Este xoves, Técnicos Superiores de Sanidade (TSS) de toda España, secundaron manifestacións diante das delegacións do Goberno en todo estado en protesta contra á redacción do proxecto de Lei do novo Estatuto Marco do persoal estatutario do servizos sanitarios.
Unha concentración convocada pola “Comisión de Grao Universidade” da que forma parte ATESSGA, a Asociación que agrupa a estes profesionais Galicia dende hai máis de 30 anos, e que serve de previa á Manifestación convocada en Madrid ás portas da Consellería de Sanidade para o día 29 deste mes de marzo.
Os TSS, os profesionais de áreas como Rayos ou Laboratorio, reclaman que se inclúan no Estatuto Marco, que agora está en proceso de redacción. negociación, as recomendacións xa aprobadas no Congreso dos Deputados para a mellora académico e profesional.
Esixen o recoñecemento como funcionario do Grupo B, co pago da retroactividade que nos corresponde durante 7 anos.
O cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, e o recoñecemento oficial de que son profesionais sanitarios cualificados e regulado, sen ambigüidades.
Piden a Clasificación no novo Estatuto Marco, como Grupo MECES Nivel 1, e a adaptación dos seus estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior, con revisión do nivel competencial, adaptándoo ao nivel 6 que é o que practican actualmente.
Novo pleno celebrado esta mañá de xoves 13 de marzo no Concello da Coruña, emitido en streaming. Un pleno que tivo como protagonista a planta de Nostián. O PP presentou unha moción despois do anuncio do grupo de goberno da próxima licitación da súa xestión. Un contrato que leva caducado dende 2019 provocando un deterioro continuo da planta pola falta de investimento que acaban sufrindo, sobre todo, os traballadores.
Pero PSOE e BNG uníronse nunha emenda de substitución e aprobaron unha transacción, provocando o rexeitamento cos votos dos dous grupos á moción inicial presentada polo PP. Deste xeito, o pleno aprobou a constitución dunha comisión que fará seguimento da licitación do novo contrato da planta.
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica e voceiro do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, fixo a súa cronoloxía defendendo a legalidade do acordo, e sinalando “un xulgado non aprecia vicio algún de ilegalidade nin lesión de interese público nin de terceiros”. Asegurou que este acordo é necesario para “desbloquear a falta de renovación do contrato”, evitando ter que “esperar 10 anos, con grande incerteza, á resolución do Supremo”.
O BNG argumentou a súa emenda, defendendo a necesidade de máis transparencia, como denunciaba ao longo da semana. Curiosa foi a locución de Jorquera, que asegurou presentar “esta emenda porque non queremos que coa planta de Nostián, se cumpla o refrán “entre todas la mataron, y ella sola se murió””.
Jorquera criticou que “o PP está poñendo paus nas rodas a Nostián”, e aceptou o argumento de Lage Tuñas, de que a viabilidade do acordo extraxudicialdepende dun xuíz, que polo de agora, tería garantido que “non sexa lesivo para o interese público”.
Rosa Otero e Moncho Núñez Centella, recoñecidos como Fillos Predilectos
Rosa Otero e Ramón Núñez Centella, dúas figuras clave no desenvolvemento do tecido social e
científico-cultural da Coruña, serán recoñecidos como Filla Adoptiva e Fillo Predilecto da cidade, despois de que o Pleno ordinario do Concello aprobase hoxe, por unanimidade, as dúas propostas de nomeamento. Rosa é unha histórica loitadora social, e ‘Moncho’ Núñez, é o divulgador que sentou as bases dos Museos Científicos Coruñeses.
Presentou o BNG unha moción sobre o convenio de Mulleres Colleiteiras para a reciclaxe de aceite, pedindo ao goberno que faga o posible por manter vixente un dos mellores exercicios de inserción laboral das mulleres de etnia xitana. Foi rotunda a concelleira de Medio Ambiente e ex responsable da área social, Yoya Neira, loubando a labor das mulleres xitanas pero deixando claro que o Concello “vai seguir a lei”, que “se vai sacar a concurso” e “o contrato o gañará quen mellor oferta plantee”, obviando que se pode realizar un contrato reservado de índole social de 3 anos de duración, para ir traballando na adecuación do convenio e a situción laboral da Cooperativa á nova lexislación.
Outras mocións: Carril Bici dos Mallos ou ruídos na Casa Veeduría
En canto ás mocións presentadas, o PP presentaba unha moción para modificar o proxecto do carril bici na Sardiñeira, ao que o PSOE respondía cunha emenda que foi aprobada co apoio do BNG, polo que a moción do PP saíu rexeitada. “O resultado vai ser espectacular”, aseguraron dende o goberno municipal para defender a obra deixando claro que os criterios técnicos están por diante das queixas da veciñanza.
O PP presentaba tamén unha moción para que se vixíe o ruído na Casa Veeduría, en pleno casco vello, que foi aprobada por unanimidade.
Mentres piden a creación da máis que necesaria Relación de Postos de Traballo, critican a falta de solucións despois de 3 anos de negociacións co actual goberno municipal.
Apoidas polos sindicatos CSFI, UGT, CIG e CCOO, denuncian a “escaseza extrema de persoal municipal que impide a xestión e o facer do día a día”, o a ”fuxida de empregadas e empregados públicos cara a outras administracións nas que podan exercer todos o seu dereito á mellora laboral e á carreira profesional”; a “non cobertura durante longos períodos de tempo das vacantes derivadas das incapacidades temporais e das xubilacións, co incremento de traballo que isto supón entre o resto de persoal”; a “bbstaculización do exercicio do dereito da carreira profesional a través da implantación dun sistema de recoñecemento da carreira profesional para as persoas traballadoras do Concello de Cambre”; así como “graves incumprimentos en materia de saúde laboral (o persoal municipal do Concello de Cambre leva dous anos sen realizar a vixilancia da saúde, obrigatoria por lei).
Piden ademais a “valoración de postos de traballo (a actual é do ano 1999) máis xusta e actualizada ás actuais cargas de traballo”.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución de modificación de bens ao non poder efectuarse “as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa” para a execución das obras da ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
Segundo indica, “ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e descoñecido o domicilio dos titulares”, notifícase á persoa interesada, Fomento da Coruña, S.A., a resolución de modificación de bens”.
Así mesmo, explica que dispón dun prazo de dez días contados desde este venres, día 14, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI para o coñecemento íntegro da resolución de modificación.
Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do período sinalado para comparecer. A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro do Boletín Oficial do Estado (BOE).
Multitudinaria concentración e sentido minuto de silencio o acontecido esta mañá de xoves 13 de marzo na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Elviña, tralo asasinato da educadora en Badaxoz nun Centro de Menores.
”Estes días escoitamos informacións que afondan na estigmatización de nenos e nenas que están no sistema de protección, provocando a confusión constante entre os centros de medidas xudiciais e centros de protección”, denuncian os convocantes nun comunicado.
”Queremos evidenciar a falta de medios técnicos” sinalaron nunha fonda defensa da Educación Social, denuncian que “ noso traballo está desprotexido” debido, entre outras cousas, á “externalización”, polo que esixen das administracións “medidas para garantir os recursos que veñan a dar calidade e seguridade á profesión de Educación Social.
Dende UGT Servizos Públicos insístese en denunciar a precariedade laboral sistemática que sofren as persoas profesionais dos servizos sociais, polo que urxe unha Lei Básica Estatal que acabe con este problema.
UGT Servizos Públicos fai un chamamento urxente á clase política española a que dunha vez por todas materialice unha norma estatal básica que faga posible que se adopten criterios comúns de calidade en toda a rede integrada de sistemas públicos de servizos sociais, relativos aos recursos materiais, a calidade no emprego e a dignidade no trato, entre outros, en aras de asegurar a accesibilidade universal da cidadanía aos mesmos e, en consecuencia, a igualdade e cohesión social en todo o territorio.
A asemblea de socios e socias da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña acordou nomear a María Carmen Seijas como Republicana de Honra 2025.
A distinción será entregada durante os actos que a CRMH da Coruña ten programados en torno ao Día da República no mes de abril e que inclúen unha recepción institucional no Concello da Coruña e unha ofrenda floral a vítimas do franquismo.
María del Carmen Seijas naceu o 12 de abril de 1925 e cumprirá, segundo a CRMH da Coruña, o día da Cea da República, os cen anos.
Coñecida como Maruxa, traballaba xa con once anos limpando peixe e viviu a época da República e as posteriores consecuencias coa chegada da ditadura, tamén na súa contorna familiar, o que se divulgará con motivo deste recoñecemento.
O Consorcio das Mariñas está a instalar os novos colectores marróns en todas as parroquias do municipio. Actualmente estase a repartir, porta por porta en diversos núcleos do municipio onde xa se instalaron os colectores marróns, o material necesario para separar os biorresiduos na casa: un caldeiro marrón de 10l, bolsas biodegradables, folletos informativos e a tarxeta de acceso ao colector; que será indispensable a partir do 15 de marzo para poder abrilo e depositar os residuos.
Así partir do 15 de marzo será necesaria unha tarxeta de acceso para poder abrir o colector marrón para a reciclaxe dos residuos biodegradables (restos de comida, plantas, cáscara de ovo, pousos do café, carne, espiñas de peixe, froitas, herba…). Para poder facer uso do colector marrón, porta por porta repartirase un caldeiro da mesma cor de 10l, bolsas biodegradables, folletos informativos e a tarxeta de acceso ao colector.
A implantación dos colectores será progresiva, co obxectivo de acadar os 300 colectores operativos á maior brevidade posible. Con este novo sistema, búscase mellorar a calidade dos residuos orgánicos e avanzar cara unha xestión máis sostible .
Desde o Consorcio das Mariñas infórmase que unha vez rematado o reparto porta a porta, o material (caldeiro, tarxetas de acceso e bolsas) ficarán emprazados na Nave de Servizos Municipais do Concello de Oleiros (rúa Río) para que os veciños e veciñas poidan pasar a recollelo no caso de que non lle chegara á súa vivenda.
Poderase consultar máis información e detalles no teléfono 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org, ou cubrir a solicitude do material en https://consorcioam.rsu.gal.
A. VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR” vén de sinalar que presentou alegacións e suxestións ao Proxecto de construción denominado “Reordenación de accesos na rúa Monte das Moas”, que se atopa en período de información pública e sobre o que expresa a súa desacordo.
As principais discrepancias presentadas son as seguintes:
Por un lado, entenden que o “proxecto presentado baséase nunha declaración falsa cando indica que o Proxecto de Urbanización da API R29 “Bergondo-C.Eirís-Oleoducto” (antigo POL H9.11 “Fariña Ferreño”) foi aprobado. Para a entidade veciñal “o que se aprobou en 2017 foi a aprobación inicial da mesma e está pendente da consideración das alegacións presentadas. Polo tanto, non existe Proxecto de Urbanización versión final da API R29”, e piden que se acepten parte das alegacións presentadas en 2018.
Denuncian que ”non está definitivamente definido o viario da rúa Javier López López. adxacente ao parque de Eirís, que queda fóra do ámbito da API R29”, explicando que o proxecto presentado só propón a conexión do acceso coa rúa José Mª Hernansáez e non coa futura rede viaria da API R29 que non parece aceptable aínda que pode
explique por que non existe unha futura rede viaria definitivamente aprobada para o polígono, que estaría de acordo coa primeira alegación presentada”.
Critican que “o proxecto si elimine de xeito absolutamente irresponsable a actual saída do barrio do Castrillón-Urbanización Soto co Avda. do Pasaxe polo ramal da rúa Monte das Moas, deixándonos illados”.
Critican tamén a falta de propostas sobre iluminación e a eliminación do paso de peóns existente actualmente na conexión do ramal do Monte das Moas coa Avda do Pasaxe e o creación dun tramo de beirarrúa que impediría a saída de vehículos do barrio coa Avda del Paso que vai máis aló de toda lóxica ata que o proxecto sexa finalmente aprobado defínese a urbanización do polígono e a saída do barrio cara á AC-12. Este despropósito fainos sospeitar dunha posible manobra especulativa relacionada cos dous bloques de vivendas preto do novo acceso”.
Axentes da Garda Civil de Benavente atoparon desorientado no punto quilométrico 273 da autovía A-6 a un veciño da Coruña que levaba desaparecido catro días.
Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 10 de marzo recibiron o aviso a través do 112 de que había unha persoa neste punto que manifestaba descoñecer como chegara ata ese lugar. Alí, os axentes localizaron ao home xunto ao seu vehículo e comprobaron que se atopaba totalmente desorientado, xa que manifestaba descoñecer como chegara ata alí, así como o día que era e o último día que tomou a medicación por problemas de saúde.
Unha vez identificado, a Garda Civil comprobou que na base de datos constaba un señalamento en vigor por desaparición desde o pasado 6 de marzo. Así, a patrulla aplicou o protocolo e deu aviso da incidencia aos servizos sanitarios, que o trasladaron ao Hospital Comarcal de Benavente. Á súa vez, comunicáronse os feitos á Policía Nacional da Coruña para que comunicase a súa situación aos familiares.
A rede de gasolineiras ‘low cost’ Petroprix continúa co seu plan de expansión e inaugurou unha nova gasolineira no municipio coruñés de Abegondo, co que a compañía alcanza as 15 estacións de en a comunidade.
Nun comunicado, Petroprix sitúa a Galicia como “clave para alcanzar o ambicioso plan de expansión da compañía”, que aspira a alcanzar as 300 estacións de servizo operativas a nivel global e os 1.400 millóns de euros en facturación en tres anos.
A nova estación de Abegondo conta cun modelo automatizado, con chafarices de gasolina 95 e gasoil con aditivos multifuncionais HQ300 e HQ400. Petroprix é a maior rede de gasolineiras ‘low cost’ sen franquía en España, con máis de 160 estacións automáticas.