Inicio Blog Páxina 391

O coitelo do coruñés Borja Canedo leva un dos premios do Certame “Antonio Fraguas Fraguas” de artesanía

0

Borja Canedo, A Coruña 1996, leva dende os dezaseis anos e paralelamente á súa formación, adicándose como afeccionado a traballos de forxa e coitelería. Fixo carpintería, soldadura e mesmo xoiaría, pero a súa paixón é a forxa, como conta nunha entrevista da revista Pincha. Foi armando un pequeno taller na casa, e acabou especializado na coitelería, sendo xa requerido por grandes chefs do país como Pepe Solla, unha vez que se foi gañando espazo gracias, en parte, a súa participación na Fundación pública de Artesanía de Galicia.

Hoxe está de noraboa, xa que a Deputación da Coruña vén de fallar os XV premios Antonio Fraguas de Artesanía que nesta XV edición. O seu  “Coitelo de cociña Damasco” levou o premio en categoría tradicional, mentres que unha Nasa de marroquinería feita a man de Ezequiel Franchil Gil, de Ribadeo, levou o premio na modalidade ‘contemporánea’.

O Coitelo de Damasco de Borja Canedo
O Coitelo de Damasco de Borja Canedo

Do Coitelo de Damasco, o xurado, formado por Elena Bangueses Buceta, Idoia Cuesta, Lidia Nieves Domínguez, Elena Ferro e Jorge Eiroa, e presidido pola deputada de cultura, Natividade González, salienta “a complexidade da súa técnica, o dominio do oficio, o uso dos distintos materiais (madeira e ferro), a complexidade do proceso de elaboración e a estética final da peza”. Destacan que foi feito con forxa tradicional aplicada á coitelaría, soldeo a calda mediante forxa, vaciado e pulido manual.

Agora, seleccionáronse 30 obras de todas as propostas presentadas ao certame, que formarán parte dunha exposición itinerante que se desenvolverá proximamente.

 

Chega a sétima edición do encontro cultural de creación sonora ‘Modulartec’

0

A Coruña acollerá a sétima edición do encontro cultural orientado á creación sonora ‘Modulartec’, segundo informou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. A programación inclúe unha ampla oferta de concertos, conferencias, obradoiros e actuacións en directo, asociadas á música creada mediante a síntese modular.

A presentación da programación desta nova edición tivo lugar na Fundación Luís Seoane, unha das localizacións deste encontro cultural, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro. Ademais da propia Fundación Luís Seoane, a iniciativa contará coa colaboración da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses.

A borrasca Aitor achégase dende o Atlántico

0

Treme a cidade ante a chegada da primeira borrasca do outono. Aitor chega con abundante humidade e deixará numerosas chuvais, ademais de forte vento e ondas na provincia da Coruña, que levarñan a peor parte de todo o estado con avisos en nivel laranxa por precipitacións, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

O peor chegará a partir do mediodía, segundo Meteogalicia, cando os refachos de vento poderían chegar aos 90km/h.

Buscan ao autor dunha agresión con arma branca a un septuaxenario en Sada

0

A Garda Civil busca ao autor da agresión con arma branca a un home no municipio de Sada (A Coruña) cando se atopaba nunha leira. Fontes da Benemérita explicaron a Europa Press que, sobre as 17.53 horas do martes, recibiron o aviso da citada agresión no lugar de Mandín.

Trasladadas as patrullas ao lugar, comprobouse a veracidade do aviso e trasladouse o caso á Policía Xudicial, que se fixo cargo da investigación. O ferido, un septuaxenario, foi trasladado ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac). No entanto, a pesar das lesións, non se temeu pola súa vida, precisaron desde a Garda Civil sobre o estado do mesmo.

BREO, a nova banda revelación do folk galego, prepara o seu primeiro disco

0

Con base de operacións en Arteixo, o grupo revelación do folk en Galicia, BREO, prepara xa o lanzamento do seu primeiro disco. ‘Máis Alá’ sairá en todas as prataformas dixitais o vindeiro mércores 9 de outubro, con 10 temas, baseados na relevancia do misticismo, os costumes e as lendas galegas.

O nome do grupo está inspirado nunha deidade celta chamada ‘Berobreo’, gardián de almas e encargado de transportalas ‘ao máis ala’, o cal ten un santuario no alto do Monte do Facho (Donón, Cangas do Morrazo), unha das míticas finisterras atlánticas.

BREO está formado por Sandra Novais Meireles (voz, teclado e pandeireta, natural de Guimarães pero residente en Cedeira), Samuel Lafuente Carballeda (violín, natural da Coruña), Rubén Gómez Castro (guitarras, natural de Ferrol), Migui Ocampo (bodhran, percusións e programacións, natural da Coruña) e Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira, acordeón diatónico e gaita, natural da Coruña e fillo do mítico membro de Luar na Lubre).

Para este traballo, gravado en Estudios Bruar, a nova formación galega contou con diferentes colaboracións musicais, como o cantante Sabu l’Aviseu (en ‘Canto Raibas’), Marta Chello (en ‘María ‘A Meiga’) e a banda da A. C. Triskell de Arteixo (en ‘Os Lombois’).

A xira de presentación en Galicia ten datas confirmadas na Sala Garufa Club de A Coruña (12 de outubro) na Casa das Crechas en Santiago de Compostela (26 de outubro).

Máis novas

A Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido

O Consello de Ministros aproba un acordo sobre o acceso ao porto exterior da Coruña e a súa conexión coa AG-55

0

O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se autorizan os límites e modifícanse o número de anualidades para adquirir compromisos de gasto con cargo a exercicios futuro co obxectivo de que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable poida subscribir un convenio para o uso do acceso ao porto exterior da Coruña e a súa conexión coa autoestrada autonómica A Coruña-Carballo.

O Executivo central, que realizou a obra de acceso ao porto exterior da Coruña (AC-15) que enlaza coa autoestrada de peaxe A Coruña-Carballo (AG-55), engade que “a conexión entre ambas as vías prodúcese mediante unha ligazón para uso exclusivo do tráfico portuario que non pasa por ningunha estación de peaxe da AG-55, polo que os movementos con orixe ou destino no porto exterior non abonan a peaxe do percorrido efectuado pola devandita autoestrada”.

En consecuencia, para manter o equilibrio económico financeiro da concesión de Autoestradas, requírese, sinala, subscribir un convenio entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a Xunta de Galicia e a sociedade concesionaria para regular a compensación pola mencionada exención do pago de peaxe. Devandito convenio establece unha duración de catro anos e contempla pagos trimestrais a Autoestradas como compensación polo tráfico que utiliza a autoestrada AG-55 pola conexión ao Porto da Coruña.

No que se refire a o financiamento, a achega do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable realizarase con cargo á aplicación orzamentaria “para compensar á sociedade concesionaria da autoestrada A Coruña-Carballo pola peaxe dos vehículos que utilizan o acceso ao porto da Coruña, segundo convenio”. A entrada en vigor do mesmo está prevista para o 1 de decembro de 2024.

Os Castros maridan a música tradicional tamén co reggae nas Festas da Merce

0

Tempo de fusións vivimos na música galega contemporánea. Ás bandas que maridan o rock, o punk ou a electrónica coa música das nosas raíces, temos que sumar xa aos colectivos que traballan en clave de reggae. Así o comprobaremos este venres 27 nos Castros, onde a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros preparan as festas da Mercé en clave dub.

A rúa Monte das Moas acollerá unha xornada de baile de 18:00h a 0:00h. Abrirán Dub in Soul, un colectivo de mulleres galegas formado por Nere e Noe, dúas selectoras e amantes do reggae e da cultura soundsystem.
Estará tamén Ras Oskar, veteranos vocalista de Bush Doctors, a primeira banda galega de reggae, e actual vocalista en Aum Reggae, que fará das Moas o Xamaica herculino.

Tamén soará I Gardo SingJay, coruñés afincado en Compostela, e membro fundador de delirium soundsystem e A Coruña dub club. Ttodo isto será sonorizado por Delirium Soundsystem cos seus tres subgraves artesanais, para reproducir as vibracións da música reggae no barrio dos Castros.

Festas da Merced en reagge nos Castroz
Festas da Merced en reagge nos Castroz

Memoria

A xornada servirá tamén para rmanter vivo o proxecto “Memoria emocional do barrio: Recuperemos as nosas tradicións”.

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

0

As mulleres de Carral, Cambre, Oleiros, Sada e A Coruña, que acoden ao Centro de Orientación Familiar de Orillamar, levan moito tempo sen poder falar coa psicóloga clínica. Un servizo que depende do Concello da Coruña, pero a pesar das queixas das traballadoras e do BNG no pleno, segue sen ser cuberto, creando unha desigualdade coas mulleres dependentes do COF do Ventorrillo, onde si contan co servizo.

O espazo sanitario, fundamental para promover a saúde afectivo-sexual, traballar na prevención de embarazos non desexados, e axudar a solventar conflitos familiares, continúa ademais sen ter as dúas prazas de xinecoloxía cubertas a tempo completo, das que este servizo debe, estatutariamente, estar dotado.

Hoxe volve denunciar a situación o BNG, que xa levou o asunto a pleno e mesmo ao Parlamento Galego, onde o goberno limitouse a responder que no COF “todas as prazas de persoal sanitario do SERGAS están actualmente cubertas con persoal estatutario”.

Unha mentira, segundo denuncia o BNG despois de reunirse coas profesionais do centro de Monte Alto, que xa o centro só dispón dunha praza fixa desde 2020, a outra -que tamén debería ser permanente- só se cobre “en momentos puntuais e intermitentes”.

COF Orillamar

Lista de agarda

A consecuencia desta falta de cobertura das prazas asignadas a este centro é “unha listaxe de agarda dunhas 300 persoas, entre as que hai mulleres que interromperon voluntariamente o seu embarazo e precisan revisións”, remarca Queixas.
A carencia de persoal orixina tamén “a imposibilidade de programar citas para atender a saúde sexual e reprodutiva das pacientes”, e provoca listas de agarda de ata 3 meses.

Desperfectos

As profesionais denuncian ademais que “a calidade na atención médica dos dous COF da Coruña leva anos sufrindo recortes de persoal e desatención por parte da Xunta”; así como os desperfectos que sofre o centro, xa que despois dunha inundación as portas non pechan e as profesionais teñen que pasar consulta cun paragüeiro suxeitando a porta, o que, dende longo, non favorece a intimidade nin a confidencialidade necesaria para estes asuntos.

Desperfectos no COF de Orillamar
Desperfectos no COF de Orillamar

Máis novas

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

 

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

0

Denunciaba ASCEGA a comezo de ano o recorte nas axudas para a instalación de ascensores, unhas axudas clave en materia de accesibilidade. Dos 2,6 millóns de euros destinados en 2014, pasouse ao 1,45 en 2022, e ao millón xustiño en 2024.

Pero é que máis alá do recorte, o Concello deixou sen gastar 2 de cada 3 euros orzamentados en 2023 para instalar ascensores, segundo denuncia o ao analizar a a liquidación levada ao pasado Pleno. O goberno só empregou 990.000 euros de 1.450.000 euros, e xeito que a á non execución do 68% do orzamento de 2023 nestas subvencións, súmase o recorte do 31% neste último curso.

Ás preguntas dos populares, o goberno municipal recoñece que das 199 solicitudes de subvención recibidas en 2023 (o prazo remataba en 2023), concedeu 52 e denegou máis das aprobadas, 63, quedando 84 sen resolver a pesar de que se rematou o prazo.

“É unha situación que sofren moitos barrios con edificios antigos e persoas con escasos recursos e estas subvencións son fundamentais para garantir a autonomía das persoas maiores, con mobilidade reducida ou con discapacidade”, alerta o edil popular Miguel Lorenzo.

Máis novas

ASCEGA envía unha carta aberta á alcaldesa sobre os recortes nas axudas dos ascensores

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

Collen a un menor conducindo bebido co seu pai á súa beira

0

Axentes da Policía Local detectaron na Coruña a un menor ao volante dun vehículo sen seguro no que tamén ía o seu pai, que, como o primeiro, deu positivo en alcol. Así o informaron fontes municipais consultadas por Europa Press que precisaron que os feitos se produciron sobre o oito da mañá do pasado domingo.

Nese momento, unha patrulla deu o alto a un coche nun control preventivo na avenida do Porto. Entón, constatouse que ao volante ía un menor de 17 anos, que non tiña carné dada a súa idade, e que deu positivo. Á beira, ía o seu pai, que tamén deu positivo na proba da taxa de alcoholemia. Ademais comprobouse que o coche carecía do seguro en vigor.

Ao menor, impútaselle un delito contra a seguridade viaria e ao seu pai como cooperador necesario do mesmo, precisaron as fontes consultadas.