Inicio Blog Páxina 392

O conflicto laboral en Inditex chega ao Parlamento galego

Os votos contrarios do PP impediron este venres a aprobación dunha proposición non de lei presentada polo BNG para instar á Xunta a implicarse no conflito que as traballadoras de tendas de Inditex na provincia da Coruña e, mentres os nacionalistas defenderon a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e a atención ás traballadoras por parte do conselleiro de Emprego, o grupo popular acusou ao BNG de usar a Cámara para “fins sindicais” da CIG.

O deputado nacionalista Ramón Fernández Alfonzo foi o encargado de defender a proposición, e argumentou que as traballadoras das tendas reciben “os salarios máis baixos” do grupo téxtil en Galicia, e que a empresa pretende extinguir o chamado ‘plus sede’ na provincia da Coruña, empeorando as súas condicións e trasladando a negociación colectiva a unha mesa estatal.

Por iso, propuxo que o Parlamento inste á Xunta a fixar unha reunión do conselleiro de Emprego coas traballadoras e a ofrecer o Consello de Relacións Laborais como foro para resolver o conflito.

“FINS SINDICAIS”

A deputada do PP, Patricia García, respondeu á proposición censurando o uso do Parlamento, por parte do BNG, para “fins sindicais”, trasladando á Cámara as reinvidicaciones da CIG. Segundo subliñou, Inditex “ten ADN galego” e crea riqueza en Galicia, sendo “un orgullo e un exemplo a seguir” para outras empresas do sector e doutros sectores. De feito, lembrou que a propia portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, eloxiou á empresa en plena campaña electoral das autonómicas.

Pola súa banda, o PSdeG presentou unha emenda (que non foi aceptada) ao considerar que centrar o foco nas traballadoras da provincia de Pontevedra pode ser un agravio con respecto ao persoal do resto de Galicia, polo que os representantes socialistas na comisión acabáronse abstendo.

Grandes retencións na Pasaxe tras unha nova protesta das mariscadoras do Burgo

0

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a conclusión das obras de dragado e á espera de que crezan as crías. Emprazan, ademais, a Xunta e Goberno a unha reunión.

Fixérono nunha nova protesta na Pasaxe que causou “bastantes retencións” na zona de Santa Cristina, Oleiros, segundo informou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DGT). “Seguimos esperando que as administracións — central e autonómica — tomen as medidas necesarias para pór fin a esta problemática”, expuxo o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, a Europa Press.

Téñennos tirados na rúa tendo que pagar os recibos da Seguridade Social para telos en vigor e poder acollernos nun futuro ás subvencións estatais e autonómicas e non se dá unha solución”, denunciou, sobre unha situación que afecta a 74 traballadores.

Baldomir anunciou, ademais, que convocaron unha nova reunión o vindeiro venres, día 12. “Esperemos que acudan as dúas administracións e, sobre todo, que veña xente con capacidade de decisión, que non manden marionetas para coller recados e quede todo no aire”, apostilou.

Outra noite con colectores queimados na Coruña

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervir durante a noite do xoves e a madrugada do venres para extinguir varios colectores que arderon en diferentes rúas da cidade. Estes feitos producíronse no medio da folga convocada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), iniciada o pasado 24 de xuño con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio.

Ás 21.00 horas, os bombeiros desprazáronse á rúa Félix Acevedo para extinguir con auga e espuma un colector subterráneo de papel. Apenas dez minutos máis tarde, os efectivos acudiron á rúa Capitán Juan Varela para revisar unha zona de colectores de lixo á que os veciños arroxaron varios cubos de auga para extinguir un lume na súa fase inicial.

Posteriormente, sobre as 23.30 horas, os Bombeiros da Coruña recibiron outro aviso por un incendio en elemento urbano na Avenida Montserrat. O mesmo sucedeu en Alfonso Molina, Oidor Gregorio Tovar e rolda de Outeiro.

O conflito continúa na Coruña cunha nova xornada de lixo acumulado na rúa e unha trintena de expedientes abertos desde o comezo da folga. A seguinte xornada de paro está prevista o vindeiro luns, día 8 de xullo.

Condenado a 26 meses de cárcere pola “estafa do amor” en Facebook a unha coruñesa

0

O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou a dous anos e dous meses de cárcere ao autor dunha das coñecidas como estafa do amor, cuxa vítima foi unha veciña da Coruña, a cal lle prestou 1.500 euros, que nunca recuperou. Na sentenza, tal e como informou o TSXG, o xuíz considera probado que o procesado, no mes de marzo de 2021, cando tiña 51 anos, contactou por medio de Facebook coa denunciante, coa cal iniciou, ao pouco tempo, unha relación afectiva a distancia.

Para ditar a pena, tivo en conta o feito de que para obter o indebido beneficio económico, “non só empregou unha serie de falacias correntes –facerse pasar por un empresario dun importante grupo empresarial, finxir unha operación de compravenda para a que necesitaba diñeiro–, senón que acudiu á chantaxe emocional, xogando cos sentimentos da prexudicada, á que engaiolou no plano afectivo coa súas verbas do señorío e do mundo do touro e do viño, etc.” O xuíz afirma que todo iso “esixe unha resposta retributiva acorde co maior dano producido na vítima”.

O sospeitoso, segundo consta na resolución, fíxose pasar por outra persoa, que non existe, e dixo traballar para unha suposta empresa familiar. “Aproveitando a confianza xerada pola  relación, o procesado, guiado do ánimo de obter un ilícito beneficio patrimonial, fixo crer á vítima que a súa empresa necesitaba financiamento para unha operación de exportación e que esta debía obterse mediante diñeiro efectivo de particulares, solicitándolle que lle enviase diñeiro baixo a falsa promesa de que llo devolvería”, explica o titular do Xulgado do Penal número 3 da Coruña na sentenza.

DÚAS TRANSFERENCIAS

Ademais, destaca que a denunciante, “crendo que todo canto lle relatou o procesado era certo”, o 6 abril de 2021 efectuoulle unha transferencia de 750 euros; e, tres días despois, realizou un ingreso bancario na mesma conta doutros 750 euros.

Viñetas desde o Atlántico presenta as autoras e autores da súa 27ª edición

0
  • Figuras como Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos pasarán polo Festival de cómic máis importante do país.
  • Viñetas desde o Atlántico 2024 poñerá tamén en valor o rico ecosistema autoral local coas mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023: Paula Mayor e Cristian F. Caruncho

— — —

Queda menos xa para o 12 de agosto, cando bote andar a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico. Serán 7 días (ata o 18) nos que a cidade da Coruña volverá converterse no corazón da banda deseñada con esta cita de sona internacional. 

Baixo a dirección do coruñés Manuel Cráneo, o festival aposta pola súa parte expositiva. “Este anos ofrécese unha selección de exposicións oficiais exclusivas ás que se lle unen outras paralelas en colaboración con diferentes entidades e locais da cidade”, sinalou. “Ademais, un dos puntos fortes desta edición e a recuperación dos convidados internacionais”, apuntou.

De feito, serán un total de 18 exposicións, ademais da xa tradicional Rúa da BD e dun rico programa de actividades, que se desvelará ao completo nos vindeiros días e que incluirá charlas, visitas, firmas de libros, proxeccións de cinema, música e obradoiros para profesionais e público infantil.

Neste 2024, o festival reunirá a figuras como Genie Espinosa —autora do cartel desta edición da cita—, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, que contarán con exposicións monográficas do seu traballo. As temáticas sociais, a internacionalización —cunha ollada ao mellor cómic chegado de América Latina— e a aposta polas novas voces e a banda deseñada independente e experimental serán as claves de Viñetas desde o Atlántico 2024.

13 exposicións propias nunha marea de sedes

A sección angular do programa desta 27ª edición do festival, bautizada neste 2024 como Viñetas Expo, concentrará 13 exposicións de produción propia dentro da sección oficial, comisariadas pola dirección artística do festival, individuais e colectivas, mais outras 5 mostras paralelas organizadas por entidades colaboradoras, das que pronto se coñecerán os detalles.

As sedes oficiais das exposicións de Viñetas Expo serán o Kiosco Alfonso, Palexco, o Palacio de María Pita, a Sala Salvador de Madariaga, a Casa Museo Picasso e o Centro Ágora. A estes espazos sumaranse, tamén, as seguintes entidades colaboradoras: o Circo de Artesáns, a A. C. Alexandre Bóveda, a Cervezoteca Malte, a Pulpeira de Melide e o Bar 13, que organizarán un programa expositivo especial en paralelo á celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024.

A sala principal Kiosco Alfonso recupera a idea de convidados internacionais, centrándose este ano na outra beira do Atlántico, coa mirada enfocada no Brasil e na Arxentina, da man de Lucas Varela, Kundo Krunch e Marcello Quintanilha. Ademais, este ano súmase o Centro Ágora, destinado á banda deseñada para público infantil, cunha retrospectiva de Jorge Campos.

Banda Galega

Viñetas quere poñer tamén en valor o rico ecosistema autoral local coas mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023: Paula Mayor e Cristian F. Caruncho.

Ademais preto de 50 autoras e autores galegas e galegos verán a súa obra repartida nas diferentes salas deste Viñetas desde o Atlántico, fito do que moi pronto coñeceremos todos os detalles.

 

 

 

 

María Alonso Mesía, nova presidentas da Federación de Persoas Xordas de Galicia

María Alonso Mesía tomou posesión este xoves na Coruña como nova presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) en substitución de Iker Sertucha, que levaba 12 anos á fronte da entidade.

Ao acto, celebrado na sede da Fundación Barrié, acudiu a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen lle desexou “moitos acertos” a Mesía e á nova directiva da federación.

Neste contexto, tal e como informa a Xunta, a conselleira comprometeu o apoio do Goberno galego ás necesidades da comunidade, á vez que agradeceu ao presidente saínte, Iker Sertucha, os seus 12 anos de traballo a favor da inclusión das persoas xordas e recoñeceulle os avances conseguidos en todo este tempo.

Sacan adiante unha moción que pide a retirada da portavocía a Lage Tuñas por “mentir”

0

Os votos do PP e o apoio do BNG sacaron adiante unha moción no pleno municipal da Coruña que pide a retirada da portavocía do goberno local ao edil socialista José Manuel Lage Tuñas. O encargado de defender o texto no pleno ordinario celebrado este xoves no Pazo de María Pita foi o portavoz popular, Miguel Lorenzo, que subliñou que Lage “non ten credibilidade” e perdeu “a confianza dos coruñeses” por “mentir” sobre as supostas irregularidades cometidas nunhas obras nun inmoble da súa propiedade.

“Non é de recibo que un concelleiro de urbanismo que concede licenzas, faga obras sen licenza”, aseverou o portavoz do PP, que asegurou que a remodelación do goberno que encabeza Inés Rei supón “cambiar todo para que todo siga igual”, xa que mantén en Lage os “grandes temas de urbanismo e os proxectos estratéxicos”.

Así, incidiu en que Lage “non pode continuar” como portavoz do goberno despois de mentir “tres veces” ante a corporación cando se lle pediron explicacións sobre as supostas irregularidades. “Vostede dixo: ‘Eu non teño máis dereitos que ninguén, pero tampouco menos’. E o que ten son privilexios. A cidadáns que fixeron o mesmo abríronlles expedientes e mesmo os sancionaron”, espetou Lorenzo.

Pola súa banda, o propio Lage Tuñas tomou a palabra no debate da moción para acusar a Lorenzo de formar parte da “máquina do lodo”. “En política non vale todo”, aseverou o portavoz do goberno local, que afirmou que o PP quedará “retratado” no momento “en que se inicien os traballos”. “Unha mentira repetida cen veces non se converte en verdade”, engadiu, antes de acusar ao PP de “pasar todas as raias posibles” para “atacar” e “difamar” para tratar de “eliminar case fisicamente a un concelleiro”.

Así será a “torre polivalente” do novo Chuac

A ‘torre polivalente’ do ‘Novo Chuac’ entrará en funcionamento “a finais de 2025”. Acollerá a nova sede administrativa do complexo hospitalario universitario da Coruña e albergará o hotel de pacientes con 14 habitacións.

Así o anunciou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, este xoves nunha visita ás obras á que asistiu, tamén, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Segundo detallou, a ‘torre polivalente’ ocupará 12.369 metros cadrados, terá “16 plantas e dous accesos”, así como unha “pasarela” que conectará o inmoble co bloque central do hospital actual e “unha zona verde”.

O edificio, cuxo prazo de execución é de “18 meses”, será o punto desde o que se administrará todo o complexo hospitalario e albergará “dúas plantas para o hotel de pacientes con 14 habitacións”.

APARCADOIRO PROVISIONAL

A conselleira informou, tamén, que o aparcadoiro provisional “ao que só poderán acceder os sanitarios” estará aberto “o vindeiro venres”, día 12. “Os inicios foron complicados pero finalmente todo deu froito”, apuntou.

Doutra banda, sinalou que a Xunta está “a ultimar a redacción do viario perimetral de accesos”, o cal está previsto que “se poida presentar a final de ano”. Repecto á segunda e terceira fase do ‘Novo Chuac’, avanzou que están a traballar na “redacción de proxectos” para poder “licitar no primeiro semestre de 2025”.

Martínez Allegue lembrou que o investimento do Goberno autonómico neste proxecto “alcanzará os 500 millóns de euros”. O conselleiro de Sanidade, pola súa banda, recalcou que o ‘Novo Chuac’ é “a infraestrutura máis potente impulsada pola Xunta” e “non só ampliará a extensión” do complexo senón que incrementará “un 15% o número de camas” e “máis dun 50% os postos de observación e consultas en Urxencias”.

(Vídeo) A Coruña convértese estes días no epicentro mundial da animación, os efectos visuais e os novos medios

Algo estaba acontecendo na mañá deste xoves nas inmediacións do Porto deportivo da Coruña. Centos de mozos agolpábanse ás portas do Palexco dende primeira hora e outros tantos chegaban desde todos os puntos da cidade. Todos tiñan algo en común: eran amantes dos videoxogos e do mundo da edición cinematográfica, algo que tamén se podía apreciar no seu vestiario e maquillaxe. Non había dúbida, vendo o panorama, de que algo grande ía acontecer este xoves. De que se trataba? Da inauguración do Congreso Mundos Digitales, un lugar de reunión de importantes creadores do mundo do audiovisual que expoñen os seus últimos proxectos e as innovacións do sector. Aínda que a presentación da edición número 22 non sería ata as 10.30 horas, dende as 8.00 xa había xente facendo cola para entrar.

Segundo nos di a organización, a asistencia deste ano está cifrada en 1.700 asistentes. Nada máis entrar no recinto do Palexco as instalacións xa entraban polos ollos, pois ademais das charlas de diferentes poñentes, tamén hai ‘stands’ nos que diferentes compañías e empresas amosan a súa tecnoloxía. Dende brazos animatrónicos para a filmación de videoclips ou programas que seguen de xeito milimétrico á persoa que se lles asigna ata pantallas destinadas a anuncios publicitarios que conseguen un efecto 3D case perfecto, deses que vas paseando pola rúa e tes que deterte para comprobar que as persoas que saen neles non son reais, pasando por estudos de realidade inmersiva nos que os presentadores poderían trasladarse ao lugar que desexasen sen moverse do plató. Tamén diferentes monitores e equipos de ordenador de alto rendemento ou compoñentes para lograr unha experiencia de xogo o máis satisfactoria posible.

Esta cita terá lugar durante tres días, dende este xoves ata o vindeiro sábado e, durante a mesma, poñentes de renome como Jesús Serranoprincipal program manager de Microsoft; Fernando Serranocomputer graphics artist de Deluxe Spain; ou David Cordero, cinematic animation acting lead de CD Projekt RED; e Paul Giacoppodigital character supervisor de Industrial Light & Magic; farán desfrutar de auténticas primicias ao público. Entre as temáticas: ‘La Casa de Papel: Berlín’‘Cyberpunk 2077’‘HALO’, ‘Indiana Jones’ ou ‘La sociedad de la nieve’. Ademais, neste encontro os centos de mozos (e non tan mozos) que asisten poderán participar da feira de emprego, na que poden atopar oportunidades de traballo dentro da industria que lles apaixoa.

Tampouco hai que esquecer que hai como parte da programación un festival de curtas no que un xurado profesional vota, pero no que tamén hai premio do público, que despois de visualizar cada unha das curtas, pode elixir a súa favorita. De esta votación sairán as mellores curtas do ano. Os organizadores do evento aseguran que “este é un lugar no que os ‘frikis’ podemos compartir as nosas ideas, aquí todos somos ‘frikis'”. De feito, convidan ao público a achegarse aos diferentes poñentes para falar con eles e preguntarlle as súas inquedanzas, porque “aquí non  hai deuses, aquí somos todos ‘frikis’, todos somos persoas e iso é o que fai que Mundos Digitales sexa un encontro tan especial, esa paixón compartida que todos temos polos gráficos, os videoxogos e os videoefectos”.

Samuel Luiz, sempre na memoria

Numerosas persoas acudiron ao paseo marítimo coruñés a lembrar a Samuel Luiz, o mozo de 24 anos que faleceu tras ser brutalmente agredido na madrugada do 3 de xullo de 2021.

Por estes feitos en outubro comezará un xuízo contra cinco persoas: catro homes — tres en prisión provisional — e unha muller, como un dos anteriores en liberdade con cargos e obrigación de comparecencias no xulgado.

A homenaxe foi na zona onde se produciron os feitos e nunha vixilia convocada polo colectivo LGTBI+ Ás Coruña con flores no lugar, un minuto de silencio e a interpretación da saxofonista Sophie Simonds.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by ALAS A Coruña (@alasacoruna)

“Estes actos son importantes non só para manter viva a memoria de Samuel senón tamén para que non se volva a repetir algo así”, apuntou a presidenta de Ás A Coruña, Ana García Fernández, en declaracións a Europa Press.

García fixo un chamamento, ademais, “a toda a sociedade” para que “poñan os medios para frear os discursos de odio que se están empezando a reproducir cada vez con maior frecuencia” e enxalzou a importancia da bandeira arcoiris, representativa do colectivo LGBTI+.

“É a bandeira dos dereitos e as liberdades civís, do respecto, da igualdade, da biodiversidade e por iso converteuse nun símbolo político tan potente e é tan importante que os concellos e outras institucións sígana colgando dos seus edificios”, recalcou.