado na Lei de Identidade de Xénero (2007), na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación e na defensa do dereito ao voto das persoas migrantes nas eleccións locais.

“Por unha vez na vida, España chegará puntual á cita coa igualdade”, foi unha das súas frases máis recordadas con motivo da aprobación da Lei de Matrimonio Igualitario.

Máis novas

ALAS A Coruña recibiu o II Premio Tomás Fábregas polo seu compromiso na loita contra a LGTBIfobia

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

ALAS A Coruña recibiu o II Premio Tomás Fábregas polo seu compromiso na loita contra a LGTBIfobia

0

Emotiva a entrega do II Premio Tomás Fábregas. O Pazo de Maria Pita acolleu o acto institucional no que se recoñeceu o traballo da entidade ALAS A Coruña, referente do activismo LGTBI na cidade e símbolo da defensa dos dereitos humanos, a igualdade e a xustiza social.

A rexedora Inés Rey puxo en valor o compromiso de ALAS e alertou dos riscos que supón o avance da ultradereita para os dereitos fundamentais: “Fronte ao odio disfrazado de opinión ou de falsa neutralidade, nesta cidade non imos retroceder”, afirmou.

Alas Coruna premio tomas 1

A xornada serviu para lembrar a figura de Tomás Fábregas, activista coruñés que en 1992 desafiou a prohibición de entrada nos Estados Unidos ás persoas con VIH, converténdose nun símbolo internacional da loita contra o estigma: “Este premio non é só un recoñecemento. É un recordatorio de que os dereitos se defenden cada día. A dignidade humana non é negociable”, sinalou Rey.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, puxo en valor os 15 anos de traxectoria de ALAS A Coruña, lembrando a súa orixe no legado do colectivo Milhomes e a súa acción continua nos ámbitos da saúde, educación, cultura, mocidade, apoio legal, asesoramento psicosocial e denuncia das violencias LGTBIfóbicas.

Este é un ano moi especial para a entidade, pois vén de recoller varios recoñecementos.

Máis novas

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

O club de lectura municipal ‘QUEERuña’, XXI Premio Marcela e Elisa da asociación LGTBI+ Alas A Coruña