Inicio Blog Páxina 345

Os traballadores e traballadoras de Circet en Galiza continúan en loita contra o ERE

0

Os traballadores e traballadoras de Circet en Galiza continúan co calendario de folgas e mobilizacións en rexeitamento ao ERE de extinción que a empresa pretende aplicar a pesar, segundo a CIG, de que “non existen causas económicas, organizativas ou produtivas que o xustifiquen”. O persoal mantense firme na defensa de todos os postos de traballo e así se evidenciou co rexeitamento masivo das asembleas á derradeira proposta de ERE achegada pola empresa.

Medio centenar de traballadores e traballarodas concentrábanse así este xoves ás portas de Movistar (Circet é concesionaria do servizo de Movistar Telefónica).

Á espera dos pasos que dea nos próximos días a compañía, a CIG-Industria segue a reclamar a retirada completa deste expediente,  garantías de mantemento de todos os empregos así como das condicións de traballo, xa que, como se fixo patente durante o período de consultas, “o único obxectivo de Circet é avanzar na precarización e afondar na subcontratación da actividade”.

Na última semana, a empresa rebaixou o número de despedimentos (en Galiza de 118 a 81 persoas) e subiu un mínimo as indemnizacións “pero condicionando o mantemento da súa proposta final a que todos os sindicatos lla asinasen”.

Pero a CIG, subliñan, “non vai asinar ningunha medida que supoña destruír emprego e se Circet leva adiante o ERE, impugnarémolo na vía xudicial”. Por iso, tamén fan un chamado á autoridade laboral para que á hora de elaborar o informe do expediente “revise con lupa a documentación achegada pola empresa”. E neste sentido, critican que na última reforma laboral, o Goberno autodenominado ‘máis progresista’ non recuperase a autorización administrativa previa nos despedimentos colectivos que foi suprimida polo Goberno de Rajoy na reforma de 2012.

A CIG-Industria tamén apunta á responsabilidade das grandes operadoras de comunicacións, con Telefónica á cabeza, que “levan anos practicando unha política de adelgazamento dos cadros de persoal propios e fomento da externalización do traballo en contratas que á súa vez subcontratan a actividade en pequenas empresas e persoal autónomo. O obxectivo é desregularizar as condicións laborais, que se traballe sen control horario, sen cobrar as horas extras, con sistemas de produtividade imposíbeis de cumprir, e sen ningún tipo de garantía na prevención de riscos laborais”.

Así, para os días 17 e 19 de decembro hai convocados xa novos paros de 24 horas, que incluirán tamén distintas protestas.

Problemas no sector da atención ao cliente

O persoal de Circet segue en loita contra os despedimentos e a precarización laboral do sector da atención ao cliente

 

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

As traballadoras de residencias privadas realizan unha caravana reivindicativa na Coruña

0

As traballadoras de residencias privadas continuaron este xoves na Coruña co calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo “digna” fronte, afirman, “a proposta insuficiente da patronal e a parális da negociación colectiva”.

Nesta ocasión, a protesta consistiu nunha marcha de vehículos que saíu da residencia Pai Rubinos, pasou pola residencia Remanso, o edificio Amizar, onde están as dependencias da Consellería de Política Social e o complexo administrativo da Xunta de Galicia en Monelos para terminar diante da residencia Concepción Arenal en Matogrande, de titularidade pública pero de xestión privada.

Con estas mobilizacións, as traballadoras denuncian, informa a CIG, “a importante perda de poder adquisitivo (do 7,8%) desde a firma do anterior convenio (2020-2023) por parte de CCOO e UGT, ao que hai que sumarlle o feito de que a subida do SMI neste período foi do 24,4%”.

“Provocando que as categorías máis baixas do convenio non cheguen ao SMI e gran parte delas estean só 10 euros por encima en 2024”, recalca a central sindical sobre as demandas do colectivo.

A Coruña asina un convenio para colaborar en la identificación de prazas de mobilidade reducida

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o tesoureiro da Asociación de Persoas con Mobilidade Reducida (AsoPMR), Danilo Francesca, asinaron este xoves o convenio de colaboración que permitirá a inclusión da cidade no proxecto Anuncio4Dis.

Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá en cinco cidades europeas co obxectivo de facilitar a identificación e acceso ás prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida mediante a tecnoloxía satelital, Street View e a IA.

“O uso desta tecnoloxía será posible grazas ao apoio que dá Google.org a este proxecto, concibido por AsoPMR coa finalidade de dar unha información de utilidade ás persoas con mobilidade reducida e mellorar a súa autonomía e calidade de vida“, sinala o goberno local.

A alcaldesa da Coruña ve coma un “orgullo” que a cidade sexa unha das sedes do Mundial de Fútbol

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou como un “orgullo” que a cidade sexa unha das sedes en España do Mundial de Fútbol do ano 2030, xunto con Portugal e Marrocos.

Así se confirmou tras recibir este mércores o respaldo unánime durante a votación celebrada durante o Congreso Extraordinario da FIFA.

Esta decisión abre unha nova etapa nun proxecto que naceu fai máis de tres anos, impulsada polos dous países ibéricos e que ha ido sumando e restando apoios durante este tempo.

A preguntas dos xornalistas, a rexedora coruñesa trasladou a “satisfacción” e o “orgullo” de que a cidade volva acoller un Mundial. “É motivo de enorme satisfacción”, recalcou.

Un encontro en Bergondo reclama maior investimento en tecnoloxía para a seguridade viaria

0

O Pazo de Mariñán, no municipio coruñés de Bergondo (A Coruña), acolle este xoves e venres unhas xornadas para abordar os desafíos da mobilidade sustentable e a evolución tecnolóxica na seguridade viaria e na asistencia ás vítimas, con demanda de redobrar esforzos neste ámbito.

O foro está organizado coa colaboración da Deputación da Coruña, Stop Accidentes, o Ministerio Fiscal e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na inauguración participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o director do Instituto de Criminología da USC, Gumersindo Guinarte; María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña e Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes.

Formoso sinalou que no último ano nas estradas da provincia a sinistralidade aumentou, cun total de 36 vítimas mortais ata mediados de novembro, 14 máis que o ano anterior, un dato que cualificou de “inaceptable” e que “evidencia a necesidade de redobrar esforzos neste ámbito”.

Neste sentido, destacou que detrás de cada unha das vítimas “hai un drama humano, familiar e social”, un aspecto no que tamén inicidió a presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, que subliñou que as mortes por accidentes de tráfico “son unha traxedia humana e un problema de saúde pública”.

As xornadas tamén abordarán aspectos como a axilización da xustiza en casos de sinistralidade viaria e a adaptación a novas realidades como os vehículos de mobilidade persoal (patinetes eléctricos) ou os límites de alcoholemia máis estritos que se implantarán en España.

O COF de Orillamar deixa de prestar atención programada pola falta de persoal administrativo

Continúan os problemas no Centro de Orientación Familiar da rúa Orillamar. A precaria situación laboral segue provocando situacións dramáticas para un servizo tan necesario na atención ás familias e á mocidade con problemas de saúde afectivo-sexual. A día de hoxe, está sen persoal administrativo, polo que o centro ten que facer un simbólico peche de portas, puidendo realizar só atención urxente, pero deixando de prestar atención programada.

A pesar de que o cadro de persoal inclúe 3 traballadoras de persoal administrativo (dúas dependentes do Concello), neste último mes só hai unha profesional, que se ocupa da atención telefónica e presencial, e que xestiona as axendas das profesionais (matrona, psicóloga, traballadora social…). Pero as vacacións programadas desta última traballadora, non cuberta polo Concello a pesar de ter sido avisado con tempo, provocan unha caída rotunda na calidade da atención.

”Sen persoas que atendan na entrada do centro e que xestionen a axenda, non podemos facer seguemento de casos especiais, non sabemos cando imos poder analizar resultados de probas, non podemos estar pendentes de cousas importantes como a interrupción de embarazos… “, sinalan as profesionais que volven demandar que o Concello asuma as súas responsabilidades neste centro codependente.

Lembran que xa o Sergas ocupouse de cubrir a baixa da psicóloga, a pesar de que a responsabilidade era municipal.

Máis novas

Denuncian o esquecemento municipal do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Visita institucional do alcalde de Mariúpol ao Concello da Coruña

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este xoves no Palacio Municipal de María Pita ao alcalde de Mariúpol, Vadym Boichenko, na súa visita a Galicia. O encontro, sinala o goberno local, “subliña a cooperación entre ambas as cidades e lembra o compromiso da Coruña con Ucraína”.

Na comitiva de Mariúpol participaron Vitaliy Falkovski, tenente de alcalde; Olha Pikula, asesora en Relacións Internacionais e Comunicación; Sergiy Zakharov, secretario de prensa; Alina Moskalenko, directora do Instituto de Vivenda do Consello Noruegués para os Refuxiados (NRC); e Diana Hradil, coordinadora de comunicacións do NRC.

Tamén estiveron presentes representantes da asociación AGA Ucraína, representada pola súa presidenta, María Pavlenko, e o vicepresidente, Óscar García Madarro.

A alcaldesa e o alcalde abordaron temas de interese común. Rey lembrou o apoio da cidade coa creación de OMAPU, a Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno, posta en marcha polo goberno local en 2022 para apoiar ás persoas desprazadas pola guerra. “Foi unha medida pioneira recoñecida a nivel europeo que mostrou a solidariedade dos coruñeses”, apuntou.

En marcha unha nova urbanización de 464 vivendas en Monte Alfeirán

O Monte Alfeirán é un deses espazos cuia situación, a cabalo entre dous concellos (neste caso entre Coruña e Culleredo), provoca un esquecemento municipal crónico. A falta e mantemento, limpeza, investimento… son queixas continuas dunha cidadanía que lembra ademais dúas promesas: o parque, e o mirador.

O que si terán pronto os adosados da zona, serán veciños. A Xunta de Goberno Local, ademais de aprobar unha nova area deportiva en Novo Mesoiro, aprobaba a solicitude á Xunta do inicio do procedemento de avaliación ambiental do Plan Parcial que delimita o sector de solo urbanizable no Monte Alfeirán, un enclave situado entre a autovía da AP-9, Palavea e o termo municipal de Culleredo.

Ubicacion da nova urbanizacion de Monte Alfeiran

A ordenación proposta, estima a construción de 464 vivendas, das que case a metade serían de uso residencial colectivo, dentro dunha superficie total de 166.669 metros cadrados, a superficie edificable máxima sería de 64.501.
A maiores, estímanse uns 42.980 metros cadrados de espazos libres, outros 8.200 para equipamentos e tamén unha bolsa de case 400 prazas para o estacionamento de vehículos, así como espazo para a plantación de máis de 700 árbores.

Outras novas

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

Unha vivenda arde en Sada

0

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados este xoves dun incendio nunha vivenda no municipio coruñés de Sada.

Segundo informan, o lume produciuse nunha vivenda da avenida do porto da localidade.

A incidencia ocasionouse nunha caldeira situada na planta baixa do edificio, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

O operativo consistiu na extinción do lume e na comprobación das medidas de seguridade.

A Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

0

Por fin, a FIFA acaba de aprobar oficialmente a candidatura de Riazor como sede para o Mundial 2030. Así o ratificou este mércores, 11 de decembro, a FIFA nun congreso que foi seguido en directo desde a Cidade do Fútbol de Las Rozas pola subdeelgada do Goberno María Rivas e os concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o de Deportes, Manuel Vázquez.

O proxecto de transformación do estadio de Riazor nun recinto multiusos vai na liña seguida na actualidade polos grandes recintos deportivos a nivel europeo e mundial, cunha capacidade para 48.000 persoas (a pesar das reticencias de Abanca e sen que aínda se coñeza de onde sae a parte de investimento privado), que poida acoller eventos culturais e deportivos como a final da Champions League.

O proxecto, que transformará a cidade, contará coa Coruña como sede para os partidos do Mundial, catro concellos máis (Ferrol, Betanzos, Ordes e Cerceda) como centros base de adestramento, os tres aeródromos galegos como aeroportos oficiais da sede e co conxunto das prazas hoteleiras radicados en Galicia como aloxamentos oficiais.

MARROCOS, RIVAL POLA FINAL

Baixo o lema ‘Yalla Vamos’, os avaliadores xa deron unha nota moi alta a esta candidatura no seu último, 4,2 sobre 5, a maior da historia para un proxecto onde España, organizadora do Mundial de 1982 e que perdeu contra Rusia a edición de 2018, conta cun total de once estadios, coa incógnita de se se poderá reenganchar Mestalla.

Santiago Bernabéu e Riyadh Air Metropolitano, en Madrid, Spotify Camp Nou e o RCDE Stadium, en Barcelona, San Mamés (Bilbao), La Cartuja (Sevilla), Reale Area (San Sebastián), Estadio de Gran Canaria (Las Palmas), A Rosaleda (Málaga), La Nueva Romareda (Zaragoza) e o ABANCA Riazor  son os seleccionados.

Dous deles, os remodelados e modernos do Real Madrid e do FC Barcelona, optan a ser o escenario da final, outro dos puntos que marcou estes meses pola puxanza de Marrocos co seu futuro Gran Estadio Hassan II en Casabranca. De feito, este tres recintos, que tamén podería albergar o choque inaugural, sacaron a máxima puntuación (4,3) no informe.

O país norteafricano acollerá un Mundial por primeira vez e como segundo de África en facelo tras o histórico de Sudáfrica en 2010 e terá seis sedes. Antes, xa fora candidato en solitario para celebrar o de 2026, caendo claramente ante o proxecto conxunto de Estados Unidos, Canadá e México. Portugal, que nunca tivo unha Copa do Mundo, pero si unha Eurocopa (2004), terá unicamente tres, dous en Lisboa (Da Luz e o José Alvalade) e Do Dragao no Porto.