Inicio Blog Páxina 310

A praia de Santo Amaro, un pouco máis limpa gracias aos internos do CIS

Esta pasada semana o colectivo Mar de Fábula coordinou a segunda limpeza deste 2025 da praia de Santo Amaro, no marco do proxecto Entre Crebas. As protagonistas, as salvadoras, as 14 persoas residentes no CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña, que acompañadas por dúas funcionarias e dous membros de Mar de Fábula, realizaron unha completa recollida de refugallos do areal herculino.

Despois dun ano limpando, concienciando e integrando no areal das Lapas, onde só a Torrre lles facía compañía, na praia de San Amaro fican como espidos, á intemperie, na area dunha especie de circo romano rodeados de construcións, de xente paseando, de runners e olladas distraídas, que se preguntan que fai ese grupo de persoas limpando unha praia. Certo que apenas unha persoa parou para se interesar polo que facían, pero de seguro que co paso dos meses serán moitas máis as que se animen a baixar o lombo e botar unha man.

A xornada de limpeza foi importanta, recollendo 350 residuos en apenas unha hora: 21 refugallos da actividade pesqueira: 130 anacos de plástico; 96 anacos poliestireno; 5 toalliñas de papel; 82 cabichas e 14 bastonciños de algodón. Todos residuos coas súas historias singulares.

Un areal diferente

O que si que notaron é unha caída importante no número de residuos recollidos con respecto á limpeza do mes pasado, algo que non acontecía no areal da Torre, que sofre unha contaminación crónica, moi siñificativa, de numerosos residuos de vidro e cerámica produto de antigos vertedoiros que en San Amaro non é o caso.
Ademais, dende Mar de Fábula destacan que “outro factor determinante é unha dinámica do litoral diferente. O Areal da Torre é unha praia aberta ao océano e San Amaro é unha praia aberta ao interior da ría.
Por último, notaron a práctica ausencia de liñas de marea nesta praia de San Amaro, moi alterada no seu espazo intermareal polas pegadas da xente, en contraste coas liñas de marea ben definidas, de lixo mariño mesturado co argazo no areal da Torre, case inalteradas.

Máis novas

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

 

O IES Miraflores arrincou as celebracións polo seu 25 aniversario

0

O xoves, 27 de febreiro de 2025, foi un día moi especial no IES Miraflores xa que deron comezo as celebracións polo seu 25 aniversario. Os actos contaron coa presenza do Inspector do centro, Juan Carlos Varela, dos dous ex directores, Andrés Gabín e Paula Medín, así como de alumnado e profesorado que forman parte da historia do centro, ademais de representantes do Consello Escolar e do Concello de Oleiros.

A xornada comezou cunha mesa redonda con seis exs alumnos e alumnas que, actualmente, exercen con éxito a súa profesión en distintos ámbitos como o xornalismo, a informática, a docencia, a radioterapia ou como autónomo. O alumnado de 2º de Bacharelato puido gozar das súas vivencias e recibir valiosos consellos de cara á PAU e á súa incorporación ao mundo laboral. Ademais, os poñentes compartiron o orgullo de levar consigo, no seu día a día, a formación académica e en valores adquirida no centro, así como moitas amizades forxadas nel.

A continuación, e xa no exterior, as palabras dos distintos representantes tinguiron o momento dunha gran emotividade. O clímax da xornada chegou cando a profesora de Latín e Grego hasta o curso 2024, Susana de Lorenzo,  interpretou o himno galego mentres se procedía á instalación dunha placa conmemorativa e á plantación dunha árbore cargada de simbolismo: un teixo de 25 anos! Esta árbore, venerada polos pobos celtas, era considerada un símbolo da vida eterna debido á súa gran lonxevidade que lle confería un carácter case inmortal.

25 aniversario IES MIraflores

Ao mesmo tempo, procedeuse a enterrar unha cápsula do tempo que contiña, entre outros obxectos, un xornal do día, as orlas de todas as promocións tituladas (incluída a do presente curso), unha estreliña en recordo da actividade solidaria con Valencia tras o desastre provocado pola DANA, unha playlist coas cancións máis populares do  momento, unha chapa de Rosalía de Castro e redaccións do noso alumnado sobre como imaxinan o centro dentro de 25 anos ou os avances que cren que se poderían producir nese período.

Viaxes “Deportivo da Coruña”

  • Xornada 29 – Real Oviedo 1 – Deportivo 2
  • Sexta vitoria a domicilio dun Depor que alcanza a madurez.
  • Décimo sétimo encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (8V 5E 4D).

— — —

Está claro que este ano é mellor comprar billetes de autobús, reservar noite nun hotel, mercar entradas e organizar unha fin de semana con amigos ou familia para gozar dunha vitoria do equipo branquiazul. Estamos a falar da 6ª vitoria do equipo fóra de Riazor e nin máis nin menos que na casa dun Real Oviedo que chegaba como colíder da competición e que non coñecía a derrota no que ía de 2025. De feito, a última derrota na casa do Oviedo foi en decembro pasado contra o Córdoba. Se a isto lle sumamos que o Real Oviedo está na terna de equipos que loitarán o ascenso ate o final, o mérito do Depor sube algún punto máis.    

Mérito porque o Dépor suma 22 puntos coma visitante, tan só superado por Racing e Levante, sendo así o terceiro mellor equipo fóra do seu campo; mérito porque o Depor é o segundo equipo máis goleador a domicilio con 23 tantos só superado polos 26 goles do Almería; e mérito porque no que vai de segunda volta (8 encontros) o Depor sumou un 50% de vitorias e un 25% de empates e derrotas respectivamente.

De seguir a este ritmo de porcentaxes de vitorias e derrotas, o equipo sumaría 22 puntos máis nos 13 partidos que restan (6 vitorias, 4 empates e 3 derrotas) que cos 39 puntos actuais, ascenderían a 61 puntos ao final da tempada. A pesar do positivo deste números, non sería suficiente para alcanzar logros maiores cunha clasificación de metade de táboa. Por que?, porque nas 10 últimas tempadas tan só en dúas ocasións un equipo clasificouse para o playoff con 61 puntos. E xa sabemos como rematan as cousas cando o Depor afronta una estatística.

E pensando no que vén, pinta bonito o partido do venres contra o Córdoba, equipo que suma 4 vitorias nos últimos 5 encontros e que nesta fin de semana meteulle un 5-0 a un Granada que baixou o seu rendemento na segunda volta do campionato. Volve Riazor e a ver se nesta ocasión os puntos quedan na casa para ir achegándose ao obxectivo principal da tempada.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

A Xunta abre procedemento sancionador ao Concello da Coruña por non implantar o quinto colector

0

A Dirección Territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático notificou ao Concello herculino o inicio dun procedemento sancionador pola comisión dunha infracción administrativa grave en relación á non implantación, informa, do quinto colector. Así o trasladaron fontes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que apuntaron á comisión dunha infracción en relación á Lei de Residuos e Solos Contaminados para unha economía circular.

“Tendo en conta a eventual apreciación das agravantes de intencionalidade, ao tratarse dunha entidade local plenamente coñecedora da normativa aplicable en materia de recollida separada de residuos, así como a continuidade da conduta infractora, establécese unha multa de 100.000 euros”. Faino, precisa, polo “incumprimento na recollida efectiva das fraccións de metais e plásticos” que, engade, “persiste” desde a entrada en vigor da Lei Estatal de Residuos, o 10 de abril de 2022. En concreto, pola “non implantación dun sistema de reciclaxe separada para envases lixeiros e a elevada densidade de poboación”. A sanción establécese de maneira provisional “e sen prexuízo do que resulte da instrución do procedemento”.

A Audiencia da Coruña xulga un home por agresión sexual a unha menor de 15 anos nun lugar público

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o mércores, día 5, un xuízo por agresión sexual a menor de 15 anos. Por estes feitos, un home enfróntase a unha pena de sete anos e nove meses de prisión que solicita para el Fiscalía como presunto autor dun delito de agresión sexual a menor. Tamén se lle piden tres meses de multa por un delito leve de furto á mesma vítima.

Os feitos sucederon o 21 de xullo de 2022 nun lugar público e o procesado deberá indemnizar á vítima con 11.000 euros por dano moral, con 165,55 euros polas feridas sufridas e polos efectos e diñeiro subtraídos: cinco euros e o custo da reposición das chaves de casa, cartón de bus e cartón bancario.

O Ministerio Fiscal pide, ademais, a prohibición de achegarse á vítima a menos de 700 metros, así como de comunicarse con ela por calquera medio de comunicación, ou medio informático ou telemático, contacto escrito, verbal ou visual, durante un período de 9 anos. A pena de prisión imposta, unha vez cumpra cinco anos, será substituída pola expulsión do territorio español e non poderá regresar a España nun prazo de oito anos.

Os Maracos xa teñen a súa lousa no Andar do Antroido da rúa da Torre

0

Onte, mentres no cole Torre de Hércules se rescataba o Entroido de Samede, na rúa da Torre celebrábase unha cita entroideira moi especial. Unha comitiva rendía homenaxe comparsa Os Maracos no Andar do Antroido, incorporando unha nova lousa co nome da agrupación. Romualdo Irijoa posou coa rexedora na esquina entre a rúa da Torre e a rúa San Xoán, no Campo da leña.

Homenaxe aos Maracos

O recoñecemento deste ano foi por decisión conxunto das comparsas, o recoñecemento deste ano será para Os Maracos, por ser a entidade máis antiga, fundada en 1983. “Este Andar do Antroido naceu da man das comparsas, que traballan todo o ano para encher de risas e diversión a cidade durante unhas semanas. Por iso, este ano quixemos darlle unha volta máis a esta iniciativa que impulsamos no ano 2022”, dixo Inés Rey.

A alcaldesa e Romualdo Irijoa descubriron a lousa de pedra que acompañará desde este 2025 ás de Fernando Amaro ‘Cantero’ e o propio Romualdo Irijoa.

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

Máis info

Máis novas

Os Malandros levaron o premio do Concurso de Comparsas do Antroido coruñento

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

Dicionario Antroideiro (I): Momento Coruñento

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

0

Fermosa demostración a que vén de facer o CEIP Torre de Hércules de que os centros de ensino tamén poden recuperar os entroidos máis tradicionais do país. Nunha cidade onde a choqueirada é protagonista, o colexio de Monte Alto vén de dedicar a festa tradicional do venres de Entroido que celebran todos os centros, ao Entroido de Samede, un lugar situado na parroquia de San Xulián de Vigo, no concello coruñés de Paderne, na bisbarra de Betanzos.

Enmarcado no proxecto escolar anual “Tróupele Tróupele”, cooridnado dende a Biblioteca e dedicado ás Festas Tradicionais Galegas (teñen falado xa da Festa das mortallas do Samaín, da Romaría Santo Andrés de Teixido, da Foliada da Fonsagrada, da Festa do Botelo, e aínda lles quedan degustar a Festa do Queixo de Arzúa e o Millo Corvo de Bueu), a festa do entroido serviu para que a rapazada do céntrico barrio coñecese de primeira man un dos entroidos máis auténticos do país.

Semellante aos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda, aproveitados como imaxe de marca dun coñecido aceite galego, o Entroido de Samede celebrouse dende finais do século XIX ata 1961, por mor da presión franquista. Pero dende 2015, un grupo de veciñas, recuperaron, a partir dun traballo escolar do fillo dunha veciña do lugar, a historia das Máscaras, as Bonitas e os Bonitos, os Carolos ou os Vexigueiros (ou o Policarpo, o meco do Enterro), algúns dos persoeiros que formaban parte daquel mítico entroido que só lembraban as máis maiores do lugar.

Ademais, coa axuda precisamente da A.C. Son D’aquí, do mesmo barrio, recuperaron a Muiñeira Cruzada, que ten un punto moi singular.

Muineira Cruzada de Samede no Entroido do CEIP Torre de Herucles
Bailando a muiñeira cruzada

Durante estas semanas, en colaboración coa ANPA Monte Vixía, e da man da Asociación CRD Entroido de Samede, o alumnado realizou sendos Obradoiros de Sombreiros e da Muiñeira Cruzada, para ter todo preparado para converter o patio do cole herculino nunha fermosa foliada entroideira. As agradecidas familias (o centro conta ademais cunha trintena de nacionalidades) ateigaron o centro para gozar dunha singular forma de gozar o entroido e botar un ollada ás nosas raíces.

A PACA amenizando

A Paca no Entroido do Cole de Monte Alto

Por se faltara pouco aliciente, a xornada estivo tamén amenizada pola ”Paca”, o persoeiro homenaxeado no Entroido deste ano polo Concello, e a súa Comparsa Montealto a 100, que obtiveron o segundo no Concurso de Comparsas e non faltarán no Martes de Entroido do Campo da Leña, xunto á comparsa gañadora, Os Malandros.

Xuntos ademais saíron de pasarrúas polo barrio, visitando a Residencia da Ronda de Monte Alto e facendo as delicias dos maiores.

Comparsa Monte Alto a 100 no Cole Torre de Hercules

Máis info

Máis novas

Os Malandros levaron o premio do Concurso de Comparsas do Antroido coruñento

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

Dicionario Antroideiro (I): Momento Coruñento

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

 

A área de Coruña, a que máis ingresos ten de media de cotización mensual

0

Santiago é, despois de Oleiros, o concello con maior base media de cotización mensual, ao alcanzar os 2.286,7 euros de media por persoa en setembro de 2024, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

A continuación, de acordo con esta estatística, sitúanse A Coruña, con 2.236,6 euros por persoa, e Bergondo, con 2.199,6 euros por persoa.  As sete grandes cidades e os seus concellos limítrofes concentran as maiores bases de cotización de Galicia. En particular, na conurbación que rodea as cidades da Coruña e Ferrol a base media mensual por persoa sitúase por encima dos 1.900 euros.

Oleiros é o municipio coa base de cotización máis elevada de Galicia en setembro de 2024. Os afiliados con residencia alí cotizan por unha base que alcanza os 2.448,7 euros de media. Tamén é elevada a base media en parte dos concellos que conforman as comarcas da Mariña Oriental, Central e Occidental (en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro), en Cee (Costa da Morte) e na comarca de Valdeorras, entre outros.

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

Anunciaba o Concello da Coruña este luns que, despois de 5 anos co contrato prorrogado, que no segundo semestre do ano vai realizar a nova licitación da planta de Nostián. BNG e PP xa amosaron as súas opinións, pero o voceiro do Partido Popular, Miguel Lorenzo, vén de asegurar onte que presentará una moción para que non se firme o acordo e que mesmo vai convocar unha Comisión de Transparencia para clarexar todo o procedemento.

Mentres, a planta segue funcionando a pesar de que prórroga forzosa dos últimos anos leva caducada dende comezos de 2025, o que acentúa a situación duns traballadores (son 115 directos máis 15 de empresas auxiliares) que seguen traballando en precario, e sufrindo as consenciencias de traballar dunha planta obsoleta debida á falta de investimento por parte da empresa concesionaria ante a incerta situación contractual.

Así o lamenta Hadrián Canosa, do Comité de empresa da CIG da Planta de Nostián, que mira con bos ollos o anuncio, “en canto ao futuro da planta. Levámolo moito tempo pelexando, mesmo nos temos manifestado, para que saíra dunha vez o prego de condicións, porque a planta necesita unha renovación seria”. “Ademais, o Consorcio segue vinculado, o que garante unha serie de toneladas importante”, valora positivamente.

Con todo, non teñen claro que a cousa vaia ser inmimente. “A ver cantos atrancos se ven no camiño”, apuntando que despois de pasar pola Oficina Nacional de Evaluación (ONE), onde estarán 2-3 meses mínimo, despois pasará pola exposición pública, alegacións, licitación, contratación… Hai moitas variables que poden influír nos tempos”, sinala deixando claro que a cousa non vai ser rápida.

Estado da planta de Nostian
Estado da planta de Nostián

Situación actual dos traballadores

”Seguimos en en prórroga forzosa dende o ano 2020. É unha das causas polas que a instalacións están como están. A empresa non sabe se vai quedar e por iso non fai as inversións, e iso nos perxudica. Obríganos a estar sempre en Inspección de Traballo por incumprimeitos en materia de saúde e seguridade laboral”, sinala en relación á planta.

Pero máis grave aínda é a situación económica dos profesionais: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión. Estamos nunha situación precaria, cobrando o mesmo que hai 13 anos co que subiu a vida, rozando o SMI”.

O modelo Nostián

Nostián foi creada a finais dos anos 90 despois do dramático derrumbamento do vertedeiro de Visma, que provocara malos cheiros durante anos en toda a cidade. Creouse cunha clara mensaxe medioambiental, apostando pola reciclaxe da materia orgánica, en contraposición do modelo de incineración da planta de SOGAMA, en Cerceda.

Segundo o Comité, o teórico novo acordo “reforzaría ese modelo, o do aproveitamento a materia orgánica”. De feito, avanza que a intención “é darlle un impulso para que o novo compost poida ser empregado e comercializado. Ese era o punto estrela do modelo de Nostián, que nunca se acabou de levar a cabo”, sinala Canosa, que espera que ”os novos pregos aposten pola reciclaxe, porque incinerar non é a solución, pero os vertedoiros, que é o que se fai actualmente, tampouco”.

 

Máis novas

Que opinan PP e BNG da condonación e licitación da xestión da planta de Nostián?

O Concello da Coruña licitará a xestión da planta de Nostián no segundo semestre do ano

Os traballadores públicos de Cambre din BASTA!

0

Esta mañá, coincindo cun pleno no que o goberno municipal levaba unha proposta de modificación da Relación dos Postos de Traballo, un total de 70 traballadores públicos do Concello de Cambre secundaron a mobilización convocada pola CIG, CCOO, UGT e CSIF.

Foi a primeira de máis (o vindeiro xoves, volverán concentrarse ás portas do Concello) para denunciar as infrutuosas negociacións para mellorar as súas condicións laborais, Unhas condicións que “foron empeorando cada vez máis”, o que provocou que “unha bola que leva anos facéndose máis grande e que acaba de estalar. Rompemos o silencio cun Basta!”

Concentracion Traballadores Concello Cambre RPT

Así o explica con rotundidade a representante dos traballadores Carmen Nieto, que lembra que “a Relación de Postos de Traballo, e polo tanto a valoración dos mesmos, e a organización do persoal do concello, son do ano 1999”, a pesar de que a día de hoxe conta con menos persoal e do aumento da poboación”, que medrou un 30% (de 17.075 en 1999 aos 24.781 actuais). “Temos que defender os nosos dereitos laborais, e os servizos públicos, para que os veciños e veciñas teñan un concello que funcione”, explicaban nunha carta que colocaron na porta do consistorio informando á veciñanza.

Os trabaladores explícan que a súa precariedade aumenta “pola escaseza extrema de persoal debido a fuxida de funcionarios e funcionarias deste concello a outras administracións nas que si poden exercer todos os seus dereitos, ás xubilacións e ás baixas, moitas delas por causas de saúde mental, vacantes que en moitos casos non se cubren en meses, as persoas que traballamos no concello de Cambre atopámonos nunha situación extrema que nos leva a pedir solucións urxentes”.

Critican que “leven anos sen cubrir as vacantes”, que “a carreira profesional non existe”, que “fai dous anos que non se realiza a vixiancia da saude obrigatoria por lei”, e que “non se atenden as nosas reivindicacións”. “En resumo, sentimos que non se nos escoita e que somos o último que importa para o goberno municipal”, critican.

A RTP rexeitada no Pleno

Precisamente durante o pleno desta mañá o grupo de goberno de Independentes por Cambre presentaba unha moción coa modificación da RPT. Unha moción que non comparten os traballadores, que pretendía “reforzar as áreas de Secretaría, Intervencióney Cultura con tres técnicos superiores A1”, pero que foi rexeitada polos tres grupos da oposición (PP, PSOE e BNG) foi a modificación da Ficha de Postos.