Inicio Blog Páxina 394

O BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso de Lage Tuñas

0

Levaba o BNG semanas protestando pola falta de transparencia do grupo de goberno ao impedirlle o acceso a un expediente urbanístico. Este luns, por fin a Concelleira Avia Veira podía revisar o expediente dun piso sito na Avenida do Exército, 96, que resultou ser propiedade do concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana; José Manuel Lage Tuñas, o membro da corporación con maior patrimonio declarado.

Analizado o expediente o BNG denuncia “un trato privilexiado na tramitación da licenza” que o edil solicitou para cambiar a ficha do inmoble de oficina a piso. “A inscrición como vivenda no rexistro da propiedade dun inmóbel que era oficina e cuxa licenza para ese cambio a tal altura non estaba solicitada, a pretensión de colar nunha comunicación previa un cambio de uso, a constatación de que se realizaron as obras sen ter a correspondente licenza, o incumprimento das ordes de paralización das obras, o incumprimento dos prazos estabelecidos nas notificacións, como exceder nun mes o prazo para entregar o proxecto básico vinculado á licenza, a insólita axilidade coa que se lle concedeu a licenza, o feito de que a licenza lla concedese a Dirección de Área de Urbanismo” son algunhas das “graves irregularidades” que detectou o Bloque.

A organización nacionalista considera que todas estas irregularidades revelan “un trato diferencial e unha actitude pouco exemplar do responsábel último e titular da propiedade do edil responsable da área urbanística”. É por iso que o Grupo Municipal do BNG “lle pedirá explicacións no vindeiro pleno ordinario.

Máis novas

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

O Grupo Peculiar toma tamén o colectivo Coruña Cociña

0

Álvaro Victoriano vén de ser escollido como novo presidente do colectivo Coruña Coruña. O grupo de cociñeiros e cociñeiras máis influínte da cidade despedía a Javier Freijeiro despois de tres anos “de magnífica xestión”, e sitúa ao chef e propietario do Grupo Peculiar como voceiro dunha directiva na que tamén estarán comom vicepresidente Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz de Mondoi), como tesoureiro Caco Agrasar (As Garzas e Salitre), como secretario Moncho Méndez (Millo), e como vogais Quique Vázquez Lameiro (Terreo) e Chisco Jiménez de Llano (Culuca, Taberna de Tabacalera e Taberna da Galera), responsable ademais da área de márketin.

Aínda que madrileño, despois de 12 anos na Coruña, Victoriano é “coruñés coma calquera”, e un dos principais referentes da cociña coruñesa actual á fronte dos restaurantes Peculiar, Intenso, Charlatán e Ultramarinos Galera. Asume o cargo “como un gran reto”, recoñecendo o “alto nivel gastronómico” da nosa cidade, o que permite poder “posicionarnos na cima do sector, sobre todo nun momento no que hai moitos compañeiros que desenvolven grandes proxectos en diferentes lugares de España”, indica.

Coruña Cociña, con este equipo renovado á fronte, traballará nos obxectivos de “seguir implicando ás institucións na confianza e promoción do sector gastronómico como un valioso recurso económico e turístico; abrir novos camiños interesantes e fundamentais para o sector na provincia como a sustentabilidade e o aproveitamento dos recursos; así como propoñer accións que poñan en valor o pequeno produtor “con nome propio”, e o produto local”.

Novas citas

Actualmente Coruña Cociña xa está inmersa na súa presenza no Fórum Gastronómico de Galicia, que se celebra do 7 ao 9 de abril en EXPOcoruña. En Cook Trend -espazo reservado á cociña atlántica- os cociñeiros da asociación presentarán de domingo a martes unha oferta gastronómica representativa da cociña made in A Coruña; tal e como farán nos seus postos os compañeiros dos restantes grupos de cociña galega.

Por outra banda, o martes 9 de abril, Coruña Cociña, xunto co Grupo Nove, Cociñeiros Lugo, Vigo Gastronomic e Cociña Ourense, acollerán unha mesa redonda na que exporán cuestións que afectan á situación do sector, e que posteriormente farán ler un manifesto conxunto pola profesión.

Ademais, as II Xornadas Bonito da Lonxa da Coruña, organizadas por Coruña Cociña, coa colaboración de Turismo da Coruña e Estrella Galicia, este verán regresarán á cidade para ofrecer propostas elaboradas en case vinte restaurantes. fermoso para destacar estes produtos de tempada e dar visibilidade á muralla coruñesa.

#CoruñaCociña

O colectivo nace en 2016 e que agrupa a 20 dos cociñeiros con maior proxección no mapa culinario da provincia da Coruña. “Colectiva e individualmente, estes profesionais traballan cun enfoque transversal e colaborativo, para poñer en valor o produto galego e local, promocionar a cociña atlántica e promocionar A Coruña e a súa contorna como destino gastronómico, tanto arraigado na tradición como orientado á vangarda sen complexos”.

Os 20 cociñeir@s que forman o colectivo son:

  • Adrián Felipez: Miga (A Coruña);
  • Alma García: Greca (A Coruña);
  • Álvaro Victoriano: Charlatán, Intenso, Peculiar y Ultramarinos Galera (A Coruña);
  • Ángeles Marzoa: Vinoteca Jaleo (A Coruña);
  • Antonio Amenedo: Pazo de Santa Cruz de Mondoi (Santa Cruz de Mondoi, Oza dos Ríos);
  • Caco Agrasar: As Garzas (Barizo, Malpica) e Salitre (A Coruña);
  • Chisco Jiménez de Llano: Culuca, Taberna da Galera e Taberna da Tabacalera (A Coruña);
  • Diego Bello;
  • Fabián Mouzo: Pazo de Vilaboa (Vilaboa, A Coruña);
  • Gorka Rodríguez: Pulpeira de Melide (A Coruña);
  • Iván Domínguez: Nado (A Coruña) e Xeito 19’20” (Madrid);
  • Javier Freijeiro e Moncho Bargo: Pracer (A Coruña);
  • Moncho Méndez: Millo (A Coruña);
  • Pablo Gallego: Pablo Gallego Restaurante (A Coruña);
  • Pablo Morales: Habaziro (A Coruña);
  • Quique Vázquez Lameiro: Terreo (A Coruña);
  • Tino Otero;
  • Víctor Basante e Víctor Rubio: Cícero Restaurante (A Coruña).

Así será o novo Mercado de Monte Alto, cuias obras rematarán a finais de 2025

0

Avanzan, paseniño pero con firmeza e continuidade, as obras do Mercado de Monte Alto.

A día de hoxe, ducias de traballadores levan un par de semanas preparando a malla metálica para instalar a placa do piso superior.

As obras estarán listas a finais de 2025, pero xa se poden ver as imaxes de como quedará nunha pantalla instalada diante do bar A Garimbota.

Proxecto Mercado Monte Alto 2025 2

 

Coidando o areal como a súa propia casa

Continúa o colectivo Mar de Fábula desenvolvendo un proxecto de concienciación tremendamente singular. Vincular aos internos no Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña na limpeza medioambiental para fomentar hábitos de vida saudable e xerar unha conciencia comunitaria, son os obxectivos do programa Entre Crebas. Vinculado co pioneiro Entre Patios, o programa que está cambiando a forma de traballar nos talleres ocupacionais dos centros penitenciarios de todo o estado, esta iniciativa convirte ás persoas privadas de liberdade en anxos da garda do seu propio areal.

Porque a praia das Lapas, o Areal da Torre, como se lle chamou toda a vida, está xusto diante do CIS, e é o lugar onde moitas veces pasan os días de “paseo” os propios internos. Manter limpo e coidado o seu areal como manter limpa e coidada a súa casa, a súa vida.

A quinta xornada de limpeza do proxecto tivo lugar o pasado mércores. “Nesta acción ambiental se ten dado un paso cualitativo importante, un apoderamento simbólico da praia por parte deste colectivo porque foron as propias persoas residentes, sen mediación externa, as que organizaron a limpeza, seguemento, clasificación por fraccións e cómputo dos residuos devoltos por ese anaco de mar que teñen xusto en fronte das súas instalacións”, explica Xosé Manuel Barros. “Este areal vai ficar durante un ano baixo o seu coidado”, relata orgulloso.

Prisioneiros do CIS limpando o areal das Lapas

O resultado da colleita foi preocupante, como tamén acontecía a pasada semana na praia de Barrañán, noutra limpeza organizada polo colectivo conservacionista. 39 cabichas, 71 restos de toalliñas húmidas e residuos hixiénico sanitarios, unha marea de restos de caucho- neumáticos de automóbil, anacos de cordas, redes e aparellos de pesca, anacos de azulexos cerámicos, bolsas de plástico e outro ixo plástico miúdo… Demasiado lixo acumulado no noso areal.

