Inicio Blog Páxina 358

Aprobada a demolición do esqueleto do Martinete para comezos de 2025

0

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores 18 de setembro a adxudicación definitiva das obras de demolición do esqueleto urbanístico existente no barrio do Martinete á empresa Hércules Diggers S.L.

O esqueleto ocupa un soar dunha superficie de máis de 1.100 metros cadrados e co paso dos anos foi converténdose nun foco de insalubridade e maleza, entrañando tamén un risco para a seguridade das persoas pola súa progresiva deterioración. Dado que a propiedade non atendeu os requirimentos do Concello, e tras avaliar o estado do edificio, o Goberno municipal optou por recorrer á vía da execución subsidiaria de cara á súa demolición total.

A actuación conta cun investimento de máis de 773.000 euros e un prazo de catro meses para a súa execución polo que se completarán, previsiblemente, no primeiro trimestre de 2025.
Lembran dende o concello ademais que afrontan tamén a primeira fase de reurbanización da rúa Manuel Ferrol, arredor do residencial do Birloque.

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Condenan ao Concello de Coruña a pagar o servizo de xestión de augas residuais en dúas urbanizacións da Zapateira

0

A concesionaria da xestión de saneamento das augas residuais do Concello de Culleredo -Gestión y Técnicas del Agua S.A.-  estivo dende 2017 ata 2022 realizando as mesmas labores para os máis de 700 veciñ@a de dúas urbanizacións de Valaire e O Carón, situadas na Zapateira, no termo municipal da Coruña. E malia ter facturado os 760.375 euros polos servizos prestados, nunca recibira o pago das facturas.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “as correspondentes tarifas aprobadas cobrounas a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, sen que llas entregase despois á concesionaria, senón ao Concello da Coruña, que se lucrou indebidamente duns importes por uns servizos que non prestou e cuxas tarifas consentiu”.

Así, o TSXG vén de acoller en parte o recurso presentado pola empresa contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 3 da Coruña, e declara o dereito de Gestión y Técnicas del Agua S.A. a percibir eses 760.375 euros por parte do Concello coruñés.

Con todo, o auto tamén matiza que as facturas levan todas o mesmo importe a pesar de que deberían depender dos caudais das augas que se vertían. Por este motivo, segundo afirman na sentenza, “non se pode validar aquel importe carente da debida xustificación, pero tampouco se pode prestar aprobación, sen máis, aos importes que percibiu a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña e que logo entregou ao Concello da Coruña, pois a retribución a que a concesionaria tiña dereito era a que procedía polos servizos realmente prestados e non polos importes recadados (puido haber descubertos)”.
Por iso, explican que o acollemento do recurso (e da demanda) ten que ser parcial, “para declarar o dereito da concesionaria a que esa entidade local lle abone os importes tarifados que procedan polos servizos realmente prestados e medidos, incluídos os do primeiro trimestre do ano 2017, xa que non prescribiron”.

“Abonda con que vertan os inmobles daquelas urbanizacións as súas augas residuais á rede de saneamento do municipio de Culleredo para que a concesionaria que xestiona indirectamente tal servizo teña dereito a percibir a retribución pactada que ninguén impugnou, nin por ser indebida, nin por ser excesiva, e sen que a iso se opoña tampouco o feito de que esas augas discorran despois por outro termo municipal ata a depuradora, o que podería dar lugar a outro tipo de compensación que aquí non se pode examinar”, destaca o alto tribunal galego.

“Cumprir a lei”: Ángeles Vázquez demanda cambios na planta de tratamento de residuos de Nostián

0

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, instou ao Concello da Coruña a “cumprir a lei” en relación á planta de tratamento de residuos de Nostián, ante un modelo baseado actualmente no húmido-seco, ademais de reclamar a necesidade de implantar o quinto colector.

“Colaboramos con Nostián igual que co resto de sistemas, pero non podemos saltarnos a lei”, manifestou Vázquez para lembrar que existe “unha notificación ministerial que lle di que o sistema húmido-seco non ten cabida en Europa”.

Tiñan que implantar o quinto colector, ten que cumprirse esa planificación, é lei”, insistiu a titular de Medio Ambiente. “Volverémonos a sentar de novo”, avanzou, no entanto, ao ser preguntada pola citada planta de tratamento.

E é que sobre esta cuestión, e en declaracións aos xornalistas, apuntou que tanto o Consistorio herculino como o Consorcio dás Mariñas “non son alleos ao cumprimento da lei” e recalcou que “hai que implantar o quinto colector e facer a separación en orixe”.

“Corren o risco de non ter axudas de carácter ambiental”, apostilou a conselleira, que fixo estas afirmacións coincidindo coa súa presenza na inauguración do ‘I Foro técnico da Alianza Galega polo Clima’.

Mariscadores da ría do Burgo: “Deixaronnos tirados na rúa”

0

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a finalización das obras de dragado, á espera de que crezan as crías, nunha nova protesta con corte de tráfico na ponte da Pasaxe.

É un deixamento deixar aos traballadores tirados na rúa, sen poder traballar e sen ningún tipo de ingreso”, denunciou, en declaracións a Europa Press, o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir. Fíxoo tras lamentar que haxa convocada unha nova mesa de negociación o día 23 e que por parte do Goberno central “non fixesen manifestación ningunha para confirmar” a asistencia dalgún representante.

Non houbo resposta ningunha para reunirse connosco, están aferrados a non querer dar unha solución aos traballadores da ría do Burgo nin á propia Confraría”, lamentou en alusión ao Partido Socialista. “Se os traballadores non temos ingresos, a Confraría tampouco e pode abocar ao peche da entidade”, advertiu sobre esta problemática que afecta ás 74 familias que vivían do marisqueo da ría do Burgo e que, unha vez finalizadas as obras de dragado e acometida a sementeira, ata que poidan faenar deben esperar entre 18 e 24 meses.

“Os traballadores que non poden facer fronte aos pagos, pode carrexar débedas con Facenda e sufrir embargos”, apostilou. Ao mesmo tempo, Baldomir agradeceu “a deputados de distintos partidos políticos, omitindo ao PSOE” que se “comprometeron defender os intereses da Confraría e os intereses socioeconómicos da ría do Burgo”. Todo iso nunha mobilización que provocou retencións na avenida de Alfonso Molina, en dirección saída, sen maiores incidencias.

As peticións da rapazada para unha Coruña que pense neles: “Mellora dos parques, máis natureza e as boas relacións”

0

Esta pasada tarde de luns celebrouse no salón de plenos de María Pita unha sesión do Consello Local da Infancia da Coruña, no que participaron 22 rapaces e rapazas de primaria de 13 centros educativos da cidade. Os conselleiros e conselleiras participantes do pleno presentaron ao equipo de goberno as tres propostas escollidas entre as máis de 200 ideas xordidas dos encontros.

nenos e nenas de distintas escolas da cidade participan no Consello Local da Infancia / coruna.gal

Mellorar o deseño dos parques e espazos ao aire libre, conseguir unha cidade con máis natureza e mellorar as relacións entre o alumnado e o profesorado foron as tres medidas achegadas polo CLIAC ao Goberno Local no Pleno Infantil. Para elo realizaron un total de 21 encontros e actividadesentre os que destaca a asistencia a Encontro Galego de Consellos da Infancia no Carballiño, a visita ao Parlamento de Galicia e unha xornada de convivencia coas familias.

Rapazada participante no Consello Local da Infancia / Inés A.

A alcaldesa, Inés Rey,  comprometeuse a traballar nas necesidades expresadas polos pequenos.”As tres propostas que escollestes son moi necesarias e reflicten a vosa visión que dende hoxe mesmo facemos nosa”. Así mesmo, Rey trasladoulles o seu agradecemento por participar na iniciativa e por comprometerse coa cidade.

REPRESENTANTES DA INFANCIA

Nesta convocatoria participou rapazada de tres centrosCPR Karbo, alumno que pasou a IES SARDIÑEIRA;  CPR Sagrado Corazón;  CPR Salesianos San Juan Bosco; CPR Santo Domingo; CEIP Sal Lence; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP Manuel Murguía, alumno que pasa a IES Elviña; CPR CID; CEIP Víctor López Seoane;  CEIP Anxo da Garda; CEIP María Pita, 1 alumna que pasa ao IES Otero Pedrayo; CEIP San Pedro de Visma e CEIP San Francisco Javier, alumno que pasa a Maristas

O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

Alumnas presentan as súas propostas no Consello Local da Infancia / Inés A.

 

Os Manicómicos, gañadores do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

0

Son parte intrínseca do tecido cultural da cidade. Levan 20 anos formando parte das vidas de nen@s e maiores, sacándonos as risas e os sorrisos nas rúas e nos auditorios. Foi de feito a entidade pioneira en Galicia na visibilidade, recoñecento e axuda á profesionalización do “novo circo”, dignificando unha profesión que ata o comezo de século parecía de segunda.

Por iso, é unha alegría comprobar que a Asociación Cutural Manicómicos de A Coruña vén  de ser recibir un dos primeiros premios CIRCORED, promovidos pola Federación de Asociacións Profesionais de Circo do estado español, na categoría de “Boas prácticas”.

A Federación de Asociacións de Profesionais do Circo de España destaca o compromiso e coidado coas boas prácticas na programación de circo, desenvolvidas ao longo das 23 edicións do seu Festival Manicómicos. Estas inclúen, entre outros aspectos, a atención ás necesidades técnicas dos espectáculos, o acerto en programar cada evento nun lugar adecuado, a aposta por compañías emerxentes, ou a inclusión de procesos de mediación que involucren o entorno.
Os outros dous proxectos finalistas son MADn Circus Festival (Madrid) e Familia Circarte (Alicante).

O representante da asociación e director do seu Festival Manicómicos, Carlos Sante, estivo a Bilbao para recibir o galardón

 

Pena de 25 anos de cárcere é o que solicita a Fiscalía para o detido polo asasinato da súa parella en O Birloque

0

Fiscalía solicita unha pena de 25 anos de cárcere para o presunto autor do asasinato da súa parella no barrio coruñés de O Birloque en 2021, segundo recolle o escrito de cualificación ao que tivo acceso Europa Press.

Desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron, á súa vez, que o xuízo se celebrará do 14 de outubro ao 7 de novembro. Será con Tribunal do Xurado e nunha causa que estivo a cargo do Xulgado de Violencia sobre a Muller.

O acusado, natural da Coruña, e de 51 anos, e a muller, de 55 anos, convivían como parella desde xullo de 2021 nun piso propiedade desta na cidade herculina.

O Ministerio Público indica que, entre as 20.00 horas do 14 de setembro dese ano e a unha e media da madrugada do día seguinte, ambos mantiveron unha discusión no domicilio motivada pola decisión desta de terminar a relación sentimental, pedíndolle ao acusado que se marchase de casa.

O home, engade, “díxolle que se ía a arrepentir desta decisión, que non aceptou, desprezando a vontade da muller de pór fin á relación, e decidiu acabar coa vida” dela.

AGRESIÓN CUN COITELO

“A tal fin, entre as 18.00 e 19.00 horas do día 15, o acusado utilizando un coitelo de 20 centímetros de fío e catro centímetros de ancho, de forma sorpresiva e repentina, e por detrás, asestoulle un número non determinado de puñaladas”, engade.

O Ministerio Público apunta que na parte das costas deulle “mínimo dous”, ademais de recibir noutra zona do corpo “un mínimo de cinco”, destacando, ademais, a violencia das mesmas. De feito, incide, as puñaladas perforáronlle a aorta e provocaron un shock hipovolémico que lle causou a morte de forma inmediata á muller, sen que ela tivese, recalca, posibilidade de reacción ante o ataque. Ás dúas da madrugada, Urxencias Sanitarias 061 certificou a súa morte.

Ademais, o acusado, afirma Fiscalía, tras matala “con ánimo de obter diñeiro para fuxir” apoderouse “dunha cantidade comprendida entre 300/400 euros, que pertencían á recadación da Panadaría o Birloque, propiedade do pai da falecida, na que ela traballaba”. A vítima tenia dous fillos maiores de idade, convivindo un con ela. O acusado foi detido o 16 de setembro en Madrid onde fuxiu.

Fiscalía sostén que non tiña alteradas as súas capacidades cognitivo volitivas no momento da comisión dos feitos e considera os feitos constitutivos dun delito de asasinato, con aleivosía, polo que piden 25 anos de cárcere, e outro de furto, polo que reclama o pago dunha multa.

O procesado deberá indemnizar, en concepto de dano moral e prexuízos ao pai da falecida na cantidade de 20.000 euros e a cada un dos fillos na cantidade de 30.000 euros.

O PP alegará o convenio das Xubias para “evitar o pelotazo”

0

Trala negativa de BNG e PP no pleno, e vendo que a intención do goberno socialista é continuar adiante co proxecto, o grupo popular vén de anunciar que presentará alegacións (proxecto atópase en proceso de exposición pública) ao convenio urbanístico asinado polo Concello e o fondo de investimento Ginko para a urbanización das Xubias.

“Inés Rey di iso ata que se fixou nas Xubias ninguén lle fixo caso. Se mirar As Xubias é vender os fondos urbanísticos e a planificación a un fondo con sede en Luxemburgo e hipotecar o futuro da zona, era mellor mirar outro lado”, critica o voceiro do PP.

O PP, desta volta guía da responsabilidade urbanística, vai recorrer o convenio solicitando que se tramite a modificación do PXOM suspendida no seu momento, e que reduciría notablemente a edificabilidade.

O grupo popular, que critica que o goberno leve 2 anos negociando co fondo sen informa aos grupos da oposición, e puxo un dato singular: “Cada vez parece máis claro que foi un dos motivos da dimisión en 2022 de Juan Díaz Villoslada como concelleiro, logo de aprobar a suspensión de licenzas para reducir a edificabilidade que non ía ser aprobar”.

Ademais, o PP vai pedir a eliminación de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan Estratéxico municipal da remodelación da fachada marítima, unha vez que tamén é a asesora deste fondo que leva anos mercando terreos na zona afectada. “Non é ético nin estético que a Alcaldesa nomee directora dun plan estratéxico que incide no futuro da cidade cando é asesora é asesora do fondo.

Máis novas

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

A alcaldesa da Coruña disposta a falar co PP tras o veto do BNG ao plan urbanístico das Xubias

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

Preguntan polo retraso dos prazos do Mercado de Monte Alto

0

Ben é certo que as obras no Mercado Municipal de Monte Alto non paran dende abril de 2023. Cada día dende aquela hai traballadores visibles executando a potente obra de remodelación do mercado e da praza do corazón do barrio. Se cadra non son suficiencies.

O prazo de execución, que comezou en decembro de 2022, é de 26 meses polo que debería estar rematado en xaneiro de 2025. Porén, o Concello xa avisou en marzo deste ano que as obras non estarán rematadas antes de finais de 2025.

Obras no Mercado de Monte Alto a setembro 2024
Así están hoxe as obras

Así o denuncia o PP, que advirte do atraso dos traballos da reforma, unha vez que se leva executado o 30% despois do 80% do prazo. “Inés Rey está enganada co prazos do mercado, como a enganaron con noutros moitos asuntos”, lamenta Miguel Lorenzo. O voceiro popular critica que a rexedora o chamase “mentireiro”, e hoxe Lorenzo presenta o contrato e as certificacións da obra. “Desde a primeira certificación de obra, novembro de 2022, ata xullo de 2024, só se executaron 2,8M€ dos 9,9M€ nos que se adxudicou, o 28,7% do total, dos que 759.527€ corresponden a gastos provisionais de mercado e non a execución da obra”, explica. “Entre novembro de 2022 e xullo de 2024 transcorreron 21 dos 26 meses nos que se adxudicou a obra, o que supón o 80,7% do total. O período comezou en novembro de 2022, cando se asinou o contrato e comezaron as certificacións de obra, e rematará en xaneiro de 2025”, sentenza.

”Unha vez máis, o Goberno de Inés Rey tenta tapar a súa inoperancia con inhabilitacións, como por exemplo, xa fixo con Casas de Franco, cando dixo que non podía facer o que vai facer agora nin as obras de Pelamios, cando negou problemas no parque infantil denunciados polo PP que agora se arranxan”, remata.

Máis novas

Así será o novo Mercado de Monte Alto, cuias obras rematarán a finais de 2025

Aena nomea director do aeroporto da Coruña ao ata agora responsable do de Logroño-Agoncillo

0

O Aeroporto da Coruña contará, a partir do 1 de novembro, con Joan Ibáñez Ferrer como novo director da infraestrutura aeroportuaria, segundo informa Aena. Joan Ibáñez ocupa na actualidade o cargo de director no Aeroporto de Logroño-Agoncillo, “onde realizou unha importante mellora dos servizos e instalacións e onde liderou con éxito o establecemento dunha escola de pilotos”.

O novo director do aeródromo coruñés, enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Valencia e experto profesional en Xestión de Activos pola UNED, iniciou a súa carreira profesional en Aena en 2016. Tras ocupar distintos postos nos servizos centrais da compañía e no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas, foi nomeado director do aeroporto logroñés en xaneiro de 2023.

Joan Ibáñez substitúe na dirección do aeródromo coruñés a Jesús Campo Huertas, quen ostenta o cargo desde maio de 2013 e que continúa a súa carreira profesional na compañía como director de Operacións e Infraestruturas do Grupo de Aena Brasil.