Inicio Blog Páxina 240

En marcha unha nova urbanización de 464 vivendas en Monte Alfeirán

O Monte Alfeirán é un deses espazos cuia situación, a cabalo entre dous concellos (neste caso entre Coruña e Culleredo), provoca un esquecemento municipal crónico. A falta e mantemento, limpeza, investimento… son queixas continuas dunha cidadanía que lembra ademais dúas promesas: o parque, e o mirador.

O que si terán pronto os adosados da zona, serán veciños. A Xunta de Goberno Local, ademais de aprobar unha nova area deportiva en Novo Mesoiro, aprobaba a solicitude á Xunta do inicio do procedemento de avaliación ambiental do Plan Parcial que delimita o sector de solo urbanizable no Monte Alfeirán, un enclave situado entre a autovía da AP-9, Palavea e o termo municipal de Culleredo.

Ubicacion da nova urbanizacion de Monte Alfeiran

A ordenación proposta, estima a construción de 464 vivendas, das que case a metade serían de uso residencial colectivo, dentro dunha superficie total de 166.669 metros cadrados, a superficie edificable máxima sería de 64.501.
A maiores, estímanse uns 42.980 metros cadrados de espazos libres, outros 8.200 para equipamentos e tamén unha bolsa de case 400 prazas para o estacionamento de vehículos, así como espazo para a plantación de máis de 700 árbores.

Outras novas

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

A Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

0

Por fin, a FIFA acaba de aprobar oficialmente a candidatura de Riazor como sede para o Mundial 2030. Así o ratificou este mércores, 11 de decembro, a FIFA nun congreso que foi seguido en directo desde a Cidade do Fútbol de Las Rozas pola subdeelgada do Goberno María Rivas e os concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o de Deportes, Manuel Vázquez.

O proxecto de transformación do estadio de Riazor nun recinto multiusos vai na liña seguida na actualidade polos grandes recintos deportivos a nivel europeo e mundial, cunha capacidade para 48.000 persoas (a pesar das reticencias de Abanca e sen que aínda se coñeza de onde sae a parte de investimento privado), que poida acoller eventos culturais e deportivos como a final da Champions League.

O proxecto, que transformará a cidade, contará coa Coruña como sede para os partidos do Mundial, catro concellos máis (Ferrol, Betanzos, Ordes e Cerceda) como centros base de adestramento, os tres aeródromos galegos como aeroportos oficiais da sede e co conxunto das prazas hoteleiras radicados en Galicia como aloxamentos oficiais.

MARROCOS, RIVAL POLA FINAL

Baixo o lema ‘Yalla Vamos’, os avaliadores xa deron unha nota moi alta a esta candidatura no seu último, 4,2 sobre 5, a maior da historia para un proxecto onde España, organizadora do Mundial de 1982 e que perdeu contra Rusia a edición de 2018, conta cun total de once estadios, coa incógnita de se se poderá reenganchar Mestalla.

Santiago Bernabéu e Riyadh Air Metropolitano, en Madrid, Spotify Camp Nou e o RCDE Stadium, en Barcelona, San Mamés (Bilbao), La Cartuja (Sevilla), Reale Area (San Sebastián), Estadio de Gran Canaria (Las Palmas), A Rosaleda (Málaga), La Nueva Romareda (Zaragoza) e o ABANCA Riazor  son os seleccionados.

Dous deles, os remodelados e modernos do Real Madrid e do FC Barcelona, optan a ser o escenario da final, outro dos puntos que marcou estes meses pola puxanza de Marrocos co seu futuro Gran Estadio Hassan II en Casabranca. De feito, este tres recintos, que tamén podería albergar o choque inaugural, sacaron a máxima puntuación (4,3) no informe.

O país norteafricano acollerá un Mundial por primeira vez e como segundo de África en facelo tras o histórico de Sudáfrica en 2010 e terá seis sedes. Antes, xa fora candidato en solitario para celebrar o de 2026, caendo claramente ante o proxecto conxunto de Estados Unidos, Canadá e México. Portugal, que nunca tivo unha Copa do Mundo, pero si unha Eurocopa (2004), terá unicamente tres, dous en Lisboa (Da Luz e o José Alvalade) e Do Dragao no Porto.

O home cuxo cadáver se atopou nun colector de cartón na Coruña puido morrer de forma accidental

0

A investigación non descarta que o home atopado morto nun colector na Coruña falecese por unha causa accidental, segundo precisou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que manifestou que esta é unha das hipóteses que se baralla.

A preguntas dos xornalistas, nun acto na cidade herculina, confirmou que están abertas “dúas liñas” de investigación, pero emprazou a esperar aos resultados da autopsia “e o resto das probas”.

“Parece que pode ser probable que sexa un accidente, pero hai que ser prudentes e rigorosos”, sinalou para ratificar que sexa así ou que sexan outras as causas.

A investigación por parte da Policía Nacional abriuse o luns despois de que o corpo aparecese esa mañá nun colector de reciclaxe de papel e cartón. Foi descuberto nas instalacións da empresa Utramic, na estrada de San Pedro de Visma cando os operarios procederon a baleirar un dos camións que prestan o servizo de recollida de colectores. O home era de nacionalidade marroquí e practicaba a mendicidade.

 

Investigan a aparición dun cadáver nun camión do lixo na planta de reciclaxe na Coruña

Ademais da Coruña, a xira de Sen Senra pasará por Valencia, Sevilla e Madrid

0

Sen Senra actuará no Coliseum da Coruña o 12 de decembro de 2025, dentro dunha xira coa que porá fin á triloxía do álbum ‘PO2054AZ’ con ‘La Última Misa’.

Con catro datas exclusivas, o artista galego porá fin a esta saga única con ‘La Última Misa’, concertos que marcarán o peche dunha triloxía que comezou co Volume 1 ‘A Orixe’ e continuou co Volume 2 ‘El Emigrante’, mentres se prepara para o peche definitivo do Volume 3, previsto para o primeiro semestre de 2025.

Nestes discos, Sen Senra contou con colaboracións de artistas como Aitana, Carin León, Sky Rompendo e Tainy, “consolidando aínda máis o seu selo único e inconfundible”. Ademais da Coruña, a xira de Sen Senra pasará por Valencia, Sevilla e Madrid.

Novo Mesoiro contará cun novo espazo deportivo xuvenil

0

A Xunta de Goberno Local aprobaba onte o proxecto para construír unha nova área de ocio xuvenil ao aire libre no barrio de Novo Mesoiro.

Ubicada nunha área axardinada en desuso situada tras os bloques de vivendas da rúa Ribeira Sacra e o rego de Moitos (arriba de todo do barrio), habilitarán unha nova superficie de máis de 1.500 metros cadrados que incluirá espazos individuais para a práctica deportiva de calistenia, break e bailes urbanos, baloncesto, ping-pong, xadrez e tamén un pequeno rocódromo. No caso da área para break, está previsto que haxa unha cuberta protectora en forma de xeoda.

A obra supón un investimento de 230.000 euros a esta actuación, que tras a aprobación do proxecto avanzará a continuación cara á seguinte fase administrativa, a de licitación. Toda vez se adxudiquen as obras, o prazo de execución será de seis meses.

Xunta de Goberno Local da Coruna
Xunta de Goberno Local

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

Paso atrás do Concello sobre o polémico proxecto de urbanización das Percebeiras. Se no pasado de outubro, o pleno aprobou unha moción do BNG a anular o planeamento actual as licencias da parcela afectada de Labañou, este xoves, no pleno ordinario do Concello do mes de decembro, refrendouse a suspensión cautelar do chamado “Plan Especial M18 Labañou”. Fíxose cos votos a favor do PSOE e o BNG, pero cos votos en contra do PP, cuio voceiro Miguel Lorenzo argumentou a súa negativa a que goberno “cambia as reglas do xogo en metade do partido”, falando como avogado defensor do fondo promotor, Metrovacesa.

O Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Fran Díaz Gallego, apuntou á necesidade “estudar a modificación do planeamento vixente e establecer unha ordenación respectuosa co medio ambiente, a costa, coas vistas da Torre de Hércules e as vivendas de María Pita” nos alrededores do sector, unha vivendas cunha moito menor edificabilidade.

O edil apuntou que a intención do Concello “non é paralizar ningún ámbito urbanístico, senón solucionar un problema que leva 8 anos paralizado”, subliñando que a previsión de vivenda protexida nas Percebeiras é dun 40%. “Con todo, entendemos que debemos minimizar o impacto negativo no territorio”, facendo alusión a un “informe municipal do ano 2021” que non se fixera aínda público, pero que “xa apuntaba á falta de integración co tecido urbano existente”. Lembrou que xa se retirou o bloque de 23 alturas, pero que “o problema vén derivado do ensanchamento dos bloques, coa perda de calidade e dimensións dos espazos libres.
O BNG loubose de conseguir esta parálise cautelar para repensar o proxecto (“Se non fose pola iniciativa do BNG no pasado Pleno, o Goberno Local seguiría sen cumprir esta parte do Acordo de Investidura”, remarcou Veira), e tanto o BNG como PSOE acusaron ao PP de engadir durante o seu último mandato a inclusión de 15.000m2 de edificabilidade.

Nova ordenanza de SITE

”Conservar a imaxe da cidade e dos barrios” é o argumento principal para a aprobación inicial da nova ordenanza de Sistemas de Illamento Térmico Exterior, coa que se busca establecer o regulamento e as condicións para intervir nas fachadas dos edificios á hora de implantar sistemas que incrementen a súa eficacia enerxética.
O texto, que xa foi validado previamente a finais de novembro na Xunta de Goberno Local, establece os requisitos específicos tanto para os edificios catalogados como para os que, pese a non estar catalogados, contan nas súas fachadas con elementos de singular protección.

Moción sobre o cárcere

O Pleno aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a relativa ao antigo cárcere provincial e ás demandas do barrio da Agra do Orzán- por unanimidade. A iniciativa sobre o impulso do galego saíu adiante cos votos favorábeis do PSOE, mais coa oposición do PP.

No que ten a ver coa antiga prisión, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instou o Goberno Local a que use a súa influencia política para lograr que o Estado renuncie á vía xudicial e se aveña a negociar co Concello.

Licitación do contrato do bus urbano

Na quenda das preguntas orais, a edil do BNG Avia Veira interpelou o Goberno Local sobre a non licitación a tempo do novo contrato do bus urbano para este entrar en vigor a 1 de xaneiro, tendo en conta que o actual caduca en decembro.

Máis novas

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

O IES Puga Ramón ten “Moito Coidado” coas Infeccións de Transmisión Sexual

0

O IES Rafael Puga Ramón acollía onte a estrea do spot “Moito coidado”, que forma parte da campaña impulsada pola área de igualdade da Deputación para previr as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) cun enfoque de xénero. Unha xornada máis que necesaria en materia de educación sexual, a gran esquecida do sistema de ensino público.

Aquí vemos o vídeo da campaña coa música de Mondra.

A deputada de igualdade, Soledad Agra foi a encargada de presentar a campaña, acompañada do director do centro, Pablo González, representantes da empresa que levou a cabo a campaña, FEMUR, e a técnica de igualdade da Deputación, Eva Ovenza, nunha xornada na que o alumnado visualizou os diferentes materiais e participou nunha dinámica de grupo sobre a prevención das ITS cunha perspectiva de xénero.

Ramon Fademur Soledad Agra e Eva Ovenza campana Moito Coidado

Agra referiuse ao incremento das ITS, que “debe ser analizado como violencia de xénero, xa que estas situacións están, na maioría dos casos, vinculadas a prácticas de risco e enganos”. Neste sentido, falou da “falta de educación sexual” como unha das causas. “A principal fonte de información da mocidade é a pornografía, que promove os roles patriarcais e comportamentos machistas”, sinalou.

Pola súa banda, os coordinadores da campaña, Judit Cabana e Carlos Álvarez, de FEMUR, explicaron o enfoque da campaña. “Desde unha perspectiva crítica, os homes adoitan asumir identidades de risco, normalizando comportamentos que priorizan accións sen considerar emocións ou consecuencias. Por outro lado, as mulleres enfróntanse a presións sociais que fomentan o falso consentimento, a abnegación e a aceptación de comportamentos que derivan en sentimentos de culpa e indefensión. Estes comportamentos de risco, manipulación e engano son considerados como violencia de xénero con impacto directo no contaxio das ITS”. O obxectivo da campaña é, precisamente, “visibilizar estas condutas como a verdadeira orixe do problema, rexeitando culpar ás vítimas e promovendo unha resposta construtiva baseada na Ética dos Coidados”.

 

O funcionariado sae á rúa para esixir unha solución ao concerto sanitario de MUFACE

0

A asistencia sanitaria de máis de 1.500.000 funcionarias e funcionarios está pendente da a renuncia das aseguradoras para acudir ao concerto sanitario de MUFACE.

Ante esta situación, funcionarios de todo o estado se manifestaron hoxe en convocatorias realizadas por CCOO, UGT, ANPE, USO, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT, nas que esixiron tanto Goberno como ás aseguradoras, unha “solución xa”.

Por unha banda, esixen celeridade ao Goberno para pechar un novo convenio e poñer sobre a mesa un Plan de viabilidade para a asistencia sanitaria do funcionariado público.
Por outro, denuncian “a unhas aseguradoras insaciables que, co argumento de que o modelo MUFACE está “infra financiado”, queren aumentar os seus beneficios económicos á conta do Estado, e á conta da “selección de riscos”, é dicir, á conta de derivar á sanidade pública os casos máis graves e caros de atender”.

E, “no medio, nun fogo cruzado, os/as mutualistas e os seus beneficiarios, aos que, utilizados como reféns, pónselles en risco a súa propia saúde”, sinalan os sindicatos

Cifras de MUFACE

  • 1.- MUFACE ofrece atención sanitaria a arredor de 1,5 millóns de persoas funcionarias e familiares.
  • 2.- As tres aseguradoras que ata o de agora prestaban este servizo, Adeslas, Asisa e DKV, decidiron non presentarse ao novo convenio (vixente no período 2025-2026) ao considerar que a proposta económica era insuficiente para evitar as perdas neste negocio.
  • 3.- As persoas que están cubertas por MUFACE cada ano deciden quen lles vai dar asistencia sanitaria: unha das aseguradoras privadas do concerto ou a sanidade pública. Nun 72 % dos casos escóllese a sanidade concertada. En concreto, en 2024 un 34 % optou por Adeslas, un 25 % por Asisa (controlada por Lavinia, unha cooperativa de médicos) e un 13,2 % por DKV, propiedade do xigante alemán Munich Re. O restante 28 % optou pola sanidade pública.
  • 4.- Porén, como dato tamén significativo, as novas xeracións do funcionariado, que son menos custosas en termos de atención, están optando maioritariamente polo sistema público. En 2022, dous de cada tres novos funcionarios elixiron ser atendidos na sanidade pública, rexeitando os seguros privados ofrecidos por MUFACE.
  • 5.- As aseguradoras reclaman unha mellora na dotación económica do 40 %. O Goberno publicou uns pregos de contratación cunha suba do 17 %, pero mesmo este forte incremento non abondou para que Adeslas, DKV e Asisa decidiran presentarse.
  • 6.- MUFACE defende que a situación está controlada e que a lei de Contratos do Sector Público bríndalles ferramentas suficientes como para garantir que as aseguradoras privadas van seguir prestando o servizo cando menos ata outubro de 2025 se non houbese unha nova licitación antes.
  • 7.- A migración de todas e todos os mutualistas ocasionará un gran impacto no actual sistema sanitario da Seguridade Social, por iso esiximos que mellore o investimento en sanidade pública para conseguir unha atención de calidade para todas e todos.

Máis de 60 entidades convocan unha marcha este sábado con saída dende María Pita para reclamar a “devolución” da Casa Cornide

Máis de 60 entidades convocaron unha marcha este sábado, día 14, na Coruña para reclamar a “devolución” da Casa Cornide, propiedade dos Franco e cuxo retorno ao patrimonio público demandou vía xudicial o consistorio coruñés. Será, informaron os seus convocantes, nunha marcha con saída ás 12.00 horas desde a praza de María Pita para esixir a devolución ao patrimonio público do citado inmoble.

Tamén esixiron a apertura ao público do mesmo unha vez que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC). E é que, respecto diso, insisten en que “19 meses despois” segue pechada ás visitas públicas. “Infrinxindo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que obriga aos propietarios á apertura de catro días ao mes e un mínimo de catro horas cada día”. No manifesto, con motivo da marcha, esixen á Xunta de Galicia “que acabe coa política de permisividade” coa familia Franco e que se lle aplique “a máxima sanción” pola súa “negativa” a abrir a Casa Cornide ao público.

As convocantes desta V Marcha manifestan o apoio á demanda xudicial presentada polo Concello da Coruña para recuperar a Casa Cornide para o patrimonio do concello.
Por outra parte, esixen ao Goberno Municipal que traslade a Comisión de Honras e Distincións e ao Consello Municipal de Memoria Histórica, sen máis dilación, a proposta de retirada de rúas e distincións a Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao e Sergio Peñamaría de Llano, cualificados no Pleno de 1 de outubro de 2020 como “significados franquistas que promoveron e participaron activamente nos espolios do pazo de Meirás e Casa Cornide”. Que se execute xa a proposta do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses para a retirada de rúas e distincións a 14 persoas, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, independentemente das futuras ampliacións do informe dese Instituto.

DC Casa Cornide V Marcha cartaz copia

Máis novas

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

A CRMH volve esixir á Xunta que resolva a apertura da Casa Cornide e sancione aos Franco

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

A CIG mobilízase na Coruña en apoio a un traballador do metal acusado de delito de atentado nunha protesta

0

Delegados sindicais da CIG mobilizáronse este mércores ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo contra un traballador do metal vinculado ás protestas de maio de 2022 con mobilizacións ante a Delegación do Goberno en Galicia. Os representantes da central nacionalista protestaron tras fixarse para esta xornada o xuízo. Fiscalía expón para o traballador unha pena dun ano de cárcere por delito de atentado e dous meses de multa por lesións.

En declaracións aos medios de comunicación, Eduardo Caamaño, secretario comarcal de CIG-Industria na Coruña, situou os feitos nun contexto de “represión sindical” e rexeitou os delitos que se imputan ao afiliado da CIG. Así, apuntou que foi detido despois de terminar a protesta diante da Delegación do Goberno “dunha maneira bastante esaxerada por parte da Policía”. “Identificouse desde o primeiro momento e detivérono”, explicou para incidir en que foron protestas “pacíficas” para demandar un convenio colectivo “digno”. Ademais, insistiu no feito de que, a denuncia da Policía foi “arquivada pola xuíza” e cuestionou que Fiscalía “abrise de novo o caso”. “Nos vídeos vese que non fixo nada”, aseverou.