O material foi depositado nos respectivos containers situados no aparcadoiro da Torre de
Hércules, á espera da vindeira xornada de limpeza.

Máis novas do proxecto

Intern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

O Voluntariado de Mar de Fábula deixou un pouco máis limpo o areal de Barrañán

 

Nostián, a nova pataca quente entre os concellos da área metropolitana Coruñesa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que o Consorcio dás Mariñas xa é partícipe “de todo” en relación ás actuacións vinculadas coa planta de tratamento de lixos de Nostián, despois das demandas dos municipios que o conforman dunha maior implicación.

A preguntas dos xornalistas, con motivo da súa visita ás obras do novo mercado municipal de Monte Alto, asegurou que hai “reunións periódicas” e que os concellos están “puntualmente informados”. “Hai total transparencia”, recalcou. Fíxoo no mesmo día no que o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, a través dun comunicado, apelou a convocar unha reunión entre todos os alcaldes e alcaldesas “para enfocar o futuro con garantía”, dixo sobre a planta e a súa xestión.

MERCADO DE MONTE ALTO

As declaracións da rexedora herculina foron con motivo da visita ás obras do novo mercado municipal de Monte Alto, das que xa está executado máis do 25 por cento. Rey destacou que os traballos continúan cumprindo os prazos estimados desde a súa posta en marcha. Coa reconfiguración do edificio e os seus exteriores, gañaranse máis de mil metros cadrados de prazas públicas e duplicarase a superficie dispoñible para a escola infantil municipal.

O Concello da Coruña restaurará o ‘Cruceiro de Labañou’, declarado elemento BIC polo seu valor histórico

O Concello da Coruña iniciou os procedementos administrativos para a restauración do ‘Cruceiro de Labañou’, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) “pola súa relevancia material e cultural”.

Segundo explica o consistorio, o seu valor débese á instauración de dous canóns iconográficos trentinos, fundamentalmente tras a finalización do Concilio Provincial de Compostela en 1565, e á firmeza e expansión do franciscanismo laico da Venerable Orde Terceira (VOT) na Coruña entre os anos 1673 e 1834.

Ambas as cuestións, engade, “contribuíron á conformación do novo imaxinario relixioso do período e, posiblemente, ao reforzo e predominio dos cruceiros na cultura popular de Galicia”.

A restauración, coordinada pola restauradora e conservadora Rocío Barreiro Lopo, graduada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, conta cun orzamento de 14.000 euros. Abarcará as necesidades de reparación existentes e a mellora do estado de conservación e preservación do elemento para os próximos anos, apunta o Concello.

A Xunta denega os permisos para que os mariscadores sementen ameixas e berberechos na ría do Burgo

A Consellería do Mar denegou a autorización para iniciar o próximo 8 de abril o sementado de bivalbos na ría do Burgo por carencias detectadas no proxecto. Este luns, a Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña remitiu escritos á confraría de pescadores e á Demarcación de Costas para explicar a decisión, segundo sinalou a Xunta nun comunicado.

Mar xustifica que as análises realizadas polos seus técnicos arroxan que é “imposible” autorizar a partir do 8 de abril a sementeira de 11,5 millóns de unidades de ameixa babosa e 3 millóns de berberecho, dos 18 millóns do total que contempla o plan do dragado da ría.

Deste xeito, empraza á adxudicataria para poder recibir o visto e prace a “terminar de arranxar os bancos marisqueiros”, delimitar a “extensión exacta e batimetría”dos bancos marisqueiros, así como achegar información sobre a granulometría e o tipo de sedimento final.

Así, determinan que “non se realizou a caracterización biolóxica dos bancos marisqueiros” para iniciar os traballos, co que, a 13 días da data solicitada para iniciar a sementeira, considera que esta non pode autorizarse.

Amigos e familiares de Yoel Quispe volven pedir “xustiza” nunha nova protesta nos xulgados

0

Familiares e amigos de Yoel Quispe, o mozo apuñalado mortalmente en Noiteboa na Coruña, concentráronse de novo este luns ante os xulgados para reclamar “xustiza” e que “se investigue todo a fondo”. Así o apuntou a Europa Press a nai de Yoel, Yovana, que asegurou estar “cada día peor” pola perda do seu fillo e volveu a reclamar que se amplíe a investigación ao considerar a contorna da vítima que hai máis implicados na morte do mozo.

A protesta tivo lugar con motivo das sete declaracións testificais do caso que se celebrarán nesta xornada, na que estaba prevista tamén unha roda de recoñecemento que, finalmente, se suspendeu “por falta de figurantes”. Así o explicou o avogado da familia, Adrián Borrajo, en declaracións a Europa Press. “De momento non temos señalamento do novo día no que se realizará”, apuntou o letrado.

Todo iso no marco dunhas actuacións xudiciais e tras a detención de tres mozos — un deles en prisión e os outros con obrigación de comparecencias no xulgado — como presuntos autores dun delito de homicidio.

Familiares e amigos do mozo asasinado en Noiteboa concéntranse na Coruña para pedir “xustiza para Yoel”

O Voluntariado de Mar de Fábula deixou un pouco máis limpo o areal de Barrañán

Unas 18 persoas voluntarias, entre elas o equipo da Escola Infantil O Berce E.I de Arteixo, desenvolveron este domingo unha limpeza na praia de Barrañán. Unha cita para apañar lixo mariño que os mares de inverno deixaron neste areal, e para avaliar o estado de saúde deste salvaxe e fermoso areal.

Foron varios os sacos recollidos desta praia que, a primeira vista, parecía limpa e relucente. Pero a realidade é moi diferente. En dúas horas recolleron 178 bastonciños de algodón, 5 anacos de madeira, 6 Frascos de meiciñas, 5 tubos de creas, 96 cordas, 61 anacos de rede e aparellos de pesca, 24 tapóns, 11 paus de plástico de bateas, 56 ancos de plástico, 2 botellas de vidro, 34 cabichas, ademais de centos de anaquiños de porexpan e plásticos miudos depositados directamente nun saco e non contabilizados por mor do vento do nordés que podería espallalos pola contorna. Ata un envase de Pipas Facundo dos anos 70/80…

lixo plastico no areal de Barranan

Estas cifras dan un total de 448 residuos, recollidos nuns 1.100 metrs de areal. Deste xeito podemos calcular o estado de saúde do areal. Os expertos da Unión Europea na Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño de cara a conseguir un “Bo Estado de SAúde” (BEA) para as praias europeas, teñen fixado un valor de umbral de 20 residuos ( >2,5cm) por cada 100 metros lineais de praia para acadar o calificativo de BEA.
Neste caso, despois da limpeza, teríamos unha proporción de 44,36 residuos / 100 metros de praia, polo que o resultado é o dobre do do límite fixado pola Unión Europe para ter un Bo Estado de Saúde…

Juan Villoslada e Trinidad Palacios, novos coordinadores de Sumar Galicia na área da Coruña

0

Esta pasada semana Juan Villoslada e Trinidad Palacios eran escollidos como os novos coordinadores e portavoces de Sumar Galicia na comarca da Coruña.
O proceso de implantación de Sumar na Coruña iniciouse co obxectivo de “construír un espazo político que dea verdadeira resposta ás necesidades sociais, laborais e económicas dunha área urbana de 400.000 persoas, onde a cidade central, A Coruña, debe de xogar un papel de claro liderado metropolitano, en máxima cooperación cos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada ou Bergondo, con Abegondo, Betanzos e o resto das Mariñas”.

“O parque de vivienda pública, a mobilidade metropolitana, os coidados e a dependencia, a xestión ambiental, a integración urbana dos espazos portuarios, a nosa cultura, o tecido deportivo, a calidade do emprego, os servicios sanitarios da área da Coruña-Cee, os centros educativos ou o a nosa Universidade, son eixos esencias que Sumar debe defender e potenciar nesta Marineda de Emilia Pardo Bazán”, dixo Juan Villoslada.

“Nin a Xunta de Galicia nin o actual escenario político municipal están a dar verdadeira resposta aos retos dunha ciudadanía que anhela unha perspectiva de futuro, especialmente para a xente moza”, sinala. “Sumar quere, desde a súa visión claramente laborista, feminista e ecoloxista, levar adiante tamén políticas locais ambiciosas, que conquisten novos dereitos, en igualdade de oportunidades, con unha contundente vocación de servizo público”, engadiu o coordinador de Sumar Galicia en A Coruña.