Inicio Blog Páxina 311

O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta por máis de 80 millóns para a comarca da Coruña

0

Presentaban hoxe, en rolda de prensa,  as deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria Taibo, a serie de enmendas que o BNG vén de presentar aos orzamentos da Xunta para 2025. O BNG pide 80 millóns de euros máis para A Coruña e a súa comarca.

O grupo critican o descenso no gasto e investimento do Goberno galego na cidade e comarca “ao pasar dos 107 millóns de euros de 2024 aos 101 para o vindeiro exercicio”. “Con estes orzamentos a Xunta vólvelle virar as costas á Coruña e a desatender o seu enorme potencial económico, cultural e social”, afirmou Mercedes Queixas.

Se se aprobaren as emendas do BNG, o orzamento da Xunta para A Coruña e comarca veríase incrementado en 80 millóns, 30 para a cidade e 50 para os concellos lindeiros.

Para a Cidade da Coruña

Así, o BNG propón unha partida de 3 millóns de euros para a creación dun centro de día para maiores que dea resposta ao déficit de oferta pública que soportamos na nosa urbe, “despois de o PP ser incapaz de crear unha soa praza en residencias públicas nos seus 15 ininterrompidos anos de goberno á fronte da Xunta”.

Canto aos problemas voa vivenda, o BNG emenda as contas da Xunta coa intención de dar impulso á creación dun parque público de vivenda, ao tempo que procura atender as necesidades do estudando pondo en marcha residencias públicas para universitarios.

A dotación de vacantes e reforzo de profesionais xinecólogos nos Centros de Orientación Familiar de Orillamar e Ventorrillo (200 mil euros para cada un deles), o reforzo dos recursos humanos e materiais no Centro de Sáude do Novo Mesoiro (200 mil euros), a mellora dos complexos deportivos de titularidade da Xunta (un millón de euros) e a atención das necesidades dos centros educativos da cidade (por exemplo, CEIP Rosalía de Castro e CEIP de Prácticas) cunha partida de 150 mil euros, dan corpo a outro conxunto de emendas formuladas polo BNG ás contas da Xunta.

En canto á cultura, o BNG propón que a Xunta, como membro do Padroado, contribúa con 500 mil euros para pór en valor o legado da Fundación Luís Seoane, de modo a tornala nun centro de referencia da arte contemporánea galega e ao mesmo tempo nunha marca da cidade.
E sobre a débeda da Xunta coa Orquestra Sinfónica de Galiza, cifrada en 5,8 millóns de euros, o plan do BNG é que se vaia saldando de forma plurianual, a razón dun millón de euros durante os próximos 5 exercicios.

Peticións para a comarca

Canto á comarca, piden máis achegas para a finalización da Vía Ártabra de modo a continuar até a súa unión coa A6, “constituíndo unha auténtica circunvalación da comarca coruñesa, libre de peaxes e con altas prestacións”, salientou Taibo.
O rescate da AG55, para a súa gratuidade no treito Arteixo-A Coruña, merecería, en opinión do BNG, un emenda específica ao estarmos perante unha arteria vital “do punto de vista económico e social” e de vertebración da comarca.

Piden ademais a descuberta do Río Maior de Sada (100 mil euros) e a realización dun plan de xestión do monumento natural da Costa de Dexo (300 mil euros). Así como destinar un millón de euros á residencia de maiores de Oleiros, con vistas a reparar deficiencias nas infraestruturas e a aumentar o cadro de persoal.

De resto, o BNG emenda tamén as contas da Xunta para dotar con 5 millóns de euros un plan de reindustrialización da cidade e a comarca.

A herculina Maia Freire proclámase doble campeona de España de Bádminton Sub 13

0

Continúa o Badminton Club do Mar demostrando que é unha das mellores canteiras de todo o estado. Hai apenas 15 días Inés Poncela e Sara del Castillo triunfaban nos campionatos estatais sub17 e sub19, pero é que esta fin de semana o club herculino volve demostrar o seu potencial unhas categorías máis abaixo.

A coruñesa Maia Freire (que xa subía ao máis alto do poido sub13 o ano pasado) desprazábase a terras catalás, ao pavillón do Congosto de Granollers, para disputar o Campionato de España sub-13 “Se Busca Campeón”. Un evento que reuniu a preto de 150 volantistas de todas as comunidades autónomas.

E a coruñesa Maia Freire converteuse na gran protagonista ao conseguir tres medallas, dous ouros en individuais e dobres e un bronce en dobres mixtos.

Na proba individual, Maia situouse na final, demostrando unha gran superioridade sobre os seus rivais. Alí agardábaa a súa compañeira de dobres Xulia Otero, natural das Neves, para disputar unha vibrante e apretada final que a coruñesa gañou en tres axustados sets 18-21 21-17 21-18.

Na proba de dobres, Maia e Xulia subiron ao máis alto do podio, demostrando unha gran superioridade sobre todas as parellas rivais, demostrando o potencial do cadro de Monte Alto.

Xulia e Maia campionas de España de Badminton sub13
Xulia e Maia campionas de España de Badminton sub13

Máis novas

Inés Poncela e Sara del Castillo triunfan nos campionatos de España de Bandminton

Inés Poncela e Maia Freire traen medallas do Spanish International sub15 de bádminton

A herculina Maia Freire, nova campioa de España sub13 de badminton

A Coruña substitúe o tren polo autobús durante unha semana

0

Con motivo das obras que Adif vai levar a cabo durante os días 10, 11, 12 e 13 de decembro no traxecto entre Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol, a conexión ferroviaria verase afectada e Renfe habilitará un servizo por estrada.

Deste xeito, Renfe informou de que, desde o 9 ata o 14 de decembro, porá en marcha un servizo alternativo de transporte por estrada durante o período mencionado entre Santiago, A Coruña e Ferrol.

Polo que, debido a esta modificación temporal, Renfe realizará por estrada os percorridos entre Santiago, A Coruña e Betanzos Infesta nas súas frecuencias de Servizo Público: trens Avant A Coruña – Santiago – Ourense, servizos de Media Distancia A Coruña – Santiago – Vigo, A Coruña – Ferrol e A Coruña – Lugo – Monforte.

Banda acusada de roubos en Arteixo irá a xuízo: Fiscalía pide penas de até 15 anos

0

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro martes, mércores e xoves ao cinco integrantes dunha banda que, supostamente, dedicábase a perpetrar roubos na área de Arteixo, para quen a Fiscalía pide entre 11 e 15 anos de cárcere.

Segundo apunta o Ministerio Público no seu escrito de acusación, a banda, que realizou os ilícitos en 2020, tiña os papeis definidos: catro deles perpetraban os roubos mentres que o quinto esperábaos nun vehículo para fuxir.

O primeiro asalto rexistrouse en febreiro de 2020, cando entraron nun bar da Avenida Pratas Varela de Vilarrodís co rostro cuberto. Un deles encañonou á empregada cunha pistola de fogueo e obrigouna a tombarse no chan e un compañeiro asestoulle unha patada na perna. De alí, levaron a recadación da caixa e dunha máquina comecartos que golpearon cunha maza ata lograr abrila. En total, foron 3.257 euros e máis 2.000 euros de danos.

O 2 de marzo, entre as 4:40 e 5:00 horas, os acusados forzaron a entrada dun bar da praza Manuel Murguía e levaron 300 euros da caixa rexistradora. Tras irse, regresaron media hora despois para golpear cunha maza a máquina recreativa e a de apostas, ata conseguir facerse coa recadación de ambas.

Ese mesmo mes, na madrugada do 17, o cinco acusados entraron no restaurante do apeadeiro de Uxes tras forzar unha porta lateral e fixéronse coa recadación das máquinas recreativas e a caixa rexistradora (1.618 euros en total), á vez que levaron dous xamóns.

Finalmente, Fiscalía considera que os acusados tentaron perpetrar tamén roubos nunha gasolineira de Iñás, en Oleiros, e novamente no restaurante de Uxes, pero fuxiron deste último tras activarse a alarma.

O BNG pide con urxencia o Plan de Normalización Lingüística

0

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai defender, no Pleno ordinario do vindeiro mércores 11 de decembro, unha moción por medio da cal insta o Goberno Local a elaborar xa o Plan de Normalización Lingüística previsto na Ordenanza sobre o idioma de que se dotou o Concello o 3 de xuño de 2021.

Non é a única previsión da Ordenanza que fica por se materializar: “tampouco se creou o Consello Local da Lingua”, denuncia Queixas, quen pide que se constitúa no primeiro semestre de 2025.

A iniciativa persegue “reforzar as accións destinadas a normalizar o uso da nosa lingua na cidade, nun contexto marcado polos últimos datos dispoñíbeis, francamente negativos, feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística”.

“No caso da Coruña”, anota Queixas na exposición de motivos da moción, “o retroceso da poboación galegofalante é moi significativo, sendo, de entre todas as áreas urbanas, a de maior retroceso no uso do idioma, cun 25%”. Na nosa cidade, acrecenta, “a porcentaxe de persoas que só falan castelán e que en ningún momento usan o galego é do 60% (11 puntos máis que hai 5 anos”.

Cómpre, por tanto, que o Goberno Local empregue a ferramenta de que dispón, a Ordenanza da Lingua, “para contribuír a que o galego avance no camiño da normalización e free o actual proceso de substitución lingüística”.
A iniciativa tamén lle pon deberes á Xunta, a institución que debería termar da lingua e cuxas políticas son directamente responsábeis do seu retroceso. Así, o BNG pídelle ao Goberno galego que aplique o Plan Xeral de Normalización aprobada por unanimidade no Parlamento galego en 2004, ben como tamén que derrogue o decreto 79/2010 chamado de
plurilingüismo (factor de desgaleguización das aulas) e que recupere o papel normalizador da TVG, con especial destaque para o despregamento de programación dedicada ao público infantil.

Máis novas lingüisticas

Carmen Pereira, mestra de Primaria: “A rapazada precisa máis contido galego”

“Hai moito galegofalante encuberto na cidade”

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

Ana Suárez: “Nas entidades sociais está bastante normalizado o uso do galego, non tanto na administración penitenciaria”

 

San Andrés avanza paseniño

0

A reurbanización da rúa San Andrés avanza estas semanas con novas intervencións sobre as áreas axardinadas previstas entre a calzada e os espazos peonís, que farán de barreira vexetal e axudarán a delimitar o espazo que estará destinado ao tráfico rodado das beirarrúas.

Lavanda, liriope e nandina, e arbustos de Tulbaghia violacea e Achillea, acompañarán ás árbores que darán cor aos parterres de San Andrés, bucando recuperar a imaxe orixinal
da rúa como bulevar, a que tiña no século XVIII. Por iso, estanse a plantar moreiras de Valdeorras, moi semellantes ás que había naquel tempo mais cunha particularidade: son dunha variedade sen froitos, para evitar os froitos manchen o pavimento.

As obras teñen de prazo ata marzo de 2025.

Máis novas

A reforma da rúa San Andrés durará un ano

O litoral da Coruña, en alerta laranxa este sábado por temporal costeiro

0

O litoral da Coruña e Lugo permanecerá este sábado en alerta laranxa por un temporal costeiro que deixará mar combinado do noroeste con ondas de ata seis metros que poderían alcanzar o sete entre Ortegal e Bares.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dá Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes decidiu activar este aviso meteorolóxico ante as previsións que apuntan a malas condicións marítimas a partir do mediodía deste sábado.

Tamén estará en alerta amarela o suroeste da costa coruñesa e todo o litoral de Pontevedra por mar combinado do noroeste con ondas de cinco metros, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

A Xunta lembra a importancia de manter as precaucións e afastarse da liña de costa, así como extremar as medidas de seguridade á hora de levar a cabo calquera actividade e revisar os cabos das embarcacións.

As predicións meteorolóxicas apuntan a que o temporal costeiro prolongarase, polo menos, ata a xornada do domingo.

O PP carga contra Sánchez por “traizoar” a Andalucía e dar a Aesia á Coruña

0

O deputado granadino do PP, Carlos Rojas, criticou “a actitude do executivo de Sánchez e o seu menosprezo aos granadinos“, porque “non recibiron unha explicación” despois da adxudicación da sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) hai dous anos á cidade da Coruña. Unhas críticas que contrastan co apoio do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tamén do PP, á sede coruñesa.

“Ninguén dimitiu nin asumiu responsabilidades pola manipulación dos informes e os expedientes que levaron ao Goberno a arrebatar a sede a Granada nunha reunión que durou 20 minutos”, sinalou Rojas. Como declarou nunha nota de prensa remitida polo Partido Popular, “aínda non se coñece a verdade dunha decisión arbitraria e opaca que ninguneó á mellor candidatura sen máis xustificación que a política de favores do PSOE, incapaz de pór en marcha a Aesia na Coruña e habilitar unha sede”.

Rojas criticou “a postura dos socialistas granadinos ao longo deste proceso”. “É lamentable que a estas alturas non levantasen a voz ante o que foi unha traizón a Granada orquestrada desde A Moncloa“, lamentou. “O silencio do PSOE é unha mostra máis da crise que vive o partido e o afastados que están dos problemas dos cidadáns como se viu no congreso de Sevilla”, apostilou.

Os 3,6 millóns de luces de Nadal

0

María Pita, collendo o relevo do Obelisco, foi este ano o espazo inaugural do Nadal. Centos de familias ateigaron a praza para un acto que foi máis áxil que o do ano pasado. Dúas crianzas que participaron no concurso de debuxos, foron os encargados de darlle ao interruptor e acender os 3,6 millóns de luces led de baixo consumo postas por toda a cidade.

Maria Pita acendido de Nadal-Coruna 2025 2

As tres coroas da praza de María Pita ofreceron unhas lixeiras coreografías de luz e música, que se repetirián todos os días durante este período de festas, con diferentes cancións propias desta época. Serán ás 18.30, ás 19.30 e ás 20.30 horas.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Peter Punk animou ao público asistente nos prolegómenos do acendido e unha vez finalizado o acto houbo unha actuación de Los Alcántaras.

Xa podes ver aquí o programa completo de Nadal.

Gran dispositivo policial para evitar incidentes no Dépor-Zaragoza

0

O dispositivo policial polo partido entre o Real Club Deportivo e o Real Zaragoza deste sábado, declarado de ‘alto risco’ pola Comisión Antiviolencia, reforzarase e durará tres días. Así se acordou na Xunta de Seguridade celebrada este xoves e presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. Nela, — e tras os incidentes rexistrados no que enfrontou ao club coruñés co Málaga — concretouse o dispositivo de seguridade deseñado pola Policía Nacional para o encontro que terá lugar este sábado, día 7, ás 18.30 horas no estadio de Riazor.

Nesta reunión, estableceuse “reforzar a presenza policial“, así como “a activación do dispositivo desde a xornada previa”. Segundo concretou Rivas, debido á “particularidade de coincidir coa ponte da Constitución” o despregamento manterase “desde o venres ata o domingo”.

O mesmo, contará “tal e como sucedeu nos anteriores partidos de alto risco, con máis medios dispoñibles para atender os arredores do campo e diferentes puntos da cidade”, segundo informa a Subdelegación do Goberno.

En concreto, o operativo da Policía Nacional disporá de tres grupos da Unidade de intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Equipo de Información e guías caninos, especialistas do TEDAX, Unidade de Subsolo e protección ambiental, ademais de medios áereos, como un helicóptero e varios drones.

Para evitar alteracións da orde pública, a subdelegada apelou, ademais, ás afeccións a que “anticipen na medida do posible a entrada ao estadio posto que haberá maior control nos accesos e será máis lenta”.