Inicio Blog Páxina 312

Os problemas de persoal de Correos saltan á rúa

0

Continúan os problemas en Correos en toda a provincia, cos sindicatos alertando da falta de persoal en numerosas delegacións, como na de Bergantiños.

É o caso da Coruña, onde, por exemplo, na oficina da Rúa Entrepeñas UR-3 (que atende os códigos postais 15010 e 15011, unha zona tan densamente poboada como é a Agra do Orzán, As Conchiñas, O Ventorillo, As Roseiras e Visma), de 22 barrios/seccións só están cubertos 12, pos apenas hai 10 carteir@s dispoñibles.

Así o denuncia o Sindicato Provincial de Correos de A Coruña CGT, que denuncia que “Correos se nega a cubrir as vacantes estructurais existentese e as ausencias temporais, por baixas, etc.”

Esta carencia de persoal conleva, entenden, “unha sobrecarga no persoal dispoñible, e ese sobre esforzo está levando a problemas de saúde, por exemplo xa son dúas as persoas que están de baixa relacionadas con problemas de articulacións por asumir rutas que son moito mais longas do habitual”.

Noutras unidades da Coruña a situación tamén é preocupante, con mención especial á unidade de reparto da estación do tren (USE), especializada en paquetería en notificacións, onde estes tamén denuncian que está quedando numerosos obxectos sen repartir e sobrecarga das persoas da unidade. Valoran seguir o mesmo camiño e convocar nesa unidade concentracións semellantes

6 reforzos para o Nadal…

Dende o sindicato CGT levan tempo reclamando reiteradamente á dirección de Correos que “cubra as prazas estruturais vacantes e que substitúa convenientemente ás persoas que se encontran de baixa médica, sen contestación algunha por parte da dirección”.

Dende o sindicato lembran que “Correos unicamente realizou 6 contratos de reforzo para o nadal, tendo en conta que o persoal de Correos de reparto na nosa cidade, supón un totalmente insuficiente 3% sobre as prazas de reparto que deberan existir na nosa cidade, sobre 200, pero das cales unicamente estan cubertas o 60% aproximadamente, unhas 120, estando o resto sen persoal fixo”.

3.000 paquetes sen entregar

Pola súa parte, dende a secciónn Correos da CIG, denuncian que provocan situación de acumulacións e retrasos, que seguro que aumentarán nas datas de nada. Nestes momento, calculan que hai preto de 3.000 obxectos de paquetería pendentes de seren entregados.

“Paquetes que foron depositados a semana pasada en calquera punto do Estado español, aínda non foron sacados a reparto, acumulándose en todas as oficinas da cidade e facéndose moito máis visíbel na Unidade de Servizos Especial da cidade. O verdadeiro motivo desta acumulación non é outro que a falta de contratación de persoal necesario nas unidades de reparto da cidade”, denuncian.

Ante a situación xerada, a representación da CIG reclámalle á Xerencia de Persoal de Correos da Zona Noroeste un reforzo urxente dos cadros de persoal, para darlle saída inmediata á correspondencia atrasada e que actúe en consecuencia para que non se repitan estes feitos no futuro.

Congreso de Narrativas encherá de lingua o Ágora

0

O vindeiro sábado 14 de decembro a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o  celebrará o Congreso Narrativas, un encontro que sirve de “espazo de reflexión sobre a situación do sistema literario no que estean presentes aqueles temas que preocupen ás escritoras e escritores”.

A Aula 9 do Centro Ágora da Coruña acollerá esta sesión, de asistencia será libre e gratuíta, que comezará ás 10:15, e na que participarán xentes como María Yáñez, Ismael Ramos e Álvaro Gago nunha mesa moderada por Berta Dávila sobre rede, prensa e audiovisual; Lara Dopazo, Xabier Paz, Xurxo Borrazás e Santiago Jaureguizar noutra mesa sobre os contos moderada por Xavier Queipo.

Pola tarde, Beatriz Maceda guiará un debate universal con Marica Campo, Érica Esmorís e Fina Casalderrey; e Xosé Monteagudo fará o propio sobre a nova narrativa galega con Sica Romero, Fabio Rivas e Alba Guzmán

O peche musical será a cargo de Lois Pérez.

Tendes o programa completo na web da AELG e as persoas interesadas deberán anotarse até o mércores, cuarta feira, 11 de decembro, no correo electrónico: oficina@aelg.org

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas creará unha Rede de Centros de Interpretación

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas avanza na articulación dun destino ecoturístico de calidade no territorio. Co fin de harmonizar a idea da Reserva en todo o seu ámbito xeográfico, aproveitarase as instalacións ambientais existentes para dotalas de contidos para o fío condutor de Mariñas Coruñesas.

A entidade creará así unha Rede de Centros de Interpretación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. As 12 instalacións que serán obxecto desta tematización son as seguintes

  • Aula de Naturaleza de Crendes (Abegondo)
  • Centro de visitantes – Sede de la Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (Abegondo)
  • Museo do Mar de Sorrizo (Arteixo)
  • Museo das Mariñas (Betanzos)
  • Museo do Xacemento Romano de Cambre (Cambre)
  • Sala de la Colección Museográfica del Castro das Travesas (Carral)
  • Centro de Visitantes del Río Mandeo (Coirós)
  • Jardín Botánico del Burgo – Aula de la Naturaleza Juan Lembeye (Culleredo)
  • Casa Museo María Antonia Dans (Curtis)
  • Centro Etnográfico del Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)
  • Aula do Mar (Oleiros)
  • Aula da Ría (Paderne)

A Reserva ten un concurso aberto para realizar os traballos de adaptación de cada unha das dependencias. O orzamento ascende a 236.460 euros, que se financian con fondos Next Generation no marco do Plan de Sostibilidade Turística.
As actuacións son específicas para cada un dos centros e para cada un dos temas que interpretan. Os proxectos de tematización foron consensuados cos concellos propietarios destas instalacións, así como coa Deputación da Coruña (titular dos centros de Chelo e Teixeiro).

centro Interpretacion Chelo coiros
Centro de Interpretación de Chelo

Con carácter xeral, consistirán na dotación de diversos soportes de imaxe, como placas e paneis, a instalación de expositores con material divulgativo sobre a Reserva, ou a elaboración de material audiovisual.
Nalgúns puntos elaboraranse materiais didácticos específicos. Por exemplo, en Sorrizo incluirase unha recreación do ecosistema costeiro en resina e un mural de 7 metros coas especies máis representativas; en Betanzos recrearase un stand da Feira; No Burgo e Curtis colocaranse refuxios de madeira para a fauna.

 

Un traballador ferido despois de caer polo oco do ascensor nun edificio da Coruña

0

Un traballador resultou ferido despois de precipitarse desde o tellado dun edificio de seis plantas e aterrar encima do ascensor, que se atopaba parado no primeiro.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o operario atopábase traballando no tellado dun inmoble da rúa de San Andrés cando, minutos despois das 16,30 horas, caeu polo oco do ascensor ata o primeiro piso.

Ata a zona mobilizáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para socorrer ao traballador, que se atopaba consciente despois do accidente. Tamén acudiron ao edificio os bombeiros, Policía Nacional e Local e voluntarios de Protección Civil.

O BNG pide a rehabilitación e a cesión gratuita do antigo cárcere da Coruña

0

O BNG anunciou o rexistro de novas iniciativas no Congreso para instar o Goberno central a negociar co Concello da Coruña a rehabilitación do antigo cárcere e a súa cesión gratuíta.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Ministerio de Interior a que renuncie a interpor recurso ante a sentenza do Xulgado de primeira instancia número 5 da Coruña que declarou nulo o convenio asinado entre Concello e Goberno.

A sentenza, lembrou o BNG, declara nulo o convenio de 2005, entre Concello e Goberno, e indica que as administracións “non podían” acordar o intercambio de parcelas xa que “non é posible” a permuta de bens de dominio público, só de bens patrimoniais.

Agora, o BNG espera que o Ministerio de Interior, no concreto a Seipse, “desistan no seu empeño de asfixiar” ao Concello coa reclamación de “cantidades exorbitantes” cando o convenio de 2005 xa foi anulado.

“A vía máis acertada, neste momento, é a negociación entre Concello e Ministerio para poder sacar adiante a recuperación e rehabilitación do inmoble do antigo cárcere e a súa posterior cesión gratuíta ao Concello”, indicou Rego.

 

Os medios cos que Salvamento Marítimo loita contra a contaminación contarán cun almacén en Punta Langosteira

Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar) contará cun almacén loxístico no porto exterior da Coruña, situado no municipio de Arteixo, que dará apoio ao Plan Marítimo Nacional e estará dotado con medios de loita contra a contaminación mariña e outros equipos que utiliza habitualmente a entidade adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable. Segundo informa a Autoridade Portuaria, no marco do convenio de colaboración que mantén con Sasemar, iniciou o proceso para habilitar este almacén. Así, convocou un concurso público para a redacción do proxecto e o posterior control de execución da obra do edificio que albergará o almacén loxístico.

A licitación, engade, ten un valor de 200.000 euros. O proxecto deberá utilizar a tecnoloxía Building Information Modeling (BIM), ao entenderse que suporá unha mellora na visualización e xestión do mesmo, “facilitando a toma de decisións e o estudo de alternativas de deseño en canto á calidade das propostas, o estudo de custos e o procedemento construtivo, entre outras vantaxes”. En concreto, a Autoridade Portuaria prevé que a súa redacción poida concluír a mediados de 2025. A continuación, licitaranse as obras de construción do edificio, cunha duración que se estima inicialmente en 12 meses, segundo informa.

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

0

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en materia de vivenda. No marco de toda a burbulla de prezos de alugueiro e compra na cidade, mentres avanza, paseniño a declaración como Zona de mercado residencial tensionado,  e en paralelo á política urbanística do goberno socialista local, que ten en marcha media ducia de megaproxectos urbanísticos máis clásicos dos anos 90 (véxase Castrillón, Visma-A Gramela, Percebeiras, Maestranza, Santo Amaro, as Xubias, ou mesmo o futuro da fachada marítima na zona de San Diego), a Xunta propón a construción de nada menos que 4.300 vivendas (os Rosais contan con 5.000) na zona de Monte Mero, en varias parcelas que ocupan 43 hectáreas entre a Fábrica de Armas (a nova cidade das TIC), os Maristas e Eirís.

A nova positiva deste proxecto que chega na cidade das 20.000 vivendas baleiras, é que o 80% das vivendas estarán en réxime de protección, entre protexidas e de promoción pública (o BNG tamén pedía onte que se dediquen a aluguer social). Un cambio na política de vivenda autonómica, que apenas leva erguido un edificio de 40 vivendas protexidas en Xuxán nos últimos anos.

Con todo, a preocupación na zona é evidente. A veciñanza non recibiu ningunha información por agora, e a Xunta xa avanzou que non descarta expropiacións. O cronograma dos proxectos, a expropiación, parcelación e proxecto de urbanización chega ata 2028.

Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero
Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero

Vivenda protexida tamén en Arteixo

No marco do PIA, a Xunta tamén anunciou unha urbanización de 160 vivendas, tamén o 80% protexidas, nunha zona de 8 hectáreas na Baiuca-Penouqueira, en Arteixo.

Máis novas

A Coruña crea a mesa sectorial de vivenda para avanzar na declaración de zona de mercado residencial tensionado

O BNG lanza unha nova campaña contra o prezo da vivenda

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

0

‘Baixo o mesmo paraugas’ é o lema que as entidades sociais do país levan artellando dende hai 9 anos polo Día Mundial da Discapacidade. Ese paraugas, símbolo de apoio, solidariedade e compromiso cunha sociedade máis inclusiva e igualitaria, serviu tamén para cubrir do orballo na concentración realizada esta mañá do 3 de decembro no paseo do Parrote, para conmemorar esta data solidaria.

Un evento para visibilizar e reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade, na ademais de Aspace Coruña, unha das entidades convocantes, tamén participan xentes de Aspronaga, ENKI, Aspanaes, Artefíos, ACEM e Down Coruña, entre moitas outras.

A xornada, dirixida polos presentadores Fran Rei e Corina Alfonso, incluíu a lectura dun manifesto e a xa clásica interpretación da canción ‘Unha marea de xente’, que simbolizou a unión do público coa paraugada. Xa ao final da mañá, Poten100mos e Silvia Penide puxeron o peche cunha actuación musical.

Inés Rey, que puxo en valor a figura de Ricardo Iglesias, xerente de ASPACE, como un dos impulsores desta iniciativa, destacou a relevancia do tecido asociativo. “Se A Coruña está a vivir unha transformación de 180 graos nos seus espazos públicos é, principalmente, porque a loita das asociacións e as familias foi fundamental para colocar as persoas no centro das políticas públicas, facendo que a accesibilidade universal sexa unha prioridade esencial”.

 

Segundo recibe dúas estrelas Michelín nos premios #SoyBarbudo

Volve o Barbeiro Solidario á actualidade. O organizador da Barbería Solidaria, que este pasado verán non tivo o apoio esperado polas administracións, Segundo Mallo, vén de recibir dúas estrelas “Michelín” nos premios Soy Barbudo. Un premio outorgado pola revista especializada nunha Gala celebrada en Sevilla, que recoñece ás mellores de entre aos 52.000 salóns de peiteiado que hai en todo o estado.

A cuca perruquería, situada en pleno barrio de Monte Alto, na rúa Hércules, afiánzase como unha das mellores de España e de Galicia, onde só temos outra recoñecida, a Black Bird de Porriño.

Con Segundo, a calidade do comercio local é indiscutible.

Peluqueria Segundo Coruna Soy barbudo

Máis novas

Segundo, o barbeiro solidario

A Barbería Solidaria bate marcas para axudar á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

Perruquerías, un espazo de escoita para persoas maiores

 

Traballadores aproban o acordo coa empresa e desconvocar o paro nas obras de acceso ao porto exterior

0

As asembleas de traballadores celebradas ata o momento aprobaron maioritariamente o acordo alcanzado nas últimas horas coa UTE Acceso Porto Exterior A Coruña e, a falta de consultar ao persoal do resto de quendas, os operarios apostan por desconvocar a folga prevista para este xoves (o paro deste martes xa foi desconvocado nas últimas horas, dados os avances na negociación).

Segundo informou o sindicato CIGo acordo alcanzado supón “unha mellora significativa a nivel de vacacións, tanto no número de días, como na súa retribución”, establece a “interrupción das obras durante as vacacións de Nadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro), e “achega unha solución xeneralizada para o cálculo das retencións que se lle aplican nas nóminas do persoal, cuestión que xeraba continuos problemas”.

Por outra banda, valorou que a empresa se compromete a abonar unha prima de produtividade á finalización de cada túnel de acceso ferroviario ao porto exterior, “para recompensar o esforzo que o persoal está a facer na realización destas obras desde o ano 2023”.

En materia de seguridade laboral, acordouse seguir traballando na mellora das medidas de prevención, tanto na empresa principal como nas subcontratas. A CIG destacou que este acordo foi posible grazas á “decisión firme” dos traballadores de levar a cabo a folga e apuntou que, “unha vez máis, queda demostrado que a loita é o único camiño para mellorar as condicións de traballo e avanzar en dereitos”.