Inicio Blog Páxina 359

O multiinstrumentista arxentino Gustavo Santaolalla celebra na Coruña os 25 anos do seu disco ‘Ronroco’

0

O multiinstrumentista, compositor e produtor musical arxentino Gustavo Santaolalla, gañador de dous Premios Óscar, estará en concerto no Palacio da Ópera da Coruña o domingo 29 de setembro.

Segundo informa o Concello da cidade herculina, as entradas xa están á venda e a actuación comezará ás 19.30 horas. Engade que será a súa “única” interpretación en España ata o momento na xira internacional que o artista está a realizar para conmemorar o 25 aniversario do seu disco ‘Ronroco’.

Un álbum que presenta, explica o Consistorio, foi “fundamental” na súa carreira “que lle abriu as portas do cinema para triunfar en Hollywood”. Acompañado pola súa nova banda composta por cinco músicos multiinstrumentistas, Santaolalla repasará as 12 “icónicas” cancións de ‘Roncoco’ e interpretará as súas composicións máis populares, concreta o Concello.

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

0

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora do Premio Nacional do Cómic 2024. O premio, outorgado polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.

O xurado destacou a súa obra ‘O corpo de Cristo’ (Astiberri) por “ser unha obra innovadora, formalmente arriscada, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis empregadas sen renunciar ao uso do humor e a mirada poética. A obra ten gran profundidade e sensibilidade para forma de abordar un tema tan complexo como a saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados.”

Así mesmo, o xurado indicou que ‘O corpo de Cristo’ de Bea Lema “é unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que utiliza recursos estéticos alternativos e mostra un novo camiño de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”.

El Cuerpo de Cristo de Bea Lema Premio Nacional de Comic

Biografía

A ilustradora e autora de banda deseñada Bea Lema naceu na Coruña en 1985. Ten realizado de ilustracións para revistas, carteis ou libros infantís. O seu traballo, xeralmente autobiográfico, trata temas como a loucura, as relacións familia, relixión, trauma e rituais populares.
En 2017 recibiu o XII Premio Castelao de Cómic da Deputación da Coruña por “O Corpo de Cristo, a súa primeira novela gráfica, un proxecto autobiográfico que analiza a enfermidade mental desde a perspectiva dunha nena.

En 2022 recibiu unha bolsa para completar a residencia de novela gráfica na Maison des auteurs de Angoulême (Francia). O libro no que traballou, partindo do primeiro cómic e que foi publicado en Francia pola editorial Sarbacane baixo o título ‘Des maux à dire’ e en España de Astiberri co título ‘El cuerpo de Cristo’, foi galardoado co Premio do Xurado do Festival BD 2023 en Pèrigord, e o Premio do Público do Festival de Angoulême, o Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montreal á mellor obra estranxeira e Gran Premio de a heroína Madame Figaro en 2024.
Actualmente traballa na adaptación deste libro a unha curtametraxe de animación.

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

0

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos casos de violencia machista, tendo mesmo que ser trasladada unha vítima ao hospital.

O primeiro suceso acontecía na madrugada do venres, ás 03.30 horas, cando un equipo policial de servizo en prevención da Seguridade Cidadá procedeu á detención dun home de 60 anos de idade como presunto responsable dun delito de violencia de xénero. Os axentes foron testigos da comisión do delito, xa que presenciaran como saíndo dun local de hostalería da zona do Agra do Orzán viron como o home perseguía á muller ata alcanzala e forcexar con ela a pesar dos intentos da mesma de zafarse del.
A muller indicou que non ía presentar denuncia, mais os policías procederon de oficio na detención. O detido foi trasladado a dependencias policiais onde quedou baixo custodia en calabozos.

Ás 22.10 horas do domingo 15 de setembro un home de 34 anos de idade foi detido no interior dun domicilio da avenida de Ramón e Cajal pola súa presunta responsabilidade no concurso dos delitos de violencia de xénero e contra a Administración de Xustiza. A actuación foi practicada por un vehículo patrulla de zona a requirimento dun funcionario tamén deste Corpo, encargado da protección dunha muller vítima de violencia de xénero. Este último informaba de que a súa protexida, momentos antes, requiriuno dado que a súa exparella, da que consta unha orde de afastamento, estaba esnaquizando unha das estancias da vivenda.
A exparella, vive coa muller pese á vixencia da orde de afastamento e baixo a conformidade dela. O home, que manifestou que padece un trastorno mental, foi detido e trasladado ao CHUAC para valoración por especialistas en psiquiatría.

Tamén ás 05:30 horas do luns 16 de setembro nun domicilio privado da rúa Industrial, procedeuse á detención dun home residente no mesmo, de 29 anos, pola súa presunta responsabilidade nun delito de violencia de xénero perpetrado sobre a súa parella habitual e coa que reside no mesmo.
Os funcionarios policiais foron requiridos vía 092 pola tía da vítima, a cal denunciaba que minutos antes escoitou berros e golpes na habitación da súa sobriña. Ao dirixirse á mesma viu como o seu familiar sangraba por unha das súas mans, observando tamén como as paredes e chans da estancia estaban cheos de manchas de sangue.
A vítima, pola súa banda, relatou que tras unha discusión coa súa parella, esta comezou a agredila. Foi preciso requirir os servizos dunha ambulancia do 061 para o traslado da vítima ao CHUAC para a curación das feridas que presentaba. Procedeuse á detención do home, sendo trasladado a dependencias policiais do Lonzas onde ingresou en calabozos.

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

0

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o seu informe ordinario do ano 2023, no que dedica un apartado á «protección dos murais de Lugrís nun local comercial en desuso na Coruña». Nese apartado describe “o desleixo do Concello da Coruña na protección dos murais” e como só tras a insistencia e as mobilizacións da cidadanía o Concello deu algúns pasos, sempre tímidos para velar por esas pinturas, agora en trámite de ser declaradas ben de interese cultural pola Xunta de Galicia.

Destaca a Valedora que malia que a asociación cultural o mural solicitou a intervención do concello en 2021, a corporación só adoptou a primeira medida en xaneiro de 2023 «tras unha intervención no pleno do concello» dun voceiro de O Mural. E destaca que o concello non considera que evitar a perda do único conxunto muralístico que se conserva íntegro onde Lugrís o pintou sexa razón abonda para investir cartos públicos.

A valedora cita expresamente a seguinte “razón” do Concello: «Tampouco se pode esquecer que estamos manexando diñeiro público, respecto do cal debe aplicarse un principio de prudencia financeira, que exixe acudir ás subsidiarias só nos casos nos que haxa razóns técnicas que así o xustifiquen.» e que «O concello non ocultaba no seu informe as limitacións financeiras para asumir unha intervención que non podería recuperar dado que a persoa xurídica propietaria estaba en concurso de acredores, con cargas preferentes».

Dende O Mural queren amosar o seu “rexeitamento por unha política cultural mercantilista que non é quen de atopar valor máis alá do rendemento económico e aproveitamos para lembrar que os frescos seguen abandonados, nun edificio en ruínas e que malia todos os anuncios e notas de prensa das administracións locais e autonómicas nada fixeron na práctica para garantir a conservación e recuperación dunha obra senlleira do patrimonio cultural de Galicia que está a apodrecer”.

Máis novas

A intervención en Olmos medra implicando á rapazada

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros de vías ciclables na cidade, en catro anos duplicouse esta cifra, superando os 50 quilómetros xa o ano pasado), e o gran impacto do servizo municipal de BiciCoruña, son un gran avance en clave de mobilidade sustentable. Pero debe ir acompañado dun proceso de concienciación e formación tanto para os posibles usuarios como para os condutores.

A concienciación dos usuarios de coche queda pendente, pero paliar a falta de formación sobre como circular pola cidade, existe a Escola da Bici. O proxecto desenvolto pola Asociación Mobi-liza, a mesma que coida o marabilloso Taller Social Reciclos, permite que adultos como crianzas aprendan a rodar e a perder o medo para facelo no medio da cidade.

Blanca na Escola da Bici de Mobiliza

O día 15 de cada mes arrinca un novo curso da Escola da Bici no espazo do antigo Padre Rubinos, en. Labañou.
Hai tres niveis, iniciación, habilidade e circulación, e emn breve engadirán un curso de reforzo no pedaleo, pero tamén se pode facer cursos a demanda.

A inscripcion se fai a través dun formulario na páxina, cun custe de 15 euros, e tamén se poden suscribir á newsletter e recibir novidades cada mes.

Máis novas

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

O Taller Reciclos confirma que as bicis como medio de transporte si son para Galicia

En marcha a necesaria unión do carril bici do paseo marítimo e os Cantóns

BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano

 

Isabel Risco, premiada co Premio Rebulir

0

O Xurado da XIII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2024, xa decidiu os seus galardoados. Uns premios que nacían en 2012, como recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións.

E unha das recoñecidas, na categoría de Artes Escénicas é Isabel Risco. O xurado valorou pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación con diferentes públicos e rexistros, levando a Nabiza Girl por todo país, entre outras numerosas interpretacións.

A superheroína herculina Nabiza Girl, dá o salto á animación para animar á mocidade a usar o galego

Ademais, na categoría Musical o xurado recoñece ao grupo Treixadura, despois de mais de 30 anos de traxectoria dende Redondela; na categoría Homenaxe ao Colectivo da Asociación de Gaiteiros/as Galegos/as (AGG); e fan unha Mención Honorífica á Emigración Galega en Cataluña polo mantemento e promoción da cultura galega no exterior.

Grandes nomes

Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Luis Zahera, Xurxo Fernandes, Fuxan os Ventos, Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín, Xabier Diaz, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán “Morris”, María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, Mercedes Peón, Fina Calleja, Anxo Angueira… entre outros/as.

Acto de entrega

O acto de entrega de ditos galardóns o sábado 21 de Decembro de 2024, as 19:00 h. no marco da Gala Central do FIR_2024, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Rogelio Garcia Yañez de O Picouto (Concello de Ramirás).

 

 

Volven ao Obelisco as concentracións dos luns por Palestina

0

Este luns 15 de setembro, os colectivos Galiza por Palestina, Mar de Lumes e Asoc. Galaico Árabe-Jenin, recuperan a convocatoria para realizar concentracións en todo o país. Ás 20:00h o Obelisco acollerá unha nova cita de reinvicación esixindo o fin da barbarie perpetrada por Israel, coa connivencia de todo occidente, en Gaza.

Despois de 70 anos de conflito, van 11 meses de invasión sanguinaria por parte do exército sionista, nes, provocando xa 41.000 mortos e máis de 10.000 desaparecidos.

A sociedade galega volverá demostrar o seu compromiso para co pobo palestino.

O litoral da Costa da Morte e da Coruña estará este luns en aviso amarelo por ondada

0

O litoral da Costa da Morte e do noroeste da Coruña estará este luns en alerta amarela por ondada.

Segundo a Aemet, espéranse ventos que poderán alcanzar entre os 50 e 61 km/h — de forza sete– entre cabo Vilán e cabo Fisterra e tamén entre cabo Ortegal e cabo Prior.

O luns, segundo Meteogalicia, a comunidade seguirá con influencia anticiclónica centrada ao norte de Galicia. Por iso, haberá ceos moi despexados en xeral con algunhas nubes altas, que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas sufrirán un ligeso ascenso, mentres que as máximas terán un pequeno descenso. O vento soprará do norodeste moderado, sendo forte entre Bares e Fisterra.

Xulgan a unha muller acusada de delito continuado de estafa

0

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 19 o xuízo contra unha muller acusada de usar, entre xullo de 2019 ata xullo de 2020, sen coñecemento nin consentimento do seu titular, o seu cartón de crédito, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG.

No seu escrito de cualificación, Fiscalía sostén que a procesada tiña acceso á mesma ao prestar servizos como asistenta da muller, xa falecida e cuxos herdeiros reclaman o diñeiro.

O Ministerio Público afirma que “en sucesivas ocasións durante ese período de tempo, a acusada, facendo uso dese cartón de crédito, extraeu do caixeiro unha cantidade aproximada de 34.200 euros”, cantidade que se demanda tras a morte da muller en 2021.

Os feitos considéraos constitutivos dun delito continuado de estafa e pide impor á acusada a pena de dous anos e seis meses de prisión.

Xulgan a pai e fillo por estafa na xestión dos aforros dun matrimonio de Cambre

0

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 17, o xuízo contra un pai e un fillo acusados de estafa na xestión dos aforros dun matrimonio de Cambre, así como de falsidade en documento mercantil, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De acordo co escrito de Fiscalía, ambos exerceron durante varios anos como axentes mediadores de seguros, traballando mesmo nunha entidade financeira durante varios anos.

Certo tempo despois, os acusados contactaron co matrimonio e comunicáronlles que deixaban a entidade bancaria para establecerse pola súa conta, constituíndo unha consultoría financeira en 2015, pedíndolles que continuasen confiando neles para a xestión dos seus aforros porque lles conseguirían unha alta rendibilidade.

O Ministerio Público sostén que “simulando cos anteriores que se preocupaban polo seu benestar e situación persoal” conseguiron que lles entregasen diversas cantidades de diñeiro “na crenza de que os acusados ían investilas en produtos fiables e rendibles”.

Un deles entregoulles aos acusados a cantidade de 24.515 euros e outro a de 18.243 euros, aínda que Fiscalía sinala que os acusados “nunca tiveron intención” de investilos en produtos financeiros.

Por un delito continuado de estafa, coa atenuante de reparación dano, e outro delito de falsidade en documento mercantil, pide penas que suman un total de seis anos e nove meses de prisión.