Inicio Blog Páxina 354

A veciñanza das Xubias trasládalle ao BNG o seu malestar pola falta de información directa do Concello

0

Moito se fala das Xubias dende que o pasado 8 de xuño a alcaldesa anunciaba o polémico proxecto de urbanización da man dun fondo de investimento suizo. Aquel día a rexedora realizaba unha visita ao barrio, pero esquecía xuntarse coa veciñanza.

De feito, a xuntanza de onte do BNG foi a primeira dun partido político coa veciñanza, se ben o PP xa se achegara pola zona para botar a foto. Os dous representantes máis activos do barrio recibiron ao portavoz e a concelleira responsábel de Urbanismo do BNG, Francisco Jorquera e Avia Veira, xuntanza na que lle trasladaron o seu malestar pola falta de informción directa por parte do Goberno Local sobre o convenio asinado co fondo de investimento suízo Gingko que vai provocar unha profunda transformación urbanística neste singular barrio.

”Demandamos do Goberno Local que actúe sempre con transparencia e escoitando as veciñas e os veciños”, sinala Jorquera.

Os represetantes veciñais deixaron claro que “a única información de que dispoñen é a que lles ten chegado polos medios de comunicación e polo propio fondo de investimento suízo, despois dun encontro co Ginko no que lles deixaron claro que “o único marco legal ao que se teñen que ater é o PXOM de 2013, que prevé a edificación de 631 vivendas”. Unha situación sobre a que xa se ten posicionado o BNG que esixe que o goberno local leve a pleno a modificación puntual paralizada en 2022 que reduciría a edificabilidade ás 241 vivendas.

O Grupo lembrou que o pleno xa rexeitou o proxecto instando ao goberno local ao suspender o convenio con Ginko, fondo que leva mercando parcelas na zona dende hai anos.

Abandono

Na visita, os edís comprobaron de primeira man o estado de abandono en que se acha o núcleo mariñeiro, caracterizado pola falta de limpeza, de conservación, de mantemento. “Este é un dato moi importante. Alén de anunciar grandes proxectos, o Goberno Local non pode desatender as súas obrigas do día a día e converter As Xubias nun lugar esquecido e marxinado”, di o portavoz do BNG, que se comprometeu “a levar as súas demandas e necesidades ao Pleno”.

Máis novas

A veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan alegacións ao convenio de Ginko

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

A superficie do actual parque municipal de Bombeiros verase ampliada

0

O Concello ampliará a superficie do parque municipal de Bombeiros, segundo o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local, no Palacio Municipal de María Pita. Nela, deuse luz verde ao proxecto de ordenanza fiscal reguladora das contribucións especiais para ampliar o servizo de extinción de incendios que, neste exercicio anual, inclúe unha partida de 1,2 millóns de euros.

O obxectivo, sinala o goberno local, é mellorar os equipamentos do equipo de profesionais do parque municipal de Bombeiros. Para iso, o consistorio adquirirá unha parcela próxima ao parque municipal de Agrela para incrementar a superficie. Ademais, este mércores deuse luz verde á saída a concurso das obras correspondentes á segunda fase de reparación, reposición da climatización e illamento nas instalacións da Fundación Luís Seoane.

Serán máis de 40 persoas as que testificarán no xuízo polo crime de Samuel Luiz

0

Máis de 40 persoas testificarán no xuízo polo crime de Samuel Luiz, o mozo de 24 anos que faleceu na madrugada do 3 de xullo de 2021 tras recibir unha malleira no paseo marítimo de Coruña. Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao detallar como se celebrará e a súa duración.

Será entre o 16 de outubro e o 18 de novembro na Audiencia Provincial da Coruña, segundo comunicou xa con anterioridade a maxistrada presidenta nun auto. Aos membros do xurado popular, cuxa selección se realizará o día 15, exporánselle 87 cuestións ás que deberán dar resposta.

A elas, súmanse outro sete sobre o grao de execución do delito e a participación do cinco acusados. Outros dous menores no momento dos feitos xa foron condenados.

O xuízo, con sesións que comezarán ás 9.45 horas e que se celebrarán, durante ese período, todos os días, de luns a venres, en horario de mañá, comezará cos informes e cuestións previas o día 16.

O 17 de outubro declararán dous do cinco acusados, A.M.R. e C.S.B, a única muller que sentará no banco dos procesados. O inicio das testificales será tamén ese día con dous amigos da vítima presentes no lugar e os cidadáns senegaleses que trataron de auxiliar a Samuel.

Logo continuará o xuízo con testificales e outras probas ata que o 14 de novembro teña lugar a declaración do tres acusados que optaron por facelo ao final: D.M.M., A.F.G e K.A.S.C. O día 15 de novembro terá lugar a lectura dos informes finais con posibilidade de tomar a última palabra os acusados e logo comezará o proceso para o veredicto.

VEREDICTO

O xurado popular decidirá se os feitos descritos constitúen un delito de asasinato, como sosteñen as acusacións, ademais dun posible delito de roubo con violencia pola presunta subtracción do móbil da vítima que se atribuíu na investigación a un dos acusados.

En canto ás circunstancias agravantes, deberá determinar se dúas dos acusados (D.M.M. e C.S.B.) executaron os feitos relatados “por causa da súa animadversión cara á orientación sexual homosexual que lle atribuíron á vítima”, recolle o auto da maxistrada.

E é que no seu caso, xunto ao delito de asasinato con aleivosía e ensañamiento que se pide para todos — a un dos procesados súmaselle tamén o delito de roubo do móbil de Samuel–, impútaselles a agravante de discriminación por condición sexual.

Xunto ás defensas, no xuízo están personadas a familia e a acusación popular, exercida polo colectivo LGTBI Ás Coruña, ademais de Fiscalía, que solicita 25 anos de prisión para os dous primeiros procesados e 22 anos para os outros tres por delito de asasinato. Para un dos acusados, solicita tamén cinco anos de prisión polo delito de roubo con violencia, polo que para el as penas suman 27 anos de cárcere.

Como circunstancias eximentes e/ou atenuantes, a maxistrada presidenta sinalou no seu auto que ha de establecerse, a través das probas presentadas na vista, se tres dos procesados, debido á previa inxesta de bebidas alcohólicas ou de drogas, atopábanse en estado de intoxicación, dando lugar “a algunha situación de alteración, diminución ou eliminación da súa capacidade para formar a súa vontade e comprender o alcance dos seus actos”.

O coitelo do coruñés Borja Canedo leva un dos premios do Certame “Antonio Fraguas Fraguas” de artesanía

0

Borja Canedo, A Coruña 1996, leva dende os dezaseis anos e paralelamente á súa formación, adicándose como afeccionado a traballos de forxa e coitelería. Fixo carpintería, soldadura e mesmo xoiaría, pero a súa paixón é a forxa, como conta nunha entrevista da revista Pincha. Foi armando un pequeno taller na casa, e acabou especializado na coitelería, sendo xa requerido por grandes chefs do país como Pepe Solla, unha vez que se foi gañando espazo gracias, en parte, a súa participación na Fundación pública de Artesanía de Galicia.

Hoxe está de noraboa, xa que a Deputación da Coruña vén de fallar os XV premios Antonio Fraguas de Artesanía que nesta XV edición. O seu  “Coitelo de cociña Damasco” levou o premio en categoría tradicional, mentres que unha Nasa de marroquinería feita a man de Ezequiel Franchil Gil, de Ribadeo, levou o premio na modalidade ‘contemporánea’.

O Coitelo de Damasco de Borja Canedo
O Coitelo de Damasco de Borja Canedo

Do Coitelo de Damasco, o xurado, formado por Elena Bangueses Buceta, Idoia Cuesta, Lidia Nieves Domínguez, Elena Ferro e Jorge Eiroa, e presidido pola deputada de cultura, Natividade González, salienta “a complexidade da súa técnica, o dominio do oficio, o uso dos distintos materiais (madeira e ferro), a complexidade do proceso de elaboración e a estética final da peza”. Destacan que foi feito con forxa tradicional aplicada á coitelaría, soldeo a calda mediante forxa, vaciado e pulido manual.

Agora, seleccionáronse 30 obras de todas as propostas presentadas ao certame, que formarán parte dunha exposición itinerante que se desenvolverá proximamente.

 

Chega a sétima edición do encontro cultural de creación sonora ‘Modulartec’

0

A Coruña acollerá a sétima edición do encontro cultural orientado á creación sonora ‘Modulartec’, segundo informou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. A programación inclúe unha ampla oferta de concertos, conferencias, obradoiros e actuacións en directo, asociadas á música creada mediante a síntese modular.

A presentación da programación desta nova edición tivo lugar na Fundación Luís Seoane, unha das localizacións deste encontro cultural, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro. Ademais da propia Fundación Luís Seoane, a iniciativa contará coa colaboración da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses.

A borrasca Aitor achégase dende o Atlántico

0

Treme a cidade ante a chegada da primeira borrasca do outono. Aitor chega con abundante humidade e deixará numerosas chuvais, ademais de forte vento e ondas na provincia da Coruña, que levarñan a peor parte de todo o estado con avisos en nivel laranxa por precipitacións, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

O peor chegará a partir do mediodía, segundo Meteogalicia, cando os refachos de vento poderían chegar aos 90km/h.

Buscan ao autor dunha agresión con arma branca a un septuaxenario en Sada

0

Garda Civil busca ao autor da agresión con arma branca a un home no municipio de Sada (A Coruña) cando se atopaba nunha leira. Fontes da Benemérita explicaron a Europa Press que, sobre as 17.53 horas do martes, recibiron o aviso da citada agresión no lugar de Mandín.

Trasladadas as patrullas ao lugar, comprobouse a veracidade do aviso e trasladouse o caso á Policía Xudicial, que se fixo cargo da investigación. O ferido, un septuaxenario, foi trasladado ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac). No entanto, a pesar das lesións, non se temeu pola súa vida, precisaron desde a Garda Civil sobre o estado do mesmo.

BREO, a nova banda revelación do folk galego, prepara o seu primeiro disco

0

Con base de operacións en Arteixo, o grupo revelación do folk en Galicia, BREO, prepara xa o lanzamento do seu primeiro disco. ‘Máis Alá’ sairá en todas as prataformas dixitais o vindeiro mércores 9 de outubro, con 10 temas, baseados na relevancia do misticismo, os costumes e as lendas galegas.

O nome do grupo está inspirado nunha deidade celta chamada ‘Berobreo’, gardián de almas e encargado de transportalas ‘ao máis ala’, o cal ten un santuario no alto do Monte do Facho (Donón, Cangas do Morrazo), unha das míticas finisterras atlánticas.

BREO está formado por Sandra Novais Meireles (voz, teclado e pandeireta, natural de Guimarães pero residente en Cedeira), Samuel Lafuente Carballeda (violín, natural da Coruña), Rubén Gómez Castro (guitarras, natural de Ferrol), Migui Ocampo (bodhran, percusións e programacións, natural da Coruña) e Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira, acordeón diatónico e gaita, natural da Coruña e fillo do mítico membro de Luar na Lubre).

Para este traballo, gravado en Estudios Bruar, a nova formación galega contou con diferentes colaboracións musicais, como o cantante Sabu l’Aviseu (en ‘Canto Raibas’), Marta Chello (en ‘María ‘A Meiga’) e a banda da A. C. Triskell de Arteixo (en ‘Os Lombois’).

A xira de presentación en Galicia ten datas confirmadas na Sala Garufa Club de A Coruña (12 de outubro) na Casa das Crechas en Santiago de Compostela (26 de outubro).

Máis novas

A Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido

O Consello de Ministros aproba un acordo sobre o acceso ao porto exterior da Coruña e a súa conexión coa AG-55

0

Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se autorizan os límites e modifícanse o número de anualidades para adquirir compromisos de gasto con cargo a exercicios futuro co obxectivo de que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable poida subscribir un convenio para o uso do acceso ao porto exterior da Coruña e a súa conexión coa autoestrada autonómica A Coruña-Carballo.

O Executivo central, que realizou a obra de acceso ao porto exterior da Coruña (AC-15) que enlaza coa autoestrada de peaxe A Coruña-Carballo (AG-55), engade que “a conexión entre ambas as vías prodúcese mediante unha ligazón para uso exclusivo do tráfico portuario que non pasa por ningunha estación de peaxe da AG-55, polo que os movementos con orixe ou destino no porto exterior non abonan a peaxe do percorrido efectuado pola devandita autoestrada”.

En consecuencia, para manter o equilibrio económico financeiro da concesión de Autoestradas, requírese, sinala, subscribir un convenio entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a Xunta de Galicia e a sociedade concesionaria para regular a compensación pola mencionada exención do pago de peaxe. Devandito convenio establece unha duración de catro anos e contempla pagos trimestrais a Autoestradas como compensación polo tráfico que utiliza a autoestrada AG-55 pola conexión ao Porto da Coruña.

No que se refire a o financiamento, a achega do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable realizarase con cargo á aplicación orzamentaria “para compensar á sociedade concesionaria da autoestrada A Coruña-Carballo pola peaxe dos vehículos que utilizan o acceso ao porto da Coruña, segundo convenio”. A entrada en vigor do mesmo está prevista para o 1 de decembro de 2024.

Os Castros maridan a música tradicional tamén co reggae nas Festas da Merce

0

Tempo de fusións vivimos na música galega contemporánea. Ás bandas que maridan o rock, o punk ou a electrónica coa música das nosas raíces, temos que sumar xa aos colectivos que traballan en clave de reggae. Así o comprobaremos este venres 27 nos Castros, onde a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros preparan as festas da Mercé en clave dub.

A rúa Monte das Moas acollerá unha xornada de baile de 18:00h a 0:00h. Abrirán Dub in Soul, un colectivo de mulleres galegas formado por Nere e Noe, dúas selectoras e amantes do reggae e da cultura soundsystem.
Estará tamén Ras Oskar, veteranos vocalista de Bush Doctors, a primeira banda galega de reggae, e actual vocalista en Aum Reggae, que fará das Moas o Xamaica herculino.

Tamén soará I Gardo SingJay, coruñés afincado en Compostela, e membro fundador de delirium soundsystem e A Coruña dub club. Ttodo isto será sonorizado por Delirium Soundsystem cos seus tres subgraves artesanais, para reproducir as vibracións da música reggae no barrio dos Castros.

Festas da Merced en reagge nos Castroz
Festas da Merced en reagge nos Castroz

Memoria

A xornada servirá tamén para rmanter vivo o proxecto “Memoria emocional do barrio: Recuperemos as nosas tradicións”.

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira