Inicio Blog Páxina 247

Demandan un acordo institucional para instar ao Estado a que non apele a sentenza sobre a cesión do antigo cárcere

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña demandou un acordo entre administracións, institucións e grupos políticos para instar ao Estado a que non interpoña un recurso de apelación contra a sentenza dun xulgado coruñés que eximiu ao Concello de abonar máis de 15 millóns de euros á Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Seguridade do Estado (Siepse) pola cesión desta infraestrutura, declarando nulo o convenio de permuta do 2005.

Segundo esta Comisión, a firmeza da devandita sentenza posibilitaría un convenio para a cesión gratuíta do edificio e os terreos da antiga prisión, así como o financiamento estatal para a súa rehabilitación e posta en valor. Nun comunicado, reivindicou que, de confirmarse, a sentenza evitaría “un manifesto enriquecemento inxusto do Estado, dado que o convenio do 2005 obrigaría a abonar un gran desembolso económico ao Concello por un edificio construído en terreos que foron cedidos en 1925 para uso de prisión, sen que o Estado procedese á súa devolución gratuíta, unha vez desafectados no 2009”. “Unha reversión gratuíta que si efectuou o Estado noutras prisións, como os casos de Zamora ou de Granada”, engadiu.

Olladas doutro tempo: Estación do Norte

“Despois de longos anos de dolorosa espera, durante os cales outras comarcas da Nación, non máis merecedoras, pero si moito máis afortunadas que a nosa, se viron cruzadas de camiños de ferro, A Coruña, e con ela Galicia enteira, contemplan convertido en realidade o tan anhelado ideal das súas fermosas aspiracións (…) os trens que nos han de traer a perfección agrícola, o desenvolvemento fabril e comercial, o florecemento artístico e literario, ao par do das ciencias, os progresos de todos, nunha palabra, facendo entrar a esta gran rexión, tan digna de próspera sorte polas súas virtudes domésticas e civicas, no concerto dos pobos máis cultos do mundo civilizado.” Programa de festas do Excmo. Concello da Coruña para a inauguración do ferrocarril, 14 de agosto de 1883.

Pero esta historia xa comezara moito máis atrás, na época na que ata a nosa cidade aínda chegaban os viaxeiros na dilixencia da Ferrocarrilana. En 1857 Isabel II inaugura as obras do ferrocarril no lugar da Ponte da Gaiteira. Esa estrutura que está a nomear toda a zona pódese apreciar á esquerda da fotografía, salvando o Río de Monelos que actualmente discorre baixo a rúa co mesmo nome. Na intersección desa rúa con Alcalde Marchesi atopábase esta ponte que marcaba o límite entre o termo municipal da Coruña e o antigo Concello de Oza. Ambos municipios rematarán fusionándose en 1912, pero nese intre a prosperidade da Coruña pasaba por unhas obras en terreos do veciño Concello de Oza. Era preciso colaborar polo ben común.

Non sería tan doado, pois unha serie de contratempos fixeron que durante varios anos o proxecto permanecese parado. As obras saíron a subasta dúas veces, sen adxudicarse. Respirábase desilusión e inquietude entre a xente, pero todo iso estaba a piques de cambiar. O 19 de setembro de 1864 a xente agolpouse durande horas nas rúas inmediatas á estación telegráfica, agardando noticias de Madrid. Esperaban con medo que a subasta das obras que debían unir Coruña e Ponferrada quedase deserta por terceira vez. Tensión no ambiente ata que ás 3 e cuarto un cubo de foguetes lanzados dende a azotea do Goberno Provincial dan a ansiada noticia da adxudicación das obras do ferrocarril.

A partires deste intre, comezaron uns festexos improvisados que se extenderon durante tres días por toda a cidade, quedando rexistrados na publicación “Galicia, Revista Universal de este Reino”. Bombas e foguetes eran lanzados ó ar sen descanso. Saíron do Concello os xigantóns para percorrer as rúas, precedidos por música de gaitas e tamboriles. Ó mesmo tempo, os alguacís e os maceiros do Concello, a cabalo, pregonaban a noticia polas rúas atestadas de xente, acompañados pola banda de música do reximento de Infantería. A banda tocaba, entre outras pezas, a muiñeira do ferrocarril, recentemente composta polo artista coruñés Canuto Berea. Os edificios de toda a cidade, igual que moitos barcos no porto, fóronse adornando con farois, creando unha estampa nocturna inesquecible, con infinidade de luces de distintos tipos que iluminaban as rúas, o porto e ata o ceo cos estalidos dos foguetes de cores reflectíndose na auga. Polas rúas pasaba unha carroza simbolizando o tren e o progreso, mentres a xente bailaba muiñeiras e outras danzas. Repique de campás, globos aerostáticos, cucañas e ata unha regata fixeron que toda a cidadanía festexase con grande entusiasmo o que ía ser o verdadeiro inicio das obras que comunicarían a cidade co resto do país. Os festexos remataron de golpe cando o día 21, ás once da noite, unha especie de diluvio repentino fixo retirar á xente ás súas casas.

Pero o entusiasmo inicial foise enfriando ó longo de varios anos de decepcións e desenganos entre enredos de orzamentos e concesións a empresas privadas, prazos de subvencións, falla de recursos, demoras, impagos a traballadores, cambios nos proxectos de algúns tramos, protestas da opinión pública, cartas ó ministro de Fomento, distintas prórrogas para finalizar os traballos… E deste xeito chegamos ó momento da fotografía. En 1880 non están rematados os edificios da terminal e fallan aínda tres anos para que Alfonso XII a inaugure oficialmente, pero a Estación do Norte xa era unha realidade. Estaba algo afastada do centro da cidade porque no seu deseño foron prioritarios os motivos económicos e de utilidade, coma por exemplo a cercanía a un peirao de ferro situado na Palloza ou a situación dalgunhas industrias, coma a Tabacaleira.

O seu final chegaría en xaneiro de 1964, consumida por un incendio. A actual estación de autobuses ocupa o lugar da vella terminal e nos terreos que vemos na imaxe ubícanse hoxe en día a praza da Cubela, o Corte Inglés, o Centro Comercial Catro Camiños e o Parque Europa. Na instantánea non son máis ca leiras, edificios a medio construir e vías de tren. O fotógrafo non está tentando captar a beleza do entorno, máis ben está facendo que todo ese conxunto de elementos luzan precisamente pola forma de retratalos.

Mendía acada un plano picado que aporta unha enorme profundidade á imaxe. Nunha época na que a fotografía estaba nos seus inicios, este artista domina con solvencia e de forma intuitiva unhas regras de composición que hoxe en día están moi estudadas e sistematizadas en infinidade de publicacións sobre fotografía. Por exemplo, os puntos de interese da imaxe aparecen perfectamente ordeados segundo a regra dos tercios, acadando unha imaxe moi equilibrada. Pero tamén está a xogar coas liñas ó enfocar de forma simétrica as vías, creando así un punto de fuga distante que atrapa a mirada. Ollemos cara onde ollemos, de forma inconsciente voltaremos a percorrer cos ollos as potentes liñas que forman os raís e mailos vagóns, que nos levan case ata o infinito, coma metáfora do futuro dunha Coruña que xa non ve límites nas súas posibilidades e que agarda con ilusión a chegada do ferrocarril e as novas oportunidades. Con esta fotografía da estación en obras, Valentín Mendía retrata as esperanzas de toda unha cidade.

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

O Aquarium Finisterrae incorpora unha vintena de luras que cambian de cor

Aquarium Finisterrae da Coruña incorporou unha vintena de luras da variedade ‘Loligo vulgaris’ que cambian de cor para camuflarse diante das súas presas e depredadores. Estes moluscos cefalópodos atópanse nun tanque cilíndrico da Sala Maremagnum e foron capturados á ría coruñesa polo equipo de bioloxía mariña do Aquarium.

A captura foi posible polas boas condicións do mar e a existencia de bancos de sardiñas na zona, unha das principais especies das que se alimentan as luras. O ‘Loligo vulgaris’ é un molusco cefalópodo que se distribúe no Atlántico oriental, desde o Mar do Norte e as Illas Británicas ata o suroeste de África e do Mediterráneo, a unha profundidade de ata 500 metros.

Piden catro anos de cárcere para un vendedor de droga na confluencia entre Monelos e Pérez Ardá

0

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 3, o xuízo contra un home acusado de venda de drogas na Coruña. Fiscalía pide para el unha pena de catro anos de prisión coa agravante de reincidencia e a atenuante de intoxicación por consumo de estupefacientes. No seu escrito de cualificación, Fiscalía sostén que en xullo de 2022 o home dedicábase á venda de heroína e haxix. Na mañá do 22 de xullo dese ano foi sorprendido pola Policía Local cando realizaba a venda na confluencia da avenida Monelos coa rúa Pérez Ardá. Os axentes, tras identificarse, procederon á identificación e detención do investigado ao que lle interviron unha bolsa de plástico transparente, que contiña heroína, haxix e tranxilium para a súa venda, sostén o Ministerio Público, “a terceiros”.

Convocan dous días de folga na obra de acceso ferroviario a Punta Langosteira

0

O comité de empresa da UTE Acceso Porto Exterior A Coruña convocou dous días de folga nas obras de construción dos túneles que darán acceso ferroviario a Punta Lagosteira, pola “imposibilidade” de chegar a un acordo coa empresa en materia de vacacións, retribucións, retencións e condicións de seguridade nos traballos. Segundo informou a CIG, o “descontento” entre o persoal polas condicións dáse desde o inicio das obras a principios de 2023 e o pasado 10 de outubro “conseguiron forzar” o inicio de negociacións.

O secretario comarcal da FCM-CIG, Marío Maceiras, sinalou que “máis aló das boas palabras”, á porta do mes de decembro, os traballadores “seguen sen coñecer” cando gozarán das vacacións anuais “nin como llas retribuirán”. Por iso, o comité de empresa convocou dúas xornadas de folga de 24 horas. A primeira o martes, día 3, desde as 07.00 horas ata as 07.00 horas do mércores, e o segundo o xoves, no mesmo horario.

Atopan un home inconsciente á beira do seu coche en Arteixo

0

Un home apareceu inconsciente á beira do seu vehículo na madrugada deste sábado na localidade coruñesa de Arteixo. Os feitos ocorreron pouco despois das 01.20 horas e foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, indicando que o implicado non respondía a estímulos. Ademais, explicaba que o home podería terse caído e golpeado ao tratar de subir ou baixar do coche, que estaba á altura do quilómetro 7 da AC-552, en Oseiro. Por iso, desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e á Policía Local de Arteixo. As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso.

Alerta amarela por choivas fortes este sábado en varias zonas da Coruña

0

Meteogalicia activou a alerta amarela por choivas fortes este sábado no oeste e suroeste da Coruña.

Desta forma, o aviso será desde as 09.00 horas ata as 15.00 horas e espéranse choivas de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora.

Galicia estará afectada durante esta xornada por unha fronte activa que traerá nubes e precipitacións, máis probables canto máis ao oeste da comunidade.

As temperaturas non terán cambios significativos e o vento será de compoñente sur, frouxo con intervalos moderados e forte no litoral atlántico.

Un centenar de profesionais do audiovisual cítanse na Coruña, no 18º pitching I+P ‘Ideas para Producir’

0

Un centenar de profesionais da industria audiovisual participan estes días na 18ª edición do ‘pitching’ I+P ‘Ideas para Producir’, organizado polo Clúster Audiovisual Galego.

No encontro, produtores, guionistas e creadores buscan alianzas comerciais coas principais canles, plataformas e distribuidoras. Ademais, nesta edición presentouse ante os ‘decision makers’ o estudio virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI), que se está construíndo na cidade herculina.

O presidente do Clúster, Alfonso Branco, destacou este venres, que este foro supón unha “excelente oportunidade” para a venda, financiamento, distribución e coprodución de contidos para cinema e televisión.

No acto, o director da Axencia Galega dás Industrias Culturais, Jacobo Sutil, puxo en valor tamén a oportunidade para promocionar contidos, e subliñou o bo momento que vive o audiovisual galego. Así mesmo, lembrou que este organismo convocou nove liñas de axuda específica para este sector, dotadas con máis de 100 millóns de euros; á vez que anunciou novas lineas para o ano 2025, de 3 millóns de euros para produción e coprodución audiovisual, e de 2 millóns de euros para atraer rodaxes a Galicia.

O I+P acolle a presentación de 18 proxectos, entre os que estaban varias longametraxes de ficción: ‘O home ao que non conseguían matar’, de Avendaño Estudos; ‘O fin da verdade’, de Kraken Media; ‘Lactantes’, de Julen Gorosabel; ‘Atenas-Barcelona’, de Cristina Dez-Madroñero; ‘Mr. Wang’, de Love Our Films Media; ‘Canción animal’, de CSC Films; ‘Serenade’, de Mandrágora Cinema; ‘Chocolate’, de Enrique Rambal; ‘Merlo Branco’, de Dentada Films; ‘Despois de Grecia’, de Irene Pin; ‘Virxe do Carme’, de Coven Films; e a longametraxe documental ‘Toxo: o día que o sol perdeu a súa forza’, de Tamboura Films.

En canto aos formatos de televisión, participaron as series de ficción ‘Happy Funerals’, de Fon Cortizo; ‘O Último’, de Anxo Velasco; ‘Urrutia’, de Amaia Yoldi; ‘Platino’, de Nuria Cabelo; a serie de animación ‘Bibopalula’, de Undodez Producións; e a miniserie documental ‘As dúas caras de…’, de Producións Vigo – EISV.

Entre os ‘decision makers’ que asisten ao evento están o subdirector da área de Cinema de RTVE, Gervasio Igrexas; a delegada de Contidos de Ficción de Atresmedia TV, Ana Belén Gómez; a produtora executiva de Atresmedia Cinema, Gemma Vidal; a responsable de Análise de Contidos de Ficción de Mediaset España, Carmen Socías; a xefa do Servizo de Contidos dá TVG, Montse Bicada; a produtora executiva de Ficción e Cinema de TV3, Esther Donas; ou a directora do Departamento de Fomento Audiovisual e Novos Proxectos de Aragón TV, Natalia Martínez; ademais de representantes de Movistar Plus+, Prime Vídeo, Warner Bros, Filmax, Ao contraxeito Films, ou Portocabo, entre outros.

A Coruña crea a mesa sectorial de vivenda para avanzar na declaración de zona de mercado residencial tensionado

alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu este venres, no Palacio Municipal de María Pita, a sesión constitutiva da Mesa Sectorial de Vivenda co obxectivo de avanzar na declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado. A rexedora destacou que o acceso á vivenda é “un dos principais retos da cidade”, cunha demanda crecente reflectida nas 3.367 persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Nese sentido, puxo en valor as medidas postas en marcha polo seu goberno no marco do Plan Municipal de Vivenda 2024-2030, a través do que se crearán 4.000 novas vivendas na cidade, 1.100 de protección oficial. Tamén aludiu a avances no plan como a xestión de chan en Visma, a finalización de urbanizacións con chan de VPO e VPP en Xuxán e Someso, a aceleración de licenzas para vivenda pública e protexida ou o impulso de vivenda pública municipal en Pontejos e Xuxán.

Rey tamén subliñou o diálogo co Ministerio de Vivenda para desenvolver chans de titularidade estatal e captar axudas, incluíndo fondos europeos para proxectos estratéxicos como Xuxán. Ademais, sostivo que a colaboración coa Xunta de Galicia “é máxima” e puxo de exemplo o cambio no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) solicitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), incrementando o número de vivendas de protección oficial.

A CRMH prepara un Roteiro para debullar a simboloxía franquista da cidade

Dentro do programa de actividades que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña está a desenvolver, este sábado 30 de novembro toca un Roteiro pola cidade da Coruña que partirá ás 12:00 horas do monumento dedicado a Alfonso Molina.

Guiados por Isabel Risco e Xurxo Souto, percorerrán algúns elementos representativos dos restos do franquismo na cidade da Coruña, e que se abordaron durante as diferentes palestras que formaron parte das Xornadas polo 20 aniversario da CRMH da Coruña, esto é, a simboloxía franquista que pervive na cidade, os espolios do franquismo e os lugares da memoria da represión na Coruña.

Roteiro Lugares de Memoria copia

 

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

60 entidades convocan a V Marcha pola devolución da Casa Cornide