Inicio Blog Páxina 305

A Agrupación Ío celebra o quinto aniversario da Estrela Rosaliadecastro

0

O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente “Rosalíadecastro” unha estrela na constelación do Serpentario. Un fito histórico que celebra cada ano a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, de aí que neste quinto aniversario a entidade organiza varias actividades.

Hoxe mesmo, 17 de decembro, o astrónomo herculino Martin Pawley desprázase á Casa de Rosalía, en Padrón, para levar ás 19:00h o relatorio “O ceo de Rosalía”, no que a astronomía vai dada a partir dos textos da escritora.

De volta á nosa cidade, mañá mércores 18 de decembro, ás 19:30, Pawley trae esa mesma ponencia ao planetario da Casa das Ciencias, onde se vivirá unha sesión especial de planetario arredor da escritora e a súa estrela da man dos Museos Científicos Coruñeses. A actividade é gratuíta até completar a capacidade da sala e non require inscrición previa. As entradas empezarán a repartirse a partir das 19:15 na entrada da Casa das Ciencias.

Detidas “mulas económicas” na Coruña por estafas electrónicas

0
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Nova Galega de Danza ofrecerá tres espectáculos en xaneiro no Teatro Colón da Coruña

0

Nova Galega de Danza ofrecerá tres espectáculos en xaneiro no Teatro Colón da Coruña, nunha actividade con apoio da Deputación de coruñesa.

Trátase, informa, dunha antoloxía que se ofrecerá entre os días 17 e 19 de xaneiro e que reúne tres das súas pezas máis recentes: Leira, Berro e Dique.

Baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, a compañía celebra o seu 20 aniversario no marco dunha proposta con invitación que poderá retirarse en ataquilla.com desde este xoves, 19 de decembro, ás 12.00 horas.

Concéntranse ás portas dos Xulgados contra a represión sindical en Inditex

0

Aló polo mes de xuño, as traballadoras das tendas de Inditex, no marco dunha serie de mobilizacións, manifestábanse nas instalacións da empresa en Sabón para reclamar que a empresa cumpriso os compromisos acordados a finais de 2023 para retomar a negociacións das condicións laborais das tendas da provincia da Coruña.

Lonxe de facelo, e lonxe de retomar a negociación a empresa denunciou por vía penal as traballadoras por un delito leve de usurpación da propiedade. Unha decisión inédita ata o momento por parte da empresa para con outros colectivos.
De feito, Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara na provincia, considera o caso como unha discriminación de xénero que subxace nesta actuación de Inditex, “pois a maioría do persoal das tendas somos mulleres”.

Así, as traballadoras denunciadas afrontaban esta mañá o xuízo.

Delegados e delegadas da CIG acodían esta mañá ás portas dos Xulgados para acompañalas e apoialas, e para seguir demandando a equiparación entre todas as cadeas continúa adiante “porque as dependentas das tendas da provincia da Coruña non imos renunciar a facer valer ese acordo que Inditex firmou con nós”.
Piden cousas tan normais como a redución de xornada, horarios, axudas sociais, etc… unha vez que o acordo asinado pola empresa con CCOO e UGT en Madrid non supuxo ningunha mellora para as dependentas da provincia da Coruña “polo que seguiremos reivindicando negociar aquí as nosas condicións de traballo”.

“Por que somos as únicas coas que non negociades aquí?”, sinalaban as pancartas que levaban as traballadoras ás portas do xulgado.

Xuizo traballadoras inditex

Máis novas do conflito

Traballadoras de tendas de Inditex reclaman na sede de Arteixo melloras laborais

Xornada de folga das traballadoras de Inditex na Coruña en demanda de melloras laborais

O conflicto laboral en Inditex chega ao Parlamento galego

Abanca reabrirá no primeiro trimestre de 2025 o seu novo edificio corporativo no antigo Cinema Avenida

0

Abanca deu por finalizadas as obras do antigo Cinema Avenida da Coruña, onde no primeiro trimestre de 2025 prevé reabrir as súas novas instalacións corporativas baixo o nome ‘Espazo Avenida’.

Segundo informa a entidade financeira, este luns retiráronse as estadas ao concluír uns traballos de dous anos nos que participaron unha trintena de empresas e que permitiron “manter o valor arquitectónico” do inmoble e recuperar a cor orixinal da súa fachada.

De aquí á súa reapertura, completaranse as tarefas de dotación tecnolóxica e mobiliario, de rotulación e detalles de interiorismo, á parte de liquidar os últimos trámites administrativos para a súa posta en funcionamento.

Abanca empregará o ‘Espazo Avenida’ para a atención e xestión cos clientes. “Ten dous usos principais: zona comercial e espazo destinado para equipos que dean soporte ás unidades comerciais. Na planta baixa, contará cun ‘flagship store’ do novo modelo de oficina de Abanca que reproduce o modelo comercial da entidade financeira: sustentable, aberto, colaborativo e dixital”.

Máis de 200 quilos de cocaína incautados nun barco no porto exterior da Coruña

0

A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, incautouse este domingo de 234 quilos de cocaína nun barco que chegou ao porto exterior da Coruña, segundo informaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Así o confirmou nun acto en Lonzas, na Comandancia da Coruña, lugar onde se trasladou a droga, con presenza de responsables deste Corpo e do Servizo Vixilancia Aduaneira.

A droga estaba distribuída en oito fardos e localizouse nun barco que, ademais da cocaína, transportaba fariña. O buque (‘Energy Glory’) é de bandeira panameña e a tripulación, filipina, incluído o capitán, e procedía de Brasil. O buque atracou no Porto Exterior de Punta Langosteira o sábado, ás 23.45 horas facendo unha escala con destino Huelva, sen declarar o destino definitivo. A bordo transporta 25.000 toneladas de fariña.

O barco atracou no porto exterior de Punta Langosteira o sábado, ás 23.45 horas, facendo unha escala con destino a Huelva, sen declarar o destino definitivo. A bordo, transportaba 25.000 toneladas de fariña. Ás 13.00 horas, localizaron o oito fardos nun conduto de refrixeración de popa, que contiña 229 paquetes dun quilo de cocaína cada un. Inicialmente, o delegado do Goberno en Galicia apuntou a unha cantidade de 234 quilos, pero, finalmente, tras a pesada, comprobouse que ascendía a 229 quilos.

Mergulladores da Garda Civil droga porto exterior

A investigación segue aberta e, polo momento, non hai detidos. O delegado do Goberno precisou tamén que a droga se localizou nos rexistros que se fan en barcos procedentes de “zonas sospeitosas” e situou esta operación na loita “incansable” contra o narcotráfico. Respecto ao operativo, destacou que supón “un novo éxito das forzas e corpos de seguridade do Estado” e que “impide introducir en Europa e en España unha importante cantidade de droga”.

A información facilitouse nun acto ante os medios de comunicación con presenza da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Miguel Anxo González; o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Fernando Pedreira; o xefe da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia, Jaime Gayá; e o xefe da área rexional do Servizo de Vixilancia Aduaneira, Fernando Iglesias. Tras esta incautación, están a realizarse as investigacións para descubrir e desarticular a organización existente detrás deste transporte.

Fardos de cocaina

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Aberto o prazo para inscribirse como figurante na Cabalgata de Reis da Coruña

0

O Concello da Coruña abriu este luns o prazo para inscribirse como figurante na Cabalgata de Reyes, que se celebrará na tarde do 5 de xaneiro.

Segundo informa, a convocatoria está destinada a menores de idade que a 31 de decembro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos. As prazas máximas ofertadas nesta convocatoria serán 250, 15 máis que hai un ano. No entanto, o número exacto determinarase no momento de adxudicarse as prazas.

O período de solicitude abriuse este luns 16, ás 9.00 horas, e finalizará o mércores 18, ás 14.00 horas. As persoas interesadas e os seus titores legais poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario que será habilitado na páxina web municipal.

O 20 de decembro levará a cabo o sorteo das prazas e publicarase a listaxe de persoas solicitantes. Asignaranse prazas, por sorteo, en todas as carrozas municipais, así como nos trens, coa única excepción dun tren, que terá carácter solidario.

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña activou este luns o dispositivo especial de seguridade ‘Comercio Seguro’ de face ao Nadal, que se manterá ata o 8 de xaneiro “ante o previsible incremento da afluencia de persoas nas rúas da cidade ao longo destas datas festivas”.

A mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024

0

Hai un par de meses coñeciamos que estaba nominada, pero hoxe sabemos que xa é finalista dos prestixiosos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024, premios considerados os “Goya da Educación”. Fina Paulos Lareo está xa entre as10 mellores docentes de España, na categoría de Bacharelato e Secundaria.

A mestra do IES Maximino Romero de Lema de Baio, natural de Santa Marta Babío (Bergondo), que xa recibiu o 2º premio Educa Abanca no 2019 na categoría de formación profesional, está revolucionando xunto ao seu compañeiro Óscar Rey Calo o paradigma da Intelixencia Artificial no ensino, utilizando a IA como ferramenta de motivación.

Ao coñecer a nova da súa selección como finalista, Fina Paulos expresou a emoción que sente cunha mensaxe nas redes sociais, que resume o que este recoñecemento significa para ela: “Estou inmensamente agradecida (xa o estaba por estar nomeada polo meu alumnado do Maximino Romero de Lema) porque agora demos un paso máis e xa son finalista oficial nos premios Educa Abanca, na categoría de secundaria e bacharelato a mellor docente de España. Estou entre os 10 mellores docentes do noso país e, pase o que pase na gala final, son afortunada por ter contado cun gran alumnado e magníficos compañeiros que me axudaron”.
Tamén agradece o apoio da súa familia e amigos e aos compañeiros e equipo directivo do IES Maximino Romero de Lema, que a apoiaron dende que obtivo o seu destino definitivo alí.

A docente fai extensible este logro a educación no rural onde recalca que “se fan grandes cousas que moitas veces pasar desapercibidas”.

Un libro sobre a IA

Ademais de ser unha docente comprometida e inspiradora, publicou recentemente o libro “Intelixencia Artificial para a sociedade” co apoio de Medulia Editorial, unha obra que explora o potencial da IA como ferramenta educativa e o seu impacto na sociedade contemporánea. Este traballo reflicte a súa visión transformadora e o seu compromiso por dotar o alumnado das competencias necesarias para enfrontar os retos do futuro.

Fina destaca tamén como persoa formadora de compañeiros e compañeiras no ámbito da IA e outras disciplinas xa que colabora con diversas institucións como o Centro Autonómico de Formación e Innovación e o Centro de Formación e Recursos, entidades dependentes da Consellería de Educación. Tamén colaborou con moitas entidades sen ánimo de lucro da comarca para difundir a IA entre a poboación.

Foros e premios

Nos últimos anos, Fina estivo presente en foros educativos de primeiro orde amosando a súa experiencia ós docentes: como foron o Seminario de Transformación dixital e intelixencia artificial na educación, da Organización de Estado Iberoamericanos, organización coa que colabora publicando artigos educativos e exercendo de relatora en congresos. Fina tamén participou no Congreso nacional de Escolas Rurais trasladando a súa experiencia educativa en intelixencia artificial no ámbito da aula.

A todo isto, súmanse os logros acadados por ter coordinados proxectos educativos co seu alumnado que fixeron posible levar o nome do IES Maximino Romero de Lema por toda España: Festival Plasencia en Corto, II Certame de enfermidades raras, Festival Foco, Semana de diversidade sexual de Nigrán, Primeiro e segundo premio polo fomento á doazón de órganos, convocado polo Sergas, premio OUFF Escolas, do festival internacional de cine de Ourense e o recente premio acadado con IA “Unha constitución para todos” que outorgou o Ministerio de Educación ó alumnado de 3º da ESO do seu centro, coordinado xunto con Óscar Rey.

Máis novas

Fina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024

 

Posible estafa na compra de billetes nunha axencia de viaxes da Coruña que deixou sen voo a numerosas persoas

0

Numerosas persoas presentaron denuncia ante a Policía Nacional por unha posible estafa na compra de billetes nunha axencia de viaxes da Coruña tras quedar sen voo porque realmente non constaba que houbese unha pasaxe. Fontes policiais consultadas por Europa Press sinalaron que houbo “bastantes denuncias desde a semana pasada” en relación a estes feitos e despois de que os afectados, xente que emigrou a España, chegase ao aeroporto e se atopase con que non existía un billete como tal para poder viaxar.

Mentres a axencia permanece pechada, desde a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), o seu presidente, Juan Antonio Rivadulla, en declaracións a Europa Press, instou aos afectados a presentar denuncia. En relación ao sucedido co establecemento, precisou que, segundo lle trasladaron, os propietarios terían tamén negocio de bar e locutorio. Xa sobre a venda dos billetes, asegurou que as axencias pequenas optan por facer a xestión a través dunha almacenista. A esta, explicou, fáiselle a reserva do billete “pero se non lle paga no prazo de entre 24 e 48 horas cancélase”, opción que non descartou que ocorrese neste caso.

E é que, respecto diso, insistiu en que a persoa pode recibir un papel coa reserva feita, pero se non está emitido o billete ocorre que ao chegar ao aeroporto non teña a pasaxe correspondente e véxase obrigado, en caso de quedar prazas no avión, a comprar outro a un prezo máis elevado. Desde a asociación que preside, ratificou que el mesmo está a facer xestións para porse en contacto cos propietarios da citada axencia, cuxo número de teléfono xa non atenden ao aparecer, ademais, como pechada temporalmente. Ás persoas afectadas, recoméndalles agora denunciar ao non cubrir casos deste tipo o aval que se esixe ás axencias de viaxes inscritas. Non entanto, lembra que as mesmas teñen que ter seguro de responsabilidade civil.

Galicia clamou contra Altri

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.