Inicio Blog Páxina 356

Moito castigo para tan poucos erros

  • Xornada 6: Deportivo 0 – 2 Burgos CF
  • Comezo irregular dun Depor que lle está a costar adaptarse ao fútbol da Segunda División.
  • Sexto partido no que vai de tempada   (1V 1E 4D).

— — —

Está o Dépor a recibir tódolos paos xuntos neste comezo de tempada. A verdade é que é moi cedo para poñerse nervioso ou para querer botar ao adestrador, aínda que lle pregunten a Óscar Cano por esta paciencia a ver que opina. Máis aló de resultados e clasificacións, si hai algúns puntos que será mellor arranxar canto antes.

O Depor é un equipo en construción no que hai que xuntar dez novas pezas que chegaron no verán é que aínda téñense que adaptar as formas de traballo de Idiakez,  aos compañeiros, á cidade, ao idioma. Moito troco e moitas rutinas que gañar para comezar a pensar en maiores logros. A verdade é que o peche do mercado aflorou fichaxes de certo nivel para a 2ª División e que confirmaron con ese dato envelenado de terceira maior capacidade de gasto da competición por parte do Depor. Igual algún xa cre que non estar de líder agora mesmo marca o fracaso do que será esta tempada. Hai pezas e hai unha forma de traballar que xa deu resultado na tempada pasada, só ten que haber a paciencia do traballo e o acerto chegará.

Os encontros xogados ata o de agora entregan certa tranquilidade ás cabezas dos afeccionados, pois aínda que os números non son bos, as sensacións e o comportamento do equipo si acadaron o nivel esperado. As derrotas ante Oviedo, Huesca e Burgos foron marcadas por erros moi puntuais e os balances dos partidos amosaron moita maior creación de xogadas e ocasión co rival. Pero, coma isto vai de acertar, o Depor cometeu erros abraiantes en momentos claves dos encontros, case sen tempo para á reacción.

Hai unha cousa clara nesta competición que é a 2ª División: a igualdade é máxima entre os equipos e a regularidade é básica para manter opcións ao o que queiras lograr en cada momento. Na situación de adaptación na que está inmerso o Depor agora mesmo, tódolos puntos saben a gloria polo que non se pode regalar nada a ninguén. Esta competición e moi longa e resta moito por xogar, polo que todo o que vaias metendo no saco, benvido sexa.miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

Viñetas desde o Atlántico ofertará esta semana na Coruña novas actividades centradas na inclusión

0

Esta semana, a 27 edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña, organizado polo concello herculino, regresa á cidade xunto con novas iniciativas no marco de ‘Viñetas Inclusivas’. A programación comezará este martes.

Desde o día 24 ata o 27 de setembro, ás 18.00 horas, terán lugar as visitas guiadas a cargo de Tonecho Otero, do Comité Cidadán Antisida da Coruña-Casco. Será tanto a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susana Martín, como da Expofanzine e a mostra bibliográfica dos Premios Castelao que se sitúan na sala de exposicións de Palexco.

Por outra banda, o mércores día 25, ás 18.30 horas, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga acollerá o taller interxeracional ‘Viñetas para todo o mundo’, en colaboración con Aspronaga e Dimacor, da man da xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida. O día 27 presentarase o fanzine ‘Nai dos desterrados’, na Biblioteca Municipal de Durán Loriga.

O delegado do Goberno reivindica a obra ‘O corpo de Cristo’ da coruñesa Bea Lema

0

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, reivindicou a obra ‘O corpo de Cristo’ da artista gráfica coruñesa Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024.

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A autora galega, acompañada da súa editora, Lucía Álvarez, mantivo este luns unha reunión na sede do organismo central co delegado e a subdelegada do Goberno na provincia coruñesa, María Rivas.

Pedro Branco felicitou a Bea Lema “por situar a voz das mulleres galegas na referencia cultural do noso país, con historias tan necesarias como a que relata ‘O Corpo de Cristo'”. Tamén subliñou o esforzo e o talento da artista, “un verdadeiro exemplo para as novas xeracións”, apostilou.

Por outra banda, o delegado do Goberno mostrou a colaboración entre o Executivo central e o Colexio de Médicos da Coruña “en defensa da sanidade en Galicia”.

Fíxoo durante unha reunión co presidente do Colexio de Médicos da provincia da Coruña, Luciano Vidán, que tamén é o xefe do servizo de Hospitalización a Domicilio e Coidados Paliativos da área sanitaria coruñesa.

Avance na regularizarización do polígono de Pocomaco

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a presidenta da xunta reitora da Comunidade de Propietarios do polígono de Pocomaco, Lucía López, asinaron, no Palacio Municipal de María Pita, o convenio que permitirá regularizar a situación do polígono máis de medio século despois da súa construción.

O acordo referenda así un asunto que xa foi aprobado anteriormente no pleno municipal co obxectivo de culminar o procedemento legal de cesión de espazos viarios, zonas verdes e espazos públicos.

Isto suporá, na práctica, que o consistorio asumirá o mantemento e mellora destes espazos do polígono e, a futuro, poderá executar investimentos públicos que axuden a modernizar Pocomaco, segundo o goberno local.

Ademais, ao subscribir o convenio, o concello pasará a asumir as tarefas de limpeza viaria e recollida de lixo nos viarios do citado polígono.

Nace a Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth para impulsar a mobilidade sustentable

0

Resonac Graphite Spain e a Universidade da Coruña (UDC) impulsan a mobilidade sustentable a través da Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth, cuxa constitución se asinou esta mañá no reitorado e que comezará a súa actividade este curso académico. O acordo regula a colaboración a longo prazo entre ambas as organizacións co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral mediante a creación desta unidade organizativa.

A Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth permitirá, ademais, a creación do Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética, LISTE-Resonac, así como o desenvolvemento de liñas de investigación conxunta sobre temas de interese para ambas as entidades e a cooperación para lograr proxectos de investigación no ámbito galego, español e europeo, informan.

Ademais, buscará promocionar posibles encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra. A creación do laboratorio permitirá acelerar a implantación de tecnoloxías que utilicen fontes limpas e renovables para a xeración, o almacenamento e a transformación de enerxía estudando a reacción dos compoñentes da célula en condicións operativas, explican. Como obxectivos estratéxicos da Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth, que dirixirá Israel Temprano, investigador do departamento de Química da Universidade de Cambridge, Reino Unido, destacan a atracción do talento, a investigación aplicada como camiño cara á sustentabilidade, a innovación e o desenvolvemento das persoas.

Tamén desenvolvemento de liñas de investigación multidisciplinaria para lograr proxectos no ámbito galego, español e europeo; transferencia de coñecemento universidade-empresa a través de proxectos de aprendizaxe-servizo e actividades divulgativas e o desenvolvemento e acceso ao talento universitario “tendendo pontes entre o ámbito académico e o empresarial”. Resonac Graphite Business Unit é a empresa líder mundial no seu sector especializada na fabricación de eléctrodos de grafito. Unha firma con centros de produción en Europa, América e Asia.

Remolcado o buque oceanográfico Ramón Margalef tras quedar á deriva fronte á costa coruñesa

0

O buque oceanográfico Ramón Margalef tivo que ser remolcado tras quedar á deriva fronte á costa da Coruña, segundo informaron a Europa Press desde Salvamento Marítimo.

En concretou, quedou á deriva ao quedarlle enredada unha rede de pesca na hélice. Este feito ocorreu a 33 millas do noroeste da costa coruñesa.

Sobre as 10.50 horas produciuse o aviso do remolque polo sucedido e ata o lugar desprazouse o buque de Salvamento Marítimo Sar Gavia.

O mesmo encargouse do remolque do barco para o seu traslado ata o porto coruñés, precisaron desde Salvamento Marítimo sobre o operativo.

Balón de osíxeno para o val de Barcia e o Monte Xalo

0

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo envía un comunicado sobre o auto da sala 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no que, en data 18 de xullo de 2024, acolle a solicitude desta Asociación suspendendo preventivamente a autorización administrativa e de execución das obras do parque eólico “As Encrobas”, situado maioritariamente no concello de Carral e, nunha pequena parte nos concellos de Ordenes e Cerceda.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

Cambre xesta novos talentos en ciencia

0

O Concello de Cambre e a Asociación XentD100 Despediron, organizaron durante a fin de semana a VII Open Science Unha feira feita por e para a mocidade, na que 500 novos científicos convertindo o Campo da Feira, no Parque da Igrexa e no CEIP Wenceslao
Fernández Flórez, nun auténtico laboratorio de ideas.

As codirectoras desta edición, Aroa Silva Pose e Paula Méndez Gómez, inauguraban a feira coa súa xa clásica claqueta, dando paso a unha xeira infinita de obradoiros, experimentos e charlas con varios mantras en común: “Prohibido non tocar!” e “Prohibido non copiar!”

Os postos informativos chegaron toda Galicia, pero doutras partes de España (Alxeciras, Cataluña, Valencia, Castela e León, País Vasco, Estremadura, etc.) e de países como Portugal, Turquia e México.

Entrega premios VII Open Science1

A xornada de peche foi cos premios cos que se recoñeceron as novas promesas da ciencia, no que ademais de valorar a posta. medio centenar de voluntarios do Open, ademais de poñen en valor a innovación da rapazada, quixeron agradecer o labor dos máis de 50 voluntarios e voluntarias que fixeron posible o evento.

Máis de 7.000 mulleres participaron nunha carreira solidaria e reivindicativa

0

La Carrera da Muller Central Leiteira Asturiana da Coruña, que celebrou a súa undécima edición, congregou este domingo nas rúas da cidade galega a máis de 7.000 participantes, que completaron os máis de seis quilómetros de percorrido nunha xornada deportiva, solidaria e reivindicativa do papel da muller no mundo do deporte.

Na saída rendeuse un emotivo tributo a Sofía Toro, ouro olímpico en Londres 2012 e campioa do mundo de vela. Tras a carreira con saída e meta na Avenida de Buenos Aires, en Riazor, a ‘Marea Rosa’ sumouse tamén ao festival de fitness e aeróbic dunha hora de duración na zona de postmeta.

No deportivo, a vitoria foi para a corredora catalá Laia González, do equipo Oysho, cun tempo de 24:48, que consegue así o seu primeiro triunfo no circuíto nacional tras o seu terceiro posto na Carreira da Muller de Sevilla en 2023 e na de Xixón neste ano.

González avantaxou en meta por só 10 segundos á segunda clasificada, Lara Solsona, do equipo ‘Mulleres Sas’ e que xa foi terceira nesta mesma meta en 2023. Irati Lorza, compañeira do equipo Oysho de Laia e que foi cuarta en Vitoria-Gasteiz, subiuse ao podio cun terceiro posto moi pelexado (25:02) coa súa tamén compañeira de club Inés Papín, que é unha das mulleres que máis veces participou na Carreira da Muller Central Leiteira Asturiana da Coruña. Nerea Sánchez, cun tempo de 25:15, pechou o ‘Top 5’.

A cita celebra este ano dúas décadas, un tempo no que animou a case un millón e medio de mulleres de toda España a facer deporte nas 151 carreiras celebradas desde aquela primeira edición. Os obxectivos son incorporar á muller á práctica da carreira a pé e o exercicio físico; reivindicar o seu papel no mundo do deporte; e loitar contra o cancro, especialmente o de mama.

A proba sempre recadou fondos para promover a investigación do cancro e concienciar sobre a importancia da súa prevención anticipada, así como combater a violencia de xénero e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos. En total, a cifra doada nos 19 anos anteriores ascendeu 1.779.277 euros, que se destinaron no seu maior parte á Asociación Española Contra o Cancro e a todo tipo de proxectos solidarios e científicos, fundacións e ONG’s.

Ao finalizar o circuíto realizarase unha achega á Asociación Española Contra o Cancro de 80.000 euros e nesta edición 2024 tamén se farán doazóns de 1.000 euros a Wanawake Muller, que loita contra a mutilación xenital feminina e outras formas de violencia cara ás mulleres; Fundación GEICAM, líderes en investigación en cancro de mama; a Asociación Clara Campoamor que defende os dereitos da muller en todos os ámbitos; e Intravenus, a Asociación de creadoras para dar visibilidade e apoio ás mulleres en procesos de cancro.

Ademais, na Coruña houbo 50 dorsais dispoñibles totalmente solidarios a favor da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, unha entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade. As participantes tamén poden colaborar, dentro da campaña +SOLIDARIAS, con Bolboretas A Coruña, unha asociación sen ánimo de lucro, deportiva e cultural, formada por persoas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade. É a primeira asociación de Dragon Boat de Galicia.

En 2024, a Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico está presente tamén en todas as cidades do circuíto nacional. O movemento #laMquefalta, posto en marcha pola Alianza Daiichi Sankyo | AstraZeneca e a Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico (ACMM), chama á acción de cidadáns, empresas e institucións para visibilizar o estadio metastásico do cancro de mama e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade. A conversación sobre cancro de mama está incompleta senón fálase de metástasis, e actualmente é pouco coñecida pola poboación. Con este movemento quérese incidir especialmente nas peculiaridades, a abordaxe e as necesidades dos pacientes con cancro de mama metastásico que afecta cada ano a máis persoas no noso país.

O circuíto nacional da Carreira da Muller Central Leiteira Asturiana 2024 conta co patrocinio principal de Central Leiteira Asturiana, Oysho e Banco Santander, xunto aTotalEnergies e Marlene, Volvo é o vehículo oficial do circuíto, coa colaboración de Druni, Nestlé Fitness e Daiichi-Sankyo Astrazeneca. Os patrocinadores locais son Termaria Casa da auga, Fundación San Rafael, Northius, Nordés Ancín, A Piadina, La Voz de Galicia e Gadis, co apoio do Concello da Coruña.

Institucións Penitenciarias recoñeceu o papel da Fundación Érguete polo Día da Mercé

0

O Centro de Inserción Social da Coruña acollía esta mañá a celebración polo Día da Mercé. Un día, sen internos (as persoas en réxime de semiliberdade que transitan na súa condena polo terceiro grao poden volver a casa cada venres), para celebrar a patroa das Insitucións Penitenciarias, que a Secretaría Xeral e o Ministerio aproveita para premiar a funcionarios, e nalgún caso, ás entidades sociais que traballan arredor do CIS.

En presenza da subdelegada do Goberno María Rivas e a presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías (cómpre lembrar que o CIS leva o nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago, primeira presidenta da Fundación), abriu a xornada a directora do Centro, Carla García, que destacou no seu discurso a primeira foto do evento, con 3 mulleres sentadas en postos de responsabilidade. “Se Concepción Arenal levantará a cabeza estaría orgullosa”, sinalou, dando exemplos de como as mulleres segue botando abaixo teitos de cristal (puxo como exemplos a primeira presidenta do Tribunal Supremo, María Isabel Perelló; ou a primeira árbitra da 1ª División, Marta Huerta).
Pero non esqueceu o repunte de casos de violencia machista que sufrimos neses meses, apelando á sororidade entre mulleres e na responsabilidade das administracións para que “o que agora é un fito histórico sexa algo evidente para os nosos fillos e fillas”.

Dia da Merce no CIS Coruna
Pilar Romero Vázquez-Gulías, María Rivas e Carla García na mesa do Día da Mercé, no evento presentado pola tamén recoñecida Cristina Remeseiro Cao

García parabenizou aos premiados na xornada, en boa medida aos funcionarios que reciben a Medalla de Bronce ao Mérito Penitenciario. Pero sobre todo destacou o papel das profesionais Rosaura Romo e Ana Suárez, da Fundación Érguete, “por crer no voso traballo e polo o acompañamento que facedes que fai crecer o proceso de reinserción que ten que fomentar esta institución”.

Rosaura Romo e Ana Suarez tecnicas de Erguete reconecidas
Rosaura Romo e Ana Suárez coas súas medallas

A Subdelegada do goberno Maria Rivas destacou fixo un repaso lexislativo, deixando claro queda “moito traballo por facer, despois de 45 anos de traballo penitenciario dende a Lei de 1979”. Deu protagonismo ao “persoal de Institucións Penitenciarias”, neste día de recoñecementos internos, pero tamén destacou “o papel fundamental de apoio das empresas da contorna para atopar traballo a internos, que supón moito máis que un salario”.

A Subdelegada tamén puxo en valor, e destacou como exemplo de colaboración entre entidades o papel das técnicas de Érguete, que están detrás de proxectos fundamentais como Épico, ou o Eva, programas estatais que se desenvolven de xeito pioneiro nas prisións coruñesas coa colaboración intrínseca de Érguete.

Rivas non quixo esquecer a labor dos estamentos xudiciais e policiais “como eslabóns fundamentais da cadena de reinserción”, obviando, iso sí, a falta de comunicación interna entre ás tres institucións.

A xornada tamén deixou dúas mencións honoríficas a dous funcionarios Cristina Remeseiro Cao e Jose Enrique Robelo Sande, polos seus 25 anos de traxectoria profesional, ademais de dar un detalle polas xubilacións aos Jose Manuel Fdez Martínez, Jose Miguel Olmos Díaz, Jose Luis García Alonso.

Máis novas

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

De prisión, a activistas contra o lixo plástico