Inicio Blog Páxina 357

O porto da Coruña, entre os galegos que aumentan tráfico de mercadorías en agosto e con aumento de cruceiros

0

Os portos de interese xeral do Estado en Galicia aumentaron un 16,4% o tráfico de mercadorías en agosto en comparación co mesmo mes de 2023, cun volume de 2.818.168 toneladas, segundo os datos que publica o Ministerio de Transportes este luns.

No entanto, hai diferenzas entre os cinco portos de titularidade estatal. Por unha banda, aumentan os tráficos na Coruña (1.366.367 toneladas), Ferrol-San Cibrao (643.978 toneladas) e Vigo (398.880). Con todo, baixan en Marín-Ría de Pontevedra (301.363 toneladas) e Vilagarcía (107.580 toneladas).

No acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, o porto de Marín-Ría de Pontevedra lidera o crecemento relativo (+19,1%) na comparativa co mesmo período de 2023, cun total de 1.743.589 toneladas. Tamén soben en Vigo (+11,3%), con 3.578.490 toneladas, e A Coruña (+11%), con 10.086.439 toneladas, o de maior volume global.

En cambio, nos oito primeiros meses de 2024 esborrállanse as mercadorías un 21,2% en Ferrol-San Cibrao (4.690.537 toneladas) e tamén baixan en Vilagarcía (-7,4%), cun acumulado de 957.237 toneladas.

No tocante a cruceiros, o porto da Coruña experimenta un crecemento de pasaxeiros ata agosto do 35,2%, con 272.110 cruceristas. Contrasta co descenso do 6,3% de Vigo, que queda en 111.829 persoas.

Rexistra un auxe o turismo de cruceiros en Ferrol-San Cibrao ao anotarse 10.047 cruceristas, un 122,7% máis que un ano antes. Igualmente, repuntan un 31,9% en Vilagarcía e ascenden a 1.681 pasaxeiros. Ademais, en Marín-Ría de Pontevedra houbo 765 visitantes no que vai de ano, cando foron cero no mesmo período de 2023.

O estudantado universitario convoca unha folga polo dereito a unha vivenda digna

0

Segue a problemática da vivenda sendo a máis grave que afronta o noso país e a nosa cidade. O último colectivo en alzar a voz é o do estudantado universitario, que vén de convocar unha folga estudiantil por unha vivenda accesible. O vindeiro mércores 2 de outubro non irán ás aulas pero si ás concentracións convocadas polo colectivo Erguer como que se realizará no Obelisco ás 12:00h

O colectivo denuncia que o problema é consecuencia do “proceso capitalista de privatizar e mercantilizar elementos básicos como a vivenda”. Lamentan. “precariedade laboral” na que vive instalada a mocidade galega, e lamentan o encarecimento da vida en xeral, e concretamente dos pisos. Sinalan que en Galicia dende 2015 o prezo da vivenda subiu un 68%, pasando de 363€ a 533€, unhas cifras aínda por debaixo do que vivimos na cidade. Contan os estudantes que residen na Coruña que están chegando a pagar 500€ por unha habitación ou 750€ por infravivendas.

Ante esta situación piden tres propostas: máis residencias públicas (na Coruña apenas temos unha xestionada pola Deputación con pouco máis de 100 prazas), a regularizadión do prezos dos alugueres con políticas activas por parte das administracións, e a aposta definitiva pola vivenda pública, paralizada en todo o país durante décadas.

Máis novas

A veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan alegacións ao convenio de Ginko

0

Os colectivos veciñais da plataforma cívica Defensa do Común e a asociación Eumedre das Xubias, mantiveron onte unha reunión para estudar as posibles alegacións conxuntas ao convenio asinado entre o Concello da Coruña e a empresa Castro de Oza-Ginkgo para a urbanización das Xubias.

Ambas entidades considérano “improcedente” e solicitan o seu arquivo, pedindo ao mesmo tempo abrir un novo expediente cun “novo período de información pública pero garantindo a maior transparencia e participación con vistas a ordenar esa parte do último borde litoral en beneficio dos intereses veciñais e non dos dun fondo buitre como é Ginkgo Advisor”.

A Plataforma Cívica lanza unha clara mensaxe ao goberno municipal: “debería reflexionar sobre como o control do sistema financieiro e, desde fai anos, tamén dunha boa parte da economía real, descansa sobre unha complexa rede interconectada de diversos fondos de inversión e xestores de activos que someten ás sociedades a estos novos monarcas absolutos. Señores feudais que mesmo son quenes de poñer firmes aos propios gobernos”, critica, deixando claro “o perigo que representan estos fondos parar rexer o curso das sociedades según seu propio e peculiar arbitrio, pero lonxe das necesidades máis inmediatas do conxunto da poboación”.

Falta de transparencia

A falta de transparencia é unha das claves das alegacións. “Pola sua tracendencia, a definición e transformacion da Fachada Maritima e do bordo litoral, no que se inclúe o ámbito da Ría do Burgo-As Xubias, ten que ser un proceso de participacion pública e dos diversos sectores interesados”, explican en referencia tamén á necesaria participación veciñal na definición da nova fachada marítma. “E contradictorio que precisamente no espazo mais sensible e delicado o Concello pretenda recurrir a un Fondo de Inversion, oculte informacion transcendental e coarte a informacion e participacion cidadá”.

Nese sentido sinalan que As Xubias forman parte da “fachada marítima” e que o seu proceso de urbanización debería estar incluído na Comisión aberta para tal fin. “ A Fachada Maritima da Cidade” , e dentro dela a API da Ría do Burgo, ten que ser diseñada coma un conxunto unitario dende o Dique de Abrigo a Ponte Pasaxe, sin poder segregar ou excluir terreos para ordenacións a medida e redactadas pola iniciativa privada”, entenden.

A entidade lembra que anteriormente houbo unha proposta da compañía Landcompany que tamén afecta á zona dos antigos asteleiros Valiña, onde se unha parte substabcial de edificabilidade e vivendas da API, pero que o Concello desbotou aplicando nuha clara mostra de “favoritismo” en favor de Castro de Oza.

Sobre as modificacións do PXOM

As alegacións tamén recollen os cambios do PXOM, entendendo que o PXOM de 2013 “non corresponde coas necesidades urbanisticas e socialis actuais do espazo, nin tampouco coas perspectivas centificas do cambio climatico e desenvolvemento sostible”. Lembran que en 2022 comezouse unha modificación puntual do PXOM co estudo de impacto ambiental da Xunta, pero que quedou paralizada sen ser levada a pleno, “sen ningun tipo de motivo ou explicacion, sin constar tampouco acordo da sua suspensión polo organo municipal correspondente. Esta Modificacion Puntual do 2022, era considera polo Concello o ponto de partida para un proceso posterior de participación pública e sempre baixo a iniciativa pública, e non dun fondo de inversion privada”. Avisa ademais que o convenio inclúe “xeneralidades e ambiguedades”, en temas tan importantes como a definición de alturas, ordenacion ou edificabilidade”.

ALEGACIÓNS DO PP, BNG E DEFENSA DO COMÚN

Os grupos municipais do PP e do BNG, así como a entidade Defensa do Común, presentaron, segundo informan, alegacións polo convenio subscrito polo consistorio coruñés co fondo de investimento Ginkgo para a urbanización das Xubias.

Desde Defensa do Común piden que non se ratifique e cualifícano de “improcedente” ao entender que, entre outras cuestións, dáse á empresa privada a iniciativa para a redacción e tramitación no relativo ao proceso urbanístico.

“Consideramos necesario que a intervención e modificacións urbanísticas, incluída a de formulación e redacción do plan, sexan atribuídas ao concello, evitanto así a interferencia de intereses creados ou especulativos“.

Pola súa banda, o BNG demanda, nas súas alegacións, que non se exclúan tres polígonos da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que rebaixa a edificabilidade en todo o ámbito e pide que se volva a pór o convenio a exposición pública.

O BNG tamén reclamou ao Goberno central que paralice o convenio asinado polo Concello da Coruña e o fondo de investimento Ginkgo para o desenvolvemento urbanístico do barrio das Xubias ante o impacto que terá na implantación das proximidades e a fachada marítima.

Á súa vez, o PP rexistrou as súas alegacións ao convenio para frear, indica, “o pelotazo” que, ao seu xuízo, supón. “Nas Xubias falamos de formas e de fondo, non nos gustan as formas, ocultando o convenio sen informar a veciños nin oposición, nin nos gusta o fondo porque se favorece a especulación dun fondo de Luxemburgo”.

 

 

Máis novas

O PP alegará o convenio das Xubias para “evitar o pelotazo”

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

Rivas esixe áxil resposta da Xunta ante as demandas dos mariscadores do Burgo

0

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, emprazou á Xunta a determinar “en que forma” concrétanse as axudas aos mariscadores da ría do Burgo, unha vez concluídas as obras de dragado e mentres non se poida faenar á espera de que creza a cría sementada.

Así o expuxo a preguntas dos xornalistas. Rivas manifestou que a situación “é exactamente a mesma”, dixo ao ser preguntada polas demandas do colectivo e nunha nova xornada de mobilización este venres.

Os mariscadores contan coa nosa interlocución e apoio manifestado claramente na última reunion que estiven con eles”, insistiu. Ademais, afirmou que lles trasladou a disposición do Goberno a “colaborar no financiamento desta nova fase de axudas na que se atopa a ría do Burgo”.

No entanto, engadiu que é a Xunta, por ter “a competencia”, quen debe “propor a solución”. Todo iso para “determinar en que forma e para que” se destinan as axudas.

A ONCE deixa en Cambre un premio de 3.000 euros

0

‘Mi día’ da ONCE deixou en Cambre un premio de 3.000 euros no sorteo deste mércores, día 18. O boleto foi vendido por Samuel López Rodríguez.

A Coruña será un dos epicentros da folga xeral en apoio ao pobo palestino

0

Presentaban onte os sindicatos CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina, a folga xeral convocada en apoio á loita do pobo palestino para o vindeiro 27 de setembro.

Unha xornada de loita en solidariedade co pobo palestino fronte á ocupación, o apartheid e o xenocidio sionista, que fai chamamento á clase traballadora e aos sindicatos galegos para que se sumen.

Os convocantes reivindican “a ruptura das relacións diplomáticas co Estado sionista, e a suspensión de acordos comerciais e académicos que benefician a dita entidade e a importancia de promover a campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións) como ferramenta de presión internacional non violenta a Israel”.

Durante a rolda de prensa, anunciáronse as seguintes manifestacións e concentracións previstas para o 27 de setembro en varias cidades galegas:

  • A Coruña: Manifestación ás 20h no Obelisco.
  • Compostela: Manifestación ás 12h na Praza Roxa e concentración ás 19h na Praza do Obradoiro.
  • Pontevedra: Manifestación ás 20h en Loureiro Crespo, fronte ao Hospital Provincial.
  • Vigo: Manifestación ás 19h fronte ao Marco.

Ademais, presentouse a Rede Galega pola Palestina, un espazo asembleario en construción, aberto a todas as persoas e colectivos galegos que desexen participar e que terá a súa vindeira xuntanza presencial o sábado 21 de setembro en Ourense, na Asociación Andén Primeiro nunha intensa xornada de actividades de 11h a 20h.

Máis novas

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

A UDC promoverá unha cátedra por Palestina e non participará en actos con entidades de Israel

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

Inés Rey reclama maior financiamento para as entidades locais nun congreso en Madrid

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo en valor o traballo dos concellos como administracións “pioneiras” na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadán. Fíxoo no IV Congreso RECI da Rede Española de Cidades Intelixentes, que tivo lugar en Madrid, durante a mesa de debate ‘Os retos das cidades no horizonte 2030-2050’. Nela, reclamou tamén máis financiamento para as entidades locais.

Segundo informa o consistorio, actualmente, esta rede está formada por máis de 144 municipios socios co obxectivo de abordar os retos dos municipios en materia tecnolóxica e de innovación. Neste sentido, a rexedora coruñesa reivindicou a administración local como “peza crave” no desenvolvemento tecnolóxico por proximidade á cidadanía xa que, na súa opinión, “non hai reto de futuro que non pase por pór no centro os municipios”. No mesmo tempo, Rey reclamou un maior financiamento das entidades locais, “imprescindibles dentro do conxunto do Estado” e denunciou “un déficit moi grande” entre os servizos que ofrecen as ciudadades e os recursos que lles asignan.

Falece un home tras caer ao mar nun coche no porto de Sada

0

Un home faleceu este xoves tras precipitarse ao mar no interior dun vehículo, no porto de Sada, segundo confirmou o CIAE 112 Galicia.

Os feitos ocorreron pasadas as 9,00 horas, cando varias chamadas a Emerxencias alertaban da presenza dun coche afundíndose no mar, no porto de Sada, e avisaban de que podería haber unha persoa no seu interior.

O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, bombeiros de Betanzos, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Sada.

Testemuñas que se atopaban pola zona confirmaron que había un home no interior do coche, que xa estaba afundido, polo que se despregou un dispositivo de rescate. Finalmente, un mergullador conseguiu liberar a esa persoa, un home de 76 anos, pero, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida.

O Hospital Materno Infantil incorpora un horto e xardín terapéutico

0

Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña incorporou un horto e un xardín terapéutico para nenos e nenas ingresados no centro hospitalario e que este xoves visitou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Fíxoo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e do xerente da área sanitaria, Luís Verde, ademais de representantes do Club de Leóns da Coruña e da Fundación Adcai, cuxa contribución económica fixo posible este proxecto. A iniciativa forma parte do marco da Estratexia de Humanización de Asistencia Sanitaria de face a mellorar as instalacións sanitarias, con espazos máis amables e minimizar o impacto negativo da hospitalización, expuxo o conselleiro.

‘NOVO CHUAC’: “ESTANSE EMPEZANDO A IMPULSAR” AS OBRAS

Noutra orde de cousas, e preguntado polas obras da ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña, o ‘Novo Chuac’, dixo que se están “empezando a impulsar” as obras. Na mesma liña, pronunciouse o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde, quen afirmou que se está traballando “ao cento por cento” coas actuacións na Torre Polivalente.