Inicio Blog Páxina 355

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

0

As mulleres de Carral, Cambre, Oleiros, Sada e A Coruña, que acoden ao Centro de Orientación Familiar de Orillamar, levan moito tempo sen poder falar coa psicóloga clínica. Un servizo que depende do Concello da Coruña, pero a pesar das queixas das traballadoras e do BNG no pleno, segue sen ser cuberto, creando unha desigualdade coas mulleres dependentes do COF do Ventorrillo, onde si contan co servizo.

O espazo sanitario, fundamental para promover a saúde afectivo-sexual, traballar na prevención de embarazos non desexados, e axudar a solventar conflitos familiares, continúa ademais sen ter as dúas prazas de xinecoloxía cubertas a tempo completo, das que este servizo debe, estatutariamente, estar dotado.

Hoxe volve denunciar a situación o BNG, que xa levou o asunto a pleno e mesmo ao Parlamento Galego, onde o goberno limitouse a responder que no COF “todas as prazas de persoal sanitario do SERGAS están actualmente cubertas con persoal estatutario”.

Unha mentira, segundo denuncia o BNG despois de reunirse coas profesionais do centro de Monte Alto, que xa o centro só dispón dunha praza fixa desde 2020, a outra -que tamén debería ser permanente- só se cobre “en momentos puntuais e intermitentes”.

COF Orillamar

Lista de agarda

A consecuencia desta falta de cobertura das prazas asignadas a este centro é “unha listaxe de agarda dunhas 300 persoas, entre as que hai mulleres que interromperon voluntariamente o seu embarazo e precisan revisións”, remarca Queixas.
A carencia de persoal orixina tamén “a imposibilidade de programar citas para atender a saúde sexual e reprodutiva das pacientes”, e provoca listas de agarda de ata 3 meses.

Desperfectos

As profesionais denuncian ademais que “a calidade na atención médica dos dous COF da Coruña leva anos sufrindo recortes de persoal e desatención por parte da Xunta”; así como os desperfectos que sofre o centro, xa que despois dunha inundación as portas non pechan e as profesionais teñen que pasar consulta cun paragüeiro suxeitando a porta, o que, dende longo, non favorece a intimidade nin a confidencialidade necesaria para estes asuntos.

Desperfectos no COF de Orillamar
Desperfectos no COF de Orillamar

Máis novas

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

 

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

0

Denunciaba ASCEGA a comezo de ano o recorte nas axudas para a instalación de ascensores, unhas axudas clave en materia de accesibilidade. Dos 2,6 millóns de euros destinados en 2014, pasouse ao 1,45 en 2022, e ao millón xustiño en 2024.

Pero é que máis alá do recorte, o Concello deixou sen gastar 2 de cada 3 euros orzamentados en 2023 para instalar ascensores, segundo denuncia o ao analizar a a liquidación levada ao pasado Pleno. O goberno só empregou 990.000 euros de 1.450.000 euros, e xeito que a á non execución do 68% do orzamento de 2023 nestas subvencións, súmase o recorte do 31% neste último curso.

Ás preguntas dos populares, o goberno municipal recoñece que das 199 solicitudes de subvención recibidas en 2023 (o prazo remataba en 2023), concedeu 52 e denegou máis das aprobadas, 63, quedando 84 sen resolver a pesar de que se rematou o prazo.

“É unha situación que sofren moitos barrios con edificios antigos e persoas con escasos recursos e estas subvencións son fundamentais para garantir a autonomía das persoas maiores, con mobilidade reducida ou con discapacidade”, alerta o edil popular Miguel Lorenzo.

Máis novas

ASCEGA envía unha carta aberta á alcaldesa sobre os recortes nas axudas dos ascensores

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

Collen a un menor conducindo bebido co seu pai á súa beira

0

Axentes da Policía Local detectaron na Coruña a un menor ao volante dun vehículo sen seguro no que tamén ía o seu pai, que, como o primeiro, deu positivo en alcol. Así o informaron fontes municipais consultadas por Europa Press que precisaron que os feitos se produciron sobre o oito da mañá do pasado domingo.

Nese momento, unha patrulla deu o alto a un coche nun control preventivo na avenida do Porto. Entón, constatouse que ao volante ía un menor de 17 anos, que non tiña carné dada a súa idade, e que deu positivo. Á beira, ía o seu pai, que tamén deu positivo na proba da taxa de alcoholemia. Ademais comprobouse que o coche carecía do seguro en vigor.

Ao menor, impútaselle un delito contra a seguridade viaria e ao seu pai como cooperador necesario do mesmo, precisaron as fontes consultadas.

O Rosalía acolle este mércoresun recital poético-musical por Luísa Villalta

0

Este mércores 25 de setembro, ás 19:30 horas, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle un recital poético-musical organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar a vixencia da figura de Luísa Villalta cun recital poético-musical, vinte anos despois do seu pasamento.

O acto, conducido por Cesáreo Sánchez Iglesias e Beatriz Maceda, contará coas interpretacións musicais de Florian Vlashi e César Morán, e lerán textos da autora herculina
Ana Romaní, Antía Otero, Daniel Asorey, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Henrique Rabuñal, Marga do Val, Marica Campo, Marta Dacosta, Miro Villar e Pilar García Negro.

A AELG quere seguir deixando patente neste ano no que as Letras Galegas está adicada á creadora coruñesa, que “Luísa Villalta constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical coma no literario; a súa obra abarca todos os xéneros (poesía, teatro, novela e ensaio literario) sempre dende unha perspectiva renovadora e orixina”. Lembran que “Luísa foi coñecida polo seu grande activismo cultural, que de xeito constante e desinteresado levou a cabo en colaboración con diversas asociacións culturais, colectivos e proxectos de diversa índole”, entre as que destacan a súa participación no Consello Directivo da AELG durante varios anos.

 

A entrada será libre, até completar capacidade.

Restacando o río Mesoiro cunha limpeza

0

Aproveita a Asociación Semente Corunha a XVIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, para coordinar unha acción no río Mesoiro, soterrado na zona de Mesoiro e Martinete.

A cita será este domingo 29 de setembro e punto de encontro é o lugar de Someso 2 (fronte ao mesón Casa Canosa) ás 11:30.

Este ano participan na actividade promovida por ADEGA, centos de voluntarios a través de 56 concellos de toda Galicia, e máis de 70 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…).

Máis novas

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

O Castelo de San Antón celebra o seu aniversario con actividades

0

Este sábado 5 de outubro Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón celebra o seu 56º aniversario cunha xornada de portas abertas, con visitas guiadas e obradoiros tanto para nenos e nenas como para adultos.

As visitas realizaranse en tres horarios: ás 12:00, 18:00 e 22:00 horas, cunha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos. A actividade está dirixida ao público adulto e contará cun máximo de 25 prazas dispoñibles.

Ademais, os máis pequenos (nenos e nenas de 6 a 12 anos) poderán participar en dous obradoiros deseñados especificamente para eles.

  • “Da escavación ao museo”, (ás 11:45) sobre restauración de pezas arqueolóxicas
  • “Piratas á vista!” (ás 17:00 horas) onde a través da figura dos piratas e corsarios descubrirán a historia do comercio marítimo e a relación dos piratas coa cidade da Coruña.

Para o público adulto tamén haberá un obradoiro titulado “Iluminando Brigantium”, ás 19:30 horas.

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición abrirase o mércores 25 de setembro ás 10:00 horas.
Todas as actividades son gratuítas previa inscrición a través da web https://ticketing.coruna.gal.

Malasmadres chega este xoves á Coruña para reivindicar a importancia do autocuidado das proxenitoras

0

A xira Malasmadres On Tour chega este xoves, día 26, ao Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), ás 18.30 horas, para reivindicar a importancia do autocuidado das proxenitoras cunha “profunda reflexión” e “sentido do humor”.

Segundo informan os organizadores, o obxectivo deste evento é lanzar a mensaxe “clara” de que “coidarse non é un privilexio, senón un dereito de todas as nais”.

‘Malasmadres On Tour A Hora de Coidarse con DKV’, liderado por Laura Baena, conta con dúas expertas que lle acompañan durante toda a xira, a xornalista Cristina Villanueva e a psicóloga Silvia Congost.

As entradas para esta cita xa están dispoñibles e parte dos beneficios obtidos destinaranse a ‘O Teléfono eu cóidome’, o servizo de axuda psicolóxica que ofrece a Asociación Eu Non Renuncio do Club das Malasmadre, apunta a organización.

Tras o seu paso por Zaragoza, Madrid, Barcelona e a cidade herculina a xira continuará en Valencia, o próximo 16 de outubro, e Málaga, o 14 de novembro.

A Coruña acolle o arranque do I Congreso Internacional de Maiores LGTBI+

0

Este pasado sábado, tivo lugar na Coruña a inauguración do I Congreso Internacional de maiores LGTBI+, un encontro destinado a reunir a investigadores, académicos, profesionais da intervención, artistas, activistas e membros da comunidade para debater e intercambiar experiencias sobre o benestar e a calidade de vida das persoas maiores LGTBI+.

Este I Congreso, , organizado pola Fundación 26 de Decembro coa colaboración dos Ministerios de Dereitos Sociais e Igualdade, ten outras dúas sedes, Sitges e Madrid, que acollerán tres xornadas máis nas próximas semanas.

Nesta primeira xornada do Congreso presentouse unha instalación do artista Sergio Marey e a conferencia plenaria a cargo da escritora e activista Daniela Fernández centrouse nas disidencias de xénero na Galicia contemporánea.
Ademais houbo unha exposición de testemuños e experiencias de maiores LGTBI+ e unha mesa redonda sobre o proxecto “Academia de Geras”, co que a Fundación 26 de Decembro busca formar a persoas maiores de 50 anos LGTBIQ+ para mellorar o seu coñecemento sobre o proceso de envellecemento.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou como ex concelleira de Servizos Sociais, e subliñou que coa celebración deste primeiro encontro internacional, a cidade “asume a súa dobre posición de referencia tanto sobre a defensa dos dereitos das persoas LGTBI+ no noroeste da Península como nas políticas municipais para mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

Entran en funcionamento no CHUAC unha unidade de psicoxeriatría e outra para episodios de psicose en mozos

0

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) conta xa en funcionamento con dúas novas unidades de saúde mental: unha de psiquicoxeriatría, para maiores de 65 anos; e outra para mozos, de 18 a 40 anos, dedicada a tratar os primeiros episodios de psicoses. Tras a reunión semanal do Goberno galego celebrada este luns, o presidente, Alfonso Rueda, destacou a posta en marcha destas dúas unidades, o que permite avanzar no plan estratéxico de saúde mental 2020-2024 do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A unidade de psicoxeriatría entrou en funcionamento o pasado 16 de setembro no centro de saúde do Ventorrillo. Está formada por unha psiquiatra, unha psicologa clínica, unha enfermeira e unha traballadora social. Este equipo encárgase de atender a maiores de 65 anos con enfermidades mentais como trastornos afectivos, psicoses e demencias, entre outras. De feito, Rueda destacou que esta unidade está destinada a atender casos “de alta complexidade”, ben pola propia patoloxía ou ben pola coexistencia con outras enfermidades ou co abuso de sustancias que incrementen o risco de suicidio.

En canto á outra, destinada a mozas de 18 a 40 anos que tivesen un primeiro episodio de psicose e que estea dentro dos tres primeiros anos de evolución, empezou a súa actividade este luns e está situada no Hospital Abente e Lago. Traballan nela unha psiquiatra, unha psicóloga clínica e unha enfermeira. O presidente da Xunta explicou que, polo xeral, o primeiro episodio psicótico xorde entre os 15 e os 30 anos. De feito, calcúlase que na área sanitaria da Coruña xorden uns 100 novos casos ao ano.

SERVIZO DE LOXÍSTICA NA ÁREA DA CORUÑA

Así mesmo, o Goberno galego autorizou este luns a licitación dos servizos de loxística xeral da área sanitaria da Coruña-Cee durante tres anos, por un importe de case 4,3 millóns de euros. En concreto, este novo procedemento buscará garantir as condicións óptimas de recollida, traslado, custodia e entrega de diverso material como mínimo ata 2027, aínda que se prevé a posibilidade de amplialo ata 2029.

UN SERGAS MÁIS SUSTENTABLE

Por outra banda, a reunión semanal do Executivo autonómico autorizou a firma entre as consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade para traballar de maneira conxunta durante os próximos dous anos co obxectivo de avanzar cara a un sistema sanitario galego máis sustentable e neutro en emisións. Este plan, que terá vixencia de dous anos prorrogable por outros dous, engloba liñas de investigación, estudos de viabilidade ou de impacto da implantación de medidas, así como a realización práctica de mecanismos concretos no ámbito da sustentabilidade.

Dentro das liñas de traballo específicas, figuran un asesoramento que prestará Meteogalicia para tomar decisións nas instalacións sanitarias en base a elementos climatolóxicos de cada zona; un inventario de emisións e a posta en marcha dun proxecto piloto con puntos de recarga sustentable de dispositivos electrónicos dotados con bicicletas eléctricas naqueles centros de saúde e hospitais que propoña Sanidade. Ademais, ambas as consellerías colaborarán para formar aos profesionais sanitarios en materia de clima e saúde, para elaborar un manual de comunicación e para organizar conferencias e eventos temáticos sobre sustentabilidade.

Moito castigo para tan poucos erros

  • Xornada 6: Deportivo 0 – 2 Burgos CF
  • Comezo irregular dun Depor que lle está a costar adaptarse ao fútbol da Segunda División.
  • Sexto partido no que vai de tempada   (1V 1E 4D).

— — —

Está o Dépor a recibir tódolos paos xuntos neste comezo de tempada. A verdade é que é moi cedo para poñerse nervioso ou para querer botar ao adestrador, aínda que lle pregunten a Óscar Cano por esta paciencia a ver que opina. Máis aló de resultados e clasificacións, si hai algúns puntos que será mellor arranxar canto antes.

O Depor é un equipo en construción no que hai que xuntar dez novas pezas que chegaron no verán é que aínda téñense que adaptar as formas de traballo de Idiakez,  aos compañeiros, á cidade, ao idioma. Moito troco e moitas rutinas que gañar para comezar a pensar en maiores logros. A verdade é que o peche do mercado aflorou fichaxes de certo nivel para a 2ª División e que confirmaron con ese dato envelenado de terceira maior capacidade de gasto da competición por parte do Depor. Igual algún xa cre que non estar de líder agora mesmo marca o fracaso do que será esta tempada. Hai pezas e hai unha forma de traballar que xa deu resultado na tempada pasada, só ten que haber a paciencia do traballo e o acerto chegará.

Os encontros xogados ata o de agora entregan certa tranquilidade ás cabezas dos afeccionados, pois aínda que os números non son bos, as sensacións e o comportamento do equipo si acadaron o nivel esperado. As derrotas ante Oviedo, Huesca e Burgos foron marcadas por erros moi puntuais e os balances dos partidos amosaron moita maior creación de xogadas e ocasión co rival. Pero, coma isto vai de acertar, o Depor cometeu erros abraiantes en momentos claves dos encontros, case sen tempo para á reacción.

Hai unha cousa clara nesta competición que é a 2ª División: a igualdade é máxima entre os equipos e a regularidade é básica para manter opcións ao o que queiras lograr en cada momento. Na situación de adaptación na que está inmerso o Depor agora mesmo, tódolos puntos saben a gloria polo que non se pode regalar nada a ninguén. Esta competición e moi longa e resta moito por xogar, polo que todo o que vaias metendo no saco, benvido sexa.miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO