Inicio Blog Páxina 304

Jakson Renner Rodríguez, docente da UDC e un dos mellores de España

0

O docente da área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña (UDC), Jakson Renner Rodrigues Soares, acaba de ser incluído en listaxe dos dez finalistas dos Premios Educa a Mellor Docente de España 2024, segundo informa o reitorado coruñés.

Faino despois de que este domingo publicásese a listaxe cos dez finalistas en cada unha das categorías establecidas nos premios: Educación Intantil, Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, Educación Non Formal, Formación Profesional e Universidade.

A gala de entrega de premios terá lugar o 15 de marzo na Coruña e nela darase a coñecer as persoas gañadoras de cada categoría. Será no marco de celebración do congreso mundial Educa 2025.

Noutra orde de cousas, a UDC e o complexo industrial de Repsol na Coruña acaban de asinar un convenio de colaboración polo que a entidade académica desenvolverá un traballo de investigación dirixido a controlar a ‘Helichrysum petiolare’, planta invasora presente na costa de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.

Máis novas semellantes

A mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024

A Coruña busca a creación dun bosque urbano en Bens

0

O Concello da Coruña e a consultora ambiental Galnus impulsasen nos próximos anos a creación do bosque urbano de Bens, segundo informa.

Trátase dun proxecto pioneiro e a cidade que prevé o aproveitamento dunha superficie de case 430.000 metros cadrados na contorna do parque para plantar máis de 3.000 árbores.

Este martes a concelleira Noemí Díaz e o representante de Galnus, Alejandro Álvarez, asinaron o convenio de colaboración que establrece o marco de actuación que vincula a ambas as partes por un prazo de cinco anos, prorrogable por outros cinco.

“E que marca o punto de partida para reverdecer unha ampla superficie do parque de Bens con máis árbolado de ata 20 especies escollidas segundo a súa resistencia”, engade o goberno local.

As traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que cumpla as súas promesas

Hai xusto un ano pechaban un ciclo de mobillizacións. Pero semella que as medidas tomadas polo Concello non foron suficientes porque as traballadoras da rede de escolas infantís municipais da Coruña ameazan con volver ás rúas se o Concello continúa ignorando as súas reivindicacións.

As traballadoras das oito escolas (Cativos, Luís Seoane, Roseiras, Caracola, Agra do Orzán, Arela, Montealto e Carrianta), fartas de esperar a resposta do concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, á táboa reivindicativa trasladada polo colectivo xa no mes de abril, demandan medidas para atallar a precariedade laboral e salarial que padecen e mellorar a atención ás crianzas.

Cómpre lembrar que as escolas 0-3 anos da rede municipal son propiedade do Concello da Coruña pero a súa xestión está privatizada. “Levamos dende o ano 2021 sufrindo conxelación salarial, cuns salarios por debaixo do SMI na maioría do persoal, e as nosas xornadas laborais son das máis altas de todos os convenios da ensinanza”, subliñan as delegadas da CIG.

Reclaman do Concello da Coruña que destine maiores partidas orzamentarias para as escolas infantís que repercutan directamente nas 110 traballadoras “dignificando os nosos salarios”. Así mesmo, melloras do calendario escolar e dos horarios “para que tamén nós teñamos dereito á conciliación da vida laboral e familiar”, e melloras de tipo social como prioridade nas prazas para as crianzas do persoal traballador das propias escolas.

Por outra banda, demandan unha baixada das ratios nas aulas, ou que se doten de parella educativa -como xa se fai nas Galiñas Azuis no propio concello-, para mellorar a vida das nenas e os nenos nas escolas e o traballo das educadoras, así como do resto do persoal. A este respecto, tamén piden asegurar unha atención adecuada ao alumnado con necesidades educativas especiais mediante a dotación dos recursos materiais e humanos necesarios para a detección temperá e os coidados apropiados.

“Aínda que se trata de demandas básicas e lexítimas, o único que recibiron as traballadoras até agora foron boas palabras e un compromiso por parte do concelleiro de atender as reivindicacións que non se trasladou en ningunha medida concreta. Diante deste abandono, as traballadoras están dispostas a loitar polos seus dereitos e se o Concello da Coruña continúa sen atender as súas reivindicacións á volta do nadal xa avanzan que iniciarán mobilizacións”, sinalan dende a CIG.

 

Novas do proceso

Traballadoras de escolas infantís da Coruña denuncian “precariedade laboral”

Manifestación na Coruña das traballadoras de escolas infantís

A folga das traballadoras das Escolas Infantís: “Somos educadoras, non coidadoras”

Traballadoras de escolas infantís secundan unha nova xornada de paro e mobilizacións para esixir un convenio “xusto”

Buses da Coruña participan nunha campaña contra a violencia a menores

0
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Detido por estafa o propietario da axencia de viaxes da avenida de Fisterra que deixou a centos clientes sen voos

0

O propietario da axencia de viaxes A&M Tours, situada na Coruña, na zona da avenida de Finisterre, foi detido por estafa tras denunciar os seus clientes ser vítimas da mesma ao non poder coller os voos que reservaron no citado establecemento. E é que ao chegar ao aeroporto comprobaron que non existía a pasaxe porque non se emitiu o billete de avión o que motivou queixas na propia oficina e as posteriores denuncias. Finalmente, ao local desprazáronse axentes do Corpo Nacional de Policía coa posterior detención do home, confirmaron a Europa Press fontes próximas ao caso.

En dependencias policiais, roldan xa o cento as denuncias presentadas por este motivo, persoas que emigraron no seu día a España e que agora querían visitar aos seus familiares. Para iso, optaran por recorrer a esta axencia para comprar o billete, abonando o diñeiro, pero con posterioridade comprobando que non fora emitida a pasaxe polo que non podían coller o voo.

Agora, mantense aberta unha investigación en relación ao ocorrido mentres desde a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi) recoméndase aos afectados denunciar descartando que houbese problemas para a emisión de billetes de avión por parte das almacenistas que se encargan, no caso de axencias de viaxes pequenas, de facelo. E é que á axencia, precisaron desde a entidade, fáiselle a reserva do billete pero se á almacenista non se lle abona o diñeiro no prazo de entre 24 e 48 horas “cancélase” de forma que non existe unha pasaxe.

O Encontro de Humorismo na Coruña contará co mexicano Francisco Escamilla e o arxentino Luciano Mellera

0

Os mexicanos Francisco Escamilla e Carlos Ballarta e o arxentino Luciano Mellera participarán na Coruña no Encontro Mundial de Humorismo, que se celebrará o próximo ano entre o 24 de abril e o 4 de maio.

Farano por primeira vez nun evento que leva xa varias edicións e que este ano contará nos seus 11 días de programación espectáculos como ‘Apocalípticamente correcto’, ‘La Chochoctora’, ‘La Ruína’ ou ‘Esto no es un show’.

Tamén incluirá, informa o consistorio, dunha proposta dirixida ao público familiar e infantil: ‘O show da Fantasy House’.

O evento volverá apostar por cómicos de referencia a nivel galego nacional e internacional con maior número de humoristas estranxeiros que en pasadas edicións.

Sumar A Coruña denuncia o deterioro dos servizos públicos provocados pola crise do goberno

0

Sae do silencio o movemento Sumar Galicia-A Coruña, e faino para denunciar a “crise actual do goberno de Inés Rey”. Unha crise que entende que se “constata nun grave deterioro dos servizos públicos na cidade”.

O grupo analiza a situación actual.

Orzamentos

“Asistimos agora a incertidume que supón a gran dificultade que o goberno local vai ter para aprobar os orzamentos municipais de 2025 pola falta anunciada dos apoios necesarios no Pleno municipal. O acordo de investidura pode fracasar”, advirte.

O grupo critica, como o resto da oposición, “o baixo nivel de execución de investimentos”, asi como “a crecente taxa de endebedamento improductivo” e “unha constante modificación improvisada de partidas, que como a do bus urbano, as bolsas de comedor escolar, a cidade das TIC, a Sinfónica ou a Escola Municipal de Música debían de contar coa necesaria previsión inicial. Por non falar do importe crecente de facturas que teñen que pagarse de forma extraordinaria, coma acontece habitualmente no IMCE”.

Esquecendo os grandes contratos

Lembran que “grandes contratos como o da planta de tratamento de residuos de Nostián, o da recollida de lixo, a rede de bibliotecas, o ascensor de San Pedro ou inminentemente a concesión do servizo de bus urbano, están en situación de total precariedade e de progresiva perda de calidade”.

Retrasos

Así mesmo, lembran como “anuncios permanentemente incumpridos” equipamentos coma “o novo centro de saúde de Santa Lucía na Falperra, o albergue de peregrinos no edificio da comandancia, o parque Vixía en Monte Alto, a nova praza interior en Jose María Hernansáez no Castrillón e un longo etc”. “Por non falar da situación á que ten chegado o histórico xardín de San Carlos ou da incapacidade do goberno municipal para parar a ruína e recuperar para usos cidadáns o vello cárcere“.

Diálogo e urbanismo

Máis preocupante é “a denuncia diaria de falta de diálogo por parte dos barrios, diálogo que parece que non se escatima cos operadores inmobiliarios para sacar adiante, con chamativa urxencia, convenios urbanísticos coma o das Xubias ou o de parque de Oza, que lóxicamente teñen recibido númerosas alegacións veciñais”.

Nese sentido alertan da “renuncia á potestade urbanística municipal a través destes convenios privatizadores ou o sometemento agora ás decisións da Xunta de Galicia no sector de Monte Mero coa intención de expropiar as vivendas que levan toda unha vida, é tamén alarmante”.

Aluguer

“Fronte a este diálogo intenso cos fondos de inmobiliarios, asistimos a unha total falta de planificación municipal sobre as necesidades de vivenda pública, esencialmente de alugueiro. A vivenda, como dereito, non como negocio, esixe un plan integral e ambicioso que interveña non só na oferta senon tamén nos propios mecanismos de demanda.”

“Os datos están ben acreditados na hemeroteca da cidade”, sinalan dende Sumar. “Inés Rey ten que corrixir urxentemente o rumbo. A cidade ten grandes capacidades, como demostra cada día, pero precisa dun goberno municipal que asegure a necesaria eficacia e calidade dos servizos públicos da súa competencia”.

O Atlantic Pride 2025 xa ten datas

0

O pioneiro, gratuito e inclusivo festival Atlantic Pride, xa está en marcha para a s úa 6ª edición, a de 2025. A cita, nada en 2019 para reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña e conta co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

No Atlantic Pride 2025 non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración dun Certame Literario de Literatura LGTBI+, que en 2024 rexistrou o seu récord de participación, con máis de 25.000 persoas entre as oito xornadas de concertos, da man de figuras como Vengaboys, Chanel, Nebulossa, Nena Daconte, Raúl, Rosa López, Las Ketchup, Shego, Luna Ki, Morreo, Supremme de Luxe, Mondra, Sila Lúa, Lontreira, Amoebo e máis dunha trintena de bandas e artistas de referencia

 

Máis novas

O Atlantic Pride pasa das raíces de Catuxa Salón aos Xardíns de Méndez Núñez

O Atlantic Pride tamén se enfronta á chuvia

A Xunta autoriza prácticas militares na zona protexida Serantes-Dexo

A pesar dos avisos realizados hai uns meses polo Concello de Oleiros, a Xunta fai oídos xordos e segue autorizando prácticas militares no Monumento Natural da Costa de Serantes e Dexo, que se poderán desenvolver entre os meses de agosto e febreiro.

O Concello solicitara que se prohibisen durante todo o ano, xa que hai moitas outras zonas costeiras nas que poden realizarse.  O Concello pretendía blindar o monumento natural ás prácticas bélicas porque ademais “depreciaban o valor recreativo e paisaxístico e podían condicionar a viabilidade da investigación científica, polo que non debían ter cabida nesta zona protexida”.

Segundo o Concello oleirense, ” Xunta non ofrece razón ningunha para a posible autorización destas prácticas fóra do período en que as aves estean reproducíndose, entre marzo e xullo. A incompatibilidade deste tipo de exercicios co uso libre do espazo por parte das persoas non lles preocupa”, lamentan dende o Concello, que non entenden si se prohiban as competicións deportivas na contorna do Monumento Natural.

Plan de Xestión

Este proceso forma parte da resposta autonómica ás 38 alegacións municipais ao Plan de xestión do Monumento Natural, das que se aceptaron 18, rexeitaron 14, mentres foron 6 as aceptadas parcialmente.

O que si aceptou a Xunta, entre outras cousas, foi a nova delimitación do monumento, restrinxir de xeito más severo o acceso ás furnas, que só se aceptará con fins científicos ou a inclusión da ruta de sendeirismo recentemente recoñecida como “Sendeiro Azul Seixo Branco – Furnas”.

En clave biolóxica, a Xunta acepta aumentar as partidas para loitar contra especies invasoras, e para promover a plantación de especies autóctonas, pero rexeitaron regular a protección paisaxística en relación ao impacto visual do eucalipto

Tamén denegan que o monumento poida incluír oficialmente a palabra “Serantes”, algo que solicitara o Concello e ao que a Xunta se negou, facéndose insensible ás voces que piden a coexistencia dos dous topónimos parroquiais.

A Xunta denegou o intento de aproveitar patrimonialmente as construción abandonadas, os castros e baterías. Tampouco ven necesario incluír as grúas de alzada das embarcacións do portiño de Dexo entre os elementos patrimoniais etnográficos, algo que tampouco se entende, xa que forman parte da riqueza deste histórico enclave produtivo e laboral da veciñanza de Dexo.

Máis novas

Tratan de converter o monumento natural de Dexo e Serantes nun centro de operacións militares

A Xunta modificará os límites de Costa de Dexo en Oleiros e a creación do seu plan de xestión

A Agrupación Ío celebra o quinto aniversario da Estrela Rosaliadecastro

0

O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente “Rosalíadecastro” unha estrela na constelación do Serpentario. Un fito histórico que celebra cada ano a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, de aí que neste quinto aniversario a entidade organiza varias actividades.

Hoxe mesmo, 17 de decembro, o astrónomo herculino Martin Pawley desprázase á Casa de Rosalía, en Padrón, para levar ás 19:00h o relatorio “O ceo de Rosalía”, no que a astronomía vai dada a partir dos textos da escritora.

De volta á nosa cidade, mañá mércores 18 de decembro, ás 19:30, Pawley trae esa mesma ponencia ao planetario da Casa das Ciencias, onde se vivirá unha sesión especial de planetario arredor da escritora e a súa estrela da man dos Museos Científicos Coruñeses. A actividade é gratuíta até completar a capacidade da sala e non require inscrición previa. As entradas empezarán a repartirse a partir das 19:15 na entrada da Casa das Ciencias